FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

26 feb. 2009

III Campionato de Cachiza. San Gregorio (Pías)

Fotografía do campionato do ano pasado extraída da páxina Piasangregorio
O sábado 7 de marzo celebrarase o III Campionato de Cachiza con motivo das Festas de San Gregorio 2009. Este evento terá lugar na Alameda de Pías ás 15:00 horas. O prezo de inscrición é de 10 euros a parella. Haberá camisetas para todos os participantes e premios para os primeiros clasificados. No recinto instalarase unha cantina. Para máis información podedes chamar ao teléfono da Organización: 606 417 814.

Na rúa un novo número de Pórtico Cerveirense

Pórtico Cerveirense. Revista de Informaçâo e Cultura para Vila Nova de Cerveira, Vale do Minho e Galiza vén de editar un novo número que fai o 17 da súa colección. Dirixida polo infatigable escritor luso Castro Guerreiro, nas súas páxinas dedícaselle unha pequena reportaxe fotográfica a O Rosal por mor da chegada dos Reis Magos o día 5 do mes pasado así como varias reseñas da propia Vila Nova, a cabalgata de Tomiño e o seu entroido ou diversas noticias de Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño ou mesmo O Porriño. Segundo confesou o director de Pórtico a Noticiasorosal "queremos a partir do próximo número dedicarlle máis espazo na revista a O Rosal, involucrarnos na súa cultura e tradicións e manter por tanto uns lazos máis estreitos coa vosa vila".

Premiados no Desfile de Entroido 2009

Aquí vos deixamos a relación de premiados acompañados das correspondentes fotografías nesta reportaxe realizada pola Concellaría de Cultura do Rosal que dirixe Charo Tabales Perozo. Facede click no seguinte enlace:

24 feb. 2009

Corrida do galo e frixidela en Fornelos

Un ano máis a Praza de Fornelos foi testemuña o luns e o martes de Entroido de dous eventos enxebres como poucos, a "corrida do galo" e a "frixidela". Velaquí vos deixamos a nosa pequena reportaxe fotográfica destes dous días de festa:

23 feb. 2009

Miles de persoas no Desfile de Entroido do Rosal

O domingo 22 de febreiro celebrouse no Rosal o tradicional Desfile de Entroido que percorreu as rúas Ramón Franco e Julio Sesto. Cunhas beirarrúas ateigadas de público foron desfilando os participantes cos seus disfraces individuais en categoría infantil e adulto. Tamén houbo por suposto concursando grupos, comparsas e carrozas. Aquí vos deixamos a nosa reportaxe:

21 feb. 2009

Preto de 200 nenos do CRA María Zambrano celebran o Entroido na Praza do Calvario

O venres 20 de febreiro sobre as 11'30 h. da mañá tivo lugar na Praza do Calvario o desfile de Entroido do CRA María Zambrano do Rosal. Tres aulas de nenos de Pías, dúas de Couso, Fornelos, Marzán, Novás e unha da Paradela percorreron a praza da Vila amosando as súas carrozas e disfraces. Para esta ocasión os rapaces contaron coa inestimable axuda dos seus pais, que realizaron con eles un pequeno obradoiro durante preto de dúas semanas para a confección deses traxes. Aquí vos deixamos a nosa reportaxe desta xornada:

19 feb. 2009

Remanso de paz... ao noso carón

Pequeno vídeo que realizamos hai poucos días nunha Pesqueira máis salvaxe que nunca... e á vez, chea de auténtica paz.

video

Comunicado da Policía Local do Rosal

A Policía Local informa que con motivo do tradicional desfile de Entroido 2009 no Rosal que terá lugar o domingo 22 de febreiro polas rúas Ramón Franco e Julio Sesto, quedará prohibido estacionar de 08:00 horas ata o final do desfile, así como tamén a circulación de vehículos a partir das 11:00 horas por estas rúas.
Desculpen as molestias.
A Policía Local, 19 de febreiro de 2009.

18 feb. 2009

As casas indianas do Rosal, nun novo libro

Foinos remitido recentemente á nosa redacción un libro -máis ben tomo- que leva por título Casas de indianos. Pontevedra. A obra está coordinada por Fernando Bores Ga-
mundi e está editada pola Secretaría Xeral de Emigración e a Consellería de Viven-
da e Solo da Xunta de Galicia. Leva a presentación da conselleira Teresa Táboas Veleiro e o limiar de Manuel Luís Rodríguez González, Secretario xeral de Emigración. Esta publicación, de 452 páxinas ilustradas a toda cor, tivo a participación, entre outros, do historiador, Joaquín Miguel Villa Álvarez, oriundo do Rosal e veciño de Salcidos, quen fai un repaso polas Casas Indianas no Baixo Miño: A Guarda e O Rosal. Entre estas "edificacións de natureza privada" están, por exemplo as seguintes:
·Casa de Juan Carreras Álvarez, de Pías (¿1900?)
·Casa de Narcisa Carrera Baquero, do barrio da Ponte do Tamuxe (1899).
·Villa Matilde, no barrio de Corredoiras (San Miguel de Tabagón, ¿1930?)
·Villa Mari Chin, tamén en Corredoiras e coa mesma hipótetica data de construción. ·Finca de La Val, no Morán. Pénsase que pode ser de comezos dos anos 20.
·Casa do Almacén (na fotografía), fronte á alameda de San Miguel (¿1905?
·Casa dos irmáns Padín Ferreira, na estrada de San Miguel (1918).
·Casa do Calvario (San Miguel de Tabagón, 1821).
·Casa dos Barrís, entre as parroquias de San Miguel e San Xoán de Tabagón (1905).
·Villa Marina, preto do cruce das Eiras (data de construción ao redor de 1950).
·Casa de Manuel González Groba, na costa de Tabagón (principios século XX).
·Casa de Generoso Lagarejos Rivas, tamén en dita costa de Tabagón.
·Casa dos Baquero, no alto da Portela (San Xoán de Tabagón, 1920).
·Casa da Viúva ou Villa María, na xuradía de Fornelos (1927).
·Casa de Marina, tamén en Fornelos (construída sobre o ano 1950).
·Casa das Calumbras, igualmente en Fornelos (1926).
·Casa de Leoncio Rodríguez Álvarez, na xuradía de Novás (1923).
·Casa de Alejandro Domínguez González, na xuradía de Marzán.
·Casa de Marcelino Martínez Domínguez, na rúa Xulio Sesto (1902).
Colaboraron tamén neste libro María Fidalgo Casares coa súa achega de As casas indianas do Baixo Miño; Carlos Sixirei Paredes con Americanos e por suposto, o coordinador Bores Gamundi con Notas ao programa. Sen dúbida Casas de indianos. Pontevedra é unha aportación valiosísima e imprescindible para coñecer, en palabras do autor do limiar "unha das herdanzas máis importantes e tamén máis visibles que a emigración deixou en Galicia" considerando a estas casas "unha espléndida colección edilicia que florece especialmente nas provincias litorais".

17 feb. 2009

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009

O vindeiro 1 de marzo os galegos están chamados ás urnas para elixir
aos seus representantes parlamentarios

16 feb. 2009

Brais Otero González, "O Rei" do lanzamento

O rosaleiro Brais Otero González naceu un 4 de marzo de 1992. Dende pequeno, alá polos 6 anos, xa se adestraba no colexio Manuel Suárez Marquier "ás ordes" do incombustible mestre de Educación Física, Félix Piñel Alonso. A piques de cumprir a maioría de idade, Brais -que é lanzador de disco e martelo aínda que o que máis lanza habitualmente é o peso- milita no Club do Marquier e conta xa no seu currículo con varios títulos de importancia. É innegable que os últimos anos reina nas categorías de lanzamento: foi por exemplo Campión Galego no ano 2006 en peso, martelo e disco. Tamén Campión Galego de lanzamento de peso no ano 2007 en pista cuberta en Riazor (A Coruña), quedando clasificado para o Campionato de España en Categoría Cadete, onde conseguiu a medalla de bronce. Novamente convertiuse en Campión Galego no ano 2008 de lanzamento de disco, quedando clasificado para o Campionato Español en Categoría Xuvenil, onde acadou unha meritísima 8ª posición. Certamente que con Brais Otero González -pese á súa xuventude e se as lesións o respectan- estamos ante unha das máis firmes promesas do atletismo galego e español.

O domingo 22 terá lugar o Desfile de Entroido

Como xa tiñamos anunciado, o tradicional desfile de Entroido deste ano 2009 no Rosal terá lugar o domingo 22 de febreiro a partir das 11'30 da mañá. Lembramos que o último día para inscribirse e así poder participar neste concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais será o sábado 21 (no Rexistro do Concello) pechándose o prazo ás 13 horas. Velaquí vos deixamos o cartel do percorrido deste desfile (facede click sobre el para amplialo).

15 feb. 2009

Charla-Obradoiro no Manuel Suárez Marquier

Segundo nos informan dende a concellaría de Servizos Sociais e Muller do Rosal presidida por Mª Carmen Alonso Alonso, vense de realizar unha Charla-Obradoiro de Orien-
tación Vocacional non sexista cos alumnos/as de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria do C.P.I. “Ma-
nuel Suárez Marquier”. En palabras de Banesa Cortiñas Brey, Técnica de Promoción da Muller: “O obxectivo perseguido na Charla-Obradoiro foi que @s alumn@s se converte-
ran nos propios protagonistas, favorecendo a toma de decisións sobre o seu futuro académico e profesional. Sempre coa capacidade de elixir sen sesgos de xénero e facilitando o acceso ao mercado laboral en igualdade de condicións entre homes e mulleres". Así mesmo afirmou que "todo isto, por suposto, sen esquecer que a familia supón un papel fundamental na educación dos mozos e mozas, sendo un modelo de conduta e comportamento para eles/elas”.

12 feb. 2009

O Rosal, Calidade do Comercio Galego

Grazas á xestión da activa Asociación de Comerciantes do Rosal (A.C.O.R.) que preside José Martínez González (Pepe Berdeal), a Fundación para o Fomento da Calidade Indus-
trial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia (entidade sen ánimo de lucro constituída en outubro de 1996 pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e considerada de interese industrial e galego) vén de conceder a 22 establecementos comerciais da Vila o distintivo de "Calidade do Comercio Galego".

11 feb. 2009

Tres "visitantes" na Praza do Calvario

Preto das 3 da tarde a Praza do Calvario acolleu unha curiosa visita. A xente non saía do seu asombro admirando o que hai anos era unha estampa normal e habitual. Agora en pleno século XXI resulta, en verdade, "chocante"... disque estes "visitantes" escapáronse durante uns minutos a dar unha voltiña. ¿E por que non? O home e a terra.

video

10 feb. 2009

David Gómez foi entrevistado en Punto Radio

David Gómez -que a pasada fin de semana converteuse en campión galego absoluto en 50 metros vallas, segundo informa o blog da actualidade deportiva do Baixo Miño, Deportebm (www.deportebm.blogspot.com)- foi entrevistado por Agustín Castellote, xefe de deportes de Punto Radio na madrugada do mércores 11 de febreiro. No programa El Mirador o rosaleiro afirmou que está encantado coas instala-
cións deportivas que dispón en Madrid e novamente foi o portavoz de todos aqueles atletas da nosa comunidade que se queixan das "ter-
cermundistas pistas de atletismo de Galicia". Volveu subliñar que "tuve mucha suerte de que mi familia me apoyó desde siempre, me salieron las cosas bien y por ejemplo ahora entreno en pista cubierta y con 20º de calefacción en la capital de España, cosa que para muchos amigos míos en Galicia es una utopía, teniendo incluso que -después de entrenar- ir a ducharse a casa debido a que pistas y vestuarios son antihigiénicos total". Seguindo coas súas declaracións David esperaba que nun futuro próximo se solucione este grave problema e -como el- un atleta galego non teña que emigrar para conseguir alcanzar os seus sonos deportivos.

Os socios da Liga teñen unha cita o domingo

Dende a Asociación Liga de Amigos do Rosal informan aos socios que o vindeiro domingo 15 de febreiro ás 11'30 h. en primeira convocatoria e ás 12 h. en segunda, celebrarase a reunión da Asemblea Xeral Ordina-
ria desta entidade coa seguinte orde do día:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2.- Estado de contas. Balance-liquidación do ano 2008.
3.- Informe da Xunta Directiva.
4.- Rogos e preguntas.

9 feb. 2009

Óscar Vicente marchou o luns rumbo a Sudáfrica

Óscar, diante da balconada da Casa do Concello antes de partir cara Sudáfrica
O luns 9 de febreiro, Noticiasorosal estivo con Óscar Vicente Rodríguez antes de emprender unha viaxe que o levará ata terras sudafricanas, en concreto a Ciudad del Cabo. Alí estará entrenando durante un mes xunto ao coñecido e respectado triatleta Javier Gómez Noya, campión de Europa en 2007, da Copa do Mundo de 2006 e de 2007 e campión do mundo en 2008 entre outros moitos títulos. Segundo Óscar "ir a Sudáfrica servirame para adestrar con xente boa e competitiva" e ademais "aproveitaremos o bo tempo que fai por alá e ao mellor ata participo nun triatlón que organiza a federación africana". O rosaleiro vén de ser elixido mellor deportista promesa provincial na Gala do Deporte da Deputación de Pontevedra. Este acto se celebrou o venres 6 de febreiro no auditorio da "Ciudad Príncipe Felipe" coa asistencia de máis de 700 persoas. Desde Noticiasorosal desexámoslle a Óscar novos éxitos e que este ano sexa -se cabe- aínda mellor que o pasado 2008:

8 feb. 2009

Vídeo da subida do arco de Tabagón en 1996

Fai pouco máis dunha semana (30 de xaneiro) que se levantou en San Xoán de Tabagón o seu artístico maio. Remexendo no noso arquivo atopamos este pequeno vídeo da subida do ano 1996 con motivo da emisión do programa "Desde Galicia para el mundo" que nesa ocasión se dedicou a O Rosal:

A capela de San Sebastián inaugúrase en marzo

No mes de marzo -a data exacta está aínda sen confirmar- procederase á inauguración das obras de mellora efectuadas na Capela de San Sebastián e Santa Ana no barrio de Medas (xuradía de Novás). Só na restauración do seu retablo gastáronse máis de 24.500 € que foron financiados pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, o Bispado Tui-Vigo (parroquia de Santa Mariña) e a súa Comunidade de Montes, contando así mesmo coa colaboración do Concello do Rosal.

Obradoiro de Risoterapia para o Baixo Miño

Segundo informa Yolanda Villaverde Gondar, responsable do Centro de Información á Muller da Guarda, se vai a levar cabo un Obradoiro de Risoterapia desde o 19 de febreiro ao 2 abril (os xoves de 17:00 a 20:00 h.). Este Obradoiro está dirixido a mulleres e homes da Comarca do Baixo Miño. Para participar nesta actividade é necesario facer previa inscrición no Centro de Información á Muller da Guarda ou chamando ao teléfono 986 614 648.

5 feb. 2009

Premios por comprar nos comercios do Rosal

Segundo información que nos facilita a Asociación de Comerciantes do Rosal (A.C.O.R.) que preside José Martínez González (Pepe Berdeal) dende o día 1 ata o 25 de febreiro todas aquelas persoas que fagan calquera tipo de compra nos comercios asociados da Vila, poderán participar nun sorteo que ten como premios os seguintes: 1º un exquisito xamón; 2º e 3º unhas grandes cestas cheas de produtos. Dito sorteo se levará a cabo no local social da Fundación O Rosal ás 20:30 horas do xoves 26 de febreiro.

4 feb. 2009

Espectacular "granizada" en 30 segundos

video

A saraiba sorprendeu aos viandantes e conductores do Rosal sobre as 14:30 horas do mércores 4 de febreiro. En cuestión de pouco máis de medio minuto as rúas do concello -e en concreto a Praza do Calvario tal e como se observa neste vídeo- cubríronse cun pequeno manto branco.

Preto do centenar de persoas asistiron á Charla Informativa sobre o TDAH no Centro Polivalente

Organizadores e conferenciantes desta Charla Informativa
O pasado martes 3 de febreiro celebrouse no Centro Social Polivalente do Rosal unha Charla informativa sobre trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH) que reuniu a preto dun centenar de profesores, educadores e interesados en xeral neste síndrome conductual. Esta xornada estivo organizada polo Gabinete de Logopedia Rosana, o Gabinete de Psicopedagoxía Ana e a ANPA do Colexio Manuel Suárez Marquier. Contou así mesmo coa colaboración do Concello do Rosal e ANHIDA (Asociación de Niños con Hiperactividad y/o Déficit de Atención de Vigo). Presentou o acto Rosana Coímbra Piñeiro, logopeda e especialista en atención temperá, quen deu paso ás intervencións de Pedro (pai dun neno con TDAH e Vicepresidente da Asociación de Pais con fillos con Hiperactividade) e Ana María Montes Santomé, psicopedagoga e logopeda. Pola súa parte, a psicóloga especializada en psicodiagnóstico de TDAH, María Estela Portillo e a logopeda Eva López Domínguez, ambas da mencionada asociación ANHIDA (http://www.anhida.org/), ofreceron aos asistentes unha pequena charla sobre este tipo de trastorno. En palabras de Rosana Coímbra "con estas charlas preténdese informar deste trastorno, de como se debe proceder a un correcto diagnóstico unindo o campo da mediciña e a psicoloxía, e non dar un diagnóstico á lixeira, xa que hai que ter coidado de non confundilo con outros trastornos cos que si en ocasións aparece ligado, e, sobre todo, da importancia dun traballo multidisciplinar para obter uns resultados positivos nos nenos con dificultades, ben porque presentan o TDAH ou non". Facede click no seguinte enlace para acceder á nosa reportaxe fotográfica:

2 feb. 2009

Os nosos vídeos, en You Tube

Lembramos que podedes ver todos os vídeos de Noticiasorosal na canle:
(http://es.youtube.com/user/noticiasorosal). Dende a actuación de "Os Campelos" no Auditorio Municipal, pasando pola Feira do Viño, Festa Luso-Galaica, Grupo Ir e Vir, a Banda de Música fai 20 anos, os concertos no Rosal de Milladoiro, Na Revolta, etc.

Levantouse o Maio de Tabagón 2009

O venres 30 de xaneiro, tal e como estaba programado, tivo lugar en San Xoán de Tabagón -cun tempo certamente desapacible- o tradicional levantamento do "artístico arco" con motivos que lembran que este 2009 é o "Ano da Astronomía" (celébrase o 400 aniversario do emprego do telescopio como instrumento astronómico por parte do xenio italiano Galileo Galilei, que descubriu os catro principais satélites de Xúpiter, as montañas e os cráteres da Lúa así como as manchas solares). Aquí vos deixamos algunhas imaxes do menciona-
do levantamento do "maio" así como varias fotografías da procesión do sábado nesta reportaxe xentileza de Noé C. Brey para Noticiasorosal: http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/MaioDeTabagon2009#