TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

28 nov 2011

ESTE XOVES, NA TAPERÍA PANDEMILLO DE TOMIÑO, CELEBRARASE UNHA CATA DE VIÑOS GALEGOS CON MARIDAXE



O próximo xoves día 1 de decembro terá lugar na Tapería Pandemillo de Tomiño unha Cata de Viños Galegos con Maridaxe coa colaboración da Asociación Galega de Viticultura (AGV), a cal ven realizando por todo o país catas de viño para poder ensinar aos consumidores dos viños galegos.


“Temos que borrar esa etiqueta de que non temos viños á altura de Rioja ou Ribera del Duero, nós non temos que envexar nada a esas zoas, temos viños que están a esa altura ou superiores” coméntanos Jorge Cardoso Mariño, coordinador da AGV no Baixo Miño.

“O por que de facelo en Tomiño é porque este concello ten unha gran cultura de viños e de viticultura. David, Marcos e Susana, os tres irmáns que rexentan a Tapería Pandemillo, apostan polos viños e produtos galegos” palabras do coordinador da AGV, que insiste en levalo por todo o país.




D.O. RÍAS BAIXAS

• GRAN NOVÁS (Albariño)

• ALBANTA (Albariño)

• ALTOS DE TORONA (Rosal)

• QUINTA DE COUSELO (Rosal)

D.O. RIBEIRA SACRA

• REGINA VIARUM

• CASA MOURE

D.O. MONTERREI

• ALMA DE TINTO

• SOUTO DO REI

O evento será conducido polo sumillier Nacho Costoya, Campión de España 2010 no concurso de xefes de sala-metre realizado no I.F.E.M.A. de Madrid, no que se catarán catro viños brancos e catro viños tintos de denominación de orixe galegas, que se maridarán con polbo, bacallau, carrilleiras de porco e zamburiñas, entre outras cousas.

O prezo para asistir a este evento será de 25€ por persoa e pódense anotar chamando ao teléfono 673 935 350.

0 comentarios:

Publicar un comentario