TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

9 sept 2010

RUMBA DE TOMIÑO, DA AUTORÍA DE BERTA CASTRO


Estamos en tempos das Festas do Alivio (as festas grandes de Tomiño), e eu aínda que son rosaleira de nacemento, levo 8 anos sendo tomiñesa de adopción. Gustaríame adicar a esta terra unhas letras que escribín formando un canto de desafío para as que tomei como base as notas musicais da tan coñecida "rumba de Tomiño".

É Tomiño unha terra musicalmente coñecida polas súas treboadas, quizais por atoparse preto do Norte de Portugal ou por motivos diversos que están facendo que investigadores musicais veñan ata esta terra (e en concreto ata a parroquia na que vivo, Estás) para informarse da súa orixe, aprender técnicas para tocar os bombos con dúas mazas, recoller ritmos propios da zona...), e que os rapaces e rapazas tomiñesas se incorporen en novas agrupacións deste tipo para recuperar algo propio, facendo que aínda hoxe en día en calquera festa tomiñesa sexa habitual escoitar unha treboada percorrendo as rúas interpretando un amplio repertorio propio da zona... entre a que se atopa A RUMBA DE TOMIÑO.

Rumba de Tomiño
Letra: Berta Castro González

Música: Tradicional das treboadas tomiñesas
(canto de desafío)


HOMES:
Eu quero que ti me queiras
eu quero o teu querer
eu quero que ti me queiras
i eu quérote a ti muller.

MULLERES:
Pois eu aínda estou pensando
se che dar o meu amor
porque aghora todo é ledo
e logho xa ven o peor.


TODOS:
Pois así é o amor,
moi difícil de entender
aínda hoxe te namoro,
e mañán non te quero ver. (Todo bis)

0 comentarios:

Publicar un comentario