Encantados de retomar a nosa actividade, ¡¡saudámosvos con inmensa alegría!! ¿A verdade? Non podíamos aguantar máis tempo parados, temos ganas de traballar e de ofrecervos a mellor información cultural, así que pouquiño a pouco iremos publicando as reportaxes atrasadas -e por suposto as actuais- completando ademais o deseño da páxina, que xa mirades que está practicamente baleira.
Animámosvos a que colaboredes -dende xa- coas vosas aportacións fotográficas ou literarias en Noticias O Rosal.
Abriremos proximamente multitude de seccións na web e comezaremos un novo proxecto, polo que se queredes participar ou axudar dalgunha maneira, dar o voso parecer, idea ou suxestión, contactade con nós sen compromiso nin problema algún en noticiasorosal@hotmail.com
¡Saúdos e graciñas de corazón a todos aqueles que vos puxéstedes en contacto con nós ou nos transmitíchedes a vosa confianza, disposición e ánimo...! Falamos en breve.
Humildemente, pero iso si, co noso amor a O Rosal, con infinita ilusión e coa promesa de "dalo todo", afrontamos esta nova etapa, despois do pequeno -e agardemos- último paréntese informativo. Sen máis...
Humildemente, pero iso si, co noso amor a O Rosal, con infinita ilusión e coa promesa de "dalo todo", afrontamos esta nova etapa, despois do pequeno -e agardemos- último paréntese informativo. Sen máis...
¡VIVA O ROSAL! ¡VIVAN OS ROSALEIROS E AS ROSALEIRAS! ¡VIVA QUEN LLE DESEXE BEN Á NOSA VILA!
P.D.: Unha curiosidade, dícese que en galego somos rosaleses e rosalesas... respectámolo, pero gústanos máis o xentilicio de sempre, o tradicional...
¡Saúdos! ¡E non vos cortedes! Contade con nós para o que desexedes, tanto na organización, colaboración ou difusión de eventos turístico-culturais da nosa Comarca, como para calquera promoción do que consideredes importante. En fin, no que poidamos axudar, aquí estamos de novo. Á vosa disposición.
O Equipo de Noticias O Rosal. 20 de abril de 2011
¡Benvidos vós! ¡Animo e moita sorte!
ResponderEliminarGRAZAS POR SEGUIR INFORMÁNDONOS E NORABOA POLO VOSO TRABALLO!!
ResponderEliminarBenvidos de novo. Botábasevos de menos.
ResponderEliminarNoraboa pola vosa web e grazas por volver!!
ResponderEliminarBo traballo. A seguir asi
ResponderEliminar