Informa: Xosé Carlos G. Blanco / San Xerome
O vindeiro venres 25 de novembro o Centro San Xerome Emiliani en colaboración co Instituto da Sangriña vai celebrar o derradeiro acto do proxecto de democracia participativa que comezou o pasado 1 de decembro do 2010.
Este acto consiste nun concerto do grupo XEROCK do Centro San Xerome Emiliani e o grupo The Runaways composto por mozos de A Guarda. Con este concerto pretendemos celebrar un encontro da xuventude guardesa na que se coñeza cal foi o itinerario pola democracia levado por un grupo de oito mozos do Centro San Xerome Emiliani e Avelaíña e por outros oito de Vilafranca de Xira en Portugal.
Pretendemos dar a coñecer tamén que Europa non é so unha entidade política económica senón que dende programas como o de Juventud en Acción tamén se apoia iniciativas de mozos en aras da súa participación, formación e achegamento ata a democracia. A música sempre está unida á xuventude e con este concerto e a golpe de Rock, pretendemos achegar a Unión Europea aos mozos de A Guarda.
O concerto terá lugar ás 12:30 h., no Salón de Actos do Instituto de A Sangriña.
Durante a actividade imos a proxectar algúns dos momentos que protagonizaron o grupo de Democracia Participativa no seu itinerario pola democracia, dende a visita ao Concello da Guarda, á Xunta de Galicia, ao Ministerio de Sanidade, Política Social e de Igualdade ata chegar á Comisión Europea en Bruselas, pasando polos Parlamentos, autonómico, nacional e o europeo. Toda esta viaxe remata compartindo eses momentos cos nosos compañeiros e compañeiras coa banda sonora de fondo dos músicos de Xerock e The Runaways.
0 comentarios:
Publicar un comentario