FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 ene 2010

Capela de San Vicente e sepulcros en Marzán

Hai uns días -e coincidindo coas Festas de San Vicente- recibimos na nosa redacción un correo dunha asidua lectora de Noticias O Rosal que nos preguntaba sobre a procedencia, datas e un pouquiño de historia da capela e sepulcros que se atopan nas inmediacións do torreiro de festas. Contestándolle, apro-
veitamos para que esta información sexa tamén de dominio público. Segundo as nosas investigacións, a capela de San Vicente, patrón da xuradía de Marzán, data historicamente do século XIV. Emprázase na Granxa do mesmo nome, que pertenceu ao Mosteiro de Santa María de Oia. Entre os valores patrimoniais histórico-arqueolóxicos atópan-
se ademais da cruz antefixa, unha ara romana epigráfica dedicada a Mercurio (hoxe no Museo Diocesano de Tui) e dous sepulcros antropomorfos. Pola súa orientación ao Leste (sol nacente=símbolo de Cristo), por tanto de signo cristián, datan dos séculos V-VI, en plena época visigótica. Estes dous sarcófagos (home e muller), pertenceron aos patróns do poboado cristián que no Concilio II de Braga, no 572, se menciona na Diócese de Tui, como parroquia denominada: Marciliana (Marciana, Marzán).
Para unha información máis completa e detallada podedes contactar con nós no correo noticiasorosal@hotmail.com ou consultar o noso traballo "Aportación ao estudo da identificación, antigüidade e cristianización das primeiras parroquias da sede episcopal de Tui citadas no II Concilio de Braga no 572", Castellum Tyde. Revista do Instituto de Estudios Tudenses, Ed. I.E.T., páxs. 76-80, Tui (2008).

28 ene 2010

Haití. Concerto Solidario no Auditorio do Rosal

O domingo 21 de febreiro ás 18:00 horas terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal un Concerto Solidario por Haití. Este acto está organizado pola Agrupación Musical do Rosal en colaboración coa Asemblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño, o Concello do Rosal e a empresa Hidromiño.
Actuacións:
Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal
Coral da Agrupación Musical do Rosal
Coro infantil da Agrupación
O prezo da entrada será unha pequena axuda de 3 euros.

O sábado, novo contacontos de Sabine Pfister

A Biblioteca Municipal do Rosal acollerá este sábado 30 de xaneiro, ás 12 da mañá, un novo contacontos de Sabine Pfister dentro das actividades que organiza a concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo. Segundo fontes dese departamento un dos grandes obxectivos que se persegue con este tipo de actos é o fomento e a animación á lectura dos máis pequenos.

27 ene 2010

Novos cursos de Cruz Roja Baixo Miño

Dende a Asemblea de Cruz Roja Baixo Miño informan da primeira convocatoria formativa do 2010, co curso "Cambios posturais" para o coidado de persoas dependentes. Este curso está enmarcado dentro das accións formativas de interese socio-sanitario de Cruz Roja e está dirixido a persoas maiores de 16 anos que estean interesadas en adquirir as habilidades e coñecementos necesarios para a movilización e coidados especiais que requiren as persoas dependentes. Así mesmo convocan un Obradoiro de Búsqueda Activa de Emprego que se desenrolará os días 22 e 23 de febreiro. Para máis información facede clic aquí.

26 ene 2010

O venres, "Acto pola Paz" na Praza do Calvario

A directiva da ANPA do CPI Manuel Suárez Marquier convida a toda a comunidade educativa (alumnos/as, nais/pais, profesores/as) así como a toda persoa que o desexe, a participar nunha velada na véspera do DÍA INTERNACIONAL DA PAZ. A cita será este venres 29 de xaneiro a partir das 20:30 horas na Praza do Calvario. Cada persoa deberá levar unha vela para dispoñela no chan sobre un debuxo de gran tamaño dunha Pomba da Paz. Dicir que a vela tense que soster de pé de forma doada (cunhas dimensións aproximadas de 5 cm de base e altura, nin moi pequena nin excesivamente alta ou grande). Neste acto leranse textos escritos polos alumnos do CPI preparados cos profesores, para o día da Paz. Haberá un minuto de silencio por todas as vítimas de conflitos armados e houtro en homenaxe ás vítimas do terremoto de Haití. En caso de choiva o acto quedaría anulado.

Curso no Rosal da Asociación contra o Cancro

Os días 24 e 25 de febreiro celebrarase no Centro Social Polivalente o “Curso de Formación de Voluntariado en Cuidados Paliativos”, que está organizado pola Asociación Española contra el Cáncer (AECC) e conta coa colaboración da Fundación “La Caixa” e o Concello do Rosal. Baixo o lema “Todos contra el cáncer. Hazte voluntario. Necesitamos tu ayuda”, este curso impartirase co seguinte programa:

Mércores 24 de febreiro10:00 a 10:30 horas: Presentación da Asociación Española contra el Cáncer.
10:30 a 11:30 horas: Coñecementos xerais sobre o cancro.
11:30 a 12:00 horas: Café.
12:00 a 13:30 horas: Habilidades sociais e de comunicación.

16:30 a 18:00 horas: Sintomatoloxía do enfermo oncolóxico en fase terminal.
18:00 a 18:30 horas: Café.
18:30 a 19:30 horas: Sintomatoloxía psicolóxica.

Xoves 25 de febreiro
10:00 a 11:30 horas: Aspecto Social.
11:30 a 12:00 horas: Café.
12:00 a 13:30 horas: Dimensión espiritual e duelo.

16:30 a 18:30 horas: Obradoiro práctico de voluntariado en coidados paliativos.

A data límite de inscricións será o luns 23 de febreiro e poden realizarse nos teléfonos 986 865 520 ou no 647 670 121. Así mesmo mediante fax: 986 852 597 e tamén no e-mail: pontevedra@aecc.es.

19 ene 2010

Obradoiro de Emprego "Ponte do Tamuxe" (O Rosal)

Recentemente tivo lugar o acto de clausura e entrega de diplomas do Obradoiro de Emprego “Ponte do Tamuxe” do concello do Rosal, que se desenrolou dende o 29 de decembro de 2008 ata o 28 de decembro do pasado ano 2009. Visitando o remate das obras estivo o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, acompañado do alcalde rosaleiro Jesús Mª Fernández Portela, a directora do obradoiro, Paloma Lambás Cid, os monitores Ricardo Martínez Martínez e Joaquín Pedre Vázquez, así como os propios alumnos do “Ponte do Tamuxe” que ao final deste percorrido asistiron no Auditorio Municipal á entrega dos seus correspondentes diplomas.O módulo de albanelería contemplou todas as tarefas necesarias para a reconstrución e posta en funcionamento do Lavadoiro de Portecelo; reparación e limpeza do tellado da Escola Unitaria de Sanxián, rexuntouse a pedra, construíuse un baño, fíxose unha rampla para minusválidos e acometeuse a reconstrución do muro do peche. Así mesmo realizouse unha adecuación ambiental do contorno do río Tamuxe que consistiu en ramplas, escaleiras, empedrados, muros de contención, muros de mampostos, un miradoiro ou a delimitación con bordiño do percorrido do parque.

Entre outras actuacións o módulo de traballo forestal e xardinería desbrozou o contorno do Lavadoiro de Portecelo, co seu correspondente movemento de terras, limpeza do foso, sementeira e zonas axardinadas; na Escola Unitaria de Sanxián houbo tamén desbroce e limpeza da área así como axardinamento do seu patio interior. Con respecto á adecuación do contorno do río Tamuxe procedeuse á tala de árbores, movemento de terras e desbroce do terreo. Levouse a cabo a construción e reconstrución de muros de mampostos dividindo as áreas. Construción dun sendeiro en madeira tratada, xabre e empedrado e a posterior construción dunha área de aparcadoiro e axardinamento da mesma. Fixéronse tamén xardíns no parque biosaudable.

MÓDULO DE ALBANELERÍA

·Monitor: Ricardo Martínez Martínez

·Alumnado:
Ana Mª Barros Videira
Mª Rosa Correa Pereira
José Mª Domínguez da Silva
Silvina Ferreira da Costa
Sonia Gómez Martínez
Consuelo González Gómez
Mª Belén González Martínez
Mª Celeste González Rodríguez
N. Begoña López Martínez
Mª del Carmen Martínez Diego
Mª Purificación Míguez Silva
Ángel Rodríguez Novás

MÓDULO DE FORESTAL-XARDINERÍA

·Monitor: Joaquín Pedre Vázquez

·Alumnado:
Belén Alonso Fernánez
Mª Asunción Barbosa Pereira
Ana Celia Calzado Santos
Anabela Carbalho Mota
Mª Consuelo Estévez Rodríguez
Elvira Ferreira Pérez
Elvira Gómez Domínguez
Luisa Gómez Martínez
Marina González Domíngues
Carminda Jesús Pereira de Freitas
América Pimentel Álvarez
Julia Posada Martínez
Mª del Pilar Rodríguez Alonso
Alicia Mª Uris Barbosa
Mª Mercedes Vicente Rodríguez
Para ver a reportaxe fotográfica completa facede clic aquí.

18 ene 2010

Os pilotos do Rosal, José Rodríguez e Óscar Fernández

Os dous pilotos rosaleiros pousando co seu Opel Corsa GSI

Fotografías para Noticias O Rosal xentileza de Roberto Valladares, coordinador da páxina web Fotosvideosderali. O pasado sábado 16 de xaneiro tivo lugar en Fafe (Braga-Portugal) -e organizado polo Clube Demoporto, Clube de Desportos Motorizados do Porto- o Rally de Montelongo, primeira proba da tempada no país veciño pertencente ao Campeonato Regional Ralis Norte dentro do Open de Ralis 2010 da Federaçao Portuguesa de Automobilismo e Karting (FPAK). Neste evento do motor, no que estiveron presentes máis de sesenta equipos -e entre eles moitos do sur de Galicia- participaron José Rodríguez e o seu copiloto Óscar Fernández, pai e fillo, de San Xoán de Tabagón. Estes dous rosaleiros baixo a Escudería Rías Baixas disputaron o rally a bordo dun Opel Corsa GSI, contando co patrocinio de Autos Rolan, Peluquería Rosi (Tabagón), Recambios La Guardia e Fontanería Jesús Eiras, nunha competición que finalmente gañaron os portugueses Manuel Coutinho e Manuel Babo ao volante dun Mitsubishi EVO VI. Os primeiros españois clasificados foron Óscar Mouriño e Juan José Sánchez (17º na xeral) cun Citroën Saxo VTS 16v. Facede clic sobre as imaxes para amplialas.

17 ene 2010

Nova tempada de Serafín Martínez Acevedo co Xacobeo

Serafín, terceiro de pé, xunto a algúns dos seus compañeiros (X.G.)

Serafín Martínez Acevedo, ciclista profesional rosaleiro pertencente ao equipo Xacobeo Galicia, vén de realizar xunto aos seus compañeiros a concentración previa en Mondariz para comezar neste ano 2010 a súa cuarta aventura no mundo da elite do ciclismo. Tal e como anuncia hoxe no seu blog, volverá á carga coas súas crónicas máis íntimas e persoais dende o interior do pelotón.

13 ene 2010

O Camiño Portugués da Costa, en breve

En próximas datas publicaremos a nosa reportaxe completa da peregrinación simbólica que se realizou en cinco etapas polo Camiño Portugués da Costa, do que forma parte O Rosal.

11 ene 2010

Festas na honra da Virxe da Saúde e San Brais

As festas na honra da Virxe da Saúde e San Brais terán lugar os días 2-3 e 6-7 de febreiro en San Xoán de Tabagón. O venres 5, sobre as 13:00 horas, gran tirada de "fuego graneado" para xa ás 18 h, asistir á Subida do Artístico Arco nun animado ambiente tradicional. Ao día seguinte, sábado 6, e ás 11 da mañá, fará entrada o grupo de baile Do Lusco ó Fusco. Pola noite, actuarán as osquestras Suavecito e Samba. O domingo ao mencer, tirada de bombas de palenque. Ás 11 da mañá fará a súa entrada a banda de música da Agrupación Musical do Rosal. Pola tarde, hinchables para os nenos e chocolate gratis para todos, amenizando a festa xa de noite, un grupo musical, poñendo o broche final a esta celebración unha gran tirada de bombas. Así mesmo tamén vos deixamos aquí os actos relixiosos que se levarán a cabo na honra da Virxe da Saúde e San Brais.

Marzán. Festas na honra de San Vicente, 2010

Os días 17, 22, 23 e 24 de xaneiro celebraranse as festas na honra de San Vicente. O domingo 17, a partir das 9 horas da mañá, un grupo de gaitas percorrerá a xuradía de Marzán. O venres 22, ás 11:30 h, Misa na honra de San Vicente. A partir das 6 da tarde, Gran zorzada e chouriza-
da, acompañada polo son musical Electrosil. Ao día seguinte, sábado e sobre as 5 da tarde, Gran "Callada casei-
ra". A partir das 8, verbena a cargo do grupo A Lareira, da Guarda e Deixandar, do Rosal. O último día, o domingo 24 de xaneiro, sobre as 8 da mañá, unha salva de bombas anunciará o comezo do día grande. Ás 11:30 h, Santa Misa na honra de San Vicente, con Sermón e Procesión, cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal, para xa de seguido, comezar a subhasta de produtos típicos. Dende a comisión de festas anuncian que o recinto estará cuberto.

10 ene 2010

Os Reis Magos de Oriente tamén estiveron no Rosal

O martes 5 de xaneiro os Reis Magos de Oriente foron recibidos na Praza do Calvario polo alcalde Jesús Mª Fernández Portela, a concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo, así como polo seu “contacto eterno” José Martínez González (Pepe Berdeal) un dos grandes impulsores da Cabalgata e amigo persoal dos Reis. Jorge, o condutor do minibus do Concello, foi o encargado de transportar xa de mañá ás Súas Maxestades por todo O Rosal, facendo na gardería de Pías ou no Convento das HH. Carmelitas da Bouzada unhas simpáticas e emotivas paradas. Máis de 50 quilómetros para percorrer todas as parroquias rosaleiras transmitindo unha mensaxe de paz, ledicia e ilusión a pequenos e maiores. Mentres, no Calvario, a compañía teatral “Os Sete Magníficos +1” presentaban o espectáculo “Dous paiasos en apuros”, que fixeron as delicias do público, ata que ás 17:30 horas chegaban de novo á Praza os Reis Magos. Libros adecuados para as idades dos nenos e nenas así como bolsas de lambetadas foron os obsequios elixidos polas SS. MM para recibir e agasallar aos máis pequenos, que un tras un ían facendo as súas peticións e por suposto comentando que se portaran moi, pero que moi ben durante todo o ano. O Concello do Rosal para agradecer a presenza dos Reis Magos e do público en xeral nesta data festiva, obsequiou a todo o mundo cunha gran chocolatada final.

5 ene 2010

O arco de Tabagón estará dedicado ao Xacobeo

Velaquí vos deixamos o plano deste ano 2010 do Artístico Arco de Tabagón, tamén chamado "maio", quizais en lembranza da diosa "Maya" coincidindo coa chegada da primavera. Na actualidade e dende principios do século XIX levántase para conmemorar as festas relixiosas na honra da Nosa Señora da Saúde e San Brais. Nas últimas décadas vén sendo autor do seu deseño o colaborador e debuxante tabagonés Ángel Pérez, que cada ano é o encargado de que o artístico arco sexa diferente e novidoso. Moitos destes "maios" aluden a un acontecemento ou conmemoración de carácter universal. Precisamente este ano está dedicado como "homenaxe ao Xacobeo 2010, ao Camiño Portugués da Costa e aos dous integrantes rosaleiros do equipo ciclista do Xacobeo Galicia (o corredor Serafín Martínez Acevedo e o masaxista Roberto Portela Vieira)". Este tipo de arco-maio é algo único non só no Baixo Miño senón aínda en toda a provincia de Pontevedra.

3 ene 2010

Os Reis Magos visitan o CPI Manuel Suárez Marquier


Os Reis Magos de Oriente (Gaspar, Melchor e Baltasar) -previo contacto con representantes do Concello do Rosal- visitaron aos rapaces e rapazas do CPI Manuel Suárez Marquier antes da celebración da Epifanía, o mércores 6 de xaneiro. As Súas Maxestades foron guiadas amablemente a cada aula pola directora do centro, Julia Gaspar Pazos, quen estivo acompañada da concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo. Os Reis foron preguntándolle ao alumnado rosaleiro que tal fora o seu comportamento ao longo do ano, lembrando que para recibir os correspondentes agasallos tiñan que portarse ben. Esta visita, que foi sen previo aviso, colleu por sorpresa a mestres e rapaces, que ollaban como Gaspar, Melchor e Baltasar “invadían” as súas clases para transmitir unha mensaxe de paz, humanidade e ilusión á vez que obsequiaban aos presentes cunhas lambetadas.
Outro tanto do mesmo ocorreu máis tarde cando os Reis Magos decidiron achegarse ata a Casa do Concello, onde foron recibidos con asombro por funcionarios, concelleiros, público en xeral e mesmo o alcalde, Jesús Mª Fernández Portela. Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica completa desta xornada. Mañá, martes día 5, as Súas Maxestades volverán a estar no Rosal, na Cabalgata Real deste ano 2010, con saída ás 10:00 horas dende a Praza do Calvario para realizar o seguinte percorrido: Calvario, Caselas, Convento, Fornelos, Picón, Fecha, Cachada, Pías, San Miguel, Tabagón, A Portela, Eiras, Calvario (San Miguel), Morán, Valdemiñotos, Cumieira de Abaixo, Lomba, Urgal, Cumieira de Arriba, Sanxián e Portecelo. Xa de tarde, e a partir das 17:00 horas, recibirase aos Reis Magos co espectáculo “Dous Paiasos en Apuros”, sendo despedidos cunha gran chocolatada na súa honra, que en caso de choiva, se celebrará no Pavillón Municipal de Deportes.