TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

21 nov 2011

O BAR RESTAURANTE PARADELA premia a FUSIÓN, equipo feminino de futbolín



O pasado venres 18 de novembro, Luisa Fernández Álvarez e Rebeca Rodríguez Rodríguez, integrantes do equipo "FUSIÓN", oitavas clasificadas no II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal, foron premiadas cunha fantástica cea no BAR RESTAURANTE PARADELA* (San Xoán de Tabagón) cortesía do seu propietario, Delmiro Pereira Barros.


Ata alí se achegaron tamén Rubén Santos Paz e Sergio Casal Fernández, secretario e vicepresidente -respectivamente- da Asociación Os Cabaqueiros do Futbolín, coorganizadora do "Feminino Noticias O Rosal".

*O BAR RESTAURANTE PARADELA está emprazado en San Xoán de Tabagón, na estrada que vai ás Eiras. Para máis información sobre o seu servizo, os seus menús, comidas e ceas, podedes contactar sen compromiso no teléfono 986 611488 e no 671 289 570.

¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa gratitude Miro!!

0 comentarios:

Publicar un comentario