TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

3 jun. 2015

O extremo rosaleiro Paulo Dacosta ficha polo Frigoríficos Cangas de ASOBAL


Informa: Andrés Senra // Atlético Novás

Paulo Dacosta, extremo rosaleiro de 25 anos, máximo goleador do Acanor Atlético Novás durante a liga regular (125 goles) abandonará o club no que leva dende os 7 anos.

A pasada semana Paulo comunicaba ao Novás a oferta dun Cangas que este ano finalizou 5º na Liga ASOBAL e que posiblemente dispute competición europea a próxima campaña. O Cangas seguiu os pasos oportunos coa nosa entidade para poder realizar a fichaxe, polo que o club non puxo trabas para a súa marcha.

Para Dacosta "es un tren que no sé si va a volver a pasar. Una gran oportunidad que me servirá como experiencia y para aprender. No la podía dejar escapar", aínda que tamén se vai coa espiña de non "haber ascendido con mi equipo. Pero están preparando un proyecto muy bonito y se lo merecen".

O hábil extremo, que pechou un contrato de 1+1 co Frigoríficos, terá ficha tamén no Luceros de Primeira Nacional.

Para a directiva do Acanor Novás é un orgullo que un novo xogador, forxado na canteira dispute a Liga ASOBAL. 

¡Noraboa, Paulo!

0 comentarios:

Publicar un comentario