FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 ago. 2008

Gran Serán no Parque do Tamuxe

Organizado pola Agrupación Musical do Rosal e coa colaboración da Comunidade de Montes de San Miguel de Tabagón, celebrarase o sábado 6 de setembro a partir das 22:00 horas, un "Gran Serán" coa participación de grupos de música tradicional galega. O Parque do Tamuxe en Pías, na estrada xeral de Tui-A Guarda, acollerá dito evento. Este "Gran Serán" está dentro do Proxecto de Actividades da Agrupación rosaleira para o ano 2008. Para ver o cartel ampliado facede click na fotografía e para máis información:

29 ago. 2008

O 7 de setembro, II Feira de Oportunidades

Despois do éxito acadado na súa primeira edición, o domingo 7 de setembro de 9:30 a 20:30 horas celebrarase na Praza do Calvario a II Feira de Oportunidades. Nesta ocasión terá lugar un Concurso de Debuxo para nenos e nenas, que comezará ás 17:00 horas. A organización advirte que en caso de que fixera mal tempo trasladaríase a Feira á Sala de Exposicións do Concello. Aquí vos deixamos unhas fotografías da I Feira, que tivo lugar o 11 de maio deste 2008. Facede click en:

28 ago. 2008

O Rosal, presente na revista cultural e turística VIANOVA

A Concellería de Turismo do Rosal infórmanos que saíu á luz fai pouquiño un novo exemplar de VIANOVA. Revista de Cultura y Viajes del Noroeste Peninsular. Trátase dunha publicación recente de carácter bimestral, editada e dirixida pola Asociación Viadazaoito Comunicación (AVC) e que na actualidade vai polo número 7. Baixo o epígrafe "Baixo Miño: Vivir en paz" o seu redactor Miguel Anxo Martínez comeza dicindo: "O Baixo Miño es una comarca con unas potencialidades turísticas enormes. A sus encantos, como Santa Trega, el monasterio de Oia o la catedral de Tui, habría que sumarle la cercanía a las áreas comerciales de Vigo y Portugal y una gastronomía llena de exquisiteces, como la langosta de A Guarda o los vinos de O Rosal". Por suposto tamén hai unha mención á "ruta de senderismo que permite conocer los muíños del Folón y del Picón", dedicando varias fotografías ao noso concello. Tamén se realiza un publi-reportaxe da historia de Bodegas Terras Gauda, lembrando que na actualidade "está presente en más de 30 países de Europa, Asia y América y en todo el territorio nacional".

A Asociación Mulleres "Camiña con nós" organiza a exposición A MODA A TRAVÉS DO TEMPO

Dende o 1 ao 12 de setembro no Centro Cultural de A Guarda poderase disfrutar da exposición A MODA A TRAVÉS DO TEMPO que organiza a Asociación Mulle-
res "Camiña con nós". O seu horario de visitas será o seguinte:
De luns a venres: de mañá de 9'00 a 15'00 horas e de tarde de 19'30 a 21'30 horas. Os sábados: de mañá (10 - 13 horas). Para máis información sobre esta asociación podedes visitar o seu blog:

27 ago. 2008

Familiares, amigos e veciños do Rosal e o Baixo Miño reciben ao decathleta olímpico David Gómez Martínez

David pousando cos seus pais á súa chegada a Vigo
Finalizaron os Xogos Olímpicos de Pekín e o noso atleta David Gómez Martínez xa está na casa. Despois de rematar na 25ª posición no Decathlon pero cunhas moi boas sensacións e a satisfacción do deber cumprido e conseguir terminar esta dura competición, David foi recibido no aeroporto de Vigo por unha delegación municipal, os seus familiares, amigos e veciños do Baixo Miño. Autógrafos e entrevistas para os diferentes medios de comunicación sucedéronse dende que baixou do avión. Aquí vos deixamos as fotografías da súa chegada:

26 ago. 2008

Preto de 400 persoas visitaron este domingo a Oficina de Información dos Muíños do Folón

Vista parcial dos arredores da Oficina de Información do Folón ateigada de coches
Segundo datos do Departamento de Turismo do Rosal, que dirixe Ángeles Vicente Manzano, pasaron pola oficina do Folón (Muíño das Laxes) o domingo 24 de agosto -nun dos días máis concorridos do que levamos de verán- un total de 386 persoas requerindo información sobre a historia e a ruta de sendeirismo destes muíños rosaleiros. Varias excursións en autobuses e multitude de particulares non dubidaron en achegarse a coñecer este complexo histórico-etnográfico do Folón e Picón. Aquí deixamos unha mostra, para facerse unha idea, do aspecto que amosaba o aparcadoiro do Folón contra as 7 da tarde:

Celebrouse na Praza do Calvario o XIX Festival de Músicos Xoves e o Festival de Corais

Como xa tíñamos anunciado celebrouse na Praza do Calvario os días 23 e 24 de agosto un novo acontecemento músico-cultural. Actuaron o sábado a Banda Marcial de Ancêde- Baiâo (Porto), a Banda de Música Xuvenil de Xinzo e a local Agrupación Musical do Rosal. O domingo 24 fixeron as súas intervencións as corais Agrupación Coral Polifónica da Guarda, a Coral Polifónica Marusía de Bueu e a Coral da A.M. do Rosal. Velaquí vos deixamos algunhas fotografías deste evento. Facede click en:

22 ago. 2008

Resultados e clasificación de David Gómez en Pekín

Aquí vos deixamos o enlace á páxina de TVE do Decathlon onde aparecen tódolos resultados das diferentes probas que realizou o noso veciño rosalés. Nesa páxina está incluída a entrevista que concedeu David Gómez á dita Televisión Española queixándose da situación que está atravesando en Pekín, entre dores e febre, plantexándose ata a retirada dos Xogos, pero iso sí, de momento resistindo. Facede click en:

21 ago. 2008

O rosalés David Gómez Martínez comeza gañando a proba dos 100 metros lisos

David en pleno esforzo nas Olimpíadas de Pekín (Foto Reuters)
Os Xogos non poden comezar mellor para David Gómez, que gañou a súa serie na primeira proba do Decathlon, os 100 metros lisos. Aquí vos deixamos o enlace á páxina de Radio Televisión Española, na súa sección adicada á Olimpíada de Pekín 2008, onde se pode reproducir o vídeo da victoria do noso paisano. David Gómez é o atleta que corre na rúa catro, no centro das imaxes. Tódalas cadeas de televisión nacionais fixéronse eco desta noticia. Aínda que o rosalés afirma que só quere mellorar as súas marcas, dende Noticias O Rosal animámolo a que siga loitando porque... nada é imposible! Noraboa David!
Facede click para ver a súa fantástica remontada e finalmente, victoria:

Visitas aos muíños da Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme (A Coruña) e usuarios do Centro Social de Teis (Vigo)

Previo contacto co departamento de Turismo que dirixe Mª de los Ángeles Vicente Manzano, 45 persoas da Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme (A Coruña) -que preside José Manuel Ferreiro Chans- realizaron ás 11 da mañá un pequeno percorrido polos Muíños do Folón. Foron acompañados, como de costume, polo guía do Concello do Rosal. Xa pola tarde, 44 usuarios e usuarias do Centro Social de Teis (Vigo) dentro do programa "Coñece o teu país" tamén se achegaron ata o Muíño das Laxes, acondicionado como Oficina de Turismo, para admirar máis de preto este conxunto histórico-etnográfico do Folón e Picón.

20 ago. 2008

1ª Party Informática Baixo Miño, os días 22, 23 e 24 de agosto

Esta fin de semana e a partir do venres 22 celebrarase no Pavillón de Deportes de Sobrada (Tomiño) a 1ª Party Informática Baixo Miño. Haberá concursos de fotografía, de fotocomposición, programación php, counter strike ou modding, así como un taller de blogs. Esta festa chamada ConectaTparty é, segundo a organización, unha convención ou convivencia entre mozos e non tan mozos que comparten durante uns días unha afición común, neste caso a informática. Unha forma de compartir coñecementos en tódalas áreas que o emprego dun ordenador persoal permite (xogo en rede, desenrolo de aplicacións, creación de música, gráficos ou animacións).
O máis importante é que "genera convivencia entre aficionados y profesionales de la informática. Ayuda a aumentar los conocimientos sobre programas, sistemas operativos, juegos, trucos, solución de problemas, etc". Lembran que neste tipo de reunións tamén se facilita o intercambio de ficheiros entre os participantes que se atopan unidos por unha gran rede de ordenadores con acceso a internet de alta capacidade. Para máis información facede click en: http://www.conectatparty.com/

18 ago. 2008

David Gómez debuta o xoves 21 en China no Decathlon

David na Muralla China (foto extraída da súa páxina persoal http://davidgomez.interatletismo.es/)
O rosalés David Gómez, que afronta os seus segundos Xogos Olímpicos, debutará este xoves 21 ás 03:20 horas da madrugada nos 100 metros. Ás 04:30 h realizará o salto de lonxitude e ás 06:20 horas terá a proba do lanzamento de peso. Xa na sesión de tarde e ás 13:10 horas, o salto de altura, finalizando ás 16:00 horas coa carreira de 400 metros. O venres 22 de agosto ás 03:00 tamén da madrugada correrá os 110 metros vallas, tendo o lanzamento de disco sobre as 04:05 horas (aquí, segundo o propio David haberá dous grupos a diferentes horas, non sabendo aínda en que grupo competirá). A última proba nesta sesión matutina será a pértiga ás 06:55 horas. Pola tarde lanzará a xabalina ás 13:00 horas (Grupo A), 14:15 (Grupo B). Rematará competindo ás 15:40 horas na carreira dos 1500 metros. Dende Noticias O Rosal... moita sorte David!

Xa na rúa un novo número da revista Cultura Baixomiñota

O número 2 da revista Cultura Baixomiñota correspondente ao mes de agosto deste ano 2008 xa está na rúa. Lembramos que está dirixida e coordinada por Enrique Álvarez, sendo editada pola Asociación Cultural Terras do Baixo Miño. Nesta ocasión a revista adica unha reportaxe ás fortalezas do Baixo Miño, tales como o Castelo de Santa Cruz na Guarda, as fortalezas de San Lourenzo e A Nosa Señora da Concepción en Goián, a Fortaleza dos Medos en Estás ou a Catedral de Tui. Así mesmo a sección "Escapada" deste mes titúlase A Guarda, ruta urbana (I). Para que a axenda tanto de ocio, como cultural e turística teña o máximo rigor posible e se evite calquera tipo de erro, dende Terras do Baixo Miño din que "necesita-
mos de todos vós para achegarnos ás activi-
dades das vosas asociacións deportivas, culturais, nas parro-
quias, concellos, etc". Para contactar cos responsables desta publicación mensual podedes enviar os vosos e-mails á seguinte dirección: guiacultural@baixominota.com

A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia, o día 26 de agosto na Praza do Calvario

O martes 26 de agosto, coa colaboración do Concello de O Rosal, estará a Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia na Praza do Calvario. De mañá o seu horario será de 10 h-14 h e de tarde de 16'30 h-21 horas. Baixo o lema "Este verán, salva vidas. Comparte saúde. DOA SANGUE" preténdese concienciar á xente da importancia de doar sangue, xa que hai enfermos ingresados nos hospitais ou un aumento dos accidentes de tráfico. Lembran que con só 15 minutos do noso tempo se poden resolver moitos problemas de saúde ou mesmo salvar vidas. Non se debe acudir sen almorzar e despois do xantar tense que deixar pasar dúas horas.

17 ago. 2008

XIX Festival de Músicos Xoves e Festival de Corais na Praza do Calvario

O sábado 23 de agosto dará comezo na Praza do Calvario do Rosal ás 21:00 horas o XIX Festival de Músicos Xoves. Partici-
parán ademais da B.M. da Agrupación Musical do Rosal, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo e a Banda Marcial de Ancêde - Baiâo (Porto). Ao día seguinte, e á mesma hora (21 h) terá lugar o Festival de Corais, contando coa presenza da Coral Polifónica da Guarda, a Coral Polifónica Marusía de Bueu e a local Coral da Agrupación Musical do Rosal (na fotografía na edición de 2006). A Praza do Calvario voltará a ser unha vez máis punto de encontro músico-cultural da vila.

14 ago. 2008

Tres meses sen o poeta e profesor Xosé Carlos Gómez Alfaro

Este 14 de agosto de 2008 fixo tres meses do pasamento do poeta e profesor ourensán, pero afincado na Guarda, Xosé Carlos Gómez Alfaro. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, era dende 1978 profesor dos PP Somascos de A Guarda. Multitude de alumnos do Baixo Miño disfrutaron da súa oratoria, das súas clases, dos seus poemas. Falando hai moi pouco con algúns antigos alumnos do Rosal comentábannos que "foi unha honra ter a Xosé Carlos como profesor". Preguntándolle polo por que desas palabras afirmábannos que "admirábamolo polo seu carisma e as súas dotes literarias, o seu trato sincero, a súa retranca, o seu amor á lingua galega..."
Xosé Carlos Gómez Alfaro gañou multitude de premios literarios e xornalísticos, entre eles o Premio de Poesía Cidade de Ourense, o Rosalía de Castro ou o Feliciano Rolán. Temos que lembrar por exemplo, que o 12 de outubro vai a facer un ano que leu o pregón da XX Festa do Cabaqueiro na Praza do Calvario. Pregón que será reproducido integramente na memoria anual que edita o Concello do Rosal en homenaxe ao xa antigo e practicamente desaparecido oficio de cabaqueiro (telleiro). Facede click para ver a súa autobiografía:

13 ago. 2008

A Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño inicia os seus campamentos urbanos

A Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño que preside Paulino Baz Martínez (na fotografía) comeza o próximo luns 18 de agosto e como broche final ao período estival, os seus campamentos urbanos de verán en Santa María de Oia e A Guarda. En Santa María de Oia se realizarán os días 18, 19, 20 e 21 de agosto no patio do CEIP Mestre Manuel García e na Guarda os días 25, 26, 27 e 28 de agosto no patio do CP A Sangriña. Segundo nos informa Neli Rodríguez, coordinadora da Asemblea, estes campamentos están dirixidos a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos da comarca do Baixo Miño e como sempre a súa inscrición é gratuita. O obxectivo principal dende Cruz Vermella é chegar a un número máis amplo de usuarios e detectar novas necesidades para futuras intervencións, inquedanzas de voluntarios, etc. Pretenden desenrolar dunha forma educativa e sana o aspecto físico, intelectual e afectivo dos menores, así como promover a adquisición de hábitos, valores e conductas positivas respecto da vida grupal e a convivencia. Enfatizar na autonomía, a empatía e en xeral o desenvolvemento integral dos menores. En definitiva queren lograr que os mozos e mozas aprendan outras formas de divertirse máis sanas e menos costosas e amosarlles que o obxectivo máis importante do xogo non é outro que a diversión. Para poder inscribir aos nenos e nenas ou solicitar máis información, os interesados poden dirixirse á seguinte dirección e teléfonos: Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño rúa Agustín Nandín Lomba, nº 1 baixo (ao lado da igrexa parroquial) Tlf: 986 61 46 09 e 606 34 84 71

12 ago. 2008

A Oficina de Información Turística do Rosal, en San Miguel de Tabagón

Despois de estar durante anos preto da Ponte do Tamuxe, a oficina de información turística do Concello do Rosal atópase agora no barrio do Calvario (San Miguel de Tabagón), antes da subida polo Morán. As encargadas de facilitar información neste punto aos turistas que se achegan á nosa vila son Sandra Guerreiro Costa e Vanesa Santos Sousa. Dita oficina está aberta de 10 a 20 horas de forma ininterrumpida, agás os domingos que se pecha de 14 h a 16'30 h e os luns por descanso do persoal.

Festas do Monte 2008 e a súa típica "troulada". 95 anos de historia e de romaría

Vista da romaría deste ano 2008 dende o Pico do Facho
Miles de persoas déronse cita este domingo 10 de agosto no monte de Santa Trega na Guarda para disfrutar dun día de lecer e de xuntanza coa familia e os amigos. Ante a diferente e variada información xornalística en torno a esta festa, e a fin de que non se repitan erros recentes e se afirme que "os seus inicios se descoñecen" lembramos que esta romaría creouse en 1913 e por iniciativa de Constantino Candeira, oriundo de Celeiros (Ponteareas) e afincado na Vila da Guarda. O motivo da creación desta festa foi conmemorar o I aniversario da fundación da "Sociedad Pro-Monte Santa Tecla". En palabras do historiador guardés Joaquín Miguel Villa Álvarez na recente revista En el Punto de A Guarda: "Pero además de la carretera y acondicionamiento de la cima, la repoblación y la explotación de los yacimientos arqueológicos, en el año 1913 la Pro-Monte celebró la primera fiesta conmemorativa de su fundación, que al convertirla en romería popular adquirió personalidad propia y se convirtió en una de las tradiciones más famosas de la villa de A Guarda: su fiesta del monte". En principio asistían só os familiares dos membros de dita sociedade, pero por suposto, diante da súa boa acollida, comezaron a subir ao Monte os veciños da Guarda, O Rosal e arredores. Hoxe en día a romaría transformouse en "troulada", onde o viño e os "alegretes" teñen o seu protagonismo, pero isto non quere dicir que sexa a "Festa de Baco", "Festa do Viño" ou "Festa da Borracheira" como en certos medios de comunicación queren facer ver. A piques de cumprir o I centenario da súa creación, as Festas do Monte seguen sendo un referente no Baixo Miño.

7 ago. 2008

Concerto no Rosal da Orquestra de Cámara do Teatro Olímpico de Vicenza (Italia)

O Concello do Rosal en colaboración con Caixanova, presentan o concerto que ofrecerá a Orquestra de Cámara do Teatro Olímpico de Vicenza o vindeiro sábado 9 de agosto ás 22:00 horas no Auditorio Municipal. A entrada será libre ata completar o aforo.
Esta orquestra, que na actualidade consta de 43 músicos e dirixida por Giancarlo de Lorenzo, está considerada como unha das máis importantes do panorama musical italiano. Nace no ano 1990 como resultado da unión de diversas formacións musicais activas na cidade de Vicenza, convertíndose en organismo oficial, reunindo a algún dos mellores músicos da cidade e da rexión do Veneto. Son innumerables as súas colaboracións e xiras por toda Europa, acadando un grande éxito tanto de público como de crítica.

6 ago. 2008

En el Punto de A Guarda, unha novidosa revista de caracter turístico, xa na rúa

Recentemente acaba de saír do prelo o primeiro número da revista "En el Punto de A Guarda". Trátase dunha publicación que consta de 56 páxinas a toda cor, de periodicidade anual e gratuita que promociona o turismo de A Guarda e os seus arredores. A súa directora é Delia Brandón e está producido e editado por éxfico art.dis. Ten as colaboracións literarias das xornalistas Cecilia Albarenga e Eva González, Saman-
tha Konopczyk, Ana Saá, o historiador guardés Joaquín Miguel Villa Álvarez e os escritores rosaleses Xoán Martínez Tamuxe e Juan Ramón Martínez Barbosa. Tamuxe titulou o seu artigo "El mirabel, postre típico de Galicia". Pola súa banda, Juan Ramón fálanos de "Los Molinos de Folón y Picón en la Villa de O Rosal. Su ruta, su historia". Segundo os editores de En el Punto de A Guarda: "Con esta nueva revista turística comienza una nueva andadura hacia la promoción de A Guarda. Con este primer número pretendemos animar a todo aquel que nos visite que no se vaya de A Guarda sin antes conocer el centro de la villa. Sus monumentos, su gastronomía, su comercio, sus lugares de copas, así como también los alrededores no dejarán indiferente al visitante. En la comarca del Baixo Miño podrá encontrar rutas de senderismo, ocio, rutas por las bodegas más importantes de la zona y paseos fluviales. No podemos olvidarnos de la proximidad con Portugal, a través del puente internacional de Tomiño o el ferry de A Guarda, que unen la comarca con el norte del país vecino. Queremos darle la bienvenida e invitarle a disfrutar de un viaje por la belleza paisajística y los encantos culturales". Esta revista de carácter turístico está enteiramente escrita en castelán para ser difundida por toda España.

4 ago. 2008

Ruta polos Muíños do Folón e do Picón da Asociación Cultural A Xanela (Tomiño)

Foto de grupo da Asociación A Xanela ao pé da Carreira de Martín, acompañados de dous turistas (á esquerda) que se uniron á ruta

O domingo 3 de agosto a Asociación Cultural A Xanela, previo contacto coa concellaría de Turismo que preside Mª de los Ángeles Vicente Manzano, realizou unha ruta polos Muíños do Folón e do Picón. As explicacións, como de costume, correron a cargo do guía do Concello do Rosal. Lembrar que o artífice da celebración desta ruta foi o activo tesoureiro da asociación, José María Fernández Carrera "Pepito". Entre os asistentes a este percorrido polos Muíños, estaban por suposto, o presidente de A Xanela, Serafín Rodríguez Barreiro, a secretaria, Mª Esther Ruzo Domínguez, o concelleiro de Sanidade de Tomiño, Pablo Baquero ou o tenente de alcalde tomiñés e concelleiro de Cultura, Jesús Castiñeira. O bo humor, o compañeirismo e a cordialidade reinaron nesta ruta de sendeirismo, que rematou cuns "pinchiños" preto do muíño das Laxes, no Folón. Velaquí deixamos un pequeno vídeo desta xornada: http://es.youtube.com/watch?v=9ySq77lZKPo

3 ago. 2008

A Asociación de Veciños Río Folón celebrou a súa tradicional churrascada-sardiñada

Por segundo ano consecutivo a Asociación de Veciños Río Folón, celebrou a súa anual xuntanza na praza de Fornelos. O sábado 2 de agosto púidose degustar un menú a base de sardiñas e churrasco. Dita asociación foi creada no ano 2006 e ven organizando distintas actividades culturais e de recreo. Neste momento existe unha exposición permanente de fotografía antiga e moderna do Rosal nas súas instalacións. Amenizaron esta festa popular diferentes grupos musicais, tales como Airiños do Folón, Amigos da Concertina de Vilanova de Cerveira, Ariños do Tamuxe (Refoxos), Grupo de San Fins de Rebordáns (Tui), o grupo Ir e Vir, Lirolai e o Coro da Asociación de Veciños Río Folón, que facía a súa presentación oficial. Temos que subliñar que a maioría dos compoñentes dos grupos musicais da localidade son membros desta asociación. Para ver a nosa reportaxe facede click en: http://es.youtube.com/watch?v=JL00DA_4dA4