FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 abr. 2013

"JOSE Y ROSY" ACTUARÁN ESTA FIN DE SEMANA NO ZARAGOZA SALSA CONGRESS



A parella de bailaríns rosaleira "Jose y Rosy" actuará esta fin de semana (3, 4 e 5 de maio) no Zaragoza Salsa Congress, un importante evento internacional que se celebra no municipio mazo de Pedrola.


Velaquí vos deixamos o enlace á web deste congreso de baile.

A ABADÍA DAS EIRAS ACOLLEU UNHA XORNADA DE TURISMO BAIXO MIÑO




O luns 29 de abril tivo lugar na Casa Rural Abadía das Eiras (O Rosal) a Xornada Informativa "Nuevas oportunidades para el sector turístico de O Baixo Miño; los servicios web".


Abriu o acto o presidente de Turismo Baixo Miño, David Villar Alonso, quen deu a benvida aos asistentes.


De seguido tomou a palabra Nuria Patiño Vieites, técnica de Turismo da asociación, ofrecendo unha visión das oportunidades para o Baixo Miño que teñen Internet e o Turismo.


Rematou as intervencións Fernando Coello Vicente, xerente de Índice Publicidad, que presentou o servicio web "google fotos de negocios".



Finalmente, todos os participantes disfrutaron dunha visita guiada por Ángel, propietario da Abadía das Eiras, onde se puideron admirar as súas instalacións.




RUTA GUIADA POLOS MUÍÑOS DO FOLÓN E PICÓN, MAÑÁ VENRES ÁS 11 DA MAÑÁ



Este venres 3 de maio ás 11 horas, celébrase unha ruta polos Muíños do Folón e Picón, guiada por Juan Ramón Martínez Barbosa, emprendedor sociocultural baixomiñoto e coautor do libro "Os muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal. Conxunto histórico-etnográfico de Galicia", publicado en 2009.

O prezo da inscrición para poder participar será de tan só 3 euros, podendo pagar antes ou despois de realizar a ruta.

A dificultade do percorrido é media-baixa, cunha distancia de 3'5 quilómetros e 2 horas de duración.

O punto de encontro será o Muíño das Laxes (nº 1 do Folón, en Martín, fronte á coñecida "casa de Cadilla").

Para apuntarse: confirmar nome, apelidos e teléfono de contacto no correo noticiasorosal@hotmail.com ou ben en juanorosal@hotmail.com e tamén no móbil: 637 311 007.




ÉXITO DE PÚBLICO E ORGANIZACIÓN DO C.C. O ROSAL NO VIII TROFEO COMUNIDADE DE MONTES DE SANTA MARIÑA 2013


Foto: Club Ciclista O Rosal

O pasado sábado 27 de abril disputouse o VIII Trofeo Comunidade de Montes de Santa Mariña organizado polo Club Ciclista O Rosal.

Tal e como se lembra na súa web, houbo gran asistencia de público "a pesar do intenso frío".

Destacar a vitoria de Yasir Martínez na categoría de Principiantes e a actuación da debutante Sara Álvarez.

Na categoría Alevín, Mario Fernández conseguía o segundo posto e na Júnior, Raúl Fernández remataba no sétimo lugar.

Velaquí vos deixamos a crónica e a reportaxe fotográfica, realizada polo Club Ciclista O Rosal.




25 abr. 2013

O ROSAL RENDE A SÚA ÚLTIMA HOMENAXE E ADEUS AO RVDO. D. VICTORINO POUTÁS RODRÍGUEZ, PÁRROCO DURANTE 50 ANOS




O Rosal ofreceu o xoves 25 de abril ás 16:45 h., na igrexa parroquial de Santa Mariña, o seu último adeus ao Rvdo. D. Victorino Poutás Rodríguez, que faleceu o mércores 24 de abril, aos 86 anos. A esa hora celebrouse o funeral de corpo presente e posteriormente procedeuse á súa inhumación no cemiterio.

Dende Noticias O Rosal lembramos -segundo datos do recoñecido historiador local Xoán Martínez Tamuxe- que D. Victorino foi abade desta freguesía dende o 8 de setembro de 1957, na que foi nomeado Cura Ecónomo, substituíndo ao Rvdo. D. Juan Pérez Martínez. 


Destacamos que D. Victorino Poutás naceu en San Adrián de Vieite, concello de Leiro (Ourense) o 13 de setembro de 1926. Cursou estudos eclesiásticos no Seminario Conciliar de Tui, licenciándose en Sagrada Teoloxía pola Universidade de Salamanca, onde tamén fixo o curso de Doutor. Ordenouse sacerdote en Vigo o 25 de xuño de 1950.


D. Victorino foi profesor no Colexio PP. Somascos e no Instituto da Sangriña, ambos da vila da Guarda. En 2001 foi nomeado Cóengo da Santa Igrexa Catedral de Tui-Vigo. 



Con el fixéronse obras na igrexa, no adro e na reitoral do Rosal. As últimas, costeadas pola súa conta, foron a limpeza dos artísticos altar maior (retablo barroco) e a restauración dos frescos do coro.


O día 1 de novembro de 2006, o bispo D. José Reboredo nomeou en substitución de D. Victorino, como párroco de Santa Mariña ao abade actual, D. Julio Ramos Rodríguez.

Dende Noticias O Rosal, o noso máis sentido pésame. Descanse en paz, D. Victorino.

24 abr. 2013

O CLUB CICLISTA O ROSAL CELEBRA ESTE SÁBADO 27 O VIII TROFEO COMUNIDADE DE MONTES SANTA MARIÑA DO ROSAL




Tal e como se pode ler na web do Club Ciclista da vila que preside Gerardo Álvarez Martínez "este vindeiro sábado 27 a partir das 16:30 da tarde o Club Ciclista O Rosal organiza o VIII TROFEO COMUNIDADE DE MONSTES SANTA MARIÑA para as categorías de Principiantes, Alevíns, Infantís, Cadetes e Júnior.

A categoría Principantes reallizará unha Ximcana na Praza do Calvario mentras que o resto de categorías completarán un circuito con saída na Praza do Calvario continuando pola rúa Simón del Mazo, Furnos, Gandarela, estrada de Sandián, rúa Jesús Noya e de novo Praza do Calvario".

NEMESIO CASTRO SERÁ HOMENAXEADO POLA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL




O popular veciño Nemesio Castro Álvarez, de Martín, será homenaxeado pola Agrupación Musical do Rosal o vindeiro mes de xuño con motivo do XXVII Aniversario desta asociación.



Nemesio é -xunto a Antonio Granja e Jesús González- un dos grandes colaboradores e unha das persoas que máis tempo teñen estado na Xunta Directiva da Agrupación Musical.



Así o podemos ver reflectido no libro publicado en 2011, editado pola propia Agrupación, con textos da autoría de Carlos Villanueva Domínguez e que foi coordinado por Monserrat Domínguez Otero.

ESTE DOMINGO, TEATRO NO AUDITORIO COA OBRA "DOS EN LA CORNISA"




Este domingo 28 de abril ás 19:39 horas, terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal a representación da obra "Dos en la cornisa", da compañía de teatro 105 BESOS.

Tal e como reza o cartel: "Dos vidas paralelas destinadas a cruzarse entre sí que desembocarán en el eterno dilema: ¿qué buscan las mujeres? ¿qué quieren los hombres?".


22 abr. 2013

FESTAS DE SAN XOSÉ OBREIRO EN NOVÁS. 30 DE ABRIL E 1 DE MAIO DE 2013




O martes 30 de abril e o mércores 1 de maio celébranse en Novás as Festas de San Xosé Obreiro.

O día 30, gran verbena a cargo da orquestra Xacobeo e o grupo América, que se prolongará ata altas horas da madrugada.

O día 1, ás 11:30 horas da mañá, acompañado do grupo de gaitas A Boalleira, baixada do Santo en procesión ata a Praza de Novás, onde se celebrará ás 12 h., unha misa de campaña na honra de San José, cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal.

Xa de tarde, a partir das 18:00 horas, actuación do grupo folk Lareira. A continuación, actuación do grupo de humoristas Os Sete Magníficos máis un, co espectáculo O gordo e o calvo van ao médico.

Haberá subasta de produtos típicos, rematando as festas co grupo folk Lareira.

19 abr. 2013

A PINTORA MARY VARELA EXPÓN NA CASA DO TURISMO DE VILA NOVA DE CERVEIRA



A pintora María del Carmen Varela Velasco, "Mary Varela", natural de Sober (Lugo) e residente dende hai uns anos en Couselo (O Rosal), expón parte da súa obra na Casa do Turismo de Vila Nova de Cerveira (Portugal).


Baixo o título de "Pensando en la Luz", Mary Varela mostrou na galería lusa unha decena de cadros da súa autoría, estando aberta a exposición ata o sábado 11 de maio.


A concelleira de Cultura do Rosal, Charo Tabales Perozo e a tenente de alcalde e concelleira de Muller, Mª Carmen Alonso, como reflicte a imaxe, xa visitaron esta fermosa mostra pictórica.

18 abr. 2013

A DÉCIMA EDICIÓN DA FEIRA DO LIBRO DO ROSAL CELÉBRASE ESTE DOMINGO 21 DE ABRIL NA PRAZA DO CALVARIO


Este domingo 21 de abril celebrarase na Praza do Calvario a X edición da Feira do Libro do Rosal que organiza a concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo.

Tal e como reza o cartel, haberá un 20% de desconto na merca de libros, celebrándose a partir das 12 da mañá contacontos, maxia e guiñol. Xa ás 5 da tarde, obradoiro de papiroflexia.

O CANTANTE ROSALEIRO JOSÉ PÉREZ ACTUARÁ DE NOVO O VENRES 3 DE MAIO EN LUAR CON "ÉCHAME A MÍ LA CULPA"


Foto: Pablo González

O cantante rosaleiro José Pérez, representante da zona do Miño (Baixo Miño, Condado e Paradanta) no concurso "Recantos" do coñecido programa Luar, da Televisión de Galicia, volverá a actuar  en directo o venres 3 de maio, interpretando a canción "Échame a mí la culpa".


Así mesmo, hoxe sairán as imaxes da gravación previa que fai a TVG antes da súa actuación en Luar para presentalo, con -entre outras- visita a unha adega, a un coñecido bar da vila e aos Muíños do Folón-Picón.


15 abr. 2013

O MECALIA ATLÉTICO NOVÁS XOGA ESTE SÁBADO O ÚLTIMO PARTIDO NO ROSAL COA FASE DE ASCENSO NA MENTE




Segundo se pode ler no perfil de facebook do Mecalia Atlético Novás, este sábado 20 de abril: "Último partido en casa de la temporada, y últimas oportunidades de apurar la clasificación para el sector.
Volveremos a jugar a las 19:30, esta vez ante el cuarto clasificado, con un punto menos que nosotros y que también cuenta con alguna opción de alcanzar la segunda plaza.
Tienen, por números, la mejor defensa de la liga, con 606 goles encajados, y con el mejor jugador de ella, el primera línea Víctor Álvarez, con una larga trayectoria en la liga ASOBAL. Es actualmente el segundo máximo goleador del balonmano nacional, con una media de 9 tantos por partido".

E engaden, a mércores 17 de maio: 
"DÍA DO SOCIO! Vamos a despedir polo grande o equipo nesta tempada que está a piques de rematar. Polo tanto cada socio poderá invitar os amigos que así desexe para encher o pavillón e apurar as opcións de clasificarnos para o sector de ascenso!

Este sábado dende as 19:30 enfróntanse no Rosal o terceiro e cuarto clasificado. O Novás chega ocupando a terceira posición con 34 puntos, un menos que o Solla&Cía e un máis co equipo xixonés do Grupo Covadonga que nos visita este fin de semana.

Así que, aínda que sexa moi complicado, vamos a confiar na nosa vitoria e nunha derrota do Construcións Solla&Cía, dándonos así dereito a xogar unha nova fase de ascenso e de regresar a división de Prata do balonmán español.

Recordade, último partido na casa e penúltimo da liga, o equipo rematará en Avilés a temporada regular.

¡NON FALTES, NECESITÁMOSTE!"

3 abr. 2013

CRUZ ROJA EN BAIXO MIÑO INICIARÁ EN O ROSAL EL TALLER DE PREVENCIÓN DE ACCIDENTES DOMÉSTICOS EN EL HOGAR





Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja 

  El taller está dirigido a mayores de 65 años o personas pensionistas.
   Esta nueva actividad se iniciará el próximo 7 de mayo en el Centro Polivalente de O Rosal.
    La duración total de la actividad será de 15h.
Cruz Roja Española en Baixo Miño iniciará un nuevo taller de PREVENCIÓN DE ACCIDENTES EN EL HOGAR Y PRIMEROS AUXILIOS, en colaboración con el Concello de O  Rosal, y financiado por el Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.
El taller se realizará todos los martes y jueves del mes de mayo en horario de 10 a 12, en las dependencias del Centro Polivalente de O Rosal. Este taller está orientado a personas mayores de 65 años o con alguna discapacidad, ya que son más vulnerables a este tipo de accidentes.
El principal objetivo de este taller es sensibilizar y educar en una verdadera “cultura preventiva” de los accidentes, es decir, fundamentalmente queremos transmitir el lema “prevenir es vivir”. Sólo a través de esta actitud podremos evitar accidentes y lesiones que vulneren y alteren una buena calidad de vida en nuestros mayores. Fundamentalmente queremos conseguir que los hogares de los asistentes sean sitios seguros.
El segundo objetivo de este taller será mostrar cómo reaccionar de forma correcta en el caso de que se produzca un accidente en el hogar, a través de la conducta PAS (proteger, avisar y socorrer).
Este proyecto está enmarcado dentro de las actividades desarrolladas por la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño con personas mayores, tales como el taller de alfabetización, charlas de productos de apoyo, entrega de productos de ahorro energético, excursiones culturales y de convivencia, el programa de respiro familiar, ponte na onda, talleres de utilización del teléfono móvil, teleasistencia móvil, y el taller de teatro leído…etc..
Hasta la fecha han participado, en los diversos programas de personas mayores, más de 150 personas, actuaciones que no se podrían haber llevado a cabo sin la colaboración de l@s voluntari@s de Cruz Roja.

Para más información o inscripción pueden dirigirse a:

Asamblea Comarcal Baixo Miño                                         
c/ Agustín Nandín Lomba, nº1 Bajo                                      
A Guarda  36780
Telf: 986 614609

Centro Polivalente de O Rosal
c/ Cabaqueiros nº 4 
O Rosal 36770
Teléfono: 986 609450 

2 abr. 2013

NOITE DE HUMOR CON CARLOS BLANCO E CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL




Informa: Monserrat Domínguez Otero / A.Musical
Despois das vacacións de Semana Santa e aínda co bo sabor de boca que nos deixou o concerto do grupo de percusión ODAIKO "espectaculares", informámosvos dos actos que a Agrupación Musical do Rosal ten organizados para esta fin de semana.
 
Sábado 6 de abril, 22 h, Auditorio do Rosal. Noite de humor con CARLOS BLANCO
Actor cunha ampla traxectoria teatral, tamén como actor, director, guionista. É un dos actores galegos de televisión máis coñecidos. Durante dez anos foi presentador da Radio Galega e traballou en multitude de programas e series de televisión galegas e nacionais, como Mareas Vivas, Luar, Lobos...

A súa estrea no mundo do cine veu da man de Antón Reixa "O lápis do carpinteiro", Patricia Ferreira "O alquimista impaciente" e un dos seus últimos traballos foi unha pequena colaboración en "Volver" de Pedro Almodóvar.
Foi finalista dos monólogos do Club da Comedia e con espectáculos deste xénero leva recorrido con enorme éxito toda a xeografía galega.
Entrada anticipada: 5 € , entrada en taquilla: 6 €


 
Domingo 7 de abril, 18,30 h. Auditorio do Rosal. Concerto da banda Agrupación Musical do Rosal  baixo a dirección de Marcel van Bree, que interpretará un programa con obras de diferentes estilos como Music for a festival, Mexican Pictures, La leyenda del beso, An Irish Rhapsody ou Palindromía Flamenca.
Entrada de balde, ata completar aforo.

 
Esperamos que estes actos sexan do voso agrado e nos acompañedes.



1 abr. 2013

EL AREOSA C.F., SE PROCLAMA CAMPEÓN DEL III TORNEO DE FÚTBOL INFANTIL UD. RIBERA CONCELLO DE O ROSAL 2013




El Areosa C.F. se proclamó campeón del  III Torneo de Fútbol Infantil U.D. Ribera Concello de O Rosal al vencer por 3 – 0 al Valmiñor en la gran final.
·        El Secretario Xeral de Deportes de la Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa entregó el trofeo al campeón.
·        Más de dos mil personas pasaron a lo largo del día por el Campo de Fútbol de A Mata para presenciar algún partido.

Informa: Manuel A. Villa. Fotografías: Abelardo López
Por tercer año consecutivo el campo de fútbol de A Mata acogió el Torneo Infantil U.D. Ribera Concello de O Rosal. 

El Areosa C.F. se proclamó campeón al vencer por 3 – 0 al Valmiñor en la gran final.

Este año el cartel lo formaron equipos de contrastada calidad en el fútbol base gallego como el Val Miñor, Coruxo, Areosa o Porriño.  Como novedad participó un equipo de Ourense y otro de Portugal;  Ponte Ourense y Valenciano respectivamente.  No podían faltar el Sp. Guardés (finalista el año pasado) y el Ribera como anfitrión.

El 1º fue el Areosa, 2º Valmiñor, 3º Coruxo, 4º Valenciano, 5º Porriño, 6º Ribera, 7º Guardés y 8º Ponte Ourense.

La organización invitó a todos los equipos a comer en Restaurante Juan y, tanto a media mañana como a media tarde, dispusieron de una merienda en las instalaciones deportivas.

Fueron  más de 2000 personas las que pasaron por el campo de fútbol de A Mata.  

La organización dispone de una página web para consultar resultados de los partidos, grupos, fotos, etc.

Para que este evento se pueda realizar es importante la colaboración del U.D. Ribera, Empresas y Casas comerciales e instituciones como Deporte Galego, Diputación y Concello de O Rosal.

Asistieron a la entrega de trofeos: Mari Carmen Alonso (concejala de Servicios Sociais),  Pablo Flores (concejal de Deportes),  Estela Pereira (presidenta de la U.D. Ribera), Jesús María Fernández Portela (alcalde de O Rosal) y José Ramón Lete Lasa (secretario xeral de Deportes de la Xunta de Galicia).



GRANDE ÉXITO DUN "HARLEM SHAKE" REALIZADO NUN LOCAL DE O ROSAL



A comezos da pasada semana saíu á luz pública un Harlem Shake gravado no Baixo Miño, en concreto no Bar Troya (Marzán-O Rosal). 

O vídeo foi realizado pola web sociocultural Homeclaro.com coa participación do propietario do local e algúns dos seus clientes habituais.

A gravación, que está na canle HomeclaroGalicia leva por título "Harlem Shake Bar Troya" e conta xa con máis de 2000 visitas en Youtube.