TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

15 jun 2011

Os deportistas do Club San Xerome destacan no Campionato de España



Informa Carlos González Blanco / San Xerome

Destacada actuación da Selección Galega. Ouro en Atletismo e prata en Baloncesto, con presenza de deportistas do San Xerome.

Esta fin de semana tivo lugar en Murcia o Campionato de España de seleccións autonómicas. A expedición galega estivo composta por corenta deportistas e quince técnicos da Federación, nas especialidades de atletismo masculino e feminino, fútbol sala masculino, baloncesto masculino e feminino, así como natación masculina e feminina.

O San Xerome estivo representado por un técnico e dez deportistas (fútbol sala, atletismo masculino e baloncesto feminino).

A competición estivo organizada pola FEDDI (Federación española de deporte para persoas con discapacidade intelectual).

Destacada actuación de Borja Cadilla nas probas de fondo, e boas as puntuación obtidas polo resto de compañeiros (tres do Club San Rafael, un do R. Chapela, un de Juan XXIII, e outro de Aspanaex) que fixeron posible acadar o primeiro posto.

O equipo de baloncesto feminino, formado por un técnico (David Parada) e cinco deportistas do noso Club (Amparo, Rosalía, Vanesa, Maite Barros e Maite Santos), Ana Belén de Aspanaex e Begoña do R. de Chapela, fixeron unha espectacular competición, acadando o segundo posto. Perderon tan só a final contra a Selección de Castilla La Mancha (na imaxe, o equipo pousando coa bandeira galega, trofeo e medallas conseguidas).

Remata así con esta fantástica noticia a tempada deportiva, que se reiniciará no mes de setembro. ¡Noraboa a deportistas e adestradores voluntarios pola excelente campaña!

0 comentarios:

Publicar un comentario