TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

27 abr 2011

Esta fin de semana, as Festas de San José Obreiro 2011, en Novás



Un ano máis celebraranse en Novás as Festas na honra de San José Obreiro.

O sábado día 30 de abril comezarán os festexos cunha Gran Verbena a cargo das orquestras Sintonía e Fin de Siglo, que se prolongará ata altas horas da madrugada.

Xa o domingo 1 de maio ás 11:30 horas da mañá, acompañada polo grupo de gaitas A BOALLEIRA, baixada do Santo en Procesión ata a Praza de Novás, onde se celebrará ás 12 horas unha Misa de Campaña na honra de San José. Cantará durante a cerimonia relixiosa a CORAL da Agrupación Musical do Rosal.

Pola tarde, a partir das 17:30 horas, actuación do grupo de pandereteiras ORBALLO da Agrupación Musical do Rosal. A continuación, a actuación do grupo Nebrasca.


O prato forte será un ano máis o "SHOW DOS CAMPELOS" (Roberto e Paco), que porán a nota de humor a estas festas, para de seguido proceder á tradicional subhasta de produtos típicos.

Ao seu remate, Gran Verbena a cargo do citado grupo Nebrasca. Dende a Organización lembran que o recinto de festas estará cuberto por unha gran carpa.

2 comentarios:

  1. UNICOS ¡ SOBRE TODO NESAS DUAS HORAS OLVIDASTE DE TODAS AS PREOCUPACIONS ¡ SOLO E REIR REIR E REIR MOI BEEEEEEEEEEEEEN. E MOI CACHONDOS.

    ResponderEliminar
  2. vou todolos anos a estas festas por ver os campelos e pola xente que traballa pa que se poidan celebrar estas festas.moitas gracias comisión sondes autenticos.una pena que non teña mais fama estas verbenas porque esta xente e divertidisima.enhoraboa!!!!

    ResponderEliminar