TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

17 jun 2011

Canto de berce para Cibrán, arrolo da autoría de Berta Castro González


Arrolos ou Cantos de Berce, por Berta Castro González.

Todos/as sabemos que a música é unha linguaxe universal pola cal a través dela podemos expresar sensacións coma a ledicia, tristura, angustia, morriña, liberdade, desafogo… Cando cantamos expresámonos e comunicamos ó oínte aquilo que lle pretendemos transmitir.

Os cantos de berce ou arrolos son unha maneira de expresarlle ós nosos fillos/as amor á través do canto. O seu ritmo suave e melodía relaxante sérvenos para tranquilizar, arrolar e axudar a durmir ós nosos bebés.

Na actualidade son moitos os xoguetes musicais dos que están rodeados os nosos fillos co fin de estimulalos, relaxalos ou axudalos a durmir… pero o son que máis chama a atención dos bebés é a voz da nai, pois xa leva familiarizándose con ela dende que estaba no vientre… Cando a nai lle fala ó bebé, este presta atención, sorrí, imítaa… Entón, por que non lle cantamos xa ós nosos fillos???

Este Canto de berce está adicado ó meu fillo Cibrán que está a piques de cumprir seis meses. Cada noite despois dunha boa choreira Cibrán durme nos meus brazos arrolado ó compás deste e doutros cantos.


Canto de berce para Cibrán

Durme durme meu neniño
Durme meu neno Cibrán,
Que a lúa xa reloce
E o sol volta mañán.
Ea , ea.


Durme Enriba do meu peito
Que che fará de colchón,
Para que escoites moi preto
Como late o corazón.
Ea, ea.


As estreliñas do ceo
Acompáñante no sono,
Para que durmas tranquilo
Para que non durmas solo.
Ea, ea.


Neste berce pequerrecho
Neste berce vas durmir
Para despertar mañán
E novamente sorrir.
Ea, ea.


Pecha os ollos meu neniño
Para poder descansar
E soñar cousas fermosas
Que moito te van gustar.
Ea, ea.
Ea, ea.
Chssssssssssssssssss!!!!!

Berta Castro González

2 comentarios:

  1. OOOOO,,MOI MOI BONITO, GRACIAS BERTA POR SER UNHA ARTISTA, SEGUE ASÍ. BICOS

    ResponderEliminar
  2. esta moi ben, o canto, espero que se relaxe e durma dun tiron, o afillado

    ResponderEliminar