FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 jun. 2013

O AUDITORIO ACOLLE O "I CONCERTO ECOS DO VERÁN" ORGANIZADO POLO CORO ECOS DO FOLÓN (FORNELOS)


Hoxe, domingo 30 de xuño ás 19:30 horas, celébrase o I Concerto Ecos do Verán no Auditorio Municipal do Rosal.

Este evento musical está organizado polo Coro "Ecos do Folón", de Fornelos, e participarán o Coro Polifónico de Entenza (Salceda), o Orfeón "Asomamos" de Mos e o propio "Ecos do Folón".

O ROSAL CELEBRA AS FESTAS DO PILAR E DE SANTA ANA (DO 20 AO 27 DE XULLO)




O Rosal celebra as GRANDES FESTAS DO PILAR E DE SANTA ANA 2013 dende o 20 ao 27 de xullo.

O sábado 20, a partir das 21 horas terá lugar o XX Encontro dos Pobos no Auditorio Municipal, con desfile dende a Praza do Calvario. Actuarán os grupos: Reuzegam de Leuvem (Bélxica), Kud Klek Ogulin (Croacia) e Do Lusco ó Fusco (A Guarda).

FESTAS DO PILAR

O mércores 24, a partir das 22:30 horas, verbena amenizada polo Grupo A Oca, que interpretará o pasodobre "Vila do Rosal" e pola Orquestra Alegría.

O xoves 25 de xullo, ás 12 horas, Misa Solemne cantada pola Coral Ecos do Folón. Xa ás 21 horas, concerto da Banda da Agrupación Musical do Rosal na Praza do Calvario. A continuación, Karaoke Disco Show.


FESTA DE SANTA ANA

O venres 26, ás 12 horas, Misa na capela de Santa Ana. A continuación, actuará o grupo de gaitas Airiños do Folón. A partir das 21:00 horas, concerto de música folk cos grupos Xistra de Coruxo e Deixandar na Praza do Calvario.

O sábado 27, ás 22:30 horas, proxección da película O Apóstolo na Praza do Calvario (en caso de choiva proxectarase no Auditorio Municipal).

EXPOSICIÓNS

A Sala de Exposicións do Concello do Rosal acollerá diferentes mostras dende o 19 ao 28 de xullo.

Pintura do Grupo Impás
Esculturas de José Luis Rodríguez Correa
XX Mostra Numismática e Filatélica do Grupo "Val do Rosal".

Horario:
De luns a venres: de 11:00 a 13:30 horas
Sábados, domingos e festivos: de 11 a 13:30 e de 20 a 22 horas.


27 jun. 2013

ADRIÁN FREIRÍA, CUARTA FICHAXE DO MECALIA ATLÉTICO NOVÁS DO ROSAL

Segundo comunica o Mecalia Atlético Novás de balonmán, Adrián Freiría Lemos será a cuarta fichaxe do club rosaleiro (tras os confirmados xa dos irmáns Tsybanev e o porteiro Kevin García).

Adrián, que xoga de pivote e é natural de Mos, cubrirá o oco deixado por Marcos Colorado "que era una de las mayores preocupaciones del técnico Modesto Augusto".

A nova fichaxe procede do BM Porriño, sendo moi coñecido por Modesto, que lle deu os seus primeiros minutos e continuidade no equipo de Primeira Nacional.

    Adrián (nº 35) nun recente enfrontamento co Novás. (Foto: Mecalia Atl. Novás)

Segundo o Mecalia Atlético Novás, Adrián Freiría "destaca por ser un gran defensor y un buen atacante, además de tener un gran margen de mejora, ya que solo tiene 23 años".

CRUZ ROJA ENTREGA OS DIPLOMAS DO OBRADOIRO DE ESTIMULACIÓN DE MEMORIA E XIMNASIA DE MANTEMENTO


Entrega de diplomas a los 65 mayores participantes en los talleres de estimulación y memoria y gimnasia de mantenimiento organizados por Cruz Roja Baixo Miño

Informa: Cruz Roja Baixo Miño

El próximo 28 de junio a las 17:00h en el Centro Cultural de Oia entregaremos los diplomas del taller de estimulación de memoria y gimnasia de mantenimiento a un grupo de 35 mayores de Oia y Mougás.  Así mismo, el día 2 de julio a las 17.00 en el centro Cultural de A Guarda, realizaremos entrega de los diplomas a l@s  alumnos del taller de Alfabetización y Aula de estimulación de memoria, que Cruz Roja realiza en A Guarda.
Desde el año 2003, voluntarios y voluntarias de la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño desarrollan talleres de estimulación de memoria para personas mayores de 65 años.  Desde entonces, son muchas las personas que han participado en estos talleres con un alto nivel de satisfacción, tanto por parte de l@s usuari@s como por parte del equipo de voluntarios que desarrollan la actividad en los diferentes talleres que tenemos distribuidos en A Guarda y Oia. Prueba del éxito de estos tallares ha sido el incremento de personas asistentes a las actividades así como el aumento de talleres y grupos diferentes en la comarca.

Entre los objetivos del taller de estimulación de memoria y de gimnasia de mantenimiento se destacan potenciar la conservación de la capacidad y agilidad mental y física de los destinatarios, potenciando el mantenimiento de sus capacidades psíquicas y físicas, además de promover las relaciones interpersonales e intergeneracionales, mejorando, de esta forma su autoestima.
Con esta entrega de diplomas queremos reconocer el esfuerzo realizado por l@s  alumn@s y voluntari@s que participan en estos talleres. Durante este acto nos acompañarán el presidente comarcal de la Asamblea de Cruz Roja Baixo Miño, Ignacio Saa, y un representante del concello. Tras la entrega de diplomas se invitará a los asistentes a un tentempié que será el broche final del taller de estimulación de memoria y Gimnasia de mantenimiento hasta el próximo mes de octubre.

Este proyecto está enmarcado dentro de las actividades desarrolladas por la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño con personas mayores, tales como el taller de alfabetización, charlas de productos de apoyo, entrega de productos de ahorro energético, excursiones culturales y de convivencia, el programa de respiro familiar, ponte na onda, talleres de utilización del teléfono móvil, teleasistencia móvil, y el Taller de Teatro Leído…etc.. hasta la fecha han participado, en los diversos programas de personas mayores, más de 150 personas, actuaciones que no se podrían haber llevado a cabo sin la colaboración de l@s y voluntari@s de Cruz Roja.

26 jun. 2013

O MECALIA ATLÉTICO NOVÁS FICHA AO PORTEIRO KEVIN GARCÍA, DO CANGAS


(Foto: Balonmán Cangas)

O Mecalia Atlético Novás vén de comunicar a fichaxe do porteiro Kevin García -ata agora porteiro do Club Balonmán Cangas Frigoríficos Morrazo, da Asobal.

Segundo se afirma dende o club rosaleiro "Otro guardameta de Cangas será el que trate de hacer olvidar a Esteban (Pedrosa)". Kevin estivo as últimas cinco temporadas no equipo do Morrazo.

(Foto: Mecalia Atlético Novás)

O Novás, no seu comunicado resalta que "a pesar del interés del club que preside Manuel Camiña por mantenerlo, las facilidades de nuestro club en su vida laboral, así como el interés mostrado tanto por Modesto como por la directiva, lo han convencido".

Kevin García Abeledo que ten 30 anos e mide 1'88 m., xogou en equipos como o Ceuta, Cisne, Carballal ou mencionado Cangas e "será sin duda uno de los porteros referencia en la categoría, donde ya tiene experiencia".

25 jun. 2013

NOVOS PODIUMS PARA LUIS MÉNDEZ, YASIR MARTÍNEZ E MARIO FERNÁNDEZ



O Club Ciclista O Rosal consegue tres novos podiums no Trofeo Sponsor de Padrón, xa que en Principiantes Luis Méndez era segundo e Yasir Martínez, terceiro.


En categoría alevín, Mario Fernández rematou nun meritorio segundo posto.

Velaquí vos deixamos a reportaxe fotográfica deste evento deportivo.



21 jun. 2013

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XII ANDAINA DEPORTIVO-CULTURAL DO ROSAL, 2013



Xa se pode ver na web do Concello a reportaxe fotográfica realizada polo guía da XII Andaina do Rosal, que tivo lugar o pasado 15 de xuño por San Vicente, o Campo do Couto e o Monte Torroso.

O DECATLETA ROSALEIRO DAVID GÓMEZ DISPUTARÁ EN SUIZA A COPA DE EUROPA



Tal e como se anuncia na web do Real Club Celta de Atletismo, o rosaleiro David Gómez Martínez, dúas veces olímpico en decathlon (Atenas 2004 e Pekín 2008), vén de ser seleccionado por España para disputar a Copa de Europa de probas combinadas que terá lugar os vindeiros días 29 e 30 en Nottwill (Suiza).

Lémbrase dende o Celta que David foi segundo recentemente en Arona (Tenerife), con 7462 puntos, mellor marca española do ano e que onte "estaba entrenando en Balaídos, como todos los días, bajo la dirección de Jesús María Lence y éste dice, a pesar de sus molestias en el isquio derecho, que, por ejemplo, hará buena marca en lanzamiento de peso".


Destacan dende a páxina céltica que esta é unha boa competición para o noso recoñecido veciño xa que foi 3º en Superliga no 2005 e 2º en Primeira División no 2004 e o que se lle pide a David é que "complete bien las diez pruebas y nos depare un total que haga soñar con Moscú, cuya mínima de inscripción se eleva a los 8.000 puntos".

¡¡Dende Noticias O Rosal, noraboa David pola convocatoria e moita sorte por terras helvéticas!!

20 jun. 2013

DAVID LECHUGA E MANU MARTÍNEZ XOGAN ESTE SÁBADO 22 COA SELECCIÓN GALEGA DE BALONMÁN PRAIA EN GOIÁN (TOMIÑO)




A praia fluvial do Espazo Fortaleza en Goián (Tomiño) acollerá este sábado 22 de xuño V Torneo Ibérico Balonmán Praia, que enfrontará en varias categorías á Selección Galega e á Selección Portuguesa da Asoc. Aveiro.

Os rosaleiros David Lechuga e Manu Martínez foron convocados por Galicia, ao igual que Ramón Martínez, que será baixa finalmente, por lesión.

19 jun. 2013

ESTE VENRES 21 DE XUÑO COMEZAN OS XV XOGOS POPULARES DO ROSAL 2013


Este venres 21 de xuño dá comezo no Pavillón Municipal a XV edición dos Xogos Populares do Rosal. Velaquí vos deixamos os horarios das diferentes modalidades para esta fin de semana.



O AUDITORIO DO ROSAL ACOLLE O I CONCURSO XÓVENES INTÉRPRETES "ANTONIO GRANJA" O SÁBADO 29



O vindeiro sábado 29 de xuño a partir das 17:00 horas, a Agrupación Musical do Rosal que preside Iván Diego Martínez celebrará no Auditorio Municipal o I Concurso Xóvenes Intérpretes "Antonio Granja".

Listado de participantes:



Proximamente anunciarase o xurado deste certame.

17 jun. 2013

XOGADORES ROSALEIROS DE BALONMÁN, PROTAGONIZAN O MERCADO DE FICHAXES


Plantilla do Mecalia Atlético Novás 2012-13 

Dende Noticias O Rosal -a risco de quedarnos curtos, pero con toda boa intención- queremos facer un pequeno resumo/estudo de como se atopa o panorama balonmanístico relacionado co Mecalia Atlético Novás e os xogadores rosaleiros que pertencen ou pertenceron ao club da vila.

Para isto tomamos como referencia o activo perfil do Novás en facebook co incombustible Andrés Senra -entre outros- ao seu fronte, traballando incansablemente para que o deporte do balonmán alomenos, tamén teña un mínimo de eco na información deportiva comarcal e rexional.

Outra imaxe do primeiro equipo do Novás

Comezamos pois, lembrando que estamos en pleno período de fichaxes e renovacións, cos clubs mans á obra para "atar ou desatar".

Modesto Augusto continuará como técnico do primeiro equipo do Mecalia Atlético Novás. 


O mítico porteiro Esteban Pedrosa Pena confirma a súa retirada do balonmán.


O cancerbeiro de Fornelos, Xavi Díaz, renova unha tempada máis co Villa de Aranda, da Liga ASOBAL (máxima categoría do balonmán).

Os irmáns Tsybanev (Alex e Sergey), volven a O Rosal e xogarán no Mecalia Atlético Novás.

Manu Martínez e Marcos González cambian de aires

O primeira liña rosaleiro Manu Martínez e o asturiano Marcos González, deixan o Novás e fichan polo Academia Octavio.

César Armán. (Foto: Rafa Vázquez // Faro de Vigo)

Outro rosaleiro, o pivote Marcos Dorado, procedente de Lavadores,  convértese na primeira fichaxe do Teucro de Pontevedra. Aquí coincidirá con outro rosaleiro, César Armán, que vén de renovar.

Dani Cerqueira en acción (Foto: R. Ocaña III - Luigi - Balonmancangas.com)

O tamén rosaleiro Dani Cerqueira, pivote do Club Balonmán Cangas, da Liga ASOBAL, renova por dúas tempadas máis.

Destacamos dende Noticias O Rosal as convocatorias de novo pola Selección Galega de Balonmán de Xavi Díaz, Dani Cerqueira e Ramón Martínez (o capitán do Novás renunciou a xogar mentres non se recupere totalmente da súa lesión).

Lechu, Mon e Manu. (Foto: Mecalia Atlético Novás)

Igualmente, con Ramón (que, como dicimos, non arriscará), foron convocados Manu Martínez e David Lechuga para xogar a semana que vén coa Selección Galega de Balonmán Praia fronte a un combinado portugués en Tomiño.

Víctor Armán. (Foto: Juan Ramón O Rosal)

E, unha "fichaxe" que estamos seguros que dará que falar, será a volta "en serio" esta tempada do rosaleiro Víctor Armán tras a súa lesión.

(Continuará...)

P.D.: Se hai calquera erro ou para completar información nesta crónica ou noutras, por favor enviádenos un correo a noticiasorosal@hotmail.com



VITORIAS EN VIVEIRO (LUGO) PARA SARA ÁLVAREZ, LUIS MÉNDEZ E ZAIDA GONZÁLEZ


Luis Méndez consegue a súa segunda vitoria. (Foto: C.C. O Rosal)

O Club Ciclista O Rosal vén de informar na súa web dos fantásticos resultados que os seus integrantes conseguiron esta fin de semana en Viveiro (Lugo) no 30º Gran Premio Ciclista de San Roque. 

Sara Álvarez pousa co seu trofeo e ramo de flores. (Foto: C.C. O Rosal)

Vitoria para Sara Álvarez en categoría feminina principiante e para Luis Méndez, na masculina. 

Zaida González no máis alto do podium en Viveiro (Foto: C.C. O Rosal)

Igualmente, Zaida González vencía en categoría cadete. Destacar tamén o segundo posto de María Correa en infantís.

14 jun. 2013

O ROSAL PARTICIPA NA "23ª FESTA DO VINHO VERDE E DOS PRODUTOS REGIONAIS DE PONTE DE LIMA"




O Rosal participa na “23ª Festa do Vinho Verde e dos Produtos Regionais”, que se celebra esta fin de semana, do 14 ao 16 de xuño, no Parque de Exposiçôes da Expolima, en Ponte de Lima (Portugal).

Este evento está considerado como “um marco incontestável para a economía local e regional”, coa organización conxunta do “Município, Escola Profissional de Agricultura e Desenvolvimento Rural e a Escola Superior Agrária de Ponte de Lima”.

Por segundo ano consecutivo, o concello do Rosal terá un stand con material turístico (libros, guías, folletos, etc), de exposición e degustación –e non venda- de produtos da terra e de viño do Rosal.

A inauguración oficial será o venres 14 de xuño ás 18:00 horas portuguesas. Esta 23ª edición da Festa do Vinho Verde e Produtos Regionais de Ponte de Lima contará con animación musical (encontro de tunas, sesión de Dj’s, jazz, sons latinos…), concursos, exposicións ou mesmo un Festival de Folclore do Grupo de Danças e Cantares de Ponte de Lima.

Máis información en:

11 jun. 2013

ENTREVISTA AO ROSALEIRO SERAFÍN MARTÍNEZ ACEVEDO EN HOMECLARO.COM



Velaquí vos deixamos o enlace á entrevista que a web galega sociocultural e deportiva, de recente creación, Homeclaro, vén de realizarlle ao exciclista profesional rosaleiro Serafín Martínez Acevedo.

Nela faise un percorrido pola carreira deportiva e profundízase na vida e quefaceres na actualidade de Serafín. 

O noso veciño, en declaracións a Homeclaro afirma que, aínda que ten morriña de "pedalear" ao máis alto nivel "agora valora cousas que antes non se podía permitir, cousas tan simples como ir unha tarde á praia ou comer un churrasco os sábados".

Serafín converteuse nun activo emprendedor deportivo.

10 jun. 2013

O ROSALEIRO ÓSCAR VICENTE, VENCEDOR DA COPA DE EUROPA DE TRIATLÓN QUE SE CELEBROU EN CREMONA (ITALIA)



Segundo se pode ler na páxina web HOMECLARO, o deportista rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez, ven de conseguir onte, 9 de xuño, facerse coa medalla de ouro na Copa de Europa de Triatlón ITU que se celebrou en Cremona (Italia). 

Un novo éxito de Óscar, tras gañar a pasada fin de semana en Madrid o World Triathlon Promaster 2013.

¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa, Óscar!!

7 jun. 2013

NIKOLAI TSYBANEV, CONVOCADO POLA SELECCIÓN RUSA DE VETERÁNS (+45)




O Mecalia Atlético Novás no seu perfil oficial de facebook informa de que Nikolai Tsybanev "uno de los mejores jugadores que han pasado por O Rosal y padre de los flamantes fichajes (Alex e Sergey), vuelve a ser convocado con la selección de + 45 (anos) para el European Masters Handball Championship, que se disputará en la localidad italiana de Besanonne los próximos 14, 15 y 16 de este mes".

Lembran dende o Novás que "la selección rusa es la vigente campeona de este torneo, que el año pasado albergó Ljuvalina, y en la que fue partícipe nuestro ex entrenador Viktor Tchikovlaev.

Foto: Mecalia Atlético Novás


El resto de equipos participantes son: Budapest Old Boys (Hungría), SC Legion XXI (Ucrania), Hort SE (Hungría), Vienna Masters (Austria), HC Viimsi (Estonia), Kolding IF (Dinamarca), Roma Handball (Italia), MAFC Old Boys (Hungría), Silesia Polska (Polonia), Italia Master Team (Italia), CAT +45 (España) y Brno (Rep. Checa)".

Sumámonos dende Noticias O Rosal á arenga do Novás:

"¡ENHORABUENA NIKO Y MUCHA SUERTE, A REPETIR TÍTULO!"

XII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO. SAN VICENTE DE MARZÁN-CAMPO DO COUTO-MONTE TORROSO



Hoxe, sábado 15 de xuño, celebrarase a XII Andaina O Rosal. Coñece o teu concello 2013. O punto de encontro e partida da ruta será as inmediacións da capela de San Vicente en Marzán, ás 16:00 horas cun percorrido de aproximadamente 10 km.

Alí se poderán admirar en primeiro lugar os dous sepulcros visigóticos antropomorfos, datados nos séculos V-VI.

Marzán é unha das xuradías máis ricas en material arqueolóxico, xa prehistórico, xa histórico e calcúlase que a ermida de San Vicente veu a santificar algún primitivo “santuario pagán”.

Xa nos séculos VI e VII, houbo alí un centro ou templo cristián. A capela xa se atopa mencionada no século XIV. Alí preto produciuse un dos grandes achádegos máis importantes do municipio: un ara romana con inscrición, dedicada á deidade Mercurio.

Os participantes poderán visitar igualmente, a Cruz de Peitoril, o Campo do Couto e a zona da Campá, o Torroso, etc, cunhas impresionantes vistas cara a costa do Rosal e A Guarda, ademais de coñecer os diferentes petróglifos e muíños hidráulicos da zona.

Para apuntarse a esta XII Andaina -a inscrición é gratuíta- e para máis información, poden achegarse ata o Concello do Rosal ou chamar ao seu teléfono: 986 62 50 00.


6 jun. 2013

NOTICIAS O ROSAL É UNHA PÁXINA WEB CULTURAL, INDEPENDENTE E APOLÍTICA



NOTICIAS O ROSAL é unha web CULTURAL, INDEPENDENTE e APOLÍTICA. Repetímolo por enésima vez, xa que, con todos os respectos, hai quen aínda non se enterou ou non quere enterarse.

Non aceptamos nin aceptaremos, en 5 anos que levamos en Internet, coaccións nin presións por parte de ningún colectivo, persoa ou institución.

Nós eliximos os temas da nosa web (culturais, deportivos e de lecer). Que quede moi claro que ninguén nos dicta nin dictará xamais o que temos que facer. 

Boas tardes e graciñas aos nosos fieis lectores e lectoras.

O Rosal, 6 de xuño de 2013.


5 jun. 2013

A XXII EDICIÓN DO TROFEO PISTA AS FAIAS, ESTE SÁBADO 8 DE XUÑO EN TABAGÓN



Este sábado 8 de xuño a partir das 17:00 horas, terá lugar a XXII edición do Trofeo Pista As Faias en San Xoán de Tabagón, organizado polo Club Ciclista O Rosal.

Competirán rapaces e rapazas de tres categorías: benxamíns, alevíns e infantís.

Máis información na web do Club Ciclista O Rosal.

O ROSALEIRO DE MARZÁN, DIEGO BELLO DE LA SANTÍSIMA TRINIDAD, GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTEIS DA FEIRA DO VIÑO


Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello: "O rosaleiro Diego Bello de la Santísima Trinidad, de Marzán, gañador do Concurso de Carteis da Feira do Viño 2013".

A XXI edición da Feira do Viño do Rosal, tal e como reza o cartel, se celebrará os días 19, 20 e 21 de xullo. 

4 jun. 2013

ESTE DOMINGO NO AUDITORIO, CONCERTO 27 ANIVERSARIO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL-HOMENAXE A NEMESIO CASTRO




Informa: Agrupación Musical do Rosal

Agrupación Musical do Rosal celebra este domingo día 9 de xuño ás 20,00 h. no Auditorio do Rosal o seu 27 aniversario.


Para a ocasión a banda de música e a coral ofreceran ó publico o seguinte programa con obras de diversos estilos e contarán coa colaboración da soprano Toñi Santos Vaquero: 

·        Rienzi, obertura de Richard Wagner
·        Resplendet Glory de Rossano Galante
·        El Fantasma de Ópera de Andrew Lloyd Webber, arr. Johan de Meij
·        Memory do musical "Cats" de Andrew Lloyd Webber, arr. Johan de Meij
          Solista, Toñi Santos Vaquero, soprano
·        Coro de Esclavos de "Nabucco" de Giuseppe Verdi
·        Mazurka de las sombrillas de "Luisa Fernanda" - Federico Moreno Torroba
·        Donde estarán nuestros mozos de "La Soto del Parral" de R. Soutullo y J. Vert
          Conxuntamente coa Coral da Agrupación Musical do Rosal
  
Durante o acto realizarase unha homenaxe a Nemesio Castro, unha persoa moi carismática e querida dentro da agrupación que foi membro da xunta directiva durante moitos anos e acompañou á banda na meirande parte das súas actuacións.

DÍA DE CONVIVENCIA NO URGAL DA BASE DO ATLÉTICO NOVÁS DE BALONMÁN


Un momento da convivencia do pasado ano 2012

Informa: Aurora Lomba Álvarez / Atlético Novás

Como anos anteriores, o vindeiro domingo 16 de xuño faremos o día de convivencia no río Urgal.

Teredes que levar comida e bebida. Ademais, o que quiera comer en mesa tamén deberá levala. 

Igualmente, se o tempo no lo permite, levade tamén bañador e toalla.



E lembrade que podedes levar a quen queirades (pais, nais, avós e avoas, mozos/as, e un largo etc...)

Graciñas!! 

Para máis información chamade ao teléfono: 627 790 435.

3 jun. 2013

O DECATLETA ROSALEIRO DAVID GÓMEZ, SEGUNDO NO III MEETING INTERNACIONAL DE ARONA (SANTA CRUZ DE TENERIFE)



O rosaleiro David Gómez Martínez vén de rematar subcampión en decatlón no prestixioso III Meeting Internacional de Arona (Santa Cruz de Tenerife).

Segundo se pode ler na reseña de G. Reyes (Faro de Vigo), David  (7462 puntos) rematou en segundo lugar tras o belga Niels Pittmovils (7604 puntos) e por diante de Martin Brockman (Gran Bretaña, 7331 puntos).

¡¡Dende Noticias O Rosal, noraboa David!!

2 jun. 2013

O ROSALEIRO ÓSCAR VICENTE, GAÑADOR DO WORLD TRIATHLON PROMASTER 2013 QUE SE CELEBROU ONTE EN MADRID


Óscar, no máis alto do podium. (Foto: Yeray Menéndez / B Dream)

O rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez foi o vencedor do World Triathlon Promaster 2013 que se celebrou onte, 2 de xuño, na Casa de Campo de Madrid. 

Óscar co tamén rosaleiro Diego Álvarez, onte en Madrid. (Foto: Patricia Farias)

Tal e como se pode ler na crónica realizada por Alberto Montenegro na páxina oficial da Federación Española de Triatlón, o noso veciño entrou na liña de meta, tras unha gran carreira, por diante de Miguel Ángel Fidalgo e Pablo Dapena.

¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa Óscar!! 

PRIMEIRA VITORIA DE LUIS MÉNDEZ NO I TROFEO CONCELLO DE DUMBRÍA


Luis gañou a súa primeira proba como ciclista (Foto: C.C. O Rosal)

Chegou este sábado 1 de xuño no I Trofeo Concello de Dumbría (A Coruña) a primeira vitoria do principiante rosaleiro Luis Méndez co Club Ciclista O Rosal.

Igualmente Irea Villa e Zaida González facíanse co terceiro posto nas súas respectivas categorías, con boas actuacións de Mario Fernández, Manuel Dorna, Elsa e Claudia Portela.

Zaida, Luis e Irea pousan con Ezequiel Mosquera (Foto: C.C. O Rosal)

Entregou os premios desta competición o exciclista profesional Ezequiel Mosquera Míguez.

Como sempre, podedes ler a crónica completa e a reportaxe fotográfica na web do Club Ciclista O Rosal.