FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

24 jul. 2014

A segunda edición do ARTFEST Baixo Miño celébrase este sábado 26 de xullo



A Vila da Guarda celebra este sábado 26 de xullo a segunda edición do ARTFEST Baixo Miño. Dende as 17:30 horas, o antigo "Estadio del Tecla" albergará este atractivo evento musical, que conta coa participación dos seguintes grupos e artistasIzal, Dorian, David Fonseca, Varry Brava, Santos Morcegos, The Pretty Shirts, EME DJ e Traffic House.




Aquí vos deixamos un enlace ás preguntas máis frecuentes sobre o ARTFEST. 

Máis información: http://www.artfestbaixominho.com/

Novás, Octavio, Cisne e Boavista, no XVI Trofeo Concello de O Rosal 2014



Segundo se vén de anunciar mediante as redes sociais, o equipo luso Boavista F.C., -que adestra o expivote do Academia Octavio e internacional con Portugal, Eduardo Ferreira- será o que acompañe a Balonmán Cisne, Academia Octavio e ao anfitrión Acanor Novás no XVI Trofeo Concello de O Rosal.

A competición, que se celebrará na vila os días 22 e 23 de agosto, terá desta maneira un bo nivel e "garantiza un gran fin de semana de balonmano". Dende o Novás se afirma que proximamente se darán a coñecer o cartel oficial, horarios, cruces, etc.



O día 2, Festa con gran churrascada e grupos musicais, na Praza de Fornelos



O vindeiro sábado 2 de agosto (21:00 horas), segundo informa José Martínez González (Pepe Berdeal), terá lugar en Fornelos unha Festa Gastronómica con churrascada, chourizos e criollos.

A organización corre a cargo da Asociación de Veciños Río Folón, que celebrará na Praza de Fornelos esta xuntanza, tanto para os socios como para as persoas que queiran partcipar, con prezos populares, servíndose viño tinto especial para esta festa, que estará animada por grupos de gaitas, acordeóns e pandereteiras.

23 jul. 2014

Noticias O Rosal entrevista a Diego Álvarez, Entrenador Nacional de Fútbol


Noticias O Rosal entrevista a Diego Álvarez Fernández (Pancenteo, 9-12-1983), que despois de conseguir o pasado 5 de xuño en Madrid o título de Entrenador-Monitor Nacional de Fútbol Base, pasa na vila unha pequena temporada de vacacións.



Lembramos que o noso veciño recibiu este certificado e título, outorgados pola Real Federación Española de Fútbol, despois de aprobar con mérito o correspondente curso, realizando os seus estudos nas instalacións da R.F. de Madrid.

ENTREVISTA A DIEGO ÁLVAREZ

-¿Qué tal Diego despois de conseguir o título de Adestrador de Fútbol Base?
Marchei coa pena de deixar os meus amigos e coñecidos atrás, pero como ben lles dixen, non volvería sen o título na man. Con moito traballo e esforzo conseguín realizar un dos meus soños e pasións, que é adestrar no mundo do fútbol.



-¿Que materias ou asignaturas estudaches nesa Federación Madrileña, como foi o trato cos mestres e profesionais do balompé?

Técnica (individual e colectiva).
Dirección de equipos
Entrenamento deportivo.
Metodoloxía
Reglamentación deportiva
Psicoloxía
Táctica, estratexia e sistemas
Medicina do deporte, etc, etc.


Durante o curso impartiron clases e charlas maxistrais árbitros profesionais, entrenadores nacionais, licenciados en entrenamento deportivo, avogados, médicos e psicólogos deportivos. Quero destacar aquí ao propio director da Federación Madrileña, Julián Ramón Gil Laborda, que tivo un trato exquisito conmigo, eu era o único “galego do grupo” de entre máis de 60 alumnos. Como anécdota, xunto co presidente da Federación, Vicente Temprano (na imaxe sobre estas liñas, no centro), regaláronme diante de todos os compañeiros unha camiseta da Federación Madrileña de fútbol.



Diego Álvarez, na compaña do coñecido periodista deportivo Manolo Lama

-Con este título oficial da Federación Española de Fútbol xa na man, ¿cales son as tarefas deportivas que podes realizar ou desempeñar?

Permíteme entrenar ás categorías de fútbol base, que van dende “os chupetines” (entre 5-7 anos), benxamíns, alevíns, infantís, cadetes e xuvenís. Ademais, teño acceso a campos de fútbol de toda España e ata o máximo desas categorías (xuvenil). Podo en definitiva participar en campus de verano, e aínda en calquera tipo de evento deportivo fóra do fútbol, grazas ao adestramento xeral e ás probas que teño superado. Podo tamén dar clases de educación física en colexios e institutos privados.



-¿Que está ocorrendo cos pais que se cren os entrenadores? Porque aquí todo mundo "fala e entende de fútbol". ¿Como inflúe este tema nos rapaces?

É un problema moi serio, que desgraciadamente está pasando nos campos de fútbol de España. Hai pais que, por exemplo, pagan unha Escola de Fútbol Base para que formen e tamén eduquen aos seus fillos... e chega o día do partido e queren dar máis ordes que o propio adestrador. Hai conflito na grada, os nenos distráense, hai insultos de pais hacia nenos... cando os fillos perden, avergónzanse e recrimínanlle cousas, en vez de animalos, apoialos… os nenos estrésanse. Teño que recalcar que é unha actividade extraescolar pero tamén estás educando aos nenos. Eres un formador, para eles o seu adestrador é unha figura importantísima. Recoméndovos que leades este artigo.

Diego, co triatleta rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez no World Triathlon Promaster 2013

-Estás agora -como a ti te gusta chamarlle- na “Jalleira”, no Rosal. ¿Ata que data te quedas, cando volves a Madrid?
De momento aínda non teño nada fijo, estarei uns poucos meses, pero como mínimo ata setembro. Estou á espera de que se convoquen as probas de acceso ao seguinte nivel da Federación, que me permitiría xa adestrar a equipos de ata 2ª B Nacional.



-Segundo puidemos saber dende Noticias O Rosal, estás adestrando no Estadio Municipal de A Mata. Cóntanos.
Si, falei hai uns días co Concello do Rosal, que non me puxo ningún inconveniente en utilizar as súas instalacións. Aquí realizo as probas físicas (carreira contínua, flexibilidade, balón mediciñal…) e logo probas técnicas (nun circuito deseñado pola Federación Española de Fútbol).
En breve terei un examen e teño que superalas para poder acceder a ese nivel que vos comentaba. Evalúannos individual e globalmente, tanto as probas físicas como as técnicas.


Equipo "Juanitos. Bodegón Os Seixiños" con "29" á esquerda da imaxe

-Recentemente vés de adestrar ao equipo “Juanitos. Bodegón Os Seixiños” no IV Torneo de Fútbol 7 Villa de A Guarda. ¿Qué tal a experiencia?
O que comezou como broma de “vennos de míster e fai un equipo” acabou por converterse en algo un pouco máis serio. Intentamos facer un equipo equilibrado, que fóra físico-técnico e defensivamente moi sólido.



-E polo voso resultado parece que non o fixéchedes nada mal.
Pois si, un cuarto posto final de entre 24 equipos. Está moi ben, pero aspirábamos a máis. Foi unha mágoa, pero un partido antes fallounos o físico no centro do campo, debido á intensidade que lle pedín aos xogadores e coa que disputamos todo o torneo. Por iso, non termino de estar contento co resultado, creo que o equipo merecía un premio. Era para chegar a final pero o dito, nos fallou o físico en "semis".



-Parece ser que tedes a un xogador que é un "crack", que sobresae por riba do resto. 
Samuel Romero "Kako" é o motor, o centro do eixe sobre o que xira o equipo. Ten a responsabilidade de facer funcionar ao equipo. Chegounos físicamente baixo ao torneo, pero prefíoroo “coxo” antes que a outro xogador. Ten unha forza motriz bestial, é moi ambicioso e competitivo. Técnicamente moi completo, un xogador que se sacrifica polo equipo. Traballador e humilde. Kako é o referente do equipo.


-Gustaríanos Diego que analizases un por un aos xogadores que tiveches baixo as túas ordes nese IV Torneo Villa de A Guarda e que formaron o "Juanitos. Bodegón Os Seixiños".
1) Martiño Farias “Marti”. Porteiro que vén dunha escola de fútbol base, o Eureka, no Val Miñor e que adestra baixo as ordes de Covelo. Ten 17 anos pero aportounos unha seguridade e unha colocación moi boa. Caladiño o principio pero logo foi soltándose e xa ordeaba á defensa e ao equipo. Encaixou só 2 goles en todo o torneo (8 partidos), chegando a semifinais coa portería a cero.
2) Jorge Solla. Defensa central. 18 anos, do Tyde (con moitas “noivas”, é pretendido por moitos clubs). Nos deu todo, esa estabilidade defensiva que buscábamos. De aí o non encaixar goles ata semifinais. Ten potencia, colocación, en definitiva, un xogador moi completo.
3) José Manuel Romero. Lateral esquerdo. Xogador do Pontellas (Preferente), irmán de Kako, conta con 28 anos. Lateral con moita profundidade, dono e señor da banda esquerda. É moi seguro en defensa.
4) Juan Carlos Álvarez. Lateral dereito. O meu irmán. É o veterano do equipo, ten 36 anos. Aportounos intensidade e seguridade defensiva. Sempre cumpre co traballo.
5) Samuel Romero “Kako”. 23 anos. Xogador tamén do Pontellas en Preferente. Como dixen antes, o noso referente.
6) Guillermo Álvarez “Kako II”. Mediocentro. Xogou anos atrás no Goián. Aportounos forza, chegada a portería e goles.
7) Diego Pereira. Dianteiro. Xogador que nos aguantaba moi ben o balón de costas á portería. Arrastraba aos centrais, cun desmarque de rotura moi bo. É un dianteiro goleador que neste torneo non tivo moita fortuna, pero aportounos moito traballo.
8) Rodrigo Cabreiras “Roy”. Dianteiro. O “filigranas” do equipo. Calquera parte do seu corpo utilízaa como recurso. Aportounos intensidade, gol e sobre todo, fixo moito grupo, caíu en gracia no equipo.
9) Sergio Fernández “29”. (jajajaja) é o noso comodín. Todo comezou fai tres anos, cando decidimos ir xogar un fin de semana a este mesmo torneo, “en plan risas”. 29 ten un físico fóra do común. Aportounos todo o que puido –que non foi pouco- ata que se lesionou no seu xeonllo.
-Logo acompañáronnos tamén nalgún partido 10) Carlos Ubeira, xuvenil do Pontellas e 11) Adrián, de nacionalidade danesa, que cumpriron co traballo esixido.


Na imaxe, con Sergio Rodríguez "Trinta", xerente do Bodegón Os Seixiños

-Este ano tivéchedes como patrocinador ao Bodegón-Tapería Os Seixiños, rexentado por outro rosaleiro. Cóntanos máis.
As conversacións comezaron xa no mes de decembro de 2013, cando estiven en Galicia. Propúxenlle a Sergio Rodríguez “Trinta” facer un equipo de fútbol. Patrocinounos e involucrouse ao máximo, dende pagarnos a inscrición ata facernos as camisetas. Colaborou en todo momento, incluso asistindo aos partidos, foi o noso “Tito Floren” (jejeje). Quero agradecerlle enormemente o seu compromiso con nós dende o primeiro día.

-Se houbera un once ideal do torneo. ¿cres que habería algún integrante do equipo "Juanitos. Bodegón Os Seixiños"?
Para min, por suposto, o meu equipo é o mellor sempre. Tres xogadores dos Juanitos estarían tranquilamente nese once, na miña opinión: Jorge Solla, Samuel Romero “Kako” e José Manuel Romero. Estiveron a un nivel altísimo.


             
-En dúas palabras, define por liñas as claves do teu equipo.
-As nosas claves foron, por exemplo, que propuxemos unha defensa moi férrea, que nos permitiu como xa dixen, chegar a semis sen encaixar un gol.
PORTERÍA: Seguridade e colocación.
DEFENSA: Moi férrea e concentación.
MEDIO: Estabilidade e unión.
DIANTEIRA: Sacrificio e gol.

            Diego dando instrucións aos seus xogadores durante o IV Torneo de Fútbol 7 Villa de A Guarda

-¿Que tal nesta experiencia do banquillo, o equipo fíxote caso?
Pois si, o que lles ordenaba en cada momento os xogadores levábano a cabo correctamente, mostrando respecto e confianza en todo o que se lle indicaba. Contento, pois fixemos algunha variante táctica que logo no campo se ía transformando en realidade.

-Polo que publicas nos teus perfís das redes sociais facebook e twitter, estiveches en moitos e importantes partidos en Madrid.
A verdade, adoito asistir ao Estadio Santiago Bernabéu, como socio e afeccionado da institución. Estiven tamén no Vicente Calderón, destacando o partido entre as seleccións de España e Italia, que rematou 1-0, con gol de Pedro, sendo o debut de Diego Costa, con homenaxe a Luis Aragonés incluído.


-¿Que xogadores profesionais te teñen impresionado ao miralos en acción, en directo no campo, tanto en activo como xa outros "veteranos retirados"? ¿Que tal Zidane?
A Zidane mireino xogar varias veces. (¡Buahh… Relax!) Con el é unha sensación de deixarte levar… fútbol a outro nivel. Cando ten o balón nos pés date seguridade, como que vai a progresar con el e que vai a crear perigo en cada acción. Xoga moito co corpo, con esas largas pernas… ¡é incrible! Outros xogadores, como por exemplo Modric, tamén podería encher folios falando del. É moi completo. Logo está Ramos (raza e carácter), Rakitic, que me deslumbrou no Bernabéu... Andrés Iniesta, Bernat (lateral do Valencia agora fichado polo Bayern), Pablo Infante do Mirandés, para ser de categorías máis baixas, sorprendeume. Un xogador técnicamente moi dotado. Santillana, dos "veteranos", cos anos que ten, física e técnicamente segue gardando o seu xogo. E, por suposto, Cristiano Ronaldo, que ten un físico prodixioso, potencia, velocidade, é un portento físico, puro e duro.

-Xa para rematar, aparte de fútbol ¿cómo e a vida pola capital de España? ¿Adáptaste, lévalo mellor?
Como ben saben os que me coñecen, non me é moi doado alonxarme da Terra (Jalleira). Xa son catro anos por Madrid e a morriña… ufff. Tírame moito isto, pero… o que pasa é que como di o refrán "o que algo quere, algo lle custa”.


-Diego, envía para quen queiras unha mensaxe ou unhas palabras para Noticias O Rosal e os seus lectores/as.
O meu sincero agradecemento a Noticias O Rosal e a Juan Ramón por esta entrevista. Grazas tamén ao Concello do Rosal, pola súa cesión do Estadio Municipal para que poida adestrar e por estar sempre axudando no que se lle pide. Agradecemento ao Bodegón Os Seixiños, a todos os que respetan o que fago, o que me gusta. Aos meus amigos, aos meus compañeiros de clase na Federación e a todos os mestres e directivos polo seu trato. E por suposto, grazas a Patri, xa que sen ela todo isto sería imposible. Un saúdo para todos.


                                          Diego, coa súa moza, Patri, no Estadio Vicente Calderón

Graciñas Diego por concedernos esta entrevista. Dende Noticias O Rosal, moitos éxitos na túa carreira deportiva. ¡Desexámoste o mellor!

O Rosal, 22-23 de xullo de 2014.

22 jul. 2014

O lateral vasco Arkaitz Vargas, primeira fichaxe do Acanor Atlético Novás


Foto: Diario de Navarra / Novás


Informa: Atlético Novás de Balonmán.

El lateral vasco, ya ex del Octavio, Arkaitz Vargas, se convierte en el primer refuerzo de esta nueva etapa del Acanor Novás.

El irundarra, que roza los 2 metros y pasa de los 100 kilos, viene para apuntalar una defensa debilitada tras las bajas de Adrián Freiría y Bruno Costa.

Tiene una amplia trayectoria en el balonmano nacional, con más de una década en la liga ASOBAL, iniciada en su tierra, en el Bidasoa Irún, y que continuó en el Teucro para luego pasar por el Módena italiano, Torrevieja, Barakaldo, Teka Cantabria, Arrate, San Antonio y volver a Galicia en 2011, recalando en las filas del Academia Octavio, dónde jugó dos campañas y en la tercera, la pasada, no se vistió de corto debido a problemas internos.

Ahora a sus 37 años, afincado en Galicia, viene para aportar en defensa y también en ataque, ya que a pesar de su cartel de "especialista defensivo", llegó a marcar más del centenar de goles varias temporadas en Bidasoa, Teucro y Barakaldo, en la de por aquella denominada "mejor liga del mundo".

La presentación del jugador será el próximo lunes día 28 a las 20:30 horas en el Pabellón Municipal de O Rosal.

¡Bienvenido Arkaitz!

21 jul. 2014

Xavi Díaz, porteiro do Rosal, cos nenos da Escola de Verán Pablo Herbello


Xavi, cun pequeno porteiro. Imaxe vía móbil-facebook, autoría do Bueu Atlético Balonmán

Segundo podemos ler na rede social Facebook, esta fin de semana pasada, o porteiro da vila, Xavi Díaz, que xoga no Club Balonmano Villa de Aranda (Liga ASOBAL), vén de visitar xunto ao tamén extremo galego Roberto Sánchez "Bicho", aos nenos que participaron nas "Escuelas de Verano Pablo Herbello", organizadas polo Bueu Atlético Balonmán.

18 jul. 2014

O equipo Acanor Atlético Novás de balonmán bota a andar o 12 de agosto





Informa: Acanor Atlético Novás

EL ACANOR ATLÉTICO NOVÁS ECHA A ANDAR EL 12 DE AGOSTO

Como viene siendo habitual, la pretemporada del Acanor Novás dará comienzo a mediados de agosto y lo hará concretamente el martes día 12, que será cuando Modesto Augusto cite a su plantilla para preparar la próxima campaña. Una plantilla que podría no estar cerrada todavía.

En cuanto a partidos, están cerrados además de los de la Copa Galicia, que se inicia en octavos de final ante el Lavadores en su cancha, un amistoso con el Teucro para el 6 de septiembre, con sede aún sin fijar.

También está confirmado el habitual torneo veraniego de O Rosal, uno de los más afamados de la provincia y al que todos los años acuden grandes equipos. Para esta edición, que será la decimosexta, ya han confirmado su presencia un habitual, el Academia Octavio de Vigo, y otro histórico en plenos festejos de su cincuenta aniversario, el Balonmano Cisne. Será los días 22 y 23 de agosto, con la colaboración nuevamente de la Asociación Conrazones, encargada de recoger alimentos y ropa para las familias necesitadas del Baixo Miño.

Y por segundo año consecutivo se celebrará en la mítica pista de Novás la II Xuntanza del club. Una jornada para rememorar grandes momentos con jugadores históricos que han pasado por O Rosal, que culminará con una churrascada a precio popular, 6 € la ración con bebida. Al remate de la cena habrá actuación del grupo baionés, "Los del Barro", abierto a todos los públicos. Más info en las redes sociales del club o en el teléfono 660 928 686 (Andrés).

En cuanto a la indumentaria, también habrá novedades. Diez años después, el Acanor Novás vuelve a apostar por la firma gallega Zico, y entre las principales novedades está el cambio de colores de la segunda indumentaria y ropa de paseo, que abandonará el blanco por el negro y amarillo. En los próximos días se presentarán, así como se abrirá el plazo de encargas.

16 jul. 2014

Os coordinadores do "10k O Rosal", entrevistados na Radio Municipal de Tui



Os estudos da Radio Municipal de Tui acolleron hoxe, mércores 16 de xullo, unha entrevista da xornalista Beti Rey a tres rosaleiros, coordinadores do evento deportivo-cultural "10k O Rosal. Feira do Viño".

Na imaxe, de esquerda a dereita, Juan Ramón Martínez Barbosa, escritor e guía sociocultural, que dirixirá a andaina; Óscar Vicente Rodríguez, recoñecido triatleta profesional e Serafín Martínez Acevedo, exciclista e emprendedor deportivo, promotores e impulsores da carreira.

Lembramos que o "10k O Rosal Feira do Viño" está organizado polo Concello, co patrocinio principal de Banco Mediolanum, e coa colaboración de diferentes adegas, entidades e mesmo empresas da comarca do Baixo Miño.

Podes escoitar a entrevista completa en RMT neste enlace.

15 jul. 2014

Programa da XXII Feira do Viño do Rosal (18, 19 e 20 de xullo de 2014)




Informa: Organización da Feira do Viño do Rosal.
  
XXII FEIRA DO VIÑO DO ROSAL

Este ano celebramos a XXII Feira do Viño do Rosal, que unha vez máis reúne na Praza do Calvario a numerosas empresas vitícolas xa consolidadas e outras máis novas en período de crecemento. Esta Feira ten un dobre obxectivo de promoción empresarial, por un lado, e de promoción turística, por outro.

As datas da mesma serán o 18, 19 e 20 de xullo.
Todas as adegas participantes pentencen a  Denominación de Orixe Rías Baixas e, en concreto á Subzona do Rosal, que abrangue ó Baixo Miño.


1.- GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTEIS DA FEIRA DO VIÑO 2014.

O murciano Rubén Alesandro Lucas García gaña o concurso de 
carteis da XXI Feira do Viño do Rosal.
 
2.- INAUGURACIÓN DA FEIRA

A  XXII Feira do Viño do Rosal, celebrarase os días 18, 19 e 20 de xullo na Praza do Calvario, reunindo á maioría das adegas pertencentes a subzona do Rosal.


A inauguración levarase a cabo o venres 18, ás 20:00 horas, na Praza do Calvario. A persoa encargada de inaugurar a Feira será a Conselleira do Medio Rural e do Mar, Dª .Rosa Quintana.

O pregoeiro este ano será Pepe Cadavedo, Periodista radiofónico especializado en gastronomía.

A Feira, que está consolidada recibe anualmente, segundo os datos dos últimos anos, unha media de 30.000 visitas que degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados na denominación de orixe Rías Baixas, pero tamén desfrutan dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta lúdica neses días centrais do mes de xullo.


3.- ORZAMENTO DA FEIRA

Sobrepasou os  30.000€ na pasada edición.

Gastos principais: publicidade, iluminación, son, decoración, persoal, stands e carpas, ambientación musical...

Ingresos: achega do concello e subvencións de varias institucións (Xunta de Galicia, Consello Regulador, Deputación Provincial,) e  venda de cataviños.

4.- DISPOSICIÓN DO RECINTO FEIRAL


Na Praza:

1º.-Stands: 10 adegas, 1 de produtos vexetais, 1 de froitos do Rosal, concretamente do Mirabel produto único na nosa zona, Consello Regulador da D.O. Rías Baixas e Ruta do Viño Rías Baixas, Municipio de Ponte de Lima.

2º.-Carpas: produtos gastronómicos (polbo, embutidos, postres caseiros,...)

3º.-Stand de Voluntariado da Feira do Viño. Ante a chegada de visitantes que veñen expresamente á Feira do Viño do Rosal, ou que veranean pola zona nestas datas, xurde a necesidade de ofrecerlles un servizo de atención e información completa sobre o concello e a súa zona, a Feira e as súas adegas.
Por todo iso un ano máis o grupo de voluntariado do Concello do Rosal vai a prestar o seu tempo e formación a disposición dos visitantes da Feira do Viño.
Haberá un stand de información na entrada da praza do Calvario, na que un grupo de persoas voluntarias ofrecerán información sobre a Feira, o seu horario, o servizo de autobús, e os lugares de interés do Rosal e arredores.
Esta mesa de información formada por 9 persoas voluntarias do noso concello, tamén resolverá dúbidas como onde aloxarse, que ver ou que facer para coñecer mellor o noso entorno.

4º.- Stand da  Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado no marco do programa Xplora Xuventude, que vai desprazar o venres 18 de xullo de 20.30 ata as 24.00 horas á Praza do Calvario, coincidindo coa celebración da Feira do Viño do Rosal, unha carpa informativa para dar a coñecer e proporcionar asesoramento sobre os recursos e os programas que ten en marcha para todos os mozos e mozas de Galicia nos diferentes ámbitos: programas Iniciativa Xove e Xuventude en Acción, voluntariado xuvenil e ambiental, axudas para a obtención do carné de conducir, Galeuropa e outros programas de mobilidade xuvenil, servizo Quérote +, Carné Xove e outros carnés destinados á mocidade, funcionamento da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).., entre outros. 

Este programa ten como finalidade potenciar o coñecemento e a participación da mocidade galega nas accións que se desenvolven por e para ela dende a dirección xeral; ademais da carpa, contará cos medios técnicos necesarios e persoal informador e coñecedor de todos os programas que se están a desenvolver. 

Estará instalada na Praza do Calvario de 20.30 a 24.00 h., coincidindo coa celebración da Feira do Viño aproveitando a multitude de xente nova que se achega a este evento. Dende aquí animamos a todas as asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos a xuventude (clubs deportivos, asociacións culturais, entidades sociais, etc..) e a todos os grupos informais de xoves que acudan, pois recibirán información dun feixe de programas e actividades que lles poden interesar. 

No centro da praza: Información e venda de cataviños

5.- AMBIENTACIÓN MUSICAL

Venres, a partir das 22:00: Charanga 
Sábado, a partir das 20:30 horas: Charanga
Domingo, a partir das 20:30 horas: Charanga

6.- ACTIVIDADES PARA NENOS (novidade)

Este ano como novidade e despois da demanda xurdida ó longos destes anos imos dispor de inchables e de obradoiros de maquillaxe para nenos. As persoas que consuman na feira seráselles entregados vales para utilizar nas dúas actividades.


7.- SERVIZO GRATUÍTO DE TRANSPORTE


Igual que en edicións anteriores, haberá un servizo gratuito de transporte entre A Guarda e O Rosal.


 8.-  STANDS PREVISTOS

  1. Pedregales
  2. Gaudila
  3. Altos de Torona
  4. Gran Novás
  5. Quinta Couselo
  6. Santiago Ruiz
  7. Lagar de Cervera
  8. Valmiñor
  9. Terras Gauda
  10. Canónigo Areal
  11. A Rosaleira; productos vexetais envasados.
  12. Consello Regulador e Ruta do Viño Rias Baixas
  13. Municipio de Ponte de Lima
  14. Froitos do Rosal – Mirabel do Rosal: (novidade)

9.- PRODUTOS GASTRONÓMICOS PREVISTOS


Restaurante Xantar

Restaurante As Brasas

Restaurante Trasmallo

Pulpería Tere

Sebastián Guerreiro Carnero

Restaurante Casa Olga


10.- PROGRAMA DA FEIRA 2013

Venres, 18 de xullo

20.00 Inauguración a cargo da Conselleira de Medio Rural e do Mar.

20.10 Lectura do pregón a cargo de Pepe Cadavedo, Periodista radiofónico especializado en gastronomía.

20.30 Visita ós expositores e degustación de viños do Rosal

22.00 Actuación da Charanga.

02:00 Peche da Feira


Sábado, 20 de xullo

11:00 apertura do recinto feiral

20:30 Actuación da Charanga

02:00 Peche da Feira


Domingo, 21 de xullo

10:30 Andaina 10k

11:30 Carreira 10K

20:30 Actuación da Charanga

24:00 Clausura da Feira


11.- ACTIVIDADES DURANTE A FEIRA

EXPOSICIÓNS do 18 ao 27 de xullo na Sala de Exposicións do Concello:

HORARIO

De luns a venres: de 11:00 a 13:30 horas
Sábados, domingos e festivos: de 11 a 13:30 e de 20 a 22 horas

  • PINTURA de MARÍA SOBRINO PEREIRA
  • ESCULTURAS do COLECTIVO SOMOSARTE
  • XXI MOSTRA NUMISMÁTICA E FILATÉLICA do GRUPO “VAL DO ROSAL”

Os días 18, 19 e 20 de Xullo, coincidindo coa XXII Feira do Viño de Ou Rosal, o  Grupo Filatélico e Numismático Val de O Rosal celebra a XXI edición da súa exposición filatélica.

Como en edicións anteriores, este ano contarase con matasellos conmemorativo e selo personalizado. Este ano están dedicados a D. José Mª Alonso Francisco “Cuncho”, de S. Miguel de Tabagón, último alcalde republicano en O Rosal e recoñecido viticultor. 


Coincide este ano co 70 Aniversario da concesión pola Diputación Provincial, do 1º Premio de Viños de O Rosal, outorgado a un viño da súa colleita.

Como todos os anos, nesta exposición participarán filatélicos e numismáticos do Baixo Miño, e outras localidades. 

O local, é o de edicións anteriores: Salón de Exposicións do Concello.

As temáticas serán variadas e moi interesantes. 

10 jul. 2014

Búscanse colaboradores/as para o evento "10k O Rosal. Feira do Viño"


O domingo 20 de xullo, último día da XXII edición da Feira do Viño, terá lugar o evento deportivo-cultural 10k O Rosal, que consistirá na celebración dunha andaina e dunha carreira polas rúas e paraxes da vila.


Dende a Organización búscanse colaboradores para esta xornada dominical (de 9 a 13:30 horas), con regalos e detalles para os participantes que decidan botar unha man (por exemplo, a camiseta técnica da imaxe).

Tal e como reza o cartel, para máis información podedes chamar ao teléfono 986 60 94 50 ou ben pasar polo Centro Social Polivalente do Rosal (rúa Cabaqueiros, ao lado do pavillón).

7 jul. 2014

Entrevista ao rosaleiro Cristóbal Coímbra, webmaster de Coxondouro.com


Cristóbal e Coxondouro.com colaboran co 10K O Rosal

O noso veciño Cristóbal Coímbra Piñeiro (O Rosal, 3-3-1996) vén de facer público o seu novo proxecto, denominado Día Zero, a través da recén creada páxina Coxondouro.com (en idioma galego "para que a xente que entre e a mire se sinta identificada"). 

Alameda de A Guarda

O tempo a pasar...

Segundo afirma Coímbra, "consiste en gravar o día a día, cousas cotidiás, asistir a eventos, festas, actividades, concertos... e reflexalos na rede, no meu canle de Youtube". Cada luns subirase un vídeo.

Traballando...

Pombas

Este mozo rosaleiro -autodidacta do mundo audiovisual- realizou os seus primeiros estudos no Couso para logo pasar ao Colexio San José das HH Carmelitas e máis tarde ao I.E.S. Sangriña (A Guarda). 

Compostela



A pesar de ter tan só 18 anos, Cristóbal Coímbra leva gran parte da súa vida dedicada ao deporte e ás imaxes deportivas. Non en van xogou nas categorías inferiores do U.D. Ribera de fútbol, participou en varios campionatos de Galicia e de España enrolado nas filas do Club Ciclista O Rosal e agora, na actualidade, fichou polo Sporting Guardés de fútbol (xuvenil).

Esforzo



Foi realmente no C.C.O Rosal -confésanos- onde comezou a disfrutar da fotografía e da imaxe en xeral, primeiro cunha cámara Fujifilm e máis tarde coa súa Nikon.

Raúl Fernández

Campionato de España CX

Hai que lembrar que mesmo ten colaborado en ocasións para Noticias O Rosal, remitindo a súa primeira reportaxe en 2010, con motivo do Festival Aéreo Internacional de Vigo.


En maio deste 2014, Cristóbal crea a aplicación do Club G.D. Miño para Android, sendo hoxe en día, como xa dixemos, o webmaster de Coxondouro.com e tamén de Airsoft Baixo Miño "un xogo-deporte de estratexia, constituído por un grupo de amigos, e baseado na simulación militar. Vén sendo un xogo de guerra usando réplicas de armas. Dende aquí animo á xente a que se una e participe nas nosas partidas".

Muíños Folón

Os próximos eventos onde poderemos ver a Coímbra e Coxondouro.com en acción coa cámara fotográfica e a súa última adquisición, a xa famosa GoPro, son os seguintes:

-XI Rallye Sur do Condado 2014 (11, 12 e 13 de xullo)
-XXII Feira do Viño do Rosal (18, 19 e 20 de xullo).
-Festival de Vilar de Mouros (Portugal, do 31 de xullo ao 2 de agosto).
-Festas do Monte de Santa Trega (A Guarda, do 2 ao 11 de agosto).
-O Marisquiño (Vigo, 8, 9 e 10 de agosto).

Ponte do Tamuxe

Vila da Guarda

Segundo recalca o noso entrevistado, Cristóbal Coímbra, "estou aberto a todo tipo de colaboración, pois como xa vos dixen, gravarei tanto en O Rosal, na Guarda como nos seus arredores (Vigo, Portugal, etc)". 

Cristóbal xunto a Juan Ramón Martínez, coordinador de Noticias O Rosal

¡Dende Noticias O Rosal, graciñas ao Bodegón-Tapería Os Seixiños "O Bar do Trinta" e por suposto, a ti Coímbra, por concedernos esta pequena entrevista e moita sorte co teu proxecto. Para o que queiras, aquí estamos!