FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 sept 2010

Curso de pandeireta impartido por Berta


A Agrupación Cultural Guardesa organiza un curso de iniciación á pandeireta e outro de perfeccionamento que será impartido pola rosaleira Berta Castro.

Dito curso comezará en outubro cos seguintes horarios:
Iniciación: martes de 20 a 21 horas
Perfeccionamento: luns de 21:30 a 22:30 horas
Lugar: antigo Colexio do Sinde (A Guarda)

Máis información no teléfono 639 585 747

OUTUBRO. Últimas prazas en cursos do Concello


PILATES
Aínda quedan dúas prazas libres para o curso de Pilates organizado pola OMIX do Rosal. Dito curso dará comezo o luns 4 de outubro.
Horario: luns e mércores de 20-21 horas.
Lugar: Centro Social Polivalente.
Prezo: 24 euros mensuais (de outubro a xuño).



XIMNASIA DE MANTEMENTO
Tamén quedan prazas para o curso de Ximnasia de Mantemento, que se realiza no Pavillón da Mata os martes e xoves de 20:30 a 21:30 horas. O seu prezo: 17 euros mensuais (tamén de outubro a xuño do ano que vén).

28 sept 2010

Teatro sorpresa da ECTB nas rúas de Tui


A pasada fin de semana os tudenses puideron disfrutar do teatro na rúa cos alumnos da Escola Comarcal de Teatro Baixomiñota.

Un dos grupos da escola na que participan alumnos de Tui, Tomiño e O Rosal representou algúns actos da obra "Cementerio de automóviles" de Fernando Arrabal, como anticipo do estreo que terá lugar proximamente no Auditorio Municipal do Rosal.

Estas actuacións se están facendo tamén para achegar a escola ao gran público antes do comezo do terceiro curso. O prazo de inscrición segue aberto. Máis información no teléfono 649 480 227.

III edición do Festival Rosal Rock no Calvario


A XXIII FESTA DO CABAQUEIRO vén este ano con ¡¡CINCO DÍAS DE FESTA!! (do 8 ao 12 de outubro). Precisamente o venres 8 ás 22 horas, na Praza do Calvario, ábrense os festexos coa celebración da III edición do ROSAL ROCK.

Os grupos que actuarán son os seguintes:

Tres Trebóns e os Homes Sen Medo
The Inspectors
Santos Morcegos
The Winning Numbers

27 sept 2010

Exposición de Natalia Uris e Milagros Castro


Pouquiño a pouco seguimos publicando as múltiples reportaxes que aínda temos pendentes.

Nesta ocasión, lembramos a exposición de pintura de Natalia Uris (na imaxe de arriba) e Milagros Castro (sobre estas liñas), que se celebrou os días 7 e 8  de agosto no salón da sociedade Liga de Amigos.

24 sept 2010

Cancelada a actuación dos Campelos na TVG


Segundo recentes declaracións dos propios "CAMPELOS" a Noticias O Rosal, debido ao falecemento da popular cantante galega ANA KIRO, CANCÉLASE ata novo aviso a súa ACTUACIÓN humorística prevista para hoxe no programa LUAR da TVG.

Concentración de coches antigos no Rosal


O sábado 25 de setembro, CONCENTRACIÓN DE COCHES ANTIGOS. Lugar: Praza do Calvario, a partir das 11 da mañá. Visitarán adegas do Rosal e regresarán de novo á Praza onde descansarán os automóbiles de 14 a 16:30 h. Pola tarde está prevista unha visita aos Muíños do Folón e Picón.
Organiza: "Club Gallego de Automóviles antiguos". Patrocina: Concello do Rosal e Asociación de Comerciantes, coa colaboración de diferentes casas comerciais.  


Velaquí vos deixamos as imaxes que realizamos doutra visita de coches de época con motivo do “IV Rallye Club de Campo de Vigo para automóviles antiguos” que se celebrou o ano pasado.

22 sept 2010

Gustavo Martínez, do Rosal, na Subida a Vigo


Reportaxe (texto e fotografías) realizada por Roberto Valladares.

Os días 11 e 12 de setembro disputouse nos montes de Beade a IV Subida Internacional Cidade de Vigo, proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña, que estivo organizada pola Escudería Racing Sport Competición.


A representación rosaleira correu a cargo de Gustavo Martínez Vázquez, cun Renault Clio 16v, dando moito espectáculo e -aínda que rematou a proba na trixésimo sétima posición- era dos pilotos máis esperados.


O vencedor final resultou ser Cristóbal Serantes García, cun potente Fórmula Ralliart RT34. O segundo posto foi para Toño Varela Juan, cun Silver Car S2 e completou o podium Antonio Mosteiro Buceta, cunha Barquete Dicode.


O mellor turismo foi Manuel Senra Caamaño, cun Peugeot 306 Maxi.


Salientar tamén a participación de Juan Pablo Barrio, cun Renault Clio Sport -piloto que en rallies forma equipo co rosaleiro Sergio Alonso- e que rematou na trixésimo terceira posición.

Novo curso da Escola Comarcal de Teatro


A Escola Comarcal de Teatro Baixomiñota comeza o novo curso 2010-2011. Por terceiro ano consecutivo a Asociación Cultural Terras do Baixo Miño abre o prazo de matrícula para o presente curso. Como en anos anteriores poden iscribirse alumnos dos cinco concellos da Comarca. Establécense grupos infantís, xuvenís e adultos. Para máis información podedes chamar ao teléfono 649 480 227.

A parroquia de Santa Mariña, a Santiago

A comisión parroquial de Santa Mariña organiza  o sábado 25 de setembro unha peregrinación a Santiago de Compostela.

Segundo nos informan, aínda quedan prazas vacantes, rematando o prazo de inscrición o venres 24.

A saída está prevista para as 7:30 da mañá dende a Praza do Calvario. Un autobús levará aos participantes ata Teo, onde se comezará a camiñata -duns 10 km- ata a Catedral de Santiago. Aquí ás 10 horas asistirán á Misa do Peregrino e logo, máis tarde, comerán todos xuntos no Monte do Gozo.

Imaxe da última excursión parroquial ao Santuario da Franqueira

Para máis información e para apuntarse nesta iniciativa podedes chamar ao teléfono 687 013 456 (Mª Carmen Batán).

20 sept 2010

Novo curso de patinaxe e fútbol para nenos/as


A Escola Deportiva de Patinaxe comezará o novo curso a partir de outubro. A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos. O vindeiro día 29 de setembro ás 20:30 horas terá lugar a reunión informativa do profesor cos pais no Centro Social Polivalente. As persoas que aínda non fixeran a inscrición poden facelo ata esa data. Velaquí vos deixamos as fotos da entrega de medallas do ano pasado.



Igualmente a Escola Deportiva de Fútbol iniciará o curso tamén en outubro para nenos e nenas de 5 a 8 anos. Para falar co profesor, as persoas interesadas poden facelo os luns e xoves ás 18 horas na Canosa (San Miguel de Tabagón).

IMPRESIONANTE "VUELTA A ESPAÑA" DE SERAFÍN

Serafín subiu ao podium da Vuelta ata en seis ocasións

O ciclista profesional rosaleiro, Serafín Martínez Acevedo, pertencente ao equipo Xacobeo Galicia que dirixe Álvaro Pino, vén de realizar unha sensacional Vuelta a España 2010.

Serafín, que estivo durante 6 etapas como líder da Xeral da Montaña, rematou finalmente en segundo lugar tras unha dura loita co especialista francés do Cofidis, David Moncoutie, que se fixo coa súa terceira vitoria consecutiva nesta clasificación da Vuelta.

O rosaleiro, ademais, chegou a ser líder da Combinada e estivo a puntiño de gañar varias etapas tras meterse en multitude de escapadas, facendo un meritísimo 2º posto en Xorret de Catí, por detrás do propio Moncoutie.

Sen esquecernos da formidable actuación do líder do Xacobeo, Ezequiel Mosquera, segundo da Xeral, velaquí vos deixamos como quedou Serafín nas distintas clasificacións desta 75 edición da Vuelta a España:

XERAL: 63º posto, a 2h 00' 50'' do gañador Vincenzo Nibali.
PUNTOS: 39º posto, con 21 puntos (gañador, Mark Cavendish)
MONTAÑA: 2º posto, con 43 puntos, a 8 de Moncoutie (53)
COMBINADA: 18º posto, con 104 puntos (gañador, Nibali)

19 sept 2010

Conferencia sobre "As fosas de San Xián"

Este venres, 24 de setembro ás 20:00 horas, terá lugar na Escola de San Xián unha charla-conferencia impartida por Carlos Méixome Quinteiro, director do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) que levará por título: "As Fosas de San Xián". Organizan este acto o propio IEM e a Comisión de Festas de San Xián.

17 sept 2010

OS CAMPELOS ACTUARÁN O VENRES NO LUAR (TVG)


O dúo humorístico rosaleiro "Os Campelos" (Francisco Rodríguez Fernández e Roberto Fernández Rodríguez) actuarán o venres 24 de setembro no Luar, veterano programa da Televisión de Galicia que presenta Xosé Ramón Gayoso e que comezou a emitirse en setembro de 1992.

Polo tanto, os nosos coñecidos rosaleiros terán unha breve intervención nesta 18ª temporada, aínda que desta vez non actuarán como parella, pero si xuntos, con dúas persoas máis, contando chistes.

16 sept 2010

Entrega de medallas e trofeos dos Xogos 2010


O domingo 1 de agosto procedeuse na Praza do Calvario á entrega de medallas e trofeos aos participantes e gañadores das diferentes modalidades deportivas dos XII Xogos Populares do Rosal, 2010.



O acto estivo presentado polo mestre Rafael Martínez e contou -entre outros- coa presenza do alcalde rosaleiro, Jesús Mª Fernández Portela, o responsable local de Deportes, Ángel Martínez Villa e o concelleiro Eladio Fernández Portela.

15 sept 2010

Curso de atención a maiores no domicilio


Cruz Roja Española dende a súa "Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño", convoca dentro das súas accións formativas de interese socio-sanitario, un curso de ATENCIÓN A MAIORES NO DOMICILIO dirixido a persoas de máis de 16 anos que estean interesadas en adquirir habilidades e coñecementos relacionados coa asistencia domiciliaria.

Velaquí vos deixamos íntegro o seu comunicado:
"El objetivo es dar a conocer de manera sencilla habilidades y herramientas básicas que lleven a proporcionar un cuidado óptimo de las personas mayores. Además de facilitar la adquisición de conocimientos, así como un nivel adecuado de formación sobre contenidos sobre la tercera edad, mejorar las actuaciones en el ámbito del servicio de ayuda a domicilio y capacitar a los alumnos para conseguir unas pautas de actuación correctas ante los usuarios.

En su estructura incluye los siguientes módulos:

- Los servicios sociales: marco en el que se encuadra el servicio de ayuda a domicilio. Normativa y regulación.

- El servicio de ayuda a domicilio; una intervención multidisciplinar: funciones, coordinación, supervisión y evaluación.

- Colectivo al que se dirige la ayuda a domicilio; perfil y características.

- Conceptos básicos sobre personas mayores y el proceso de envejecimiento: aspectos psicológicos y enfermedades comunes.

- La salud en las personas mayores: alimentación y nutrición, higiene individual y personal, movilización.

Esta formación tiene una duración de 40 horas que previsiblemente serán impartidas los sábados de octubre en horario de 10.00 a 14:00 y de 16:00 a 20:00 h. 

Todas las personas interesadas pueden solicitar más información o inscribirse en la oficina de Cruz Roja Baixo Miño:

C/Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo (al lado de la iglesia parroquial de A Guarda). Teléfonos: 986 61 46 09 / 606 34 84 71".

Obradoiro de emprego do móbil para maiores


A "Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño" retoma os obradoiros para aprender o correcto emprego do teléfono móbil dirixido a maiores de 65 anos. Transcribimos literalmente o comunicado que recibimos na nosa Redacción:

"Muchas personas mayores tienen un móvil o les gustaría tenerlo, pero no saben utilizarlo o tienen dudas en el momento de realizar alguna función (escribir mensajes, guardar números de teléfono en la agenda...) Es por este motivo, que se vio la necesidad de hacer cursos para que las personas mayores aprendan a utilizar los teléfonos móviles y se familiaricen con las nuevas tecnologías.

El pasado 23 de febrero en la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño retomamos la actividad, iniciada en el 2006, de utilización del teléfono móvil. Hoy, 15 de septiembre se abrirá el plazo de inscripción para la realización de nuevos talleres.

En próximas fechas l@s voluntarios de la Asamblea trabajarán de nuevo esta importante temática con otro grupo de personas mayores de 65 años. El taller se desarrollará en horario de 15.30 a 18.30 en la sede de Cruz Roja en A Guarda.

Los objetivos de esta actividad son

 Acercar las nuevas tecnologías a las personas mayores.

 El uso de los móviles como medio de comunicación.

 El uso de dispositivos tecnológicos con aplicaciones sociales y sanitarias de emergencia y urgencia (Teleasistencia).

 Formar en cursos de 3 horas de duración a las personas mayores para que aprendan a utilizar las funciones más básicas del móvil.

 Favorecer las relaciones intergeneracionales gracias a la relación entre los formadores jóvenes y las personas usuarias de más edad.

Estos cursos están dirigidos básicamente a personas mayores con dificultades en el uso del teléfono móvil. Se puede ofrecer también a otros colectivos que tengan interés en aprender su uso.

LA ACTIVIDAD ES TOTALMENTE GRATUITA.

Para más información o inscribirse en próximos talleres: Oficina de Cruz Roja Baixo Miño situada en la C/Agustín Nandín Lomba, nº1 Bajo (al lado de la iglesia parroquial de A Guarda) de lunes a jueves, horario de 8:30 a 14:00 y de 16:00 a 18:30. Los viernes de 8:00 a 15:00 horas o llamando a los teléfonos 986 61 46 09 / 606 34 84 71".

Carreira de cross. Clausura dos Xogos


Coas imaxes da carreira de cross do día 1 de agosto, que serviu de clausura dos Xogos Populares deste ano 2010, comezamos a publicación de todas as nosas reportaxes pendentes.

En breve tamén daremos a coñecer as fotografías da entrega de medallas e trofeos de todas as modalidades deportivas, inmediata á finalización da dita carreira.

9 sept 2010

RUMBA DE TOMIÑO, DA AUTORÍA DE BERTA CASTRO


Estamos en tempos das Festas do Alivio (as festas grandes de Tomiño), e eu aínda que son rosaleira de nacemento, levo 8 anos sendo tomiñesa de adopción. Gustaríame adicar a esta terra unhas letras que escribín formando un canto de desafío para as que tomei como base as notas musicais da tan coñecida "rumba de Tomiño".

É Tomiño unha terra musicalmente coñecida polas súas treboadas, quizais por atoparse preto do Norte de Portugal ou por motivos diversos que están facendo que investigadores musicais veñan ata esta terra (e en concreto ata a parroquia na que vivo, Estás) para informarse da súa orixe, aprender técnicas para tocar os bombos con dúas mazas, recoller ritmos propios da zona...), e que os rapaces e rapazas tomiñesas se incorporen en novas agrupacións deste tipo para recuperar algo propio, facendo que aínda hoxe en día en calquera festa tomiñesa sexa habitual escoitar unha treboada percorrendo as rúas interpretando un amplio repertorio propio da zona... entre a que se atopa A RUMBA DE TOMIÑO.

Rumba de Tomiño
Letra: Berta Castro González

Música: Tradicional das treboadas tomiñesas
(canto de desafío)


HOMES:
Eu quero que ti me queiras
eu quero o teu querer
eu quero que ti me queiras
i eu quérote a ti muller.

MULLERES:
Pois eu aínda estou pensando
se che dar o meu amor
porque aghora todo é ledo
e logho xa ven o peor.


TODOS:
Pois así é o amor,
moi difícil de entender
aínda hoxe te namoro,
e mañán non te quero ver. (Todo bis)

8 sept 2010

Óscar Vicente triunfa en Edimburgo (Escocia)

Óscar, coa súa medalla, flanqueado polas concelleiras de Cultura e de Servizos Sociais

O rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez, que foi recibido onte no Concello, vén de conseguir no seu primeiro ano na categoría sub 23 unha sensacional medalla de bronce no Campionato do Mundo de Duatlón celebrado en Edimburgo (Escocia) o domingo 5 de setembro.

Óscar, que dende esta temporada conta con novo adestrador (Luis Piña, seleccionador galego de Triatlón) formou -ademais- parte do equipo do Cidade de Lugo Fluvial que alcanzou a vitoria o pasado 8 de agosto na “Copa del Rey de Triatlón por Clubes”. Os seus compoñentes: Miguel Ángel Acosta, Jesús Gomar, David Castro, Adrián Vázquez, Javier Gómez Noya e o propio Óscar.

O vindeiro 18 de setembro este xove deportista competirá no “Campeonato de España de Triatlón por Selecciones Autonómicas” que este ano se celebrará en Cangas do Morrazo.

1 sept 2010

Carta aberta a todos os nosos lectores/as


O Rosal, 1 de setembro de 2010.

Estimados lectores e lectoras:

Debido ás nosas últimas e distintas ocupacións, non nos é posible actualizar Noticias O Rosal coa asiduidade á que vos tíñamos acostumados. Sentímolo moito, pero estamos desbordados de traballo, así que intentaremos ir publicando pouco a pouco, en canto poidamos, as múltiples reportaxes que aínda hai pendentes... 

Iso si, non vos preocupedes que non nos esquecemos, e sexa cando sexa, saírán á luz. 

Dende que comezamos con esta "historia" de Noticias O Rosal -hai case dous anos e medio- consideramos que o realmente importante de ter un blog ou unha páxina na rede destas características (cultural, turística, galega... e que aínda así chega a tanta xente en todo o mundo) é precisamente recoñecer os méritos dos nosos veciños, os seus éxitos, o seu traballo, que non se esquezan certas actividades e acontecementos que ocorren ou ocorreron ao noso redor.

Queremos -e non nos cansaremos de repetilo- simplemente aportar un gran de area máis á cultura, á sociedade rosaleira e do Baixo Miño.

Podemos dicir orgullosos e abertamente que non recibimos "un duro" de ningunha entidade, non temos intereses económicos ou "ocultos", nin dependemos de ningún organismo, oficial ou non.

Somos simplemente un equipo de libres "tol@s entusiastas" que sinten un intenso amor pola vila que (na súa maioría) os viu nacer. 

Graciñas a todos e todas, lectores e lectoras da web, porque sen vós "isto" non tería sentido.

E como sempre lembramos... calquera aclaración, comentario, idea, envío de información, notas de prensa, ou relativo a fotografías ou colaboracións... o que sexa... comunicádevos inmediatamente sen problema con nós nestes correos e teléfono:

637 311 007

¡Saúdos!

Atentamente,

A Dirección
Noticias O Rosal