TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 nov 2011

EXPOSICIÓN NA GUARDA DO OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA DO PROXECTO EUROPEO COMENIUS REGIO. 3-10 DE DECEMBRO



Xosé Carlos G. Blanco / San Xerome

O obradoiro iniciouse o pasado mes de outubro, e nel interveñen un total de 15 alumnos dos diferentes Centros do Baixo Miño participantes no Proxecto europeo Comenius Regio.

1. “Asociación Avelaíña” (axuda a persoas con problemas de saúde mental)

2. “Asociación San Xerome Emiliani” (atención a persoas con discapacidade intelectual)

3. “CEIP A Sangriña” (Colexio de Primaria)

4. “IES A Sangriña” (Instituto de Secundaria, Bacharelato e Ciclos formativos)
 
Ao longo das 12 sesións que durou o Obradoiro, a especialista Inés Montenegro* traballou aspectos como: explicacións teóricas, visionado de imaxes e técnicas fotográficas, de cara a sacar o maior proveito posible a cámara. Ter en conta a luz e a cor, a contar unha historia a través da fotografía, a reflexionar antes de premer o disparador…

A exposición “Capacidade/Discapacidade”, resultado deste obradoiro, poderá visitarse na Casa dos Alonso (Praza do Reló de A Guarda), a partir do sábado día 3, ata o 10 de decembro, no seguinte horario:

Mañás de 11,30 a 13 h.

Tardes de 17,30 a 20 h.

O sábado e os días 6 e 8 de decembro (festivos), horario só de mañá: 11,30 – 13 h.

Colabora o Concello de A Guarda.

*Inés Montenegro é fotógrafa oficial da ONG “Imagen en acción”. Ten impartido obradoiros de fotografía e formación fotográfica en varios centros educativos. As súas fotografías poden verse na web: www.inesmontenegro.com 

0 comentarios:

Publicar un comentario