TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

3 ene. 2010

Os Reis Magos visitan o CPI Manuel Suárez Marquier


Os Reis Magos de Oriente (Gaspar, Melchor e Baltasar) -previo contacto con representantes do Concello do Rosal- visitaron aos rapaces e rapazas do CPI Manuel Suárez Marquier antes da celebración da Epifanía, o mércores 6 de xaneiro. As Súas Maxestades foron guiadas amablemente a cada aula pola directora do centro, Julia Gaspar Pazos, quen estivo acompañada da concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo. Os Reis foron preguntándolle ao alumnado rosaleiro que tal fora o seu comportamento ao longo do ano, lembrando que para recibir os correspondentes agasallos tiñan que portarse ben. Esta visita, que foi sen previo aviso, colleu por sorpresa a mestres e rapaces, que ollaban como Gaspar, Melchor e Baltasar “invadían” as súas clases para transmitir unha mensaxe de paz, humanidade e ilusión á vez que obsequiaban aos presentes cunhas lambetadas.
Outro tanto do mesmo ocorreu máis tarde cando os Reis Magos decidiron achegarse ata a Casa do Concello, onde foron recibidos con asombro por funcionarios, concelleiros, público en xeral e mesmo o alcalde, Jesús Mª Fernández Portela. Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica completa desta xornada. Mañá, martes día 5, as Súas Maxestades volverán a estar no Rosal, na Cabalgata Real deste ano 2010, con saída ás 10:00 horas dende a Praza do Calvario para realizar o seguinte percorrido: Calvario, Caselas, Convento, Fornelos, Picón, Fecha, Cachada, Pías, San Miguel, Tabagón, A Portela, Eiras, Calvario (San Miguel), Morán, Valdemiñotos, Cumieira de Abaixo, Lomba, Urgal, Cumieira de Arriba, Sanxián e Portecelo. Xa de tarde, e a partir das 17:00 horas, recibirase aos Reis Magos co espectáculo “Dous Paiasos en Apuros”, sendo despedidos cunha gran chocolatada na súa honra, que en caso de choiva, se celebrará no Pavillón Municipal de Deportes.

0 comentarios:

Publicar un comentario