FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 jul. 2010

Proxecto "Descubrindo as Nosas Fortalezas"

Descubrindo as Nosas Fortalezas. Trátase dun proxecto do Concello de Tomiño para promover o coñecemento das fortificacións do Sistema do Baixo Miño a través de roteiros a pé, en bicicleta e en canoa. O día 7 de agosto: visita a pé. O día 14 de agosto: visita en canoa.

Para máis información podedes contactar coa organización en facebook, no correo descubrindofortalezas@gmail.com, no teléfono 622 051 640 ou na OMIX de Tomiño.

29 jul. 2010

I Torneo de Futbolín CAFETERÍA SKAPE 34


O venres 30 de xullo é a data límite de inscrición (20 € a parella), sendo o sorteo ás 22:30 horas no propio local, que conta coa nova xerencia de Óscar Rodríguez Vicente.


O comezo oficial do Torneo será o SÁBADO 31 a partir das 15:00 horas. Máis información e inscricións no teléfono: 638 530 523. Haberá trofeos e cartos para os tres primeiros clasificados.

23 jul. 2010

Festas do Pilar no Rosal, 24, 25 e 26 de xullo


Velaquí vos deixamos o programa destas Festas do Pilar 2010:

Día 24
·Praza do Calvario, a partir das 21:00 horas, XVII ENCONTRO DOS POBOS. Organizado polo grupo de gaitas e baile DO LUSCO Ó FUSCO, da Guarda.
·Tamén na Praza do Calvario, a partir das 22:30 horas, Verbena amenizada polas orquestras LADOS e FIN DE SIGLO.

Día 25
·Ás 11 da mañá, pasarrúas a cargo da BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL. Ás 12, misa solemne cantada pola Coral da mesma Agrupación.
·A partir das 21:30 horas, Concerto da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal, na Praza do Calvario.
·De seguido, sobre as 22:30 horas, comezará a Verbena, amenizada pola orquestra SABANNA.

Día 26
·PETER PUNK ofrece un espectáculo de animación para todos os públicos a partir das 21:00 horas na Praza do Calvario.
·Ás 22:00 horas comezará o concerto de FRATELLI NEGRONI.

20 jul. 2010

Exhibición de Futbolín. I Campionato Feminino


Este venres 23 de xullo, "Obradoiro-Exhibición" para o I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN FEMININO NOTICIAS O ROSAL. Lugar: Bar Troya, a partir das 23:00 horas.

Se estás dubidando en apuntarte (10 € a inscrición), este venres comezan os primeiros "adestramentos libres". Impartirán unhas pequenas clases de "cubrir co porteiro" e "facer cambios... adiante" os gañadores do I Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Concello do Rosal, Sergio Casal e Luis Martínez.




Igualmente participantes dese Campionato confirmaron que ofrecerán os seus mellores consellos a quen o desexe. ¡Se te gusta o futbolín e queres saber certos truquiños para vindeiros torneos... xa sabes!

Festival Aéreo de Vigo, por Cristóbal Coímbra




Reportaxe fotográfica realizada por Cristóbal Coímbra.

O domingo 18 de xullo tivo lugar o Festival Aéreo Internacional de Vigo, 2010, e alí estivo o rosaleiro Cristóbal Coímbra inmortalizando coa súa cámara ese grandioso espéctáculo.

Case medio millón de persoas (450.000) asistiron a este impresionante evento no que participaron un total de 50 aeronaves, tanto de aviación militar como civil, e preto de 180 especialistas entre técnicos e pilotos.

Podedes ver máis información deste Festival no seguinte enlace e na súa propia web.

19 jul. 2010

Xornadas Técnicas do Albariño. As imaxes



O pasado venres 16 de xullo, de mañá, e previa á inauguración da XVIII Feira do Viño do Rosal, celebráronse no Centro Social Polivalente unhas Xornadas Técnicas sobre o Albariño.

Tal e como estaba previsto, o alcalde Jesús Mª Fernández Portela deu a benvida aos asistentes, para de seguido ceder a palabra a Jorge Cardoso Mariñocoordinador no Baixo Miño da Asociación Galega de Viticultura, quen presentou o evento.



Neste interesante acto interviron ademais:
Ramón Huidobro, secretario do Consello Regulador Rías Baixas, coa ponencia:
· As Denominacións de Orixe no mercado
Xabier Zas, xerente da cooperativa Condes de Albarei.
· Cooperativismo e enoturismo en Galicia
Doutora Mª del Carmen Martínez, investigadora científica Misión Biológica; Consejo Superior de Investigaciones Científicas (C.S.I.C)
· A bioloxía aplicada á viticultura

18 jul. 2010

Emilio Flores, In Memoriam. Capítulo II

video

Despois da breve introdución que realizamos dende Noticias O Rosal, seguimos con esta pequena homenaxe a Emilio Flores.

Comezamos o segundo capítulo da súa biografía.

Emilio, cabo provisional, por X.M.T.
Despois de cinco meses, como pediran voluntarios a fin de escoltar un batallón de prisioneiros de guerra, Emilio presentouse. Previas probas, foi nomeado "Cabo Provisional", para ser destinado a Cuenca.

De aquí saliu para Huesca, Estación de Arañones, en Jaca, formando parte da mesma escolta, para o control dos prisioneiros que traballaban na Fortificación de los Pirineos, onde estivo 18 meses. Logo, estaría tamén, na custodia do campo de concentración Miguel de Unamuno, en Atocha (Madrid, 1941).

E, por último, destinado a Melilla, onde se licenciou. Como curiosidade lembrar que entre os seus compañeiros Emilio era coñecido polo "Cabo Pequeno", e como os demais escoltas naquel tempo, lembraba que tiña dereito a "ración doble" e cobraba 1'35 pesetas.

Ao seu regreso de África, foi á parroquia de Belesar, en 1942, chegando coas temidas quenturas (paludismo).

Aproveitando as visitas á familia no Rosal, asiste aos bailes de Fornelos, entre eles, a La Flor, propiedade de Generoso Álvarez (O Sueiro). Alí coñece á súa muller, Emilia Pérez Dorado, de Cruces, celebrándose o seu matrimonio o 25 de abril de 1945. Desta relación tiveron cinco fillos.

Continuará. Próximo capítulo: Emilio, gaiteiro.

15 jul. 2010

I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN FEMININO NO ROSAL


O venres día 20 de agosto ás 21:00 horas terá lugar no Auditorio Municipal a presentación do  I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN FEMININO NOTICIAS O ROSAL, instaurado como unha nova actividade cultural, turística e aínda deportiva da nosa vila.

As partidas deste torneo terán lugar nos futbolíns do PUB J&J e do BAR TROYA. Por suposto dicir dende Noticias O Rosal que non excluímos a ningún local, ao contrario, animamos a todos a participar, así como a entidades, empresas e particulares nesta iniciativa e nos seguintes proxectos que tamén comezaremos en breve.

Se queredes inscribirvos ou colaborar de calquera xeito agradecemos vos poñades en contacto con nós no correo noticiasorosal@hotmail.com, no de Juan Ramón (juanramon@noticiasorosal.es) ou no teléfono 637 311 007.

Como temos expresado na BENVIDA á páxina, e lembramos novamente, o que pretendemos é "aportar o noso gran de area á cultura e á información" do Rosal e arredores.

Esperamos que a organización deste tipo de eventos para a xuventude e para @s non tan "nov@s", sexan do voso agrado.

Saúdos.

P.D.: Neste mundo non se pode facer nada só, así que... ¡Contamos coa vosa colaboración, calquera axuda, no sentido que sexa, será ben recibida! ¡Nós corresponderemos! ¡ANIMÁDEVOS...!

¡Graciñas!

Noticias O Rosal
Redacción

14 jul. 2010

Sancho Gracia será o pregoeiro da Feira


O coñecido actor, guionista, produtor e director madrileño Sancho Gracia, famoso -entre outros- polo seu papel protagonista na recordada serie "Curro Jiménez", será o encargado de ler o Pregón desta XVIII Feira do Viño do Rosal.

Segundo o protocolo, será presentado polo alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, para máis tarde asistir á intervención do presidente da Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso Gestoso e finalmente do conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Agustín Hernández.

13 jul. 2010

Inauguración da XVIII Feira do Viño do Rosal




Tamén o venres 16 de xullo ás 20:00 horas terá lugar a inauguración oficial da XVIII Feira do Viño do Rosal a cargo de Agustín Hernández Fernández de Rojas, conselleiro de Medio Ambiente.

Ás 20:30 horas procederase á visita ós expositores e á degustación de viños do Rosal.

A partir das 22:00 horas comezará a actuación musical da Charanga Nova Cubana.

Nas distintas presentacións podedes ver as nosas imaxes da pasada edición da Feira.


Xornadas Técnicas sobre o Albariño


O vindeiro venres 16 de xullo, a partir das 11 da mañá, no Centro Social Polivalente do Rosal e dentro da programación cultural da Feira do Viño, se celebrarán unhas "Xornadas Técnicas sobre o Albariño". Dende a organización lembran que a asistencia é libre e non é preciso facer preinscrición.

Neste acto intervirán:

Ramón Huidobro, secretario do Consello Regulador Rías Baixas
· As Denominacións de orixe no mercado

Xabier Zas, xerente da cooperativa Condes de Albarei
· Cooperativismo e enoturismo en Galicia

Doutora Mª del Carmen Martínez, investigadora científica Misión Biológica; Consejo Superior de Investigaciones Científicas (C.S.I.C)
· A bioloxía aplicada á viticultura

12 jul. 2010

D. EMILIO FLORES COSTAS. IN MEMORIAM


D. Emilio Flores Costas, por X.M.T.

Co pasamento de Emilio Flores o pasado sábado 10 de xullo -e fai anos do seu irmán, José- vaise unha excepcional representación dos gaiteiros tradicionais do Rosal e aínda de Galicia.

Este luns tivo lugar na igrexa parroquial de Santa Mariña as honras fúnebres polo eterno descanso deste popular e lembrado artista da vila. Cocelebraron a Eucaristía, o abade D. Julio Ramos, asistido por D. Victorino Poutás (ex-párroco da freguesía), D. Isaac Penela e D. Pascual Bermúdez.

Na homilía D. Julio fixo unha emotiva predicación lembrando as principais características humanas de Emilio (sencillez, humildade, alegría, optimismo, etc).

Multitude de familiares, amigos e veciños -moitos deles músicos- déronlle unha sentida despedida. Acompañou á comitiva fúnebre, dende o adro ata o cemiterio, un grupo de gaitas que foi moi aplaudido.

video

Como homenaxe a Emilio realizaremos dende Noticias O Rosal unha breve semblanza biográfica repartida en diferentes capítulos.

CAPÍTULO I

Emilio, fillo de José e Rosa, nace en Miranxe, xuradía de Novás, o 2 de decembro de 1920.

Aos trece meses pasa a vivir na compaña dos seus avós maternos, Emilio e Josefa, na parroquia de San Lorenzo de Belesar, no Val Miñor.
Dende os 6 ata os 14 anos, asiste á escola parroquial (do Sindicato Católico), que rexenta o mestre D. Jesús. Despois de clases, axuda ao moito traballo de casa: atender da viña, labrar co arado… A súa familia, ademais tiña funeraria e eran xa de tradición, sacristáns, ocupándose tamén do “pote” do citado Sindicato.

Aos 18 anos, Emilio, a pesares de ser da “quinta” do 41, tivo que incorporarse anticipadamente, en 1939, ao final da Guerra Civil. O seu primeiro destino foi a Intendencia en A Coruña, Cuartel de Isabel a Católica.

(Continuará). Proximamente, Cap. II: Emilio, Cabo Provisional.

9 jul. 2010

A FINAL DO MUNDIAL, NO AUDITORIO MUNICIPAL



O Concello do Rosal comunica que o domingo 11 de xullo ás 20:30 horas poderase ver en pantalla xigante no Auditorio a final de fútbol que disputarán España e Holanda no Mundial de Sudáfrica 2010.

Dende as concellerías de Deportes e Cultura que dirixen Ángel Martínez e Charo Tabales respectivamente, animan a asistir a este evento e informan que as instalacións municipais contan –entre outros servizos- con aire acondicionado e cun aforo para 340 persoas.

Comezaron as obras da Feira do Viño 2010


O xoves 8 de xullo comezaron na Praza do Calvario as diferentes obras e preparativos para que os stands e demais servizos estean en orde para o día da inauguración da Feira do Viño, o vindeiro venres 16.


6 jul. 2010

Excursión parroquial á Virxe da Franqueira


Reportaxe (texto e fotos): X.M.T.

A Comisión Parroquial de Santa Mariña, coordinada por Carmen Batán, organizou o sábado 3 de xullo unha excursión ao Santuario da Franqueira.
 

Preto de 50 persoas visitaron Ponteareas, A Franqueira, Ribadavia e realizaron un paseo en catamarán polo río Arnoia (Ourense).
 

Na Franqueira oíron misa, cocelebrada polo párroco da monacal parroquia de Santa María da Fonte ou da Franqueira, D. Xavier Alonso Docampo e polo párroco de Santa Mariña do Rosal, D. Julio Ramos Rodríguez. 
 

O párroco do santuario fixo unha semblanza histórica da igrexa así como unha referencia á devoción da Virxe da Franqueira.





Despois da comida nas inmediacións, visitouse Ribadavia. De aquí (río Arnoia) tomouse o barco (catamarán) e se realizou o percorrido establecido, ida e volta, nun total de 25 quilómetros. 

Este trazado como se dixo, comezouse en dito concello arnoiés, chegando a Cortegada, pola beira esquerda do río daquel nome; e pola dereita a Filgueira, concello de Crecente. 

Foi un percorrido novidoso, divertido e enriquecedor tanto pola increíble paisaxe, como polas explicacións do propio condutor do catamarán.  

Unha vez rematado este paseo emprendeuse viaxe de volta a O Rosal.

5 jul. 2010

Presentación da XVIII Feira do Viño do Rosal



O pasado venres 2 de xullo tivo lugar na Casa da Pintora a presentación da XVIII Feira do Viño do Rosal que se celebrará os días 16, 17 e 18 deste mes.


O alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, foi o encargado de dar a benvida aos asistentes (autoridades, organizadores e adegueiros) así como de facer un resumo de todas as características da Feira e actividades que se desenrolarán durante esa fin de semana.


Así mesmo tamén interviron o presidente da Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso Gestoso, o presidente da "Ruta del Vino Rías Baixas", José Ramón Meiriño González, o secretario do Consello Regulador D.O. Rías Baixas, Ramón Huidobro e a concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo.


Lucho e Pepe, propietarios da Casa da Pintora, ofreceron ao remate da presentación uns pinchiños acompañados, como non, dos excelentes caldos rosaleiros.

Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica completa.

4 jul. 2010

BOA ACTUACIÓN DE JOSÉ E ÓSCAR EN VILA VERDE


José Rodríguez e o seu copiloto Óscar, a bordo do Opel Corsa GSI, destacaron en Portugal

Reportaxe (texto e fotos) realizada por Roberto Valladares

A pasada fin de semana (26 e 27 de xuño) disputose o X Rali de Vila Verde, proba valedeira para o Campionato Nacional Portugués de 2L/2RM, e organizada polo Clube Automóvel do Minho, disputándose paralelamente unha proba extra na que participaban vehículos sen homologación.



No Campionato o gañador resultou ser José Pedro Fontes, cun precioso Porsche 997, sendo o mellor español Daniel Mariño co recén estreado Ford Fiesta R2.



Na proba extra o vencedor foi Renato Pita, cun Mitsubishi Lancer Evo VI, mentras que o mellor español era José Pumares cun Mitsubishi Lancer Evo VIII.


Mención especial merecen novamente os rosaleiros José Rodríguez e o seu copiloto Óscar, que co Opel Corsa GSI foron os segundos españois e primeiros na Clase 1, rematando o rali nunha sensacional sexta posición final. 

¡Dende Noticias O Rosal a nosa noraboa!

Acto DA ASAMBLEA COMARCAL DE CRUZ ROJA


O vindeiro martes 6 de xullo ás 16:30 horas no Centro Cultural de A Guarda @s 44 asistentes ao "Taller de Estimulación de memoria" e familiares, asistirán á entrega de diplomas con motivo da finalización do curso 2009-2010.



Informa Neli Rodríguez

"Desde el año 2003, voluntarios y voluntarias de la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño desarrollan un taller de estimulación de memoria para personas mayores de 65 años. Desde entonces, son muchas las personas que han participado en estos talleres con un alto nivel de satisfacción, tanto por parte de l@s usuari@s como por parte del equipo de voluntarios que desarrollan la actividad en el club de jubilados y pensionistas de A Guarda, prueba de ello ha sido el incremento de personas asistentes a las actividades.

Entre los objetivos del taller de estimulación de memoria se destacan potenciar la conservación de la capacidad y agilidad mental de los destinatarios, potenciando el mantenimiento de sus capacidades psíquicas, además de promover las relaciones interpersonales e intergeneracionales, mejorando, de esta forma su autoestima.

Con esta entrega de diplomas queremos reconocer el esfuerzo realizado por l@s alumn@s y voluntari@s que participan en la actualidad en este taller. Durante este acto nos acompañarán el presidente comarcal de la Asamblea de Cruz Roja Baixo Miño y algunos de los miembros del comité comarcal, la concejala de Servicios Sociales del Concello e A Guarda, el presidente del club de jubilados y pensionistas de A Guarda y a él asistirán las usuarias acompañadas por un familiar o amigo. Tras la entrega de diplomas se invitará a los asistentes a un tentempié que será el broche final del taller de estimulación de memoria hasta el próximo mes de Octubre.

Este proyecto está enmarcado dentro de las actividades desarrolladas por la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño con personas mayores, tales como el taller de alfabetización, charlas de productos de apoyo, entrega de productos de ahorro energético, excursiones culturales y de convivencia, el programa de respiro familiar, ponte na onda, talleres de utilización del teléfono móvil y teleasistencia móvil, y el recientemente iniciado taller de gimnasia de mantenimiento…etc.. hasta la fecha han participado, en los diversos programas para mayores, más de 150 personas, actuaciones que no se podrían haber llevado a cabo sin la colaboración de l@s y voluntari@s de Cruz Roja".