FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 jun 2011

O Rosal, sede do Campus de Verano 2011 da Fundación Celta de Vigo


O Estadio Municipal de A Mata (O Rosal) converterase na semana do 18 ao 23 de xullo nunha das sedes do “Campus de Verano 2011. Fundación Celta de Vigo”, xunto coa propia cidade olívica, Narón, Santa Cruz, Ponteareas, Marín, Xinzo, A Estrada, Moraña, O Barco, Melgaço, Allariz, Oroso, Ares, Carballiño e Cee.

Recentemente tivo lugar no Salón de Plenos do Concello do Rosal a presentación oficial do Campus de Verano 2011, que estivo a cargo da responsable da Fundación Celta de Vigo, Carmela Cuevas, o concelleiro de Deportes do Rosal, Pablo Flores Díaz e o porteiro da primeira plantilla céltica, Yoel Rodríguez.

Tamén asistiron a este acto –entre outros- a tenente de alcalde rosaleira, Mª Carmen Alonso Alonso, representantes da Peña Celtista Baixo Miño, así como directivos da U.D. Ribera.


Carmela Cuevas, presidenta da Fundación Celta de Vigo, organizadora do evento, destacou que o obxectivo fundamental deste Campus “é que os nenos fagan deporte e se divirtan practicando o xogo do fútbol con monitores altamente cualificados”.

Pola súa banda, o novo edil de Deportes, Pablo Flores, agradeceu á Fundación o contar co Rosal para este proxecto, agardando sexan moitos rapaces e rapazas as que se apunten ao Campus e “sobre todo que disfruten desta experiencia”.

Finalmente pechou as intervencións, o cancerbeiro do Celta de Vigo, Yoel Rodríguez, quen tamén animou aos máis pequenos a participar neste tipo de iniciativas deportivas, destacando que “os vai a axudar a crecer como deportistas e como compañeiros e por suposto farán moitos amigos”.

Para realizar a inscrición ou para máis información poden chamar ao teléfono 902 104 404 ou ben, entrar na web:
www.fundacioncelta.com

23 jun 2011

Festa de Fin de Curso organizada pola ANPA do Manuel Suárez Marquier

Informa: Inma Alonso Vicente / ANPA do CPI Manuel Suárez Marquier



A Asociación de Nais e Pais do Colexio Manuel Suárez Marquier organiza este sábado 25 de xuño nas súas instalacións -e a partir das 16:00 horas- unha Festa de Fin de Curso, con moitas e diversas actividades. (Fai clic nas imaxes para amplialas ou descargalas)


21 jun 2011

Merecida homenaxe aos coñecidos irmáns Pepe e Emilio Flores Costas


O sábado 2 de xullo terá lugar no Rosal unha merecida homenaxe aos irmáns Pepe e Emilio Flores Costas, populares músicos e augardenteiros.

Ás 11:00 horas, no Xardín dos Amores de Novás.
Ás 12:00 horas, na Praza de Fornelos.


O acto está organizado pola Asociación de Veciños Río Folón e a Comisión de Festas San José de Novás, coa colaboración especial da Asociación Folclórica "Gaiteiros da Xistra" e do Concello do Rosal.

Neste evento participarán os seguintes grupos musicais:

Airiños do Folón

Lirolai

Terribles de Donas

Ventos do Valdareo

Xistra do Coruxo

Zurrumalla

Verde Arboreda

Teatro do Falabarato (IES A Sangriña), este domingo no Auditorio Municipal



O Teatro do Falabarato (IES A Sangriña) interpretará este domingo 26 de xuño ás 20:30 horas no Auditorio Municipal do Rosal a obra "A Raíña Catarina e as súas fillas”, dirixida ao público familiar.
Sinopse. Trátase dunha adaptación libre da obra "O Rei Lear" de W. Shakespeare. Como saber que palabras veñen do corazón e cales non? Unha vella lenda celta cóntanos unha historia de amor verdadeiro e tamén de traizóns e falsedades.

O elenco de actores e actrices é o seguinte:

Sabela González Rodríguez

Andrea Araujo Alonso

Lucía González Alonso

Borja Araujo Alonso

Noelia Gómez González

Sheila Dacosta Ferreira

Cristina Eiras Rodríguez

Aloia Fernández Álvarez

Ricardo Dorado Riveiro

Rubén Cividanes Baz

17 jun 2011

Calendario desta fin de semana dos XIII Xogos Populares do Rosal

Velaquí vos deixamos o calendario e os horarios dos partidos que se celebrarán esta fin de semana no Pavillón Municipal con motivo dos XIII Xogos Populares do Rosal.



Canto de berce para Cibrán, arrolo da autoría de Berta Castro González


Arrolos ou Cantos de Berce, por Berta Castro González.

Todos/as sabemos que a música é unha linguaxe universal pola cal a través dela podemos expresar sensacións coma a ledicia, tristura, angustia, morriña, liberdade, desafogo… Cando cantamos expresámonos e comunicamos ó oínte aquilo que lle pretendemos transmitir.

Os cantos de berce ou arrolos son unha maneira de expresarlle ós nosos fillos/as amor á través do canto. O seu ritmo suave e melodía relaxante sérvenos para tranquilizar, arrolar e axudar a durmir ós nosos bebés.

Na actualidade son moitos os xoguetes musicais dos que están rodeados os nosos fillos co fin de estimulalos, relaxalos ou axudalos a durmir… pero o son que máis chama a atención dos bebés é a voz da nai, pois xa leva familiarizándose con ela dende que estaba no vientre… Cando a nai lle fala ó bebé, este presta atención, sorrí, imítaa… Entón, por que non lle cantamos xa ós nosos fillos???

Este Canto de berce está adicado ó meu fillo Cibrán que está a piques de cumprir seis meses. Cada noite despois dunha boa choreira Cibrán durme nos meus brazos arrolado ó compás deste e doutros cantos.


Canto de berce para Cibrán

Durme durme meu neniño
Durme meu neno Cibrán,
Que a lúa xa reloce
E o sol volta mañán.
Ea , ea.


Durme Enriba do meu peito
Que che fará de colchón,
Para que escoites moi preto
Como late o corazón.
Ea, ea.


As estreliñas do ceo
Acompáñante no sono,
Para que durmas tranquilo
Para que non durmas solo.
Ea, ea.


Neste berce pequerrecho
Neste berce vas durmir
Para despertar mañán
E novamente sorrir.
Ea, ea.


Pecha os ollos meu neniño
Para poder descansar
E soñar cousas fermosas
Que moito te van gustar.
Ea, ea.
Ea, ea.
Chssssssssssssssssss!!!!!

Berta Castro González

15 jun 2011

Próxima estación: Bruxelas. Percorrendo as institucións democráticas



Os participantes do San Xerome, na recente visita ao Congreso dos Diputados, en Madrid

Informa Carlos González Blanco / San Xerome

Un grupo de dezaseis mozos (oito deles do Centro San Xerome), de Galicia e Portugal iniciaron no mes de xaneiro un percorrido polas distintas institucións democráticas que os levaron dende o seu municipio, pasando polas institucións autonómicas, nacionais e cun destino final: Bruxelas.

O vindeiro luns día 20 de xuño o grupo ten unha reunión ó máis alto nivel con representantes da Comisión Europea, que atenden os asuntos específicos da discapacidade. A saída será o domingo 19, e o regreso, o martes 21 de xuño.

Este proxecto está subvencionado pola Unión Europea dentro do programa Juventud en Acción. Grazas a este financiamento o grupo de mozos pode coñecer persoalmente as institucións que nos representan e que se encargan das cuestións directamente relacionadas coas súas necesidades.

Estes encontros teñen a forma de reunión de traballo cos representantes das entidades. No concello da Guarda tiveron unha reunión co Alcalde e a concelleira de Benestar Social; os compañeiros de Portugal tiveron a mesma reunión na súa cámara municipal. En Santiago de Compostela tivemos un encontro de traballo na dirección Xeral de Discapacidade. En Madrid, a nosa derradeira visita ata o de agora continuou coa tónica de atoparnos persoalmente cos representantes da institución, neste caso, con D. Jacobo Martín Fernández, Subdirector General de Coordinación y Ordenación da Dirección General de Coordinacion de Políticas sectoriales sobre la discapacidad. De forma paralela os compañeiros de Portugal establecen os mesmos encontros cos representantes das entidades do seu país.

A próxima reunión en Bruxelas é moi importante para o grupo, porque é a primeira e única na que estaremos todos xuntos, xa que a Unión Europea é o órgano de goberno que nos unifica a todos.

Esta reunión na Comisión Europea ten un programa moi completo. Por un lado seremos informados do funcionamento da Comisión Europea e nunha segunda parte recibiranos Dna. Inma Placencia, da Unidad "Derechos de las personas con discapacidad", Dirección General de Justicia de la Comisión Europea.

Nesta actividade consideramos que estamos recibindo unha aprendizaxe sobre as nosas institucións pero tamén que as institucións se quedan con algo noso, xa que non é habitual ter esta interlocución directa dos funcionarios ou representantes políticos coas persoas para as que traballan.

Isto non o dicimos nós, se non que nolo transmiten as persoas coas que nos reunimos unha vez rematado o encontro. Para os participantes no proxecto estas viaxes e estas reunións lles permiten ter un encontro sen intermediarios nin representantes, son eles mesmos os que fan as preguntas e a eles a quen se lle responde. O crecemento persoal neste sentido está a ser moi valorado por todos e todas.

O percorrido continúa cunha segunda rolda de encontros nos mesmos estamentos onde despois de coñecer o seu funcionamento pasaremos a plantexar as nosas propias propostas.

Para máis información poden consultar o blog do grupo http://democracia.sanxerome.com  

Os deportistas do Club San Xerome destacan no Campionato de España



Informa Carlos González Blanco / San Xerome

Destacada actuación da Selección Galega. Ouro en Atletismo e prata en Baloncesto, con presenza de deportistas do San Xerome.

Esta fin de semana tivo lugar en Murcia o Campionato de España de seleccións autonómicas. A expedición galega estivo composta por corenta deportistas e quince técnicos da Federación, nas especialidades de atletismo masculino e feminino, fútbol sala masculino, baloncesto masculino e feminino, así como natación masculina e feminina.

O San Xerome estivo representado por un técnico e dez deportistas (fútbol sala, atletismo masculino e baloncesto feminino).

A competición estivo organizada pola FEDDI (Federación española de deporte para persoas con discapacidade intelectual).

Destacada actuación de Borja Cadilla nas probas de fondo, e boas as puntuación obtidas polo resto de compañeiros (tres do Club San Rafael, un do R. Chapela, un de Juan XXIII, e outro de Aspanaex) que fixeron posible acadar o primeiro posto.

O equipo de baloncesto feminino, formado por un técnico (David Parada) e cinco deportistas do noso Club (Amparo, Rosalía, Vanesa, Maite Barros e Maite Santos), Ana Belén de Aspanaex e Begoña do R. de Chapela, fixeron unha espectacular competición, acadando o segundo posto. Perderon tan só a final contra a Selección de Castilla La Mancha (na imaxe, o equipo pousando coa bandeira galega, trofeo e medallas conseguidas).

Remata así con esta fantástica noticia a tempada deportiva, que se reiniciará no mes de setembro. ¡Noraboa a deportistas e adestradores voluntarios pola excelente campaña!

Concerto da Unión Musical de Valladares no Auditorio Municipal do Rosal




A recoñecida banda "UNIÓN MUSICAL DE VALLADARES" -que dirixe José Iglesias Ramilo- ofrecerá o domingo 19 de xuño un concerto no Auditorio Municipal, dentro dos actos conmemorativos do 25 ANIVERSARIO da AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL. Será ás 20:30 horas co seguinte repertorio:


- PACO CAMPILLO de José Salvador González Moreno

- CAPRICHO ITALIANO de Tschaikowsky

- CANTAR, REIR, Y BAILAR, Cantos Populares de Mariano San Miguel

- LA BODA DE LUIS ALONSO, Intermedio de Gerónimo Giménez

- MESTRES DA ZARZUELA de Juan Lois Diéguez

- MUIÑEIRA DOS PENDELLOS de Juan Lois Diéguez
 
O día anterior, sábado 18 de xuño, a partir das 20:30 horas, haberá Audición de alumnos da Escola de Música correspondente ao 3º trimestre do curso.

9 jun 2011

Hoxe, venres 10 de xuño, comezan os XIII Xogos Populares do Rosal 2011


Este venres 10 de xuño, ás 21:00 horas, terá lugar no Pavillón Municipal a inauguración dos XIII Xogos Populares do Rosal. Velaquí vos deixamos o calendario dos vindeiros partidos de futbito e balonmán.

Na imaxe, o equipo de Novás de fútbol sala que se proclamou Campión na edición de 2010 tras derrotar na final ao conxunto de Marzán por 5 goles a 1. Marcaran nesa ocasión por Novás, Óscar (2), Dani, Fran e Paulo. O gol da honra de Marzán anotárao Sergio Lima.




7 jun 2011

Gradiant visita o Centro de Educación Especial San Xerome Emiliani



Texto e fotografías: Gradiant / San Xerome

"La visita se enmarca dentro del proyecto Tecnologías Especiales para Personas Especiales, cofinanciado por la FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología).

Al final del proyecto, GRADIANT habrá visitado centros de educación especial en todas las provincias gallegas.

La semana pasada treinta alumnos del centro de educación especial San Xerome Emiliani y sus profesores y cuidadores recibieron la visita de 10 técnicos de GRADIANT.


Esta visita se enmarca dentro del proyecto, cofinanciado por la FECYT, Tecnologías Especiales para Personas Especiales, que trata de acercar las nuevas tecnologías AAL a los centros de educación especial.


Estas tecnologías se les presentan a profesores y alumnos a través de diferentes y sencillos juegos, de forma que los alumnos se atreven a probar tecnologías que nunca antes habían usado. Durante estas visitas, no sólo los alumnos aprenden, si no que los ingenieros investigadores pueden observar las barreras, en muchos casos físicas, con las que se encuentran estas personas en su día a día y cuando intentan acceder a tecnologías que, precisamente a ellos, podrían mejorarles su calidad de vida.



Es el colectivo de personas con necesidades específicas el que mayor partido puede sacar de estas innovaciones: videoconsolas sin mando que obedecen a los gestos, un ratón que se maneja con sólo una mirada, juegos que se manejan con la mente... son sólo algunos ejemplos de las tecnologías que pueden ayudar a estos alumnos a entrar en contacto con diferentes interfaces que pueden facilitar sus procesos de aprendizaje, su vida diaria y su ocio.



Algunas de las tecnologías presentadas, están disponibles en la red de forma libre y otras están ya en el mercado, por lo que los alumnos pueden continuar disfrutándolas después de la visita. También pueden seguir utilizando las aplicaciones desarrolladas por GRADIANT para la ocasión.


GRADIANT volvió a contar con la colaboración de iQUBE y InfoJC".

Monográfico de "Técnicas de animación y tiempo de ocio" de Cruz Roja



Informa Neli Rodríguez.
 
"Desde la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño desarrollaremos los próximos días 23 y 24 de junio en horario de 09:00 a 14:00 un monográfico sobre “Técnicas de animación y tiempo de ocio” con una duración de 10 horas teóricas y 10 horas prácticas a desarrollar en los talleres de verano de las aulas de Cruz Roja.

El juego es considerado el principal medio de aprendizaje para los niños; algunos lo consideran como el trabajo más serio durante la infancia, es la manera más natural de experimentar y aprender; favorece el desarrollo del niño en diferentes aspectos: en su desarrollo socio emocional, ya que le permite expresar sus emociones y aliviar tensiones pues le proporciona placer y alegría.

Es un medio que le permite socializar ya que entra en contacto con otros niños y con los adultos, aprendiendo a respetar normas de convivencia y a conocer el mundo que lo rodea.

Cumple un rol muy importante en el desarrollo de su personalidad; en su desarrollo psicomotriz, pues le brinda la oportunidad de ser activo y explorar a través de su cuerpo y sus movimientos con toda libertad; en su desarrollo cognitivo, al jugar, el niño aprende y estimula sus capacidades de pensamiento, entre ellos, la atención, memoria y el raciocinio.

El juego permite que el niño haga uso de su creatividad, desarrolle su imaginación y posibilita el aprendizaje significativo puesto que la actividad lúdica capta el interés y la atención del niño.

La acción formativa tiene los siguientes contenidos: ocio y tiempo de dinámicas de grupo; expresión plástica, animación deportiva, expresión musical; bibliografía de especial interés; programación de las actividades.

En este curso puede participar de forma gratuita cualquier persona de la Comarca. Interesados anotarse en la sede de Cruz Roja en A Guarda o llamando a los teléfonos: 986 61 46 09 / 606 34 84 71".












Aberto o prazo de inscrición para as actividades de verán de Cruz Roja




Informa Neli Rodríguez.
"Iniciaremos diversas actividades en los ayuntamientos de A Guarda, Oia y Tomiño. Se prevé la participación de más de 75 niñ@s y 10 voluntari@s.

Cruz Roja Española informa que desde su Asamblea Comarcal Baixo Miño pondrá en marcha el próximo 4 de julio sus actividades de verano.

Las ludovermellas se desarrollarán en el CEIP Mestre Manuel García de Oia, en las dependencias de la Omix de Tomiño y en el parque de O Montiño de A Guarda, en horario de 11.00 a 13.00 h en la A Guarda y Oia, y en Tomiño de 10.00 a 13.00 h. Las actividades están dirigidas a niñ@s con edades comprendidas entre los 5 y 12 años.

La finalidad de estos talleres es hacer llegar a l@s niñ@s valores como solidaridad, tolerancia, cooperación, empatía, compañerismo, respeto… además de fomentar la interrelación entre niños de distintos grupos de edad.

Los objetivos que se pretenden conseguir son básicamente los siguientes:

- Promover la adquisición de nuevos hábitos lúdicos y educativos.

- Fomentar la participación.

- Promover la adquisición de valores y conductas positivas respecto a la vida grupal y a la convivencia.

- Reforzar y favorecer la creación de redes interpersonales…

Estos talleres, de carácter gratuito, serán realizados los lunes en Oia, martes y jueves en A Guarda y los viernes en Tomiño.

Para más información, reserva o inscripción deberán dirigirse a:

Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño
c/ Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo. A Guarda
Tel: 986 61 46 09 / 606 34 84 71

3 jun 2011

O Concello invita a celebrar entre todos o Día Mundial do Medio Ambiente


Imaxe da autoría de Danilo Prudencio Silva

Baixo o lema "Coidemos a Terra" o Concello do Rosal convida a celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, que será este domingo 5 de xuño.

Igualmente con motivo desta efeméride se recomenda aportar o que poidamos:

·Se é posible, fagamos os percorridos a pé
·Utilicemos a ducha en lugar do baño

·Non deixemos as billas abertas, nin goteando

·Utilicemos bolsas de tea para mercar, en lugar das bolsas de plástico
 ¡Entre todos podemos facer un mundo máis saudable!

2 jun 2011

Cursos gratuítos do Plan AFD en Informática Jaime, na Guarda e Tomiño



Segundo informa Rafael Vicente, de Informática Jaime, a Xunta de Galicia vén de conceder dous cursos gratuítos para desenrolar na Guarda e en Tomiño.



Un, de "Programador de Aplicacións Informáticas" (do 15 de xuño ao 3 de decembro) e outro de "Técnico en Sistemas Microinformáticos" (do 1 de xullo ao 30 de novembro).

Curso de ebanista no Concello do Rosal dende xullo a decembro deste ano

O Concello do Rosal realizará un curso de ebanista subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar e dirixido principalmente a persoas desempregadas. O curso consta de 818 horas que se impartirán entre os meses de xullo a decembro.
As persoas interesadas en participar deben ser demandantes de emprego e solicitar o curso na oficina do Inem de Tui.

Máis información:
Axencia de emprego e desenvolvemento local

Concello do Rosal - Centro Social Polivalente

Teléfono 986 60 94 50