FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 jun. 2012

MODESTO AUGUSTO, NOVO TÉCNICO DO MECALIA ATLÉTICO NOVÁS


(Foto: Mónica Ferreirós / La Voz de Galicia)

No activo perfil do Mecalia Atlético Novás de facebook podemos ler a seguinte noticia con respecto ao cambio de adestrador no conxunto rosaleiro:

"Rápido se ha movido la directiva del Atletico Novás para encontrar sustituto de Viktor Tchikovlaev. El candidato escogido, por su experiencia y conocimientos tanto de la liga como buen conocedor de nuestra plantilla es Modesto Augusto, ex técnico de Teucro, Cangas y Porriño y uno de los más populares del balonmano gallego.

Ha sido fácil llegar a un acuerdo ya que el entrenador nacido en Cangas "se encontraba en deuda con el Novás". Está muy ilusionado con este nuevo proyecto que echará a rodar en agosto.
Bienvenido Modesto!!"


O ADESTRADOR VIKTOR TCHIKOULAEV DESPÍDESE DO MECALIA ATLÉTICO NOVÁS DE BALONMÁN E DA SÚA AFECCIÓN



Segundo se pode ler no perfil de facebook do Mecalia Atlético Novás, estas son as palabras de despedida de Viktor Tchikoulaev, xa ex-técnico do equipo de balonmán rosaleiro.

"Caros amigos,


Gostaria de deixar pessoalmente o meu agradecimento à direcção, aos jogadores e equipa técnica e aos sócios, adeptos e apoiantes deste fantástico clube de andebol.

À Direcção, especialmente para o Sr. Presidente, um obrigado pela relação profissional e pela amizade que foi possível construir durante este curto tempo em que trabalhamos juntos. Obrigado também pela compreensão e apoio demonstrado neste momento de mudança de rumo, que foi tão inesperada para o clube como foi para mim.

Aos Jogadores e equipa técnica, foi um prazer trabalhar com todos, ganhar, aprender e crescer diariamente na modalidade do andebol.

Aos Sócios e adeptos, um obrigado pelo vosso apoio e força, nos bons momentos e nos menos bons. É maravilhoso encontrar em Rosal uma paixão tão grande pelo andebol.

Por razões profissionais, na próxima temporada vou ser treinador noutra geografia. Saio do Mecalia Novás com um sentimento que havia mais para fazer. Desejo muita sorte e sucesso ao clube!

Com todo o respeito, despeço-me com um Até breve."

29 jun. 2012

ESTE SÁBADO CELÉBRASE NO PAVILLÓN MUNICIPAL O I TORNEO DE TAEKWONDO BASE CONCELLO DO ROSAL 2012



O sábado 30 de xuño, a partir das 9:45 horas da mañá, no pavillón municipal, terá lugar o I Torneo de Taekwondo Base Concello do Rosal.

O evento está organizado polo Ximnasio Excalibur (co seu director Víctor Valderrama e o adestrador Santiago Pazos Méndez ao fronte) e por Aréa Complexo Deportivo (representado por José Loren Rodríguez) coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Deporte Galego e o Concello do Rosal.

Este torneo contará cos sete principais clubs da provincia (máis de 150 participantes en categoría base (anos 1998-2001). Haberá, ademais, unha espectacular exhibición do Ximnasio Tao de Vigo, campión de España e de Europa da disciplina.

Na imaxe, algúns dos alumnos/as de taekwondo do Ximnasio Excalibur do Rosal co seu mestre, Santiago Pazos.

28 jun. 2012

A ROSALEIRA RUTH MARTÍNEZ RECIBE O PREMIO FIN DE CARREIRA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA 2011



A rosaleira Ruth María Martínez Barbosa* ven de conseguir o Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia 2011 "en recoñecemento á excelencia académica nos estudos conducentes ao título universitario oficial de Licenciada en Psicoloxía, rematados no ano 2011, na Universidade de Santiago de Compostela".


O acto celebrouse o mércores 27 de xuño na Cidade da Cultura e estivo presidido por Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia e polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, entre outras autoridades.


Ruth, que fai catro meses acadara tamén o Premio Extraordinario de Fin de Carreira en Psicoloxía (USC) do ano 2012, recibiu este novo galardón tras ter o mellor expediente na súa disciplina en toda Galicia.

*Ruth María Martínez Barbosa (O Rosal). Premio Extraordinario de Fin de Carreira na titulación de Filoloxía Hispánica, curso 2001-2002 (Universidade de Vigo). Obtén o Diploma de Estudos Avanzados (DEA, en Lingüística Xeral, U.S.C., 04-05), e traballa durante a Etapa de Tese na Facultade de Filoloxía da USC como investigadora dentro desa mesma área. Compaxina esta labor investigadora cos estudos de Xornalismo, licenciándose en 2005, así como cos de Psicoloxía, acadando a Licenciatura en 2011, en ambos casos na Universidade de Santiago de Compostela. Recentemente ven de conseguir unha praza de formación sanitaria especializada no ámbito da Psicoloxía (PIR, Psicólogo Interno Residente).


27 jun. 2012

ÉRGUETE BAIXO MIÑO PON EN MARCHA O PROGRAMA "CAMBIO DE SENTIDO"



Informa: Natalia González / Érguete Baixo Miño

Un ano máis, co comezo do verán, a Asociación Érguete Baixo Miño pon en marcha a campaña de información ás autoescolas sobre o Programa de prevención do consumo de alcohol e outras drogas na condución de vehículos, co fin de lograr a súa implicación e poder impartir o programa nas súas aulas.

Trátase dunha actuación preventiva denominada CAMBIO DE SENTIDO que pretende mellorar a información dos/as alumnos/as das autoescolas, principalmente mozas e mozos de entre 18 a 25 anos, en relación cos riscos asociados á condución de vehículos baixo os efectos do consumo de alcohol e outras drogas, promovendo actitudes e condutas máis seguras e responsables no respecto das taxas de alcoholemia, e outras condutas de risco.

Para a realización desta actuación contamos co fundamental apoio destas autoescolas agradecendo de antemán a súa disposición e colaboración para a realización da actividade. As sesións son impartidas polas técnicas de prevención da Asociación, durante os meses de xullo, agosto e setembro utilizando recursos audiovisuais e unha metodoloxía participativa.

Esta actividade está promovida pola Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública –Consellería de Sanidade- e se enmarca dentro das actuacións do Plan de Trastornos Aditivos de Galicia 2011-2016, para reducir o número de accidentes nas nosas carreteiras. Como a campaña “Tolerancia Cero” co consumo de drogas ao volante que a DXT porá en marcha a partir do próximo 9 de xullo. Para elo, realizará miles de controles aleatorios "en todas as vías, horas e días da semana".

Equipo Técnico de Prevención
Contacta:
Rúa Colón, 20 - 36780 A Guarda (Pontevedra)
Tfno.:/Fax: 986 61 44 07
Séguenos en:
facebook.com/erguetebm
@ErgueteBM


ENTREGA DE DIPLOMAS AOS MAIORES PARTICIPANTES NOS TALLERES QUE ORGANIZA CRUZ ROJA BAIXO MIÑO



 
Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño

Hoy, miércoles 27 de junio, en el centro Cultural de Oia, entregaremos los diplomas del taller de estimulación de memoria y gimnasia de mantenimiento a un grupo de 20 mayores de Oia y Mougás. Asimismo, el día 5 de julio a las 16.00 h., en el centro Cultural de A Guarda, realizaremos entrega de los diplomas a l@s 45 alumnos del taller de Alfabetización y Aula de estimulación de memoria, que Cruz Roja realiza en A Guarda.

Desde el año 2003, voluntarios y voluntarias de la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño desarrollan talleres de estimulación de memoria para personas mayores de 65 años. Desde entonces, son muchas las personas que han participado en estos talleres con un alto nivel de satisfacción, tanto por parte de l@s usuari@s como por parte del equipo de voluntarios que desarrollan la actividad en los diferentes talleres que tenemos distribuidos en A Guarda y Oia. Prueba del éxito de estos tallares ha sido el incremento de personas asistentes a las actividades así como el aumento de talleres y grupos diferentes en la comarca.

Entre los objetivos del taller de estimulación de memoria y de gimnasia de mantenimiento se destacan potenciar la conservación de la capacidad y agilidad mental y física de los destinatarios, potenciando el mantenimiento de sus capacidades psíquicas y físicas, además de promover las relaciones interpersonales e intergeneracionales, mejorando, de esta forma su autoestima.

Con esta entrega de diplomas queremos reconocer el esfuerzo realizado por l@s alumn@s y voluntari@s que participan en estos talleres. Durante este acto nos acompañarán el presidente comarcal de la Asamblea de Cruz Roja Baixo Miño, Ignacio Saa, miembros del comité comarcal, Paulino Baz y José María Salcidos, la concejala de Servicios Sociales del Concello de A Guarda, Teresa Vicente y el presidente del club de jubilados y pensionistas de A Guarda. Tras la entrega de diplomas se invitará a los asistentes a un tentempié que será el broche final del taller de estimulación de memoria y Gimnasia de mantenimiento hasta el próximo mes de octubre.

Este proyecto está enmarcado dentro de las actividades desarrolladas por la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño con personas mayores, tales como el taller de alfabetización, charlas de productos de apoyo, entrega de productos de ahorro energético, excursiones culturales y de convivencia, el programa de respiro familiar, ponte na onda, talleres de utilización del teléfono móvil, teleasistencia móvil, y el Taller de Teatro Leído…etc..

Hasta la fecha han participado, en los diversos programas de personas mayores, más de 150 personas, actuaciones que no se podrían haber llevado a cabo sin la colaboración de los voluntarios/as de Cruz Roja.







26 jun. 2012

DIEGO JAVIER LORENTE LÓPEZ DEIXA O CARGO DE DIRECTOR DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL DESPOIS DE 6 ANOS



"Tras 6 años de gran trabajo y retos conseguidos, Diego Javier Lorente López ha decidido dejar el cargo de director de la Agrupación Musical do Rosal. Solo podemos darle las gracias por la dedicación diaria estos años. Suerte en tus nuevos retos Diego!, GRACIAS POR TODO!"

Este é o pequeno comunicado que se pode ler no perfil oficial da Agrupación Musical do Rosal na rede social facebook.

A entidade rosaleira, presidida por Iván Diego Martínez, ven de mover rapidamente ficha e publica na súa web as bases da convocatoria para aspirar a ser o novo director/a dunha das agrupacións musicais máis afamadas de Galicia.

TRÍPTICO I RUTA DO VIÑO ALBARIÑO



Igualmente podemos ler na web do Club Ciclista O Rosal a crónica do TRÍPTICO RUTA DO ALBARIÑO JÚNIOR-SUB 23 en Cambados "e o noso equipo Júnior acudía con tódolos seus integrantes dispoñibles e tanto na xornada de onte como na de hoxe acadaban postos altos na clasificación.

Comezaba a xornada de onte coa 1ª Etapa-1º Sector coa Cronoescalada Meaño-Alto do Busto sobre un percorrido de 3 km e Manuel González remataba 7º, cun tempo de 10´10" a 28" do gañador. Toñi Portela remataba 9º a 40", Álex Lomba 12º a 1´04", Pablo Cividanes 19º a 2´05", Adrián Dorna 31º a 3´54" e Adrián Vicente 32º a 4´06".

Acto seguido dábase paso ao 2º Sector MEAÑO-MEAÑO de 57 km e de novo Manuel voltaba a ser o mellor "rosaleiro" co 4º posto, seguido de Toñi Portela 7º, Álex Lomba 11º, Pablo 20º, Dorna 32º e Adrián Vicente 33º.

Ao remate desta primeira etapa a clasificación xeral quedaba así:

Manuel González 4º a tan só 31" do líder, Toñi Portela 7º a 51", Alex 11º a 2´11", Pablo 20º, Dorna 31º e A. Vicente 32º.

Destacar que ao remate desta xornada Antonio Portela era o líder das Metas Volantes con 3 puntos.

Xa no día de hoxe disputábase a segunda etapa CAMBADOS-CAMBADOS sobre unha distancia de 69 km. Era Antonio Portela o que destacaba ao rematar 3º da categoría Júnior a 12" do vencedor a unha media de 42 km/h. e 1º Júnior de primeiro ano. Álex Lomba remataba 11º, Manuel González 12º, Pablo 24º, Dorna 25º e A. Vicente 26º.

A clasificación xeral final sería a seguinte:

Manuel González 4º

Antonio Portela 6º

Álex Lomba 11º

Pablo Cividanes 23º

Adrián Dorna 32º

Adrián Vicente 33º

PODIO DE YASIR MARTÍNEZ EN PADRÓN


Yasir (2º pola dereita) pousa con algúns dos seus compañeiros de equipo

Segundo podemos ler na web do Club Ciclista O Rosal o sábado 23 de xuño disputouse en Padrón o Trofeo Sponsor organizado polo C.C. Padronés "e alí os nosos Benxamíns voltaban a facerse notar principalmente con Yasir, que acadaba un excelente 3º posto que lle valía para subir de novo ao "caixón" seguido de David Rodríguez no 8º posto. 

Rubén Carnero que está a demostrar que pouco a pouco vai subindo escalóns na clasificación acadaba un óptimo 11º posto, Iago Álvarez no 21º, David Carnero no 22º e Irea Villa no 23º pecharían a participación "rosaleira".

En Alevíns destacar a progresión de Mario Fernández que xa nos primeiros metros da carreira saía como un "foguete" e pasaba a liderar a proba durante a primeira volta para logo ceder terreo aos máis veteráns e acabar no 13º posto. Destacamos tamén a progresión de María Correa que se vai adaptando á categoría e finalizaba 29ª.

En Infantís moi boa carreira de Manuel Dorna que aguantou durante oito voltas no grupo de cabeza para logo xa exhausto rematar no 24º posto seguido de Ero Sobrino no 28º, Xoel Villa no 35º, Elsa Portela 37ª e Claudia Portela 39ª.

Remataba a categoría Cadete onde o noso representante Raúl Fernández loitaba en solitario cos rivais de equipos máis numerosos e pagaba os esforzos cun magnífico 6º posto.

A próxima cita será en Teis (Vigo) na rúa Sanjurjo Badía o vindeiro domingo ás 10:00 horas para a disputa do 21º G.P. CICLISTA TEIS-18º MEMORIAL PABLO MEREIRAS para as categorías de Escolas e Cadetes".

CONFIRMACIÓNS 2012 E PRIMEIRA VISITA Á PARROQUIA DE SANTA MARIÑA DO BISPO MONSEÑOR LUIS QUINTEIRO FIUZA


O pasado sábado 16 de xuño e na misa da tarde, leváronse a cabo as confirmacións deste ano 2012.

Administrou o Sacramento a 26 mozos e mozas o bispo monseñor Luis Quinteiro Fiuza. Esta foi a primeira visita á parroquia de Santa Mariña dende que tomou posesión da diocese de Tui-Vigo o 24 de abril de 2010, procedente da de Ourense.




A Santa Misa, nese día das confirmacións, foi oficiada polo propio bispo, como é de ritual. Na súa breve intervención, agradeceu a colaboración na preparación dos rapaces/as, tanto aos sacerdotes da parroquia, ao abade Julio Ramos Rodríguez, ao vigario Isaac Penela Carbajales, así como ao equipo de catequistas.

Rematou este acto relixioso cunha foto de familia para a posteridade.

PRIMEIRAS ACTIVIDADES DO CENTRO SOCIAL FUSCALHO (28 E 29 DE XUÑO)



Informa: A.C. A Velha na Horta

Apressentamos as 2 primeiras atividades do Centro Social Fuscalho (antigo Avanti-A Guarda):

Por umha banda, esta quinta 28 às 21 hrs contaremos com a presença de 2 dos autores do livro de poesía Dezaoito, livro escrito por dezaoito pessoas dos dous lados da raia. Virám a apressentar o seu livro e a recitar algumhas poesías para o desfrute da gente, a qual tambem poderá traer o poema que queira e recita-lo.
 

E a sexta 29 às 20h30, poderemos assistir a palestra "O combate contra a lesbigaitransfobia", na que Laura Guisantes, militante de BRIGA, falara-nos sobre a atualidade do movimento LGTB e as perspetivas de luita que temos para o futuro.

25 jun. 2012

"JOSE Y ROSY" PARTICIPARÁN EN SALSALUDABLE 2012 (VALLADOLID)



A parella rosaleira de bailaríns, "Jose y Rosy", participará desta vez en SALSALUDABLE 2012, "IX Encuentro de Bailes Latinos" de Valladolid, que se celebra esta fin de semana (29, 30 de xuño e 1 de xullo). Alí impartirán o sábado un taller de salsa lineal.




En palabras dos responsables de BailaSalsa, principal organizador do evento (no que colaboran a Junta de Castilla y León e o Ayuntamiento de Valladolid) "en esta edición el objetivo del Salsaludable es promover la convivencia y el intercambio cultural mediante la danza. Integrando a todos sin importar que bailen salsa cubana, salsa en línea, rumba cubana, bachata, kizomba, cha, etc. También mantenemos nuestro compromiso de calidad en las instalaciones, con los espectáculos en el Auditorio de la Feria de Muestras de Valladolid".

Unha vez máis dende Noticias O Rosal, moita sorte e noraboa para "Jose y Rosy".

O XIMNASIO EXCALIBUR DE O ROSAL OFERTA POR TERCEIRO ANO UNHA ACTIVIDADE DE XIMNASIA PARA NENOS/AS



Durante o vindeiro mes de xullo, o Ximnasio Excalibur de O Rosal oferta por terceiro ano unha actividade de ximnasia para nenos/as en idade escolar (de 6 a 12 anos).

O horario será os martes e xoves de 10 a 11 horas o primeiro grupo e de 11 a 12 horas o segundo.

A actividade está basada en actividades psicomotrices e de interrelación, cun compoñente fundamentalmente lúdico e incidindo en potenciar as habilidades físicas propias da idade escolar (coordinación, equilibrio, coñecemento dos recursos físicos funcionais, etc) así como a adquisición de hábitos saudables.

A matrícula é gratuíta e con prezo especial para familiares de socios do ximnasio.

Como promoción, o Ximnasio Excalibur ofrece unha tarifa adaptada neno-familiar, para dispoñer das instalacións mentras o neno realiza a actividade.

Calquera dúbida pódese consultar na recepción do Ximnasio, no teléfono 647 959 695 ou ben no perfil do "Excalibur" na rede social facebook.

MANIFESTO DO DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA O USO INDEBIDO E O TRÁFICO ILÍCITO DE DROGAS




Informa: Asociación Érguete Baixo Miño

CON LAS DROGAS NO SE JUEGA… CON NOSOTR@S TAMPOCO (RECORTES NO… "AJUSTES" TAMPOCO)


 
MANIFIESTO
Día Internacional de la lucha contra el uso indebido y el tráfico ilícito de drogas – 26 de junio

La Asamblea General de la ONU decidió establecer el día 26 de junio como el Día Internacional de la lucha contra el uso indebido y el tráfico ilícito de drogas. Este día es el referente de sensibilización ante una situación que continúa siendo un problema tanto por el hecho en sí, como por sus consecuencias, porque afectan a la persona en toda su dimensión. Por eso tenemos que mantener el compromiso de seguir trabajando en prevención, apoyo, asistencia, reinserción...

El escenario en el que nos encontramos ahora es diferente porque las prioridades económicas superan a las prioridades humanas: el consumo y el tráfico de drogas sigue existiendo, pero no crea alarma social. Los recortes presupuestarios han afectado sobre todo a colectivos vulnerables, en riesgo de exclusión social y a las Entidades Sociales que trabajamos en esta área. Seguimos siendo necesarias, nuestro trabajo llega a personas y situaciones donde las administraciones no llegan y detectamos las necesidades antes de que se hagan notorias.

Esto hace que tengamos serias dificultades:

- Reducción de presupuesto en los diferentes programas de las entidades entre un 20 y un 25%.

- Falta de sensibilidad social ante el problema de las drogas.

- La desaparición del Plan Autonómico de Drogas, que impide tener un interlocutor a la hora de dirigirse a la Administración.

- Deudas pendientes por parte de las administraciones (autonómica y local).

- En asistencia los recortes provocan colapso en el funcionamiento, porque hay dificultades para sustituir a profesionales de baja.

- Algunas entidades, si la situación se mantiene como hasta ahora, consideran que tendrán que cerrar en un año, o menos tiempo.

- Disminuye la atención de calidad prestada al ciudadano y es sustituida por servicios masificados y reducidos en el tiempo.

- No sólo se producen cambios a nivel presupuestario. Se está produciendo un cambio de modelo y objetivos, donde lo que prima es la cantidad y no la calidad, donde lo importante son los números y no las personas.

Con este panorama…

· Exigimos garantías de que todos tengamos la posibilidad de ser atendidos en los servicios de la red pública.

· Exigimos mantener un modelo de atención en drogodependencias que sea específico y de calidad.

· Exigimos un espacio de diálogo y participación conjunta con la Administración que sea real y operativo, en el que nuestra opinión tenga un peso específico dada la calidad de nuestro trabajo y el conocimiento de la realidad concreta del entorno en el que trabajamos, para poder realizar una sensibilización efectiva y una utilización eficaz y realista de los recursos.

· Exigimos la transparencia presupuestaria de todas las administraciones y la realización de un presupuesto económico a principio de año para conocer los programas que se realizarán y contar con una buena planificación.

· Exigimos que cada administración publique un Plan Estratégico propio, marcando así su plan de trabajo.

Las organizaciones que trabajamos en drogas seguimos teniendo sentido, a pesar de que el impacto social de esta problemática no sea el mismo que en los años ochenta. Las necesidades también han ido evolucionando y así también lo hemos hecho. Estamos comprobando que a raíz de la situación actual, somos un punto de referencia para evitar la desprotección de un colectivo que puede llegar al aislamiento social.

Como entidades sociales tenemos un valor propio importante, que son las personas que atendemos. La sociedad no está sensibilizada con el problema de las drogas porque las entidades están realizando una labor de contención con un trabajo que socialmente está reconocido, pero no suficientemente valorado por la Administración.

Para que nuestro trabajo se reconozca, la problemática sea visible y el colectivo con el que trabajamos tenga la dignidad y la calidad que se merece, queremos contar con mayor apoyo social.

Las drogas siguen siendo un problema. Las Entidades que trabajamos en ello contribuimos al reconocimiento de derechos, a la demostración de que el trabajo conjunto es un referente para formular propuestas, compartir experiencias y crear redes de acción efectivas.

Enlace campaña:

21 jun. 2012

VÍCTOR ARMÁN, XOGADOR DO MECALIA ATLÉTICO NOVÁS DE BALONMÁN, TERÁ QUE PASAR POLO QUIRÓFANO



Segundo comunican dende o perfil de facebook do Mecalia Atlético Novás "se confirma la rotura de cruzado de Víctor Armán, que tendrá que pasar por quirófano. Malas noticias para él y para el Novás, que pierde a uno de sus mejores jugadores. Deseamos una pronta recuperación".
  
Lembramos que Víctor Armán Dorado, xogador do Novás de balonmán, lesionouse o venres 8 de xuño na inauguración dos XIV Xogos Populares.

Dende Noticias O Rosal unímonos ao sentir do Mecalia Atlético Novás e dos seus seguidores, ao tempo que tamén lle desexamos a Víctor esa pronta recuperación e que axiña volva aos terreos de xogo. ¡¡Ánimo!!






20 jun. 2012

HORARIOS DOS PARTIDOS DE FUTBITO DOS XIV XOGOS POPULARES DO ROSAL



Velaquí vos deixamos os horarios desta fin de semana (22, 23 e 24 de xuño) dos partidos de futbito que se celebran no pavillón municipal con motivo dos XIV Xogos Populares do Rosal.

Dende a categoría de benxamíns, ata a senior e "avós", os distintos equipos de futbito da vila intentarán levarse a vitoria (Fornelos, Pías, Martín, SULCC, Marzán, Fornelos, Novás, Sanxián, San Miguel, Tabagón e Calvario).

Así mesmo, búscanse organizadores e xente activa que leve a cabo este evento para o ano que ven, o 2013.




19 jun. 2012

CONCERTOS NO ROSAL E NA GUARDA PARA CELEBRAR O REMATE DOS CURSOS DE PANDEIRETA DE BERTA CASTRO



Con motivo do remate do curso de pandeireta que imparte a mestra Berta Castro González en dúas asociacións da zona, vanse celebrar nos próximos días, sendos concertos en O Rosal e A Guarda.

 
VENRES 22 DE XUÑO
Concerto de fin de curso organizado polas Pandereteiras da Asociación Veciñal Río do Folón de Fornelos (O Rosal). O acto terá lugar no local de dita asociación sito na Praza de Fornelos ás 21.30 horas.

Actuarán:
-Pandereteiras Río do Folón de Fornelos
-Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa
-Pandereteiras Alto da Cruz do Malleiro da Asociación Cultural de Pexegueiro.


LUNS 25 DE XUÑO
Concerto de fin de curso organizado pola Agrupación Cultural Guardesa. O acto terá lugar nas aulas do antigo colexio do Sinde ás 21.30 horas.

Actuarán:
-Pandereteiras Río do Folón de Fornelos
-Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa



OS "ROSALEIROS RUSOS" TCHIKOULAEV E TSYBANEV, CAMPIÓNS DO MÁSTER DE BALONMÁN EUROPEO DE VETERANOS



Segundo informan dende o perfil de facebook do Mecalia Atlético Novás, VIKTOR TCHIKOULAEV (na imaxe da arriba) e NIKOLAI TSYBANEV (na imaxe de abaixo), que foran convocados hai uns días pola selección rusa, veñen de gañar o Máster de Balonmán Europeo de Veteranos que se xogou en Ljubljana (Eslovenia).


A nosa noraboa para Tsybanev e Tchikoulaev, que se coroan desta forma campións de Europa na categoría masculina de máis de 45 anos.

Esta foi a clasificación final:


1. RUSSIA 1 (RUS)

2. KOLDING IF (DEN)

3. SC LEGION XXI (UCR)

4. BUDAPEST OLD BOYS (HUN)

5. SCZCECIN POLSKA (POL)

6. VIENNA MASTERS (AUT)

7. HORT S. E. (HUN)

8. ITALIAN MASTER TEAM (ITA)

9. BRNO (CZE)

10. ROMA HANDBALL (ITA)

11. CAT + 45 (ESP)

12. HC BASK BEOGRAD (SRB)

II CAMPUS DE BALONMÁN ATLÉTICO NOVÁS NO PAVILLÓN MUNICIPAL



Informa: Aurora Lomba Álvarez / Atlético Novás
Fotografías: Noticias O Rosal

O venres 13 de xullo, dende as 10 da mañá ás 6 da tarde, terá lugar o II Campus de Balonmán Atlético Novás, que se celebrará no Pavillón Municipal do Rosal.


Este campus-campamento está destinado a nenos de entre 10 e 15 anos, "onde darán os primeiros pasos para iniciarse no deporte do balonmán".


A inscrición é de 3 euros (entregar na entrada do pavillón). A data límite para inscribirse será o 22 de xuño.


Cada neno terá un bocadillo e auga ao mediodía. Entregaráselle a cada participante unha camiseta de recordo deste evento.

Podes solicitar o impreso da inscrición na seguinte dirección de correo electrónico:
baseatlnovas@hotmail.com


Para máis información, podes contactar coa Organización tamén no teléfono 627 790 435.

Nas imaxes, monitores e participantes na primeira edición de 2011.

18 jun. 2012

MES DE XUÑO NO SAN XEROME: "¡VENTO EN POPA, A TODA VELA!"



Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome
 
O mes de xuño caracterízase habitualmente no noso Centro como un mes de actividade vertixinosa. Xuño 2012 ¡non podía ser menos!
 
Tivemos nos últimos días: Sendeirismo polo Monte Aloia e Piragüismo no Tamuxe co IES A Sangriña, o Festival do Servizo de Adultos no Auditorio de Goián, coa presenza masiva das familias, reunión dos grupos de participación para a elaboración do Plan estratéxico do Centro (2012-2014), Campamentos das Unidades Educativas e do Servizo de adultos na Colonia de vacacións “Árbore” de Vila do Conde (Portugal)…


Nestes momentos os seleccionados do noso Club deportivo, compiten no Campionato de España de seleccións autonómicas, e esta mesma semana tivemos a oportunidade de experimentar novas sensacións grazas á colaboración do Monte Real Club de Yates de Baiona. Por primeira vez, Jona, Kike, Miguel… tiveron a oportunidade de navegar nun barco de vela, xunto cos responsables do Club de iates e os compañeiros do Centro Juan María de Nigrán. Experiencia inesquecible, e que agardamos poder repetir.


O que queda por diante non é menos emocionante: Viaxe a Francia para valorar a marcha do Proxecto Comenius Regio, Cea Baile no Restaurante Glasgow organizada pola ANPA, novos campamentos do Servizo de adultos en Vila do Conde, reunión definitiva na elaboración do Plan estratéxico, Mercado Solidario en Baiona, etc, etc.


Nas fotografías: a Selección Galega de baloncesto (¡5 xogadoras do San Xerome!), en San Fernando (Cádiz) antes de debutar no Campionato de España de seleccións autonómicas; nas outras dúas fotografías os nosos regatistas en Baiona, no barco do Club Monte Real, e por último Carmelo e David (Selección Galega de fútbol sala) durante a competición de seleccións autonómicas en Cádiz.

16 jun. 2012

HOMENAXE AOS SOCIOS MÁIS ANTIGOS DA SOCIEDADE RECREATIVA E CULTURAL DE SAN MIGUEL DE TABAGÓN (O ROSAL)





Informa: Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel

Este domingo 17 de xuño, na Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón (O Rosal), terá lugar o día da “Homenaxe ó Socio” na que se celebrarán distintos actos para homenaxear aos dez socios máis antigos da entidade, que este ano cumpre 85 anos de historia.

Os homenaxeados son xente con máis de 50 anos de antigüidade, os cuais viviron cambios como a edificación do local actual, onde se celebrarán estes actos, durante todo o día. Estarán acompañados polos seu familiares e o resto dos socios.

Os actos comezarán ás 12 da mañá cunha misa na igrexa de San Miguel (O Rosal) na honra dos socios falecidos. De seguido, na compaña do grupo folk “O Trebón dos Xidos”, a comitiva dirixirase ás instalacións da SRC San Miguel para ter unha sesión vermouth.

Ás 2 da tarde terá lugar a comida no salón de actos con todos os homenaxeados e os seus familiares. Alí se degustará o siguiente menú, que ten un coste de 20 euros para socios e 25 euros para non socios.

• Pescada á romana con ensalada de tempada

• Tenreira asada no seu xugo con patacas e guarnición

• Torta xeada e rosca

• Viños brancos e tintos de O Rosal

• Refrescos

• Café e licores

A partir das 16.30 horas, comezará a homenaxe cunha entrega de obsequios aos nomes propios do día, a estes señores históricos que deron moito á entidade e o seguirán dando.

• Emilio Fernández González

• Casimiro Sousa Fernández

• Manuel Silva González

• Juan Rodríguez Pereira

• Saúl Carrera Blanco

• Luis Pereira Rivero

• Américo Rodríguez Valladares

• Celso González Ferreira

• Florencio Vázquez Fernández

• Eduardo Rodríguez Pereira

Para rematar o acto seguirá a fiesta co baile aos homenaxeados dirixido por “Roberto Show”, que o amenizará ata últimas horas do día.

Se algún familiar ou amigo desexa participar no evento pódese por en contacto nos teléfonos 662 307 341 e 986 613 869 ou en srcsanmiguel@hotmail.com  

15 jun. 2012

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA PARA SOCIOS/AS DE ÉRGUETE



Informa: Natalia González / Érguete Baixo Miño

Convocamos a todos/as os/as socios/as da Asociación Érguete Baixo Miño, á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o venres día 29 de xuño de 2.012; ás 8:00 horas da tarde en primeira convocatoria e ás 8:30 horas da tarde en segunda convocatoria, no local social situado na rúa Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda e que contará co seguinte

ORDE DO DÍA:

1º Lectura e aprobación se procede da acta anterior.

2º Presentación do Estado de Contas.

3º Presentación da Memoria de Actividades 2.011 e Programa para o 2.012.

4º Presentación de Candidaturas e elección de novos Cargos da Xunta Directiva.

5º Rogos e preguntas.

Ábrese o prazo para a presentación de Candidaturas ás eleccións da Xunta Directiva de Érguete Baixo Miño, que poderán ser comunicadas por vía telefónica/fax (986 61 44 07), no local da Asociación (r/Colón, 20 –Edif. O Pescador 1º piso- A Guarda, Pontevedra) ou por correo electrónico (info@erguete.org).

NIKOLAI TSYBANEV E VIKTOR TCHIKOULAEV, CONVOCADOS POLA SELECCIÓN RUSA DE BALONMÁN




NIKOLAI TSYBANEV (na imaxe) e VIKTOR TCHIKOULAEV (actual adestrador do Novás) foron CONVOCADOS POLA SELECCIÓN RUSA que disputará o Máster de Balonmán Europeo de Veteranos que se xogará en Ljubljana (Eslovenia).

Ademais de Rusia xogarán equipos de Austria, República Checa, Dinamarca, Hungría, Italia, Polonia, Letonia, Serbia, España, Eslovaquia, Eslovenia, Ucrania...

14 jun. 2012

O ROSAL PARTICIPARÁ NA 22ª FESTA DO VINHO VERDE E DOS PRODUTOS REGIONAIS DE PONTE DE LIMA



O Rosal participará na "22ª Festa do Vinho Verde e dos Produtos Regionais", que se celebrará esta fin de semana, do 15 ao 17 de xuño, no recinto exterior da Expolima, en Ponte de Lima (Portugal).

A nosa vila terá un stand con material turístico (libros, guías, folletos, etc), de exposición e degustación -e non venda- de produtos da terra e de viño do Rosal.

A inauguración será o venres 15 de xuño, ás 18:30 horas, e será presidida por Daniel Campelo, Secretário de Estado das Florestas e do Desenvolvimento Rural.

Dentro do programa desta Festa, haberá presentación de libros, encontros de profesionais do viño, concertos e festivais musicais, sesión de Dj's, concursos, entrega de premios e animación infantil (malabaristas, globoflexia, etc.)

Máis información, aquí.
  

ALMORZOS SAUDABLES DO CONCELLO DO ROSAL CO CPI MANUEL SUÁREZ MARQUIER


Informa: Educación Familiar / Concellaría de Servizos Sociais do Rosal


FUNDAMENTACIÓN E DESCRIPCIÓN DO PROGRAMA

O Concello do Rosal dentro das súas actividades adicadas a promover hábitos saudables entre a xente más nova, quere pór de manifesto a importancia que ten o almorzo como unha das principais comidas do día, sobre todo entre nenas e nenos, xa que moitos deles prescinden desta comida, o que supón baixo rendemento nos estudos e cansanzo ó longo da mañá.

Realizaremos un bufet degustación dos diferentes grupos de alimentos que non deben faltar nunca no almorzo:

- Fibra: galletas, cereais, tostadas e pan.

- Fruta: cítricos variados, fresas, plátanos, piña e outras frutas.

- Lácteos: leite (de vaca, cabra e soia), queixo, cuaxada…

- Azúcares: mel e azucre.

- Graxas: manteca, margarina e aceite de oliva

O día que se realice a actividade coa súa aula, solicítase ao alumnado que leven unha taza e unha culler.


OBXECTIVOS E CONTIDOS BÁSICOS DO PROGRAMA

Obxectivos xerais que queremos acadar:

- Promover hábitos de vida saudables na poboación escolar.

- Coñecer os diferentes tipos de alimentos.

Contidos que traballaremos co alumnado:

Trataremos o tema das alerxias ó gluten, lácteos, etc., que diferentes nenos e nenas padecen.

Importancia de combinar boa alimentación e deporte, para o que o profesor de educación física colabora falando do deporte.

Traballaremos tamén o coñecemento de diferentes texturas, alimentos, sabores para que os propios rapaces e rapazas elaboren eles mesmos/as o seu almorzo ó gusto de cada un.

 

PERSOAS DESTINATARIAS E CRONOGRAMA

Poboación escolar de Educación Primaria do CPI Manuel Suárez Marquier.

Levarase a cabo durante a semana do 18 ó 22 de xuño. O horario será a primeira hora, de 9 a 10.40 h., para que os/as rapaces/as poidan almorzar a primeira hora da mañá.

 

LUGAR DE REALIZACIÓN

Realizarase na 1ª aula da Escola Obradoiro do Concello (nas inmediacións do centro escolar).








































A ACTIVIDADE "GALEGO DE CINE" DO PROGRAMA FALAREDES, NO ROSAL



Segundo se pode ler na web municipal "O vindeiro venres 15 de xuño, ás 17.30 h, na Praza do Concello do Rosal, terá lugar a actividade Galego de Cine, dentro do programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

Este programa está destinado aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística, que levará ata decembro un total de 250 accións por unha centena de entidades locais.

FalaRedes busca crear espazos de uso e de aprendizaxe do galego ligados ao lecer, á cultura xuvenil e ás tecnoloxías da comunicación para promover unha imaxe da lingua ligada a valores positivos.

Trátase dun proxecto itinerante para visionar contidos audiovisuais producidos en Galicia e en galego para nenos e nenas de 6 a 12 anos, dentro dunha caravana.

O visionado das peliculiñas compaxínase con actividades de comprensión dos filmes que impulsen aos cativos a expresárense en galego oralmente, coa construción dun conto ideado de principio a fin polos pequenos e cun vídeo-matón, espazo para plasmar oralmente nun set de gravación o conto inventado durante o desenvolvemento da actividade.

Os obxectivos principais son promover o achegamento do cinema galego e en galego aos máis pequenos, inducir á reflexión e participación activa dos rapaces sobre os contidos vistos e promover a mellora das competencias lingüísticas entre os participantes".

13 jun. 2012

ESTELA PEREIRA ÁLVAREZ, ELIXIDA NOVA PRESIDENTA DO CLUB U.D. RIBERA



Segundo nos comunican dende o club de fútbol U.D. Ribera de O Rosal, ven de ser elixida nova Xunta Directiva, con Estela Pereira Álvarez, como presidenta, ao seu fronte, substituíndo a José Manuel Álvarez Barredo.

Velaquí vos deixamos, polo tanto, os seus actuais membros:

-Presidenta: Estela Pereira Álvarez.
-Secretario: Juan Francisco Santomé Domínguez.
-Tesoureira: Tensi Pereira Álvarez.
-Vogais:
Carmen Mª Vicente López.
José Carabelos González.
Argentino Fernández Revella.
Nel Gómez Rodríguez.
Juan Mariño González.
Juan Lorenzo Martínez.
Marcelino Rodríguez González.
-Delegado: José Antonio Juan Bento.

A Xunta Directiva do club U.D. Ribera convoca a todos os seus socios, xogadores e afeccionados á Asemblea Xeral Ordinaria, correspondente á tempada 2011/2012, que se celebrará no Estadio Municipal de "A Mata", o vindeiro venres día 22 de xuño ás 21:00 horas co seguinte orde do día:
-Lectura e Aprobación, se procede, da Acta anterior.
-Resumen Deportivo da Tempada.
-Estado de Contas.
-Rogos e Preguntas.

12 jun. 2012

AS ALFOMBRAS DE CORPUS, NA IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARIÑA



Fotografías: Sonia Pérez Martínez

O domingo 10 de xuño, as colaboradoras e catequistas da parroquia de Santa Mariña do Rosal foron, un ano máis (e xa van 6), as encargadas da confección das alfombras na honra do Corpus Christi (Santísimo Sacramento), baixo a supervisión do abade párroco, D. Julio Ramos Rodríguez.


Este ano a climatoloxía non acompañou, polo que se tiveron que realizar a cuberto, na entrada principal da igrexa.


"JOSE Y ROSY", PARTICIPARÁN NO VI FESTIVAL INTERNACIONAL DE BAILE, BAILA CONMIGO (CELANOVA, OURENSE)


(Foto: "Jose y Rosy")

A parella rosaleira de bailaríns, "Jose y Rosy", participará no VI Festival Internacional de Baile, BAILA CONMIGO, que se celebrará os días 15 e 16 de xuño en Celanova (Ourense).

Este evento, que ten como cabeza de cartel a Adrián (Uruguay) e Anita (Brasil), pentacampeóns do mundo de salsa -profesores de Mira quién baila e Más que baile (TV)- contará con bailaríns de España, Venezuela, Rusia, Portugal, Arxentina, Perú, México, etc.


Dj Bembee (A Coruña) será o encargado da música e presentará este Festival Internacional, Alberto Fernández Viñas (O Sonero-Radio Allariz).

¡¡Dende Noticias O Rosal noraboa a "Jose y Rosy"!!