FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

27 feb. 2014

CELEBRACIÓN AO GRANDE DO EQUIPO BENXAMÍN "B" DA U.D.RIBERA



Onte, mércores 26 de febreiro, o Bodegón-Tapería Os Seixiños. "O Bar do Trinta" acolleu unha celebración por todo o alto do equipo benxamín "B" da U.D. Ribera de fútbol (O Rosal).


Convidados polo seu adestrador, "Sevi", que un día antes estivera de aniversario, os futbolistas do Ribera disfrutaron ao grande dunha merenda-cea, con tapas e churrasco, cantando consignas de ánimo, xogando ao futbolín ou a playstation, mentres tamén vían o partido da Champions entre o Schalke 04 e o Real Madrid.



Finalmente, logo da "murcideira", xogadores e pais tributaron unha pequena homenaxe ao míster, con sendos agasallos.


¡Dende Noticias  O Rosal, a nosa noraboa por esta xuntanza!

PRIMEIRO TORNEO DE FUTBOLÍN DAS FUTURAS PROMESAS DO BAIXO MIÑO



O Bodegón-Os Seixiños situado na Gándara (A Guarda), co seu xerente, o rosaleiro Sergio Rodríguez Rodríguez "Trinta" acollerá este domingo 2 de marzo a partir das 15:30 horas, o I Torneo de Futbolín Infantil-Juvenil do Baixo Miño, no que se poderán apuntar rapaces e rapazas de entre 10 e 18 anos "ambos inclusive" para disfrutar deste xogo tradicional galego.


Para inscribirse ou para máis información podedes enviar un correo a obardotrinta@gmail.com ou ben visitar os perfís do local nas redes sociais e o seu blog:
http://obardotrinta.blogspot.com.es/

¿QUE É O MAIO DE NOVÁS? CASE 50 ANOS DESPOIS VERASE NO ENTROIDO


Tras recibir varias preguntas dos nosos lectores, despois da publicación da nosa última entrada do blog con respecto a en que consistía a recuperación do "Maio de Novás", investigamos un pouquiño sobre esta celebración.

Quizais levántanse os maios en lembranza da diosa da mitoloxía romana "Maya", coincidindo coa inmimente chegada da primavera.

Con respecto ao Maio de Novás, e segundo afirmaba Eduardo Martínez González "O Paxoro" no seu boletín nº 55 de La Voz de mi Conciencia (decembro, 1994): "O Domingo Gordo, que no es otro que el anterior al de Carnaval... empezaba esa, digamos "onírica" catarsis colectiva anual alrededor del símbolo fálico que O MAYO representó".

E segue dicindo "Catarsis regenerativa social que, aquí en Novás, no "giraba" solo alrededor de la Primavera floreciente sino que, cogiendo a la CREACIÓN  por sus "partes", en un lúcido y sincero considerar el sano vivir sexualmente, lo celebraban simbólicamente a partir del DOMINGO GORDO y tras el acto de "penetrar" a la madre Tierra con el erecto MAYO engendrador".

Igualmente afirma que "la fiesta de O Mayo no era una ceremonia iniciática, sin embargo el folklore que de él nos llegó duró hasta los pasados años sesenta, totalmente ajeno a ese su significado primigénico".

"O Paxoro" relata que "no existió ni existe irreverencia alguna ante algo o alguien por parte de las gentes de Novás cuando de esta forma tan natural celebran lo natural, sino que se limitaban -nos limitamos- a obedecer ciegamente a Dios".



Fai pois case 20 anos que Eduardo Martínez González reclamaba que "recupere mi pueblo esta olvidada fiesta de O Domingo Gordo y la celebre como antaño".

En que consistía "O Maio" segundo "O Paxoro": "Pues el MAYO era un enorme tronco de pino desramado y limpio de corteza, al que manos amorosas lo ungían y adornaban con flores y frutas sobre un manto de ramas de "buxo" (boj), "manto" que al tronco rodeaba, sujeto él con lazos de mimbre. Una vez limpio y adornado este enorme tronco de pino, lo izaban y hacían que vigoroso penetrase en la Tierra, donde quedaba erecto y majestuoso tal cual era propio de su razón de ser".

Este domingo 2 de marzo a partir das 16:30 horas, volveremos, pois, a disfrutar en Novás da Subida do Maio.



25 feb. 2014

AS FESTAS DE ENTROIDO EN NOVÁS DAN COMEZO ESTE DOMINGO 2 DE MARZO


Foto: Luisa Fernández

Este domingo 2 de marzo, a partir das 16:30 horas, dan comezo as Festas de Entroido en Novás coa SUBIDA DO MAIO (recuperación de tradición centenaria que leva 46 anos ausente nesta xuradía).

Ademais celebraranse XOGOS POPULARES, haberá chocolate quente e rosca.

O luns 3 de marzo, ás 16:30 horas, GRAN CORRIDA DO GALO.

Para finalizar, o martes 4 de marzo, a partir das 18:00 horas, tradicional FRIXIDELA para todos. Música a cargo do trío ADREDDE.

A Comisión de Festas comunica que haberá carpa.

CONCERTO DE DEIXANDAR NA III FESTA DE ENTROIDO "DA-LHE CO SACHO"


Deixandar, grupo rosaleiro de música tradicional galega, actuará este venres 28 de febreiro (22:00 horas) xunto con O Son da Triga, do Condado, na terceira edición da festa de Entroido, "Da-lhe co Sacho", organizada polo Centro Social Fuscalho (A Guarda).

Tale  como reza o cartel, a partir das 19:00 horas, haberá xogos populares (zancos, lanzamento de boina...), premio ao mellor disfraz, etc.

Máis información: http://fuscalho.blogspot.com.es/



CONVÓCANSE OS CURSOS CELGA 2014 NAS ESCOLAS DE IDIOMAS


Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, "a Consellería de Educación convoca os cursos preparatorios dos CELGA dos niveis 1, 2, 3 e 4 para o ano 2014. 

Os cursos impartiranse entre marzo e maio.

O prazo de presentación será ata o 7 de marzo".

Máis información: 986 62 50 00.

21 feb. 2014

TAPERÍA DE A GUARDA OFRECE TRABALLO A COCIÑEIRO/A CON EXPERIENCIA

Publicamos agora, a oferta inaugural de traballo no Baixo Miño. 

Tapería de A Guarda (Pontevedra) precisa de cociñeiro/a con experiencia, para incorporación inmediata

Valoraranse de forma positiva os coñecementos do candidato/a na elaboración de menús e tapas, así como en repostería

Envía, pois, o teu currículum a emprego@noticiasorosal.es co asunto COCIÑEIRO/A TAPERÍA e faremos chegar a túa mensaxe canto antes á dita empresa. 

PUBLICACIÓNS GRATUÍTAS DE OFERTAS E DEMANDAS DE EMPREGO

A partir de agora -por diferentes suxestións enviadas á nosa Redacción- publicaremos en Noticias O Rosal e de forma gratuíta, ofertas e demandas de emprego para axudar aos nosos veciños/as e lectores en xeral.

Cumpriremos por suposto, a Lei Orgánica de Protección de Datos e limitarémonos unicamente a ser a canle de unión e contacto entre a empresa e/ou o solicitante do emprego. Podes enviar o teu currículum (indicando que traballo te gustaría ou estarías disposto a realizar), a túa oferta ou demanda, á seguinte dirección de correo electrónico:


¡Dende Noticias O Rosal, moita sorte e oxalá que este pequeno servizo que poñemos á vosa disposición sirva para que en breve atopedes un traballo! ¡Graciñas e saúdos!

20 feb. 2014

O ROSALEIRO DIEGO ÁLVAREZ, A PUNTO DE XOGAR CO REAL MADRID


Segundo acabamos de comprobar no Ranking do Movistar Real Challenge*, o deportista rosaleiro Diego Álvarez Fernández, estivo a piques de conseguir o seu soño, xa que rematou finalmente na posición 22ª (de ¡3094 participantes!)

Iso si, Diego entra -polo momento- nos xogadores suplentes. En declaracións a Noticias O Rosal hai uns intres, dende Madrid confesábanos que "non contaba con quedar tan ben. Estou moi contento. Aínda que non entrei entre os 16 primeiros, quero agradecer a todos os/as que me votaron, pois é un gran posto"

¡Noraboa Diego, non desistas e a polo próximo reto!

*Trátase dun desafío, organizado por Telefónica Móviles, no que Diego competía por conseguir unha das 16 prazas que dará dereito a entrenar no Santiago Bernabéu e xogar posteriormente un partido no céspede do mesmo estadio. Está confirmada a participación de oito xogadores da primeira plantilla do Real Madrid.

CHAMAMENTO Á CIDADANÍA DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA


Velaquí vos deixamos este pequeno comunicado da Sociedade Atlética do Trega que se pode ler no seu perfil oficial de Facebook:

"Queremos facer un chamamento á cidadanía para que se acerquen o día 22, a partir das 10:45, ata o Camping Santa Tecla e presencien, realizándose por primeira vez e de forma conxunta, o Campionato Provincial Escolar e o Campionato Galego de Discapacitados, onde participarán xóvenes deportistas de toda a provincia e atletas discapacitados de toda Galicia. ¡Esperámosvos e ánimo a todos os participantes!"

IVÁN RODRÍGUEZ MACEIRAS, SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA DE LONXITUDE

Iván R. Maceiras, no podium. (Foto: Concello do Rosal)

O rosaleiro Iván Rodríguez Maceiras (S.G. Pontevedra), proclamouse Subcampión de España de Lonxitude, por detrás do vencedor final, Vicente Guardiola Póveda (UCAM-Cartagena) no "XXVII Campeonato de España Promesa en Pista Cubierta", celebrado hai uns días en Antequera (Málaga).


¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa, Iván!

O COLECTIVO CARBALLAS ORGANIZA O VENRES 21 UN ACTO NO ROSAL


Este venres 21 de febreiro (20:00 h.), o Colectivo Socio Cultural Carballas organiza no Centro Social Polivalente do Rosal unha charla-coloquio, con proxección de vídeo, titulada: "Outra Banca é posible"

U.D. RIBERA vs GOIÁN F.C., ESTE DOMINGO 23 DE FEBREIRO, NO ROSAL



O equipo senior da U.D. Ribera de fútbol xoga este domingo 23 de febreiro contra o Goián F.C. (Estadio Municipal da Mata, O Rosal, 16:15 h.).

Pola súa banda, o plantel feminino desprázase ata Candeán (12:00 horas).

Os xuvenís enfróntanse o sábado 22 de febreiro (16:00 h.), na casa, ao C.D. Ribadelouro.

¡Deixámosvos o horario dos encontros para esta fin de semana, desexándolle moita sorte a todas as categorías do Ribera!

Máis info: http://www.udriberaorosal.com/ 

MÁIS DE 600 ATLETAS NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS



Este sábado 22 de febreiro levarase a cabo o Campionato Galego de Campo A Través para persoas con discapacidade no Camping de Salcidos (A Guarda) a partir das 10.30h.

Participarán 130 atletas dos seguintes clubes: Aceesca (Porriño), Aspanaex (Vigo), Asdán (Vigo), Esclavas (Mos), Juan XXIII (Pontevedra), Racing Chapela (Redondela), Os Helenos (Monforte) e San Xerome (A Guarda).

Como novidade, cabe destacar que se realizará de forma conxunta co Campionato Provincial de Cross escolar Xogade da Xunta, cun total de 600 deportistas, nas categorías cadete, infantil, alevín e benxamín.

Onte foi a súa presentación oficial en San Xerome, onde se ultimaron os detalles para que esté todo listo para o sábado. Coa presenza do Delegado Provincial da Xunta de Galicia, o alcalde da Guarda, o alcalde do Rosal, e membros de San Xerome e diferentes clubes deportivos do Baixo Miño destacouse “a importancia por apostar polo deporte recreativo, ese que nos fai mellores persoas”.

Organiza: Secretaría Xeral para o Deporte, FEGADDI, S. Xerome e S.A. do Trega. Patrocinan: Deputación Provincial,  Concellos da Guarda e do Rosal.
Colaboran: BRILAT, Camping Santa Tecla, Coca Cola, Gadis, Froiz, Agua Sana e Eurobanan.

19 feb. 2014

"JOSE Y ROSY" ACTUARÁN ESTE SÁBADO 22 NO PUB KENZO (A GUARDA)



A coñecida parella rosaleira de bailaríns "Jose y Rosy", tras o seu recente paso polo evento mundial "Bachatea World Congress", celebrado en Madrid, actuará este sábado 22 de febreiro (0:00 horas) aquí pretiño, en concreto no Pub Kenzo (antigo Guess, A Guarda).

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS E SOCORRISMO TERRESTRE DE CRUZ ROJA


Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja. 


La acción formativa tendrá una duración de 40 horas y se celebrará los días 8, 15, 22, 29 de marzo y 5 de abril de 2014.

Cruz Roja Española en A Guarda informa de que todavía quedan plazas para este curso, dirigido a personas mayores de 16 años, que estén interesadas en adquirir conocimientos acerca de Primeros Auxilios.

El curso de Primeros Auxilios, baremable para el Sergas, con una duración de 40 horas teórico-prácticas, se celebrará los días 8, 15, 22, 29 de marzo y 5 de abril con el siguiente horario: de 10.00-14.00 y de 16:00 a 20:00 horas.

El objetivo general es capacitar a los alumnos para desarrollar correctamente su actuación ante una urgencia, así como facilitar la adquisición de conocimientos y un nivel adecuado de formación en cuanto a los contenidos.

En su estructura el curso incluye los siguientes módulos:
Autoprotección y Evaluación inicial del paciente, El cuerpo humano y Soporte Vital Básico, Actuaciones clásicas de socorrismo, Shocks, Hemorragias, Traumatismos, Evacuación de heridos, Intervención en accidentes con múltiples víctimas, Accidentes domésticos, Situaciones de urgencia y Prevención de accidentes.

El número de plazas es de 20, y la realización del curso queda sujeta a que se cubran un mínimo de 15 plazas.

El plazo de inscripción termina el jueves 6 de marzo, o antes, si las plazas ofertadas son cubiertas. Se respetará el orden de inscripción.

Para inscribirse u obtener más información, no tienen más que dirigirse a:
Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño
c/ Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo (al lado de la iglesia parroquial de A Guarda)

Tlf: 986 61 46 09 / 606 34 84 71

PROBAS OBTENCIÓN DO GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS


PROBAS OBTENCIÓN GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS
Convoca: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Contido: Probas libres para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de 18 anos.
Requisitos:
- As persoas deben ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
- Non estaren matriculadas na ESO, na ESA ou no 2º curso dun PCPI
Matrícula
Convocatoria maio: do 24 de marzo  ao 4 de abril de 2014,  ambos os dous incluídos.
Convocatoria de setembrodo 1 ao 10 de xullo de 2014, ambos os dous incluídos. 
Realización das probas:
     - 23 de maio
 de 2014
     - 11 de setembro de 2014
 
Información e inscricións nas probas no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal. Teléfono: 986 625000

11 feb. 2014

O DEPORTISTA ROSALEIRO DIEGO ÁLVAREZ FERNÁNDEZ NECESITA O TEU VOTO


Diego en "La Ciudad del Fútbol de Las Rozas" (Madrid). Foto: Patricia F.

O rosaleiro Diego Álvarez Fernández, que lembramos está en Madrid preparándose para obter o título oficial de Técnico Deportivo, participa na actualidade no concurso Movistar Real Challenge, atopándose grazas aos votos recibidos, nun incrible ¡¡posto 32º!! de entre máis de 3000 xogadores.


Para axudalo a seguir gañando puntos e así cumprir o seu sono de adestrar e xogar no Santiago Bernabéu (só 16 prazas disponibles para os máis votados), xunto con oito xogadores da primeira plantilla do Real Madrid, tes que seguir uns sinxelos pasos, sendo esta operación totalmente gratuíta:

1.- Entrar na ficha de Diego
2.- Facer clic en "votar jugador".
3.- Escribir o teu correo e introducir as letras que te piden.
4.- Darlle a enviar.
5.- Abrir o teu correo, no enlace da mensaxe que recibes, darlle a confirmar... e ¡listo! ¡O teu voto e axuda para Diego!

Este xoves 13 de febreiro remata o prazo para poder votar ao noso veciño (case 200 persoas xa o fixeron) así que, dende Noticias O Rosal animámoste a que en canto poidas, lle dediques un minutiño do teu tempo ao noso representante neste concurso. 

¡¡ Moita sorte Diego!!

7 feb. 2014

ESTE SÁBADO 8, BINGO A BENEFICIO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL


Este sábado 8 de febreiro, ás 22:00 horas, no Restaurante Juan da vila, volve o Bingo a beneficio da Agrupación Musical do Rosal con diferentes premios, entre os que se atopan lotes de comida, vales de combustible ou aínda un televisor.

5 feb. 2014

O BAR DO TRINTA ACOLLE UN NOVO CONCERTO DE GUILLE VERDE & FRIENDS



O Bodegón-Tapería Os Seixiños, máis coñecido por "O Bar do Trinta", do rosaleiro Sergio Rodríguez Rodríguez, acollerá un novo concerto do guardés Guille Verde, que desta vez estará acompañado "oficialmente" pola cantante Eva Piñel e por outro guitarrista rosaleiro, Cristóbal Coímbra.

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA



Sen dúbida o Entroido de Fornelos deste 2014 será un dos máis espectaculares da Historia

A Praza de Fornelos acollerá dende o sábado 1 ata o martes 4 de marzo o seu gran evento anual.

Grupo Adredde. (Foto: Manuel Carneiro / Facebook)

Velaquí vos deixamos o pedazo PROGRAMA que vén de elaborar a Comisión de Festas que preside Jorge Rodríguez Álvarez.

SÁBADO 1 DE MARZO

A partir das 22:30 horas, actuación do grupo ADREDDE e para rematar, "session" do Dj FELIPE TELLEIRO.

Charanga 5+1. (Foto: Juan Ramón O Rosal)

DOMINGO 2 DE MARZO

9:30 horas: Pasarrúas polo pobo a cargo da CHARANGA 5+1. 
11:30 horas: Gran Desfile na Praza do Calvario.
17:00 horas: Actuación para os máis pequenos ata o comezo da verbena.
Dende as 20:30 horas: Gran Verbena amenizada polas orquestras ALMIRANTES e D'TACÓN.

Corrida do Galo. (Foto: Noticias O Rosal)

LUNS 3 DE MARZO

16:00 horas: Tradicional CORRIDA DO GALO.
18:00 horas: Actuación do Trío AZAR.
22:00 horas: Gran Verbena amenizada polos grupos YUKATÁN e TRÉBOL.


MARTES 4 DE MARZO

16:00 horas: Tradicionais FRIXIDELAS.
21:00 horas: Gran Verbena amenizada por KAMELOT e ACIREMA.

O recinto estará cuberto por unha gran carpa... e falando de Carpa... coas Festas de Entroido chega a 5ª edición da CARPA CARNAVAL FORNELOS (O ROSAL).


VENRES 28 DE FEBREIRO

DJ DIEGO MEI & DJ SAÚL QUECHUA

SÁBADO 1 DE MARZO

GRUPO ADREDDE & DJ FELIPE TELLEIRO

DOMINGO 2 DE MARZO

DJ CHARLIE & DJ CHIMO CABREIRA

LUNS 3 DE MARZO

DJ FURRY & DJ CAMPE

MARTES 4 DE MARZO

DJ FURRY & DJ FELIPE TELLEIRO

O ROSAL CELEBRA NO AUDITORIO O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO



O Rosal celebrará o Día de Rosalía de Castro o vindeiro domingo 23 de febreiro, con lectura de poesías e actuacións musicais no Auditorio Municipal, a partir das 18:00 horas.

Así mesmo, o sábado 22 de febreiro, o Concello organiza unha excursión á Casa Museo de Rosalía en Padrón. Os interesados poden apuntarse no Servizo de Información Xuvenil.

CONCERTO DA ORQUESTRA SAXOS DE REDONDELA NO AUDITORIO DO ROSAL



Este sábado 8 de febreiro, a Orquestra Saxos de Redondela ofrecerá un concerto no Auditorio Municipal do Rosal (19:00 horas).

Tal e como se pode ler na súa web, a "Orquestra de Saxos del Conservatorio de Redondela nació hace 14 años fruto de la inquietud pedagógica de su fundadora y directora, Dª Elisa Arias Trigo. Desde el principio, el grupo está integrado por alumnos/as del área de saxofón que cursan sus estudios en el Conservatorio Profesional de Música de Redondela".

Máis info: http://www.orquestadesaxos.com/

1 feb. 2014

UN RAPAZ DO ROSAL PARTICIPA NO CONCURSO MOVISTAR REAL CHALLENGE



O rosaleiro Diego Álvarez Fernández, que na actualidade se atopa en Madrid preparándose para obter o título oficial de Técnico Deportivo, participa no concurso "Movistar Real Challenge".

Trátase dun desafío, organizado por Telefónica Móviles, no que Diego intentará conseguir unha das 16 prazas que dará dereito a entrenar no Santiago Bernabéu e xogar posteriormente un partido no céspede do mesmo estadio. Está confirmada a participación de oito xogadores da primeira plantilla do Real Madrid.

Para lograr este obxectivo, aparte dos diferentes retos que terá que superar pola súa conta, podemos axudar a Diego votando por el na súa ficha persoal. A operación é sinxela e gratuíta.


En declaracións a Noticias O Rosal hoxe, de tarde, Diego confesábanos que "son consciente de que é moi difícil por non dicir que imposible, pero hai que intentalo. Sería un soño como afeccionado do Real Madrid, do fútbol e do deporte poder adestrar e xogar no Bernabéu".

Así mesmo Diego, sabedor de que cada un é dun equipo, sorrindo, convida a votar "sen ver as cores, porque se non..." 

¡Dende Noticias O Rosal, todo o noso apoio e moita sorte, Diego!

Anímate e vota por Diego Álvarez Fernández aquí.