TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

8 jun. 2012

ACTO DE LEMBRANZA AOS IRMÁNS PEPE E EMILIO FLORES COSTAS NO AUDITORIO



Este domingo, 10 de xuño ás 20:30 horas, terá lugar un acto de LEMBRANZA AOS IRMÁNS FLORES no Auditorio Municipal do Rosal.

Actuarán -entre outros- neste evento os grupos musicais Xistra de Coruxo e Suabia de Alemania.


Lembramos que o pasado 2 de xullo de 2011 tivo lugar unha merecida homenaxe a Pepe e Emilio Flores Costas, populares músicos e augardenteiros co descubrimento de sendas placas na súa honra.

A Pepe, no Xardín dos Amores de Novás e a Emilio na Praza de Fornelos.

Aquel acto estivo organizado pola Asociación de Veciños Río Folón e a Comisión de Festas San José de Novás, coa colaboración especial da Asociación Folclórica "Gaiteiros da Xistra" e do Concello do Rosal.

Participaran nesa homenaxe Airiños do Folón, Lirolai, Terribles de Donas, Ventos do Valdareo, Zurrumalla, Verde Arboreda e tamén a Xistra do Coruxo.

0 comentarios:

Publicar un comentario