TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

15 dic. 2011

Os integrantes do Club Ciclista O Rosal seguen a colleitar éxitos en Galicia, España e Portugal


Raúl, Manuel e Toni. (Foto: C.C.O Rosal)

Tal e como se pode ler na web do Club Ciclista O Rosal, os seus integrantes continúan a dominar na modalidade de Ciclocross Junior e Cadete, tanto en Galicia, en Portugal e mesmo en España, tal e como se demostrou no III Gran Premio de Ciclocross de El Escorial valedeiro para a Copa da Comunidade de Madrid.

Ciclistas como Raúl Fernández, Manuel González, Álex Lomba, Cristóbal Coímbra ou o propio Toni Portela, entre outros, dan e darán moito que falar neste deporte durante os vindeiros anos.

¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa para todos eles, desexándolles moitos máis éxitos!! ¡¡Ánimo rapaces!!

0 comentarios:

Publicar un comentario