TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

6 dic. 2011

O ROSALEIRO DANIEL RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ TRIUNFA NA “LIGA PORTUGUESA DE CAVALOS DE CORRIDAS”


Daniel Rodríguez e Otto de Touchyvon

Reportaxe (texto e fotografías) realizada por Silvia Rodríguez Martínez

Existe en Portugal unha Liga Portuguesa de Criadores e Proprietários de Cavalos de Corrida que organiza carreiras de trote e de galope dende o mes de marzo a novembro de cada ano.


A competición, que é a nivel nacional, conta coa participación da Cuadra Rodríguez, fundada hai uns cinco anos. O seu propietario, adestrador e jockey é o rosaleiro Daniel Rodríguez Rodríguez, (naceu en Parada-Novás, o 21 de xullo de 1961), afincado en Goián, que conta coa inestimable colaboración de Carla Alonso Rodríguez, de Marzán, como adestradora e coidadora dos tres cabalos que posúe a Cuadra.



En Galicia apenas se organizan carreiras desta modalidade e menos a nivel oficial, sendo este o motivo de que compitan na Liga Portuguesa.


O pasado 20 de novembro Daniel proclamábase vencedor do "Gran Premio de Portugal" no Hipódromo Quinta da Granja en Felgueiras-Porto (na imaxe entrando en meta). Esta é a carreira máis importante do ano por ser final de tempada e correr máis distancia, ademais de ser a que habitualmente ofrece máis diñeiro en premios.


O jockey rosaleiro gañou as dúas carreiras do día, a primeira sobre unha distancia de 1.800 metros co cabalo Hennir de Joie, e a segunda, o citado Gran Premio de Portugal, cunha distancia de 3000 metros, co cabalo Otto de Touchyvon (trotón francés de 9 anos) adxudicándose un premio de 2000 euros.


Cabe destacar que Daniel Rodríguez xa lideraba nesta tempada a Clasificación Xeral de Jockey de Trote na Liga Portuguesa de Cavalos de Corridas.

Os colaboradores da Cuadra celebrando a vitoria no Gran Premio de Portugal


¡¡Dende Noticias O Rosal desexámoslles moitos máis éxitos!!

0 comentarios:

Publicar un comentario