FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

27 dic 2013

CAN LABRADOR PERDIDO EN PANCENTEO


O canciño perdido. (Foto: F.J.G.R.)

Segundo vén de comunicar o noso lector, Francisco José García Rodríguez á redacción de Noticias O Rosal, atopouse un can perdido en Pancenteo (xuradía de Marzán).

Trátase dun "can raza labrador, negro, macho e adulto e nótaselle ben que é can caseiro, xa que é moi dócil e non escapa da xente". Ademais engade que "non tiña nin correa nin microchip".

ÚLTIMA HORA: ¡¡Feliz reencontro co seu propietario!! 



O PAVILLÓN DO ROSAL ACOLLE O III TORNEO DE NADAL DO ATLÉTICO NOVÁS



A base do Mecalia Atlético Novás de balonmán organiza este sábado 28 de decembro o III Torneo de Nadal At. Novás para as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

Todos os encontros terán lugar no Pavillón Municipal do Rosal co seguinte horario:


v TEMPO DE CADA PARTIDO
BENXAMÍN - 10 min / DESCANSO / 10 min
ALEVÍN E INFANTIL - 15 min / DESCANSO/ 15 min
CADETE - 30 min / DESCANSO /30 min
Descanso de 2 minutos

18 dic 2013

OS ROSALEIROS DIEGO E YEYA, CAMPIÓNS DO V TORNEO OS CABAQUEIROS 2013 FELICÍTANNOS O NADAL DENDE MADRID


Diego e Yeya en Madrid (Fotos: Nina López)

Os rosaleiros Diego Álvarez Fernández e Sergio Casal Fernández "Yeya", vencedores do V Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. O Rosal 2013, aproveitan para felicitarnos este Nadal e envíannos estas instantáneas dende as inmediacións da ponte de Segovia en Madrid.


Dende o "Paseo de los Pinos", en pleno Manzanares, pousan cos seus trofeos e os "Catiñas", premios individuais que os recoñecen á vez como os mellores xogadores do torneo (Diego, "Catiña de Ouro" e Yeya, "Catiña de Prata").


Hai que lembrar que Diego non puido recoller os seus trofeos de campión o 12 de outubro, na Festa do Cabaqueiro, xa que reside na capital de España. Por iso, o seu compañeiro Yeya, aproveitando unhas pequenas vacacións por Madrid fíxolle entrega das súas correspondentes distincións.




CONCERTO DE NADAL 2013 ORGANIZADO POLA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL



O Auditorio Municipal acolle este domingo 22 de decembro ás 18:00 horas o Concerto de Nadal 2013, organizado pola Agrupación Musical do Rosal. Actuarán a súa banda e a coral, ademais do Grupo de Música Tradicional Lirolai.

13 dic 2013

O EQUIPO SENIOR DA U.D. RIBERA ENFRÓNTASE AO C.D. PONTELLAS B



Aquí vos deixamos o calendario e horario dos partidos para esta fin de semana do club U.D. Ribera, destacando o encontro do primeiro equipo como visitante, este domingo 15 de decembro, fronte o C.D. Pontellas B.

O sábado, a partir das 10 da mañá, comezando polo Benxamín A, as categorías inferiores xogarán na casa, no Estadio Municipal da Mata.

O NOVÁS DE BALONMÁN DESPIDE O 2013 COMO LÍDER DA PRIMEIRA NACIONAL


A familia do Atlético Novás deséxavos unhas Felices Festas

Segundo comunica o Mecalia Atlético Novás de balonmán, mañá, sábado 14 de decembro, celebrarase o último partido oficial do 2013, no que o club rosaleiro "pase o que pase despedirá o ano e a primeira volta como líder, e oxalá sexa como ata agora, cunha nova vitoria".


O Novás visita a cancha do Artabro "equipo de A Coruña que disputa a Primeira Nacional merced á reestruturación da categoría. Un plantel na que un xogador destaca por riba do resto, Toño Fernández, ex capitán do Teucro e que por motivos personais emigrou da provincia. É o xogador a seguir, o máximo goleador de todas as categorías (fai tres xornadas anotou 20 goles ao Seis do Nadal), dun Artabro que fixo a xesta de doblegar ao Luceros e suma 6 puntos".

¡¡Dende Noticias O Rosal, moita sorte e AÚPA NOVÁS!!


PRECAUCIÓN COS CANS EN O ROSAL


Argos de Ítaca. (Fotos: Olalla/Luis)

Segundo veñen de comunicarnos hoxe mesmo dúas lectoras de Noticias O Rosal, posiblemente alguén está a envelenar conscientemente aos cans, polo menos na zona de Novás, en concreto por Parada e A Rotea, aínda con consecuencias que poden ser fatais.


Por esta razón queren facer un chamamento á veciñanza para que extremen as precaucións coas súas mascotas á vez que amosan a súa repulsa ante estes infames feitos.


Dende Noticias O Rosal unímonos á dita petición e avogamos polo respeto, axuda, defensa e protección para estes animais. Así mesmo, animamos a quen sexa testemuña dun acto deste tipo a denunciar ante as autoridades correspondentes.



O noso agradecemento a Olalla e Luis pola cesión das imaxes do seu fermoso canciño, "Argos de Ítaca", para a elaboración desta pequena noticia.

5 dic 2013

O NOVÁS ENFRÓNTASE AO BM LALÍN NO ÚLTIMO PARTIDO DO 2013 COMO LOCAL



Segundo vén de anunciar o Mecalia Atlético Novás de balonmán, este sábado 7 de decembro ás 19:00 horas, terá lugar no pavillón municipal do Rosal o último encontro do ano como local,  fronte ao BM Lalín, intentando "despedir ao grande o 2013".

No descanso do partido celebrarase unha actuación das mozas do grupo xuvenil de aerobic do ximnasio Do-Majo.

A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL CELEBRA SANTA ICÍA O SÁBADO DÍA 7



Informa: Agrupación Musical do Rosal

Con motivo da celebración de Santa Icía enviamos o cartel dos actos que terán o vindeiro sábado día 7 de decembro.

Os actos comezarán ás 17,30 h. cunha misa na honra da patroa dos músicos na Igrexa Parroquial de Santa Mariña do Rosal, que estará acompañada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal, dirixida por Toñi Santos Vaquero.

Ás 20,00 h. no auditorio municipal terá lugar o concerto a cargo da banda Agrupación Musical do Rosal baixo a batuta de Marcel van Bree. Durante o concerto presentaranse os novos músicos que se incorporan á banda, acompañaremos o quinteto de vento Rubato, formado por cinco grandes músicos galegos e estrearemos a obra Theseus, do compositor goianés Andrés Álvarez.

A banda interpretará o seguinte programa:
Marta Agustín, pasodobre de Pere Sanz Alcover
Songs from the Catskills de Johan de Meij
Concerto for woodwind & wind ensemble quintet, de David R. Gillingham (Banda e Quinteto de Vento RUBATO)
- Theseus de Andrés Álvarez (ESTREA)
Estampes Simfóniques de Joaquin Serra, arr. Douglas McLain


Esperamos que estes actos sexan do voso agrado e pasedes con nós unha boa tarde de música.

3 dic 2013

AQUÍ NON PAGA NINGUÉN. TEATRO NA GUARDA CO GRUPO VÁMOLANDANDO




Anselmo Martínez Pena / A Guarda

Se ben o pasado 28 de setembro o Auditorio do Rosal acollía o estreo da obra "Aquí non paga ninguén", do grupo Vámolandando Teatro, desta vez serán os asistentes ao Centro Cultural da Guarda quen teñan a oportunidade de disfrutar desta peza teatral, que dirixe Álex Sobrino.

A cita, este venres 6 de decembro ás 18:00 horas. Tal e como reza o cartel, a entrada é de balde.

RAÚL FERNÁNDEZ (C.C. O ROSAL) SEGUE FIRME, CUNHA IMPARABLE ASCENSIÓN


Raúl, no centro como vencedor, en Navia-Asturias. (Foto: C.C. O Rosal)

O ciclista rosaleiro Raúl Fernández (@Raulfdzlor) segue ao seu -incontestable- e vén de conseguir dúas novas vitorias, o sábado 30 de novembro no I Trofeo Concello de Dumbría de Ciclocróss e o domingo 1 de decembro en Navia (Asturias), na proba puntuable para a Copa Federación (Copa de España).

O Club Ciclista O Rosal afirma na súa web que Raúl "amplía desta maneira a súa vantaxe no Ranking Nacional de Ciclocróss e reduce a desventaxa na Copa Federación, ameazando o liderato que de momento ostenta o madrileño Diego Pablo Sevilla".