FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 ene. 2009

Presentouse en Santiago o Xacobeo Galicia, equipo do rosaleiro Serafín Martínez Acevedo

Terceiro proxecto do equipo Xacobeo Galicia (Foto: D.M.)
O xoves 22 de xaneiro tivo lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela a presentación do terceiro proxecto para o ciclismo internacional do equipo profesional Xacobeo Galicia que dirixe Álvaro Pino e no que milita o rosaleiro Serafín Martínez Acevedo. O acto estivo presidido pola conse-
lleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo e presentado por Terio Carrera, xefe de deportes da Radio Galega. Na presentación tamén estiveron -entre outros- Marta Souto, Directora Xeral para o Deporte, o presidente da Federación Galega, Sabino Cortizo, así como varios rosaleiros que quixeron apoiar ao seu veciño e amigo Serafín. Houbo proxección de vídeos e a actuación do humorista Pepo Suevos, para despois ir presentando un por un aos corredores do equipo, que son: Ezequiel Mosquera, David García, Gustavo C. Veloso, David Herrero, Carlos Castaño, Iván Raña, Gustavo Domínguez, Serafín Martínez Acevedo, Gonzalo Rabuñal, Juan F. Mourón, Eduard Vorganov, Iban Mayoz, Alejandro Paleo, Alberto Fernández, Pedro Fernández, Marcos García e Héctor Espasandín. Aquí vos deixamos a reportaxe fotográfica deste acto realizada por Diego Martínez para Noticiasorosal: http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/SerafinPresentouseCoXacobeoGalicia#

O Rosal terá axudas para os danos do temporal

Segundo nos informan dende a Oficina de Emprego e Desenvolvemento Local, O Rosal xunto con Baiona ou A Guarda na provincia de Pontevedra, serán algunhas das vilas nas que se adoptarán medidas para paliar os estragos do temporal. O Diario Oficial de Galicia publicou o venres 30 de xaneiro, o Decreto 13/2009, do 29 de xaneiro, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de medidas urxentes para a reparación dos danos causados polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro. A publicación no DOG prodúcese ao día seguinte de que o Consello da Xunta aprobara esta norma. Este decreto abarca os seguintes ámbitos: ·Axudas por danos persoais. ·Axudas por danos causados en vivendas e instalacións complementarias. ·Axudas por danos e perdas nas explotacións agrícolas, gandeiras e forestais. ·Axudas por danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís. ·Axudas ás entidades locais.
En canto ao prazo de presentación de solicitudes, a norma establece que as axudas poderán outorgarse en réxime de concesión directa por mor do interese público, social, económico e humanitario derivado das excepcionais circunstancias que concorren, e concederanse nos termos e condicións que se establezan nas súas correspondentes bases reguladoras.

28 ene. 2009

Charla Informativa no Centro Social Polivalente

O martes 3 de febreiro ás 8 da tarde no Centro Social Polivalente do Rosal terá lugar unha Charla informativa sobre trastorno por déficit de atención con o sin hiperactividad. Esta actividade está dirixida a familias, profesores, educadores, coidado-
res... sendo organizada polo Gabinete de Logopedia "Rosana", o Gabinete de Psicopedagoxía "Ana" e a ANPA do Colexio Manuel Suárez Marquier. Conta ademais coa colaboración do Concello do Rosal e ANHIDA (Asociación de Niños con Hiperactividad y/o Déficit de Atención de Vigo).

27 ene. 2009

Festas do Entroido 2009 en Fornelos

Dende a Comisión de Festas de Fornelos que preside Jorge Rodríguez Álvarez infórmannos que o seu tradicional e enxebre Entroido comezará o domingo 22 de febreiro ás 11 da mañá coa saída das carrozas ata a Praza do Calvario para participar no Gran Desfile. A partir das 5 da tarde actuará o grupo Airiños do Tamuxe ata o comezo da verbena, que será sobre as 8. A gran verbena que se prolongará ata altas horas da madrugada estará amenizada polos grupos Los Estelares e Penta-
grama. O luns ás 4 da tarde na Praza de Fornelos celebra-
rase a tradicional Corrida do Galo e a continuación terá lugar a actuación dun TRÍO ata o comezo da verbena. A partir das 9 da noite actuarán as orques-
tras D'Tacon e Saudade 73. O martes 24, sobre as 4 da tarde tamén na Praza de Fornelos celebraranse as típicas Frixidelas. Poñerán o punto e final a estas grandes festas os grupos Aramio e Ilusión. Velaquí vos deixamos unha pequena reportaxe que realizamos con motivo da Corrida do Galo do ano 2005:

O venres 30 de xaneiro, Subida do Artístico Arco

Como xa tiñamos anunciado as festas da "Virgen de la Salud y San Blas" se celebrarán como cada ano na parroquia de San Xoán de Tabagón e darán comezo o venres 30 de xaneiro á 1 do mediodía cunha gran tirada de fogos. Ás 6 da tarde terá lugar a Subida do Artístico Arco, tamén chamado "maio", quizais en lembranza da diosa "Maya" coincidindo coa chegada da primavera. Na actualidade e dende principios do século XIX levántase para conmemorar as festas relixiosas na honra da Nosa Señora da Saúde. Nas últimas décadas vén sendo autor do seu deseño o debuxante tabagonés Ángel Pérez, que cada ano é o encargado de que o artístico arco sexa diferente e novidoso. Moitos destes "maios" aluden a un acontecemento ou conmemo-
ración de carácter universal. Este tipo de arco-maio é algo único non só no Baixo Miño senón aínda en toda a provincia de Pontevedra. Máis información no libro Nuestra Señora de la Salud: Historia, Devoción y Arte en San Juan de Tabagón, da autoría de Xoán Martínez Tamuxe e editado pola Comisión de Festas da Saúde (1993). Facede click sobre as fotografías para amplialas.

Nova clase do Curso de Patchwork

Alumnas do Curso de Patchwork en plena tarefa (Foto: B.C.B.)
Este luns 26 de xaneiro volveuse a celebrar unha clase máis do Curso de Patchwork dirixido por Mª Montserrat Fernández Otero e que se imparte no Centro Social Polivalente do Rosal por iniciativa da Concellaría de Servizos Sociais e Muller que preside Mª Carmen Alonso Alonso. Lembramos que este curso que comezou o día 19 de xaneiro ten lugar todos os luns de 16:30 a 18:30 horas. Nel participan un grupo de 11 mulleres que buscan coñecer todos os segredos desta tela que se fai cosendo anacos de retais de distintas cores, debuxos e formas.

26 ene. 2009

Choiva... de goles: U.D. Ribera 7 - G.D. Miño 3

Segundo nos contan fontes próximas á U.D. Ribera o partido que se celebrou o domingo 25 entre o equipo rosaleiro e o G. D. Miño, foi en verdade, vibrante. Os dez tantos que se marcaron neste encontro da Terceira Autonómica dan boa proba disto. Numerosos afeccionados do Baixo Miño -aínda que o tempo non acompañaba- se achegaron ata o Campo de Fútbol Municipal de A Mata para deleitarse coa outra "choiva", a dos goles. A U.D. Ribera (con 42 puntos e un partido menos) consolídase como líder e outra semana máis segue mandando no alto da táboa de clasificación da categoría.

Celebrouse a misa na honra de San Vicente

Vista parcial dos fieis devotos de San Vicente nas inmediacións da súa capela
O domingo 25 de xaneiro, ás 11'30 da mañá e pese as desfavorables condicións meteorolóxicas celebrouse en Marzán a misa na honra de San Vicente. Oficiou o abade párroco D. Julio Ramos Rodríguez e actuou durante esta Eucaristía a Coral Polifónica de A Guarda, dirixida por Marisilda Sánchez Lomba. Debido ao mencionado mal tempo este ano non houbo a tradicional procesión. Unha vez terminada a misa procedeuse á típica poxa de produtos do campo que -como sempre- correu a cargo do coñecido Pepe "O Brasileiro".

24 ene. 2009

Reunión para a reivindicación do Camiño Portugués de Santiago pola Costa ou Monacal

Detalle desta xuntanza galaico-portuguesa. (Foto: Concello de Oia)
O martes día 20 de xaneiro tivo lugar no Concello de Oia unha reunión internacional sobre a reivindicación da existencia do Camiño Portugués pola Costa na que participaron representantes de concellos galegos e câmaras portuguesas, asociacións empresariais e veciñais así como importantes historiadores, arqueólogos e investigadores con coñecemento na materia. Tras esta reunión decidiuse asinar a "Declaración de Oia" onde se recollen uns puntos comúns para presentar ás distintas institucións oficiais (Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Câmaras portuguesas) para que este Camiño se recoñeza oficialmente e se inclúa nos programas de divulgación. Aquí vos deixamos as actas completas desta reunión na que O Rosal (que ten 3 km de costa-Camiño) estivo representado polo Técnico de Turismo municipal: http://reportaxesorosal.blogspot.com/2009/01/reunin-camio-monacal-declaracin-de-oia.html

Charla-Obradoiro no Manuel Suárez Marquier

Dende a Concellaría de Servizos Sociais e Muller do Rosal que preside Mª Carmen Alonso Alonso organizouse do 13 ao 23 de xaneiro, no CPI. “Manuel Suárez Marquier” unha Charla-Obradoiro de corresponsabilidade na vida e no fogar, destinada a nenos e nenas de 1º e 2º da ESO. As sesións, que estiveron a cargo de Banesa Cortiñas Brey, Técnica de Promoción da Muller, trataron de promover a igualdade entre os dous sexos e o coñe-
cemento e necesidade do reparto de tarefas domésticas, de manei-
ra que todos os nenos e nenas teñan as mesmas posibilidades e oportunidades no mundo laboral, familiar e social. Así como a realización de xogos nas que os alumnos/as entenderon a corresponsabilidade como algo máis que o simple feito de axudar nas tarefas domésticas e sen diferenciación de xénero. A corresponsabilidade preséntase como saída para avanzar a prol da igualdade, na que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades.

22 ene. 2009

Novas reportaxes

Estamos traballando para en breve ofrecervos a publicación das nosas últimas reportaxes fotográficas, vídeos, etc. Se queredes facer algunha suxerencia ou "suxestión", aportar información de calquera evento ou acontece-
mento relacionado co Baixo Miño e sobre todo coa Vila do Rosal, enviádenos a vosa mensaxe a:

U.D. Ribera - G.D. Miño, o domingo na Mata

Actual plantilla da U.D. Ribera (temp. 08-09)
Este domingo 25 de xaneiro disputarase no Rosal e máis concretamente no Campo Municipal da Mata ás 4 da tarde o partido de fútbol de máxima rivalidade comarcal entre a U.D. Ribera e o G.D. Miño correspondente á 18ª xornada da Terceira Autonómica. Agárdase sexa un partido emocionante xa que os dous equipos están en boa forma e a iso engádeselle que loitarán o primeiro e o segundo clasificado:
Ribera: 39 puntos
Miño: 37 puntos
Máis información na web:

21 ene. 2009

O Rosal. Lembranzas dun recente pasado (cap. VII)

Vista parcial do centro da Vila o domingo de Entroido de 1988
Aínda que non se vexan practicamente disfraces e se divisen ao lonxe as carrozas quixemos publicar esta fotografía para polo menos mostrar os "vehículos de motor" da época así como por onde circulaban e aparcaban... xusto polo medio da Praza do Calvario. Facede click sobre a fotografía para ampliala.

Actividades de inmersión lingüística

Aberto o prazo para solicitar as axudas a Consellería de Educación que convoca 2.650 axudas para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2009, desde a última semana de xuño ata o 31 de agosto. As axudas van dirixidas ao alumnado de centros de ensino sostidos con fondos públicos e que estén cursando: 6º de Primaria; 2º, 3º, 4º da Educación Secundaria Obrigatoria e 1º e 2º de Bacharelato para realizar un curso de idioma. As estadías poder ser entre dúas e tres semanas en familias, campamentos ou residencias e os destinos son: Reino Unido, Irlanda, Francia, Canadá ou campamento en Galicia, dependendo sempre do curso do solicitante. As becas cubrirían os gastos de: viaxe, monitores que acompañarán ao alumnado durante a actividade, os gastos de docencia (incluíndo material escolar e libros), as actividades culturais e complementarias dos cursos, os gastos de mantenza e aloxamento, certificación de realización da actividade e seguro de accidentes e responsabilidade civil. Máis información na OMIX do Rosal ou no teléfono 986 60 94 50.

19 ene. 2009

Xa está aquí Xuventude Galiza Net 09

Dende a Oficina de Información Xuvenil do Rosal que dirixe Silvia Baquero Pereira comunícannos que se abre o prazo de preinscrición para unha nova edición de Xuventude Galiza Net. O evento informático máis grande de Galicia chega á súa décima edición con grandes novidades. Para comezar, Xuventude Galiza Net cambia de localización e pasa de celebrarse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia ao Multiusos Fontes do Sar. Isto permite que o 2009 case o dobre de mozos que o ano pasado poida desfrutar de tres días ininterrompidos rodeados de cables, ordenadores e consolas. Celebrarase a primeira edición do Concurso Internacional de Robótica, en colaboración coa organización Ieee, e mesmo contarase co embaixador de Lego, que traerá unha morea de construcións feitas co deseñador dixital de Lego (entre elas, por exemplo, a estrela da morte de Star Wars). O software libre tamén terá unha presenza destacada con actividades, obradoiros e relatorios que se están a concretar no momento en que se redacta esta noticia, e mesmo poderase encontrar traballo se estás buscando, xa que vaise contar con varios representantes das principais empresas que estarán dispostos a recoller o currículo dos participantes. As inscricións formalizaranse en www.xuventudegaliza.net.

A Liga en Marcha. "Camiña e coñece"

Con este eslogan a Asociación Cultural Recreativa Liga de Amigos de O Rosal convoca aos seus socios este venres ás 22 horas á presentación da actividade que se realizará o vindeiro domingo 25 de xaneiro ao aire libre. Baixo o lema "Vén a camiñar con nós e coñece o noso contorno" a Sociedade anima a realizar unha ruta que ten como percorrido: Liga de Amigos-Pozas do Río da Cal-Liga de Amigos. Así mesmo o venres pola noite na cafetería do local se poderán ver e encargar copias das fotografías da cea do 90 aniversario. Para máis información destas e doutras actividades podedes achegarvos ata a súa sede ou contactar no seu teléfono: 986 62 50 73.

18 ene. 2009

Bases para o Concurso de Entroido no Rosal

O Concello do Rosal convoca o tradicional Concurso de carrozas, comparsas e disfraces individuais que se celebrará con motivo do Entroido 2009 o domingo, 22 de febreiro, ás 11:30, na praza do Calvario. A inscrición dos participantes farase no Rexistro do Concello, en impreso normalizado para este fin, ata as 13:00 horas do día 17 de febreiro. Xunto coas solicitudes de inscrición, deberán achegar un breve comentario dos traballos que se presentan, facendo constar tamén o número de acompañantes e o nome do grupo. Velaquí vos deixamos as bases para participar no Concurso: http://reportaxesorosal.blogspot.com/2009/01/entroido-2009-en-o-rosal.html

17 ene. 2009

Novo curso de Cruz Roja Baixo Miño

Dende a Asamblea de Cruz Roja Baixo Miño informan que o próximo 14 de febreiro comezará o curso de "Nutrición y Psicomotricidad pasiva en la Tercera Edad". Este curso ten unha duración de 50 horas e prolongarase os días 14, 21 e 28 de febreiro e o 7, 14 e 21 de marzo. O horario de impartición será de 9'30 a 14 h. e de 16 a 20 horas. O curso está enmarcado dentro das accións formativas de interese socio-sanitario de Cruz Roja e está dirixido a persoas maiores de 16 anos que estean interesadas en coñecer os aspectos relativos a unha correcta nutrición das persoas maiores, elaboración de menús, as súas necesidades alimenticias, así como aspectos relacionados coa psicomotricidade dos maiores. Os obxectivos principais desta acción formativa son entre outros, dotar aos alumnos de coñecementos que favorezan o coidado óptimo de persoas maiores; mellorar a calidade de vida das persoas dependentes, a través dunha nutrición adecuada e exercicio físico apropiado; potenciar a integración da persoa maior no seu medio habitual mellorando na medida do posible a súa autonomía. Na estructura do curso inclúense os seguintes módulos: "MÓDULO 1: Conceptos básicos sobre las personas mayores y el proceso del envejecimiento. MÓDULO 2: Aspectos fisiológicos en la tercera edad. MÓDULO 3: Nutrición. MÓDULO 4: Gimnasia en la tercera edad".
O custo do curso é de 130 €. Todas as persoas interesadas en obter máis información sobre o amplo temario que se traballará ou en realizar a preinscrición poden dirixirse a: Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño R / Agustín Nandín Lomba, nº 1 Baixo. (Ao lado da igrexa parroquial) Tlfnos: 986 61 46 09// 606 34 84 71 laguardia@cruzroja.es Horario de atención: De luns a xoves: 8:30 a 14:00 e 16:00 a 20:00 h. Venres: 8:00 a 15:00 h.

14 ene. 2009

Araceli del Pozo Galiñanes, nova AEDL

Achegámonos o mércores 14 de xaneiro ata o Centro Social Polivalente do Rosal para coñecer a Araceli del Pozo Galiñanes, a nova Axente de Emprego e Desenvolvemento Local. Araceli será a encargada a partir de agora de ofrecer asesoramento á xente emprendedora, así como de informar de posibles axudas ou subvencións ás que se pode acceder. Nas súas palabras traballará para "quen desexe orientación laboral ou queira despexar dúbidas sobre o emprego". Para máis información sobre o desenrolo local podedes contactar con Araceli dirixíndovos ao Centro Polivalente ou no teléfono 986 60 94 50.

Festas en San Xoán de Tabagón

As festas da "Virgen de la Salud y San Blas" se celebrarán como cada ano na parroquia de San Xoán de Tabagón e darán comezo o venres 30 de xaneiro á 1 do mediodía cunha gran tirada de fogo "graneado". Ás 6 da tarde terá lugar a Subida do Artístico Arco nun animado ambiente tradicional. O sábado 31, ás 11 da mañá fará entrada a Banda de Música de Goián que ofrecerá nas inmedia-cións un concerto. Xa de noite e sobre as 10, presentaranse as orquestras Estelares e Super T. O domingo 1 de febreiro de mañá haberá unha tirada de bombas de palenque, previa á entrada da Agrupación Musical da Guarda que o fará as 11. Esta banda actuará de novo pola tarde de 6 a 11 da noite ofrecendo un concerto onde deleitará aos asistentes co seu extenso repertorio. Porá o broche final a estas festas -como é habitual- outra gran tirada de bombas.

Festas na honra de San Vicente 2009

O domingo 18 de xaneiro a partir das 9 da mañá un grupo de gaitas percorrerá a Xuradía de Marzán. O xoves 22 ás 11 horas, misa na honra de San Vicente, como ofrenda dun veciño de Marzán. O venres 23, a partir das 6 da tarde "Gran zorzada e chourizada" acompañada polo Son Musical Electrosil. A gran verbena do sábado 24 será a partir das 8'30 da tarde a cargo do grupo Agarimo e a orquestra Sabrosito. Xa o domingo 25 de xaneiro e ás 8 da mañá, unha salva de bombas anunciará o comezo do Día Grande. A partir das 10 da mañá haberá callos caseiros. Ás 11'30 celebrarase a misa na honra de San Vicente, con sermón e procesión. Actuará a Coral Polifónica da Guarda. De seguido, subasta de produtos típicos. Unha gran tirada de fogos dará por rematadas as festas. Lémbrase que o recinto estará cuberto. Aquí vos deixamos a nosa reportaxe da Festa de San Vicente do 2008:

13 ene. 2009

Últimas prazas para o Curso de Patchwork

O luns 19 de xaneiro dará comezo o Curso de Patchwork dirixido por Mª Montserrat Fernández Otero e que se impartirá no Centro Social Polivalente do Rosal. Dúas horas á semana de 16:30 a 18:30 para coñecer todos os segredos desta tela que se fai cosendo anacos de retais de distintas cores, debuxos e formas. Dende a Concellaría de Servizos Sociais e Muller que preside Mª Carmen Alonso Alonso comunícannos que aínda quedan prazas vacantes, sendo o venres 16 o último día para anotarse. Podedes obter máis información deste curso consultando a Banesa Cortiñas Brey, Técnica de Promoción da Muller ou no teléfono 986 60 94 50.

Cultura organiza un "Obradoiro para o Entroido"

Dende a Concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo ofrécese a posibilidade de realizar un obradoiro consistente en aprender a manexar malabares, andar en zancos e facer cabezudos para participar nun pasarrúas que se celebrará o domingo do Desfile do Entroido. A actividade é gratuíta para os alumnos de 3º e 4º da ESO do CPI Manuel Suárez Marquier. Dito obradoiro terá unha duración de 27-30 horas. O prazo para anotarse é ata o venres 16 de xaneiro con Ana (profesora de Teatro e Relixión). Podedes solicitar máis información no teléfono 986 62 50 00.

12 ene. 2009

Martes e 13... de xaneiro

Martes e 13... de xaneiro. Nas culturas de España, Grecia e os países de Latinoamérica, o martes 13 é considerado un día de mala sorte. Martes é unha palabra que provén do nome do planeta Marte, que na Idade Media o chamaban "o pequeno maléfico" e que significa vontade, enerxía, tensión e agresividade. Marte, segundo a mitoloxía grega é o Deus da Guerra, polo que o día martes está rexido polo planeta vermello, o da destrución, o sangue e a violencia. Ademais a lenda di que un día martes 13 se produxo a confusión de linguas na Torre de Babel.
Pola súa banda o número trece dende a antigüidade foi considerado como de mal agoiro xa que na Última Cea de Xesucristo trece foron os comensais; no Apocalipse o seu capítulo 13 corresponde ao anticristo e á besta. No Tarot, este número fai referencia á morte. Hai moita xente con medo a este día (que por exemplo non viaxa a ningún lado por superstición). A este temor se lle denomina Trezidavomartiofobia ou Triscaidecafobia. Pero iso si, as connotacións negativas que se lle dan ao martes e trece non teñen fundamentos científicos, polo que só se trata dun mito. Existen moitas persoas que o tomaron ao revés, polo que dentro das súas crenzas o consideran como un día de boa sorte... optando aínda por apostar nos xogos de azar por ese número e nese mesmo día. (Wikipedia).

9 ene. 2009

David Gómez, elixido Mellor Atleta Galego 2008

David na compaña do presidente Alfonso Posada e o atleta, técnico, fisio e directivo, Jesús María Lence en Balaídos (Foto R.C. Celta)
O rosaleiro David Gómez Martínez vén de ser elixido Mellor Atleta Galego do 2008 nunha Gala que se celebrou no Salón de Actos do Paraninfo da Universidade da Coruña en decembro pasado tras ser olímpico en Atenas e Pequín e campión de España de Decathlon por terceira vez. En declaracións na web do Real Club Celta de Atletismo “me siento muy a gusto en la Blume, por los amigos y por el trabajo que estoy realizando”. Afirmou que "con José Luís Martínez, mi entrenador ahora, también". Preguntándolle polas súas próximas competicións "todavía no lo tenemos determinado, Martínez me dice de hacer alguna prueba suelta o si iré directamente al encuentro de combinadas España-Chequia-Francia-Gran Bretaña-Holanda (31 enero y 1 febrero, en Zaragoza) o a los Campeonatos nacionales absolutos (21 y 22 febrero en Sevilla) para el heptathlon”. Parece que David se atopa optimista sen que o pé lesionado lle plantexe problemas nestes momentos e disposto a afrontar unha larga e dura temporada. Dende Noticiasorosal a nosa noraboa por este novo recoñecemento e desexámoslle moitos máis éxitos para este ano 2009.

Belén vivente na igrexa de Santa Mariña

O martes 6 de xaneiro, Día de Reis, a parroquia organizou na igrexa de Santa Mariña -na súa misa de 12- un belén vivente no que participaron nenos e nenas do Rosal. No momento do ofertorio os Reis Magos fixeron a ofrenda do pan e do viño ademais de lambetadas que se repartirían ao final da Eucaristía. Como é tradicional, o abade párroco D. Julio Ramos Rodríguez deu a bicar o Neno Xesús aos fieis asistentes entre cantos de panxoliñas. Aquí vos deixamos a nosa reportaxe:

6 ene. 2009

Centos de persoas recibiron ás Súas Maxestades

Aspecto que presentaba a Praza dende a balconada do Concello
Os Reis Magos de Oriente e o seu séquito chegaron a O Rosal a media tarde do luns 5 de xaneiro, onde os agardaban na Praza do Calvario centos de persoas. Antes aínda das 12 da noite comezaron a repartir agasallos entre o público asistente, na súa maioría nenos e nenas que con ilusión fixeron tres filas para falar con Melchor, Gaspar e Baltasar e transmitirlles as súas inquedan-
zas e desexos. Cada rapaz recibiu dos Reis Magos un libro e unha bolsa de lambetadas á vez que o Concello organizaba unha gran chocolatada gratuita nos arredores das dependencias municipais. Aquí vos deixamos a nosa reportaxe desta agradable xornada coas Súas Maxestades de Oriente:

Roi O Cagabolas actuou na Praza do Calvario

Xusto media hora antes da chegada das Súas Maxestades tivo lugar no medio da Praza do Calvario do Rosal a actuación do malabarista, humorista e mago Roi O Cagabolas, que trouxo un espectáculo dirixido ao público familiar onde demostrou o seu dominio das mazas, as bolas, o diábolo... á vez que interactuaba cos asis-
tentes facendo chistes ou "explicando" certos trucos de maxia. Aquí vos deixamos algunhas imaxes do bo facer de Roi, que representa á nova escola popular de malabaristas e artistas de rúa e novo circo que se vén desenvolvendo en Galicia nos últimos anos:

5 ene. 2009

Os Reis Magos repartiron agasallos no Rosal

En breve publicaremos a reportaxe da chegada e reparto de agasallos das Súas Maxestades "Os Reis Magos de Oriente". Centos de nenos e maiores déronse cita o luns día 5 de xaneiro na Praza do Calvario para recibir a Melchor, Gaspar e Baltasar nun ambiente de ilusión, ledicia e amizade.

3 ene. 2009

Nace un novo blog no Baixo Miño, Deportebm

A entrada deste ano 2009 trae consigo a creación dunha nova páxina web coordinada por Sergio Rodríguez Teixeira sobre o deporte baixomiñoto (www.deportebm.blogspot.com). Nas súas propias palabras: "Desde este nuevo blog nuestro objetivo es de informaros sobre las noticias de la actualidad deportiva del Baixo Miño, para que así, este sea un punto de encuentro de todos aquellos interesados por el deporte de la zona". Quen desexe colaborar ou participar na confección desta páxina, así como obter máis información, pódese poñer en contacto co seu administrador no seguinte enderezo: sergiorodriguez_90@hotmail.com

2 ene. 2009

O Centro Teatral Faro-Miño presenta a súa obra

O domingo 4 de xaneiro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal do Rosal -e seguindo coa programación de Nadal do Concello- o Centro Teatral Faro-Miño de Chantada (Lugo) presentará a súa obra "Protección solar" (todos os públicos).

1 ene. 2009

A Cabalgata de Reis, o luns 5 de xaneiro

A comitiva real que participou na Cabalgata de Reis do ano 2005
Como é tradicional celebrarase a Cabalgata de Reis este luns, 5 de xaneiro. A saída da "comitiva real" está prevista para as 10 da mañá dende a Praza do Calvario. O seu percorrido será o seguinte: Calvario, Caselas, Convento, Fornelos, Picón, Martín, Visodoseidos, Novás, Parada, Marzán, Fecha, Cachada, Pías, San Miguel, San Juan de Tabagón, A Portela, Eiras, O Calvario (San Miguel), Morán, Valdemiñotos, Cumieira de Abaixo, Lomba, Urgal, Cumieira de Arriba, Sandián e Portecelo. Sobre as 5 da tarde, de volta xa na Praza do Calvario, recibirase aos Reis Magos coa animación de Roi o Cagabolas e terá lugar unha chocolatada, que se chove, se fará no Pavillón de Deportes.