TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

14 jun. 2012

O ROSAL PARTICIPARÁ NA 22ª FESTA DO VINHO VERDE E DOS PRODUTOS REGIONAIS DE PONTE DE LIMA



O Rosal participará na "22ª Festa do Vinho Verde e dos Produtos Regionais", que se celebrará esta fin de semana, do 15 ao 17 de xuño, no recinto exterior da Expolima, en Ponte de Lima (Portugal).

A nosa vila terá un stand con material turístico (libros, guías, folletos, etc), de exposición e degustación -e non venda- de produtos da terra e de viño do Rosal.

A inauguración será o venres 15 de xuño, ás 18:30 horas, e será presidida por Daniel Campelo, Secretário de Estado das Florestas e do Desenvolvimento Rural.

Dentro do programa desta Festa, haberá presentación de libros, encontros de profesionais do viño, concertos e festivais musicais, sesión de Dj's, concursos, entrega de premios e animación infantil (malabaristas, globoflexia, etc.)

Máis información, aquí.
  

0 comentarios:

Publicar un comentario