FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 jun 2015

Os rosaleiros "Jose & Rosy" triunfan no programa Aquí Galicia da TVG


Fantástica a actuación dos internacionais bailaríns rosaleiros "Jose & Rosy" no programa Aquí Galicia, da TVG, que se emitiu en directo o pasado sábado 27 de xuño dende a cidade de Ourense.

Velaquí vos deixamos o vídeo cunha pequena entrevista que lles realizaron os presentadores da canle autonómica e os dous bailes -espectaculares- que ofreceron á audiencia. O primeiro, podedes disfrutalo dende o minuto 32:42 e o segundo, dende 1:51:10.

¡Unha vez máis, noraboa, Jose & Rosy!

29 jun 2015

O Ximnasio Excalibur ofrece atractivas actividades para nenos/as e adultos


Informa: Víctor Valderrama / Ximnasio Excalibur

O Ximnasio Excalibur de O Rosal ofrece diferentes actividades a partir do mes de xullo que comeza.

Por unha banda realizarase ximnasia infantil (coordinación, acondicionamento xeral, xogos didácticos, psicomotricidade, terapia grupal, etc). 
Igualmente celebraranse cursos de preparación pre e postparto, dividíndose as clases en tres partes. Velaquí vos deixamos íntegra e literalmente a explicación do "Excalibur" para saber en que consisten:

"Teórica: explicaciones de los cambios propios de la gestación y posparto, reconocer las señales del parto, fases del parto, nutrición, lactancia, higiene y baño, cuidado del bebé…"

Práctica: gimnasia prenatal, técnicas de relajación, entrenamiento para las distintas fases del parto, control de la respiración, medidas posturales, ejercicios del suelo pélvico, masaje del bebé…

Teórico-psicológica: charlas en grupo para intercambiar experiencias personales.

Clases recomendadas a partir de la semana 28 de embarazo y a partir de los 3 meses posteriores al parto (de 8 a 10 sesiones).

Impartidas por Tania Fonseca, Fisioterapeuta.

Clases individuales y colectivas. Grupos de máximo 10 personas. Consúltanos sin compromiso a través de mensaje privado o en el 647 959 695".

26 jun 2015

V Torneo de Fútbol 8 Alevín e Infantil U.D. Ribera, este sábado 4 en O Rosal



Este sábado 4 de julio se celebra el V Torneo de Fútbol 8 Alevín y Benjamín U.D. Ribera – Concello de O Rosal, Memorial Iago Ameal Pereira en el campo de fútbol de A Mata  (O Rosal).

Este campeonato tendría que haberse disputado el pasado sábado, pero se pospuso una semana por el fallecimiento de José Carlos Santos (directivo y padre de un jugador).

•Comenzará a las 9:30 y participarán más de doscientos niños con edades comprendidas entre los ocho y los once años.

•La organización preparó una comida para todos los equipos en el polideportivo del C.P.I. Suárez Marquier.


Por quinto año consecutivo el campo de fútbol de A Mata acogerá el Torneo de Fútbol 8 Alevín y Benjamín U.D. Ribera – Concello de O Rosal, Memorial Iago Ameal Pereira.  

Participarán equipos de la zona como son: Alameda, Sporting Guardés, Colegio Hogar, Oiense, E.D. Val Miñor, Sárdoma o Ribera.

Será el cuarto año en el que se recuerde la figura del que fuera portero alevín del Ribera, Iago Ameal Pereira

La organización espera un ambiente festivo, animado y que sea una auténtica experiencia deportiva para los niños. También espera que predomine la deportividad entre los equipos, padres y aficionados.

La organización dispone de una página web para consultar normas, calendario, resultados de los partidos, grupos, fotos, etc:
   
Para que este evento se pueda realizar es importante la colaboración del U.D. Ribera, empresas y casas comerciales e instituciones como Deporte Galego, Diputación y Concello de O Rosal.

O Rosal acolle o 2, 3 e 4 de xullo un curso de música de Quinteto Rubato


O Auditorio Municipal do Rosal acollerá os días 2, 3 e 4 de xullo un curso de música a cargo do Quinteto Rubato, dirixido "a todos aqueles alumnos que están cursando estudos nas diferentes escolas de música ou conservatorios, independentemente do seu nivel".


Destacar entre os integrantes deste grupo, a presenza do músico rosaleiro Avelino Ferreira López, membro fundador.

Máis información, aquí.

21 jun 2015

Este domingo 21, III Concerto Coral Ecos do Verán no Auditorio do Rosal


Hoxe, domingo 21 de xuño (20:00 h), celebrarase no Auditorio Municipal do Rosal o III Concerto Coral Ecos do Verán, organizado polo coro rosaleiro "Ecos do Folón".

Participan a Coral Polifónica "Ventos do Val" (Petelos, Mos), a Coral Polifónica "Nautilus" (San Andrés de Comesaña, Vigo), e a anfitriona Coral Polifónica "Ecos do Folón" (Fornelos, O Rosal).

16 jun 2015

Os rosaleiros "Jose & Rosy" organizan o I Festival de Baile "O ROSALSA"


O Auditorio Municipal acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo o 1º Festival de Baile "O ROSALSA". 

Segundo nos contan Jose & Rosy -organizadores do evento co Concello do Rosal- realizaranse aparte, talleres de baile no Restaurante Juan.



Máis información en jo-rosal@hotmail.com

Nace "Ascenso", o novo programa deportivo online de Miño Films TV


Este venres 19 de xuño, ás 21:00 horas, emitirase en Youtube o primeiro programa de "Ascenso", a nova creación deportiva da produtora de O Rosal, Miño Films TV.



Segundo podemos ver na recén inaugurada páxina do programa en facebook, sairá á luz -entre outras noticias- unha novidosa entrevista ao piloto da vila, Gabriel Marcelli Carballido, tricampión de España de Trial.



¡Dende Noticias O Rosal, moita sorte nesta nova andaina deportiva!

3 jun 2015

O extremo rosaleiro Paulo Dacosta ficha polo Frigoríficos Cangas de ASOBAL


Informa: Andrés Senra // Atlético Novás

Paulo Dacosta, extremo rosaleiro de 25 anos, máximo goleador do Acanor Atlético Novás durante a liga regular (125 goles) abandonará o club no que leva dende os 7 anos.

A pasada semana Paulo comunicaba ao Novás a oferta dun Cangas que este ano finalizou 5º na Liga ASOBAL e que posiblemente dispute competición europea a próxima campaña. O Cangas seguiu os pasos oportunos coa nosa entidade para poder realizar a fichaxe, polo que o club non puxo trabas para a súa marcha.

Para Dacosta "es un tren que no sé si va a volver a pasar. Una gran oportunidad que me servirá como experiencia y para aprender. No la podía dejar escapar", aínda que tamén se vai coa espiña de non "haber ascendido con mi equipo. Pero están preparando un proyecto muy bonito y se lo merecen".

O hábil extremo, que pechou un contrato de 1+1 co Frigoríficos, terá ficha tamén no Luceros de Primeira Nacional.

Para a directiva do Acanor Novás é un orgullo que un novo xogador, forxado na canteira dispute a Liga ASOBAL. 

¡Noraboa, Paulo!

U.D. Ribera vs Real Club Celta de Vigo na final de Copa benxamín


Informa: U.D. Ribera

Este xoves 4 de xuño ás 19:00 horas no Estadio Municipal de A Mata, terá lugar a Final da Copa, categoría benxamín- entre a U.D. Ribera e o R.C. Celta de Vigo.

O equipo local, os benxamíns do Ribera, veñen de facer unha magnífica campaña na máxima categoría, quedando 5º clasificado e aventaxando en máis de 10 puntos a equipos de prestixio en deporte de base, como Val Miñor, Areosa, Coruxo ou Colegio Hogar. 

Conseguían o ascenso a pasada campaña e chegaron á final de Copa tras derrotar nas semifinais ao subcampión de Liga, o Santa Mariña. O Celta, pola súa parte, derrotou ao Colegio Hogar.

¡Dende Noticias O Rosal, moita sorte rapaces!

1 jun 2015

Podiums de María Correa (3ª en Padrón) e Zaida González (2ª en Cambre)


O pasado sábado 30 de maio o Club Ciclista O Rosal estivo presente en dúas probas, unha en Padrón disputando o Trofeo Sponsor, sendo a mellor actuación o terceiro posto conseguido pola cadete María Correa (arriba, á dereita da imaxe).


Xa de tarde, no XV Gran Premio Concello de Cambre, Zaida González acadaba un meritorio segundo posto na categoría júnior.

X Trofeo de ciclismo Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal


Informa: Ramón Villa / Club Ciclista O Rosal

O sábado 6 de xuño a partir das 17:00 horas celebrarase na Praza do Calvario a X edición do Trofeo Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal, que organiza o Club Ciclista da vila, "en colaboración coa propia Comunidade de Montes, Concello do Rosal, Conservas Vexetais A Rosaleira así como outras firmas que tamén aportan o seu grao de area".

Máis información na web do Club Ciclista O Rosal.