FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 ene 2014

O NOVÁS TRAE A ACTUACIÓN DE CARLOS BLANCO E LUIS DAVILA A O ROSAL



Segundo avanza o Mecalia Atlético Novás nas redes sociais, o vindeiro 22 de marzo haberá unha "actuación por todo o alto no auditorio de O Rosal".

Organizado polo Novás "teremos de novo a Carlos Blanco no noso pobo, esta vez acompañado polo gran debuxante Luis Davila, autor da tira cómica do Faro de Vigo".

O club rosaleiro afirma que poderemos ver a Luis, alias "O Bichero" debuxar as historias narradas por Carlos, nunha xira que se estrea o 14 de marzo en Cangas e que actuará por toda a Península e incluso o estranxeiro, xa que estarán en Barcelona, Lisboa e Londres, entre outras cidades.

Trátase dunha idea "que xorde a mediados do 2013 e que será un dos éxitos deste ano".

Vídeo promocional de "Menú do Día".


27 ene 2014

BERTA CASTRO IMPARTE EN FORCADELA UN CURSIÑO DE PANDEIRETA



A mestra rosaleira Berta Castro González imparte en Forcadela un cursiño de pandeireta e canto tradicional galego (de balde) destinado a adultos e nenos (nivel iniciación).

Para máis información poden chamar ao 699 999 039.

BALONMÁN PARA NENOS/AS A PARTIR DE 6 ANOS NO PAVILLÓN DO ROSAL


Imaxe do III Campus Atlético Novás 2013. (Foto: Aurora Lomba / Novás)


Informa: Aurora Lomba Álvarez / Atlético Novás

A Base do Atlético Novás informa que todos os mércores (18:15 a 19:30 horas) e os venres (de 17 a 18 horas) haberá balonmán para nenos e nenas a partir de 6 anos no pavillón municipal do Rosal.

"Animádevos a participar nesta actividade onde practicaredes exercicio, aprenderedes a traballar en equipo e coñeceredes un novo deporte".

O custo mensual da actividade é de 5 euros. Para máis información poden chamar ao 627 790 435.



24 ene 2014

O ROSAL DARÁ O SEU ÚLTIMO ADEUS A RUBÉN RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ



O mozo rosaleiro Rubén Rodríguez Rodríguez, coñecido popularmente por "O Trintiña" ou "O Trinta" faleceu onte, xoves 23 de xaneiro, vítima dun accidente de camión mentras traballaba, en Mondariz.

Mañá, sábado 25 de xaneiro, ás 10:30 horas, celebrarase o funeral polo seu eterno descanso na igrexa parroquial de Santa Mariña.

Dende Noticias O Rosal, o noso máis sentido pésame aos seus familiares e amigos. Unha forte aperta.

Este é o pequeno comunicado que se pode ler no blog do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta

"Ha pasado un día y en verdad aún no lo podemos ni lo queremos creer. Ayer, jueves 23 de enero, con dolor en el alma, recibíamos la triste noticia del fallecimiento de Rubén Rodríguez Rodríguez, el hermano mayor de los "Trintiña", en un accidente de camión en Mondariz.

En nombre de la familia del Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta, queremos daros de corazón las gracias a todos y todas por las muestras de cariño recibidas. 

Si nos queréis acompañar, os comunicamos que el funeral por Rubén será mañana, sábado 25 de enero, a las 10:30 horas en la iglesia parroquial de Santa Marina de O Rosal, coincidiendo -lo que es la vida, el destino o como se le quiera llamar- con la misa de aniversario por el eterno descanso de su recordado abuelo, Manuel Rodríguez Martínez.


¡¡Siempre estarás en nuestros corazones. Nunca te olvidaremos. Descansa en paz, Rubén!!"

23 ene 2014

PORTUGAL E BARCELONA ACOLLEN O ESPECTÁCULO DE "JOSE & ROSY"



A parella rosaleira de bailaríns, "Jose & Rosy" actuará este sábado 25 de xaneiro no Muxima Bar, en Vila Nova de Gaia, preto de Porto (Portugal).


Ao día seguinte, domingo 26 de xaneiro, os nosos internacionais veciños, que son cabeza de cartel, actuarán en Barcelona, no Esencia Salsa Club.

¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa!


22 ene 2014

MISA DE ANIVERSARIO NO ROSAL E HOMENAXE NA GÁNDARA A TRINTIÑA




O sábado 25 de xaneiro, ás 10:30 horas, terá lugar na igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal a misa de aniversario na honra e lembranza do mestre cabaqueiro Manuel Rodríguez Martínez, máis coñecido por "Trintiña".

Igualmente, A Gándara (A Guarda) acollerá este mesmo sábado unha homenaxe a Trintiña organizada polo seu neto, Sergio Rodríguez Rodríguez, xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños.


O evento consistirá nunha demostración na terraza do local de "taxicar cabacas e toupos a joucha" (facer tellas e ladrillos a man), así como na proxección de fotografías e vídeos inéditos dun dos más coñecidos telleiros do Baixo Miño.

Polo tanto, a partir das 17:30 horas, os cabaqueiros Buraco, Esteban, Piedra e compañía amosarán ao público que se achegue ata Os Seixiños algúns dos segredos deste artesanal oficio, hoxe practicamente desaparecido.


¡Dende Noticias O Rosal, o noso máis sentido recordo e admiración para Trintiña! Confirmamos xa a nosa presenza o sábado 25 de mañá, na misa, e de tarde, na homenaxe que se lle tributa na Gándara.

20 ene 2014

A CAPELA DE MEDAS (NOVÁS) ACOLLEU A FESTA DE SAN SEBASTIÁN 2014


Hoxe, luns 20 de xaneiro, celebrouse na capela de Medas (Novás) a tradicional festividade na honra de San Sebastián, soldado romano e mártir.



Oficiou a misa o abade de Santa Mariña do Rosal, D. Julio Ramos Rodríguez, sendo cantada a mesma polo coro parroquial


Dende o ano 2009 a capela conta cun interesante folleto coa súa historia, autoría do escritor da vila, Xoán Martínez Tamuxe, quen di que "as primeiras referencias á ermida atópanse no Libro I de Haciendas y Rentas de la Abadía del Rosal (1530)".


17 ene 2014

HORARIO DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN "OS CABAQUEIROS" (O ROSAL)



Centro de Interpretación "Os Cabaqueiros" situado na pranta baixa do edificio da antiga Cámara Agraria, na Praza do Calvario, acolle unha exposición permanente sobre os cabaqueiros, a súa vida, costumes, anécdotas, linguaxe, etc.

Todo elo, apoiado de medios audiovisuais, escenografía e paneis explicativos para mostrarlle aos visitantes parte da identidade cultural da vila do Rosal. O seu horario de apertura é os sábados e domingos de 11.00 a 13.00 h. e de 16.00 a 18.00 h.

CONCERTO DO CANTAUTOR TINO BAZ NO AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL


Tino Baz actuando no As de Copas (A Guarda), en maio de 2013

O cantautor guardés Tino Baz ofrecerá un concerto no Auditorio Municipal do Rosal o vindeiro sábado 25 de xaneiro a partir das 22:00 horas.

Tal e como se pode ler na súa páxina oficial, Tino Baz naceu en 1972 "no barrio da Robaleira, en pleno porto guardés", amosando dende a súa nenez "unha clara disposición para a música e unha certa facilidade auditiva para cultivala, sumadas a unha fervorosa devoción polo canto, posiblemente herdada de seu pai e sempre presente no entorno familiar".

ESTE SÁBADO 18 DE XANEIRO, TEATRO NO AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL



Este sábado 18 de xaneiro ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal do Rosal, a Compañía de Teatro “O mellor de cada casa” de Oia interpretará a obra "¡¡COMO ESTÁ O CEO !!"

A UNIDADE MÓBIL DA ITV ESTARÁ NO ROSAL OS DÍAS 23 E 24 DE XANEIRO


A Unidade Móbil da ITV virá a O Rosal para a revisión de vehículos de dúas rodas (ciclomotor e motocicletas) os vindeiros días 23 e 24 de xaneiro de 2014

O horario será de 9:00 a 13:30 e de 15:30 a 18:00 h. Cita previa no 902 30 90 00 ou na web www.sycitv.com  

A OMIX DO ROSAL ORGANIZA UNHA VIAXE Á NEVE DO 7 AO 9 DE FEBREIRO


A OMIX do Concello de O Rosal organiza conxuntamente coas OMIX da Guarda, Baiona, Gondomar, Salceda de Caselas e Tomiño unha viaxe á NEVE.
Esta realizarase a fin de semana do 7 ao 9 de febreiro do 2014 á Estación de San Isidro en León e inclúe o autobús, os seguros de accidentes e RC, a estancia e numerosas actividades na neve.

Este é o programa:

Venres:
•16:00 h. - 22:00 --> Traslado Concello do Rosal– Estación San Isidro (León)
• 22:00 - 22:30 --> Asignación de apartamentos e instalación de maletas
• 22:30- 00:00 --> Cea no Restaurante Toneo

Sábado:
• 08:00 - 08:30--> Almorzo no Restaurante Toneo
• 08:30 - 10:30 --> Asignación de material de esquí/snow e de monitores
• 10:30 - 13:30 --> Clase de Esquí en grupo co monitor da escola oficial
- 13:30 - 14:30 --> Comida en pistas
• 14:30 - 16:45 --> Esquí libre
• 16:45 - 18:00 --> Tempo libre para ducharse e descansar
• 18:00 - 21:00 --> Visita á Casa del Parque e Torreón, ou Museo de la Fauna Salvaje (optativo, solicitar prezos)
• 21:00 - 22:30 --> Cea no Restaurante Toneo

Domingo:
• 08:00 - 09:00 --> Almorzo no Restaurante Toneo
• 09:00 - 09:30 --> Traslado a pistas de esquí
• 09:30 - 12:30 --> Clase de Esquí en grupo con monitor da escola oficial
• 13:00 - 14:00 --> Comida no Restaurante Toneo
• 14:00 - 17:00 --> Duchas e saída dos apartamentos
• 17:00 – 22:00--> Traslado San Isidro (León) – Concello do Rosal

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL (PXOM)



 O Val do Rosal dende o Campo do Couto

Recórdase á veciñanza que o PXOM do concello do Rosal, logo da súa adaptación normativa, está exposto ó público para a súa consulta. O prazo para formular alegacións ó documento rematará o vindeiro día 27 de febreiro de 2014.

O PXOM pode consultarse no Departamento de Urbanismo municipal tódos os días, pero ademais todos os mércores de 10:00 a 14:00 horas (29 de xaneiro e 5, 12, 19 e 26 de febreiro de 2014) ata a finalización do prazo de alegacións, estará presente no concello persoal da empresa redactora, xuntamente co técnico municipal, para atención ó público.

Así mesmo, este persoal desprazarase ás diferentes parroquias, nas datas e horas que se reflicten no seguinte cadro:

LUGAR
CENTRO
DÍA
HORARIO
As Eiras
Antiga escola unitaria
27/01/2014
10-14:00 h./16-20:00 h.
Tabagón
Antiga escola unitaria
28/01/2014
10-14:00 h./16-20:00 h.
San Miguel
Sociedade Recreativa
29/01/2014
10-14:00 h./16-20:00 h.
Sanxián
Antiga escola unitaria
30/01/2014
10-14:00 h./16-20:00 h.


16 ene 2014

O MECALIA ATLÉTICO NOVÁS ESTIVO A PIQUES DE GAÑAR AO BM CHAPELA


Un momento do encontro dos 1/4 de Final da Copa, este martes no Rosal

O Mecalia Atlético Novás a puntiño estivo de gañar ao BM Chapela no partido correspondente aos cuartos de final da Copa Deputación de Pontevedra que se celebrou no Rosal o pasado martes 14 de xaneiro.


O resultado final (22-23), segundo se pode ler no facebook do Novás, deuxou "un mal sabor de boca á maioría dos presentes" pois os primeiros 45 minutos foron moi bos, xa que o equipo da vila tivo "unha cómoda ventaxa ao remate dos primeiros 30 minutos (14-10)" e ata foi gañando na segunda metade por 6 tantos.

Diego Álvarez, á dereita da imaxe, foi o agraciado coa cesta sorteada polo club rosaleiro

Pese a todo, dende o Novás felicítase ao Chapela "que non tirou o encontro e demostrou por que está facendo ese bo papel na División de Honra Prata".

15 ene 2014

RAÚL FERNÁNDEZ, DIRECTO AO MUNDIAL DE HOOGERHEIDE (PAÍSES BAIXOS)


Raúl, no medio, xa co maillot de Campión de España. (Foto: C.C. O Rosal)

Dende NOTICIAS O ROSAL a nosa noraboa ao ciclista rosaleiro Raúl Fernández, flamante Campión de España de Ciclocross, que vén de ser chamado polo seleccionador nacional, Pascual Momparler para competir no Mundial da modalidade en Hoogerheide (Países Baixos), os días 1 e 2 de febreiro.


Raúl (Club Ciclista O Rosal) forma parte da lista de nove corredores que representarán a España nesta cita cos mellores do mundo do ciclocross: 

Élite: Javier Ruiz de Larrinaga e Aitor Hernández.
Sub-23: Jonathan Lastra e Alex Aranburu.
Junior: Diego Pablo Sevilla, Gotzon Martin e Raúl Fernández.
Féminas: Aida Nuño e Rocío Martín.


Velaquí vos deixamos o vídeo do Campionato de España de Segorbe (crónica júnior e entrada en meta de Raúl como vencedor a partir do minuto 9:20). 


13 ene 2014

O NOVÁS ENFRÓNTASE AO CHAPELA EN BUSCA DA COPA DEPUTACIÓN



O pavillón municipal do Rosal acolle este martes 14 de xaneiro (21:30 horas) o partido de cuartos de final da Copa Deputación de balonmán entre o local Mecalia Atlético Novás e o BM Chapela. A entrada, tal e como reza o cartel, é de balde.

Segundo se pode ler no perfil oficial do Novás en facebook "gran partido, dos que se botan en falla este ano en Liga".

Dende o club do Rosal se lembra que "recibimos ao Chapela, flamante ascendido á División de Honra Prata e que está a facer un bo papel para ser un "debutante" na Liga, xa que está fóra dos postos de descenso e pelexando en todas as xornadas".

Espérase polo tanto que haxa un bo ambiente e que o pavillón do Rosal vibre coa súa afección para "clasificarse de novo entre os catro mellores equipos da provincia".


12 ene 2014

O BAR DO TRINTA ACOLLE ESTE XOVES 16 UN CONCERTO DE GUILLE VERDE



Tal e como se pode ler no blog do Bodegón-Tapería Os Seixiños, inaugurado o pasado mes de decembro polo rosaleiro Sergio Rodríguez Rodríguez "Trinta", o vindeiro xoves 16 de xaneiro terá lugar un concerto a cargo de GUILLE VERDE.

Dende Os Seixiños recálcase que "además de gastronomía y ofrecer ricas tapas, bocadillos, comidas o cenas, velaremos por la cultura del pueblo y también de la comarca del Baixo Miño, cediendo nuestro espacio a emprendedores, jóvenes artistas e instituciones... para exposiciones, conciertos, actuaciones..."

Evento: Concerto acústico do mozo guardés Guille Verde.

Lugar: Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta. (A Gándara-A Guarda).

Hora: A partir das 19:00 horas. Entrada gratuíta e libre.

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS EN BEBÉS E NENOS/AS



Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño

Este vindeiro mes de febreiro terá lugar un curso de Primeiros auxilios en bebés e nenos/as, organizado por Cruz Roja Baixo Miño. A data límite de matriculación será o mércores 5 de febreiro de 2014.

Para máis información poden chamar ao teléfono 986 61 46 09.

NOVOS CURSOS DE INTERESE ORGANIZADOS POR ACIGU E FEBAM

Informa: ACIGU

Dos nuevas acciones formativas programadas por ACIGU y FEBAM para el mes de enero, para satisfacer la demanda generada.

El 25 en FEBAM y el 28 de enero en ACIGU tendrán lugar dos nuevos cursos de Manipulador de Alimentos que ante la petición de alumnos uno de ellos se realiza en sábado para facilitar la asistencia de los mismos. Ambos se celebran en horario de mañana de 10 a 13 horas.

Durante dos fines de semana de este mes en la sede de FEBAM en Tui y ante la gran demanda y acogida, realizará un nuevo curso de Bienestar Animal en el Transporte.


Los cursos van dirigidos a todo el público, existiendo descuentos para grupos. La matrícula se realiza en los teléfonos 674 342 397 986 605 084 y 986 611 743, o en las sedes de ACIGU CCA y FEBAM.

O ROSALEIRO DAVID COÍMBRA CONSEGUE LEVAR A STABRI A MELILLA


O rosaleiro David Coímbra, con Stabri. (Fotos: David Coímbra / Stabri)

O noso veciño David Coímbra Piñeiro, é noticia en Melilla tras conseguir levar a "Stabri", o coñecido boneco viaxeiro de trapo, que ten "recorrido medio mundo".


No xornal Melilla Hoy podemos ler "Según relata David Coímbra, su primer encuentro con Stabri lo tuvo este verano cuando lo transportó desde Oviedo a Lugo".

En palabras do rosaleiro ao periódico melillense "soy un gallego residente en Melilla y con ocasión de las vacaciones navideñas estuve en O Rosal (Pontevedra), donde se me ocurrió la idea de traer a Stabri".


Conta David "Coímbra" que o recolleu en Madrid e de aí en AVE ata Málaga e en barco ata a cidade africana, onde estará ata o vindeiro 20 de xaneiro, sendo o seu seguinte destino a Feria Internacional de Turismo, Fitur.