TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

5 jul 2012

SUSPENDIDA A OBRA DE TEATRO "ROSIÑA SOLTEIRA" QUE SE ÍA CELEBRAR ESTE SÁBADO NO AUDITORIO DO ROSAL



Segundo nos veñen de comunicar dende a Organización, mantense a programación teatral de hoxe sábado, á mesma hora, coa peza de PIC-NIC do grupo de teatro Osiris de Salceda de Caselas, asesorados nesta montaxe por Xerpo Cultural.

Así mesmo "por causas de forza maior (enfermidade)" suspéndese a función da obra Rosiña Solteira, que interpretada polos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Teatro da Guarda se ía celebrar este sábado 7 de xullo no Auditorio Municipal do Rosal.

Agardamos non sexa nada e poidamos en datas vindeiras pasar un rato agradable disfrutando da escenificación dunha obra, cuxa orixinal é Doña Rosita, La Soltera o el Lenguaje de las Flores, comedia da autoría de Federico García Lorca, ambientada en Granada e que se estreou en decembro de 1935 en Barcelona.

2 comentarios:

  1. Mantense a programación teatral ese día á mesma hora coa peza de PIC-NIC do grupo de teatro Osiris de Salceda de Caselas, asesorados nesta montaxe por Xerpo Cultural. Se podedes pór isto como noticia de última hora, moitas grazas!

    Irene Moreira.

    ResponderEliminar
  2. Os logos dos carteis están postos por algo! Que fai o logo do Rosal posto por riba de onde debería estar o logo do Concello da Guarda? A escola é a MUNICIPAL DA GUARDA, por iso ten o logo do concello da Guarda. Paréceme moi feo cambiar o logotipo sen o permiso expreso da persoa que fai o cartel e da entidade que organiza a actividade de teatro!

    Quen é o responsable?

    ResponderEliminar