FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

26 abr 2012

"JOSE Y ROSY" ACTUARÁN EN VIGO PORTÉ. I CONVENCIÓN INTERNACIONAL DE DISCIPLINAS DE BAILE 2012



Despois de presentar a súa nova coreografía cun grande éxito en Burgos, a parella de bailaríns rosaleira "Jose y Rosy" desprázase esta fin de semana máis preto, en concreto á cidade olívica, para participar en "Vigo Porté 2012. I Convención Internacional de Disciplinas de Baile".

Durante tres días (27, 28 e 29 de abril) o Palacio de Congresos Mar de Vigo acollerá shows, obradoiros e espectáculos de baile, ademais do "I Certame de Baile Ciudad de Vigo".

¡¡Dende Noticias O Rosal, moita sorte para "Jose y Rosy"!!

O AUDITORIO ACOLLE A PRESENTACIÓN DO CLUB CICLISTA O ROSAL 2012


Este sábado 28 de maio ás 20:00 horas, terá lugar no Auditorio Municipal o acto de presentación do Club Ciclista O Rosal 2012

Dende a Directiva que preside Gerardo Álvarez Martínez convidan a este evento deportivo a todos os socios, simpatizantes e público en xeral.

25 abr 2012

O HUMORISTA ROBERTO CAMPELO ACTUARÁ NAS FESTAS DE NOVÁS

O martes 1 de maio de tarde e con motivo das Festas en Novás na honra de "San José Obreiro", terá lugar a actuación de Roberto Fernández Rodríguez, "Roberto Campelo".

O humorista rosaleiro, co seu show "A crisis tamén chegou a Novás", entrará en escea despois do Grupo de Pandereteiras Orballo da Agrupación Musical do Rosal e do Grupo de Acordeóns J.V. Armónica (con Jaime Vilas).

Haberá subasta, poñendo o broche final a estas Festas o grupo de música tradicional Deixandar.

24 abr 2012

O SÁBADO 12 DE MAIO CELÉBRASE NO ROSAL A FESTA DA BICICLETA




O sábado 12 de maio ás 18:00 horas terá lugar a Festa da Bicicleta, organizada polo Concello do Rosal coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra. O percorrido será o de costume e a idade mínima de participación é de 8 anos. 

CRUZ ROJA ESPAÑOLA Y LA FUNDACIÓN MULTIÓPTICAS CUIDAN LA VISTA DE LOS MÁS DESFAVORECIDOS



Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño
 
Fundación Multiópticas en colaboración con Cruz Roja Española presenta en Vigo los días 24 y 25 de abril una campaña de graduación gratuita de la vista y en caso de necesidad , de entrega de gafas graduadas (monturas y cristales a 7 personas beneficiarias de los programas de la Institución en el Baixo Miño).

La Fundación Multiópticas y Cruz Roja se unen en esta campaña solidaria que comenzó en Barcelona y Madrid y que ahora acoge Vigo.

Hoy, martes 24 de abril, en Cruz Roja Española en Vigo, c/ Ecuador, 16, a partir de las 10:00h comienza la campaña solidaria "Una mirada solidaria" de la Fundación Multiópticas en colaboración con Cruz Roja Española de graduación de forma gratuita de la vista a las personas que se acogen a sus programas, además de regalarles las gafas que puedan necesitar.
 
Siete personas han sido seleccionadas en la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño para que el día 25 de abril, se acerquen a Cruz Roja en Vigo para que un grupo de ópticos les examinen y determinen sus capacidades visuales y en caso de ser necesario, y de acuerdo con la valoración del informe realizado por los ópticos se les podrá proporcionar, de forma totalmente gratuita, unas gafas graduadas (monturas y cristales).
 
El perfil de las personas que van a ser examinadas comprende desde mayores de 65 años, niños menores de 14 años, personas inmigrantes, etc. Todos ellos son atendidos en los programas que Cruz Roja desarrolla en la provincia de Pontevedra a través de sus Asambleas Comarcales y Locales, de Vigo (32 personas), Baixo Miño (7 personas), Vilagarcía (9 personas), Ponteareas (8 personas), A Estrada (8 personas) y Pontevedra (28 personas).

Vigo será la tercera ciudad de la geografía española que acoge esta campaña, y la primera en la comunidad gallega. La iniciativa arrancó el pasado mes de octubre en Barcelona y a continuación en febrero en Madrid.

Esta acción forma parte del programa de lucha contra la pobreza y exclusión social de Cruz Roja y que en Vigo desarrolla también varios proyectos de atención a personas ante la crisis, como son la campaña de alimentos, el proyecto Sen Teito, apoyo escolar y entrega de material escolar, o el proyecto economízate con material de soporte a las familias en riesgo de exclusión social.

16 abr 2012

A PARELLA DE BAILARÍNS "JOSE Y ROSY" PRESENTARÁ A SÚA NOVA COREOGRAFÍA NO GRAN EVENTO BURGOSALSON 2012




Os días 20, 21 e 22 de abril a parella de bailaríns "Jose y Rosy" participarán en BurgoSalson 2012. Encuentro Internacional de Salsa y de Hip-Hop, presentando a súa nova coreografía.


Segundo os organizadores, trátase de "uno de los mayores espectáculos de baile y de ocio sano para jóvenes de España, con la participación de más de 60 artistas, entre agrupaciones y solistas de fama nacional e internacional en el mundo de la Salsa, Hip-Hop y Tango. Tres noches de espectáculos, fiestas sociales con baile y más de 24 talleres para aprender con lo mejor del mundo".

EL GRUPO O´FUNK´ILLO ABRIÓ LA PROGRAMACIÓN DE CONCIERTOS 2012 DE SALA LA HACIENDA EN O ROSAL

 

- El grupo sevillano demostró su calidad musical con un amplio repertorio de unas 2 horas de duración.

- O´funk´illo presentó en este concierto su último trabajo discográfico “sesión golfa”.

- Más de 100 personas acudieron a este Concierto en el que no faltaron los nuevos temas de O´funk´illo como “Hasta las cejas”, “Dame la pasta” o “Bulemetal”.

El pasado viernes 13 de abril el grupo sevillano O´Funk´illo abrió la programación de conciertos del año 2012 en la recién inaugurada Sala La Hacienda de O Rosal, presentando su último trabajo discográfico titulado “sesión golfa” en el que han colaborado artistas de la talla de Fortu (OBUS), Raimundo Amador, Manuel Molina (Lole&Manuel, Smash), Fundación Toni Manero (sesión de vientos) y Diego Carrasco entre otros...


Más de un centenar de “funkadictos” acudieron a esta cita musical en la que no faltaron los grandes clásicos de la Banda sevillana, así como las nuevas canciones del disco “Sesión Golfa” tales como “Hasta las cejas”, “Dame la pasta” o “Bulemetal” y algunas versiones de AC/DC o Led Zeppelin, entre otras.


Los fans del grupo se autodenominan funkáticos. La relación del grupo con sus fans siempre fue muy estrecha, creando una verdadera comuna que los seguía por toda la geografía en los cientos de conciertos que ha dado el grupo sevillano, el cual se identifica precisamente por estos.

En los directos, el grupo imprimía fuerza, guassa, e intención en su música, conformando un show que se repitió una vez más y como única ocasión en toda Galicia en la Sala La Hacienda de O Rosal.


El bajista Pepe Bao demostró su gran talento y dominio de su instrumento. ofreciendo a los asistentes algunos solos de bajo de más de 10 minutos de duración, interpretando inclusive canciones típicas gallegas como “A Rianxeira”, lo que enloqueció al público asistente al concierto.
 
La programación para próximos eventos estará disponible a través de la página web de Sala La Hacienda: www.salalahacienda.com 

ESTE DOMINGO, 22 DE ABRIL, CELÉBRASE A IX FEIRA DO LIBRO DO ROSAL



Este domingo, 22 de abril, durante todo o día, terá lugar na Praza do Calvario a IX Feira do Libro do Rosal, organizada pola concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo. En caso de choiva, celebraríase no Salón de Exposicións municipal.

Está confirmada a participación das librerías rosaleiras Colores e Multinovás, así como Cervantes e Ler (A Guarda), Verbas e Novidades (Tomiño), Libraida (Gondomar) e a Editorial Galaxia.

Haberá obradoiros e contacontos para os máis pequenos, coa presenza de Sabine Pfister e o paiaso Tururú.

12 abr 2012

O'FUNK'ILLO OFRECERÁ HOXE, VENRES 13 DE ABRIL, NA SALA LA HACIENDA, O SEU ÚNICO CONCERTO EN GALICIA



Sala La Hacienda / O Rosal

- Los funkáticos gallegos podrán disfrutar de esta actuación a un precio de 12€ la entrada anticipada y de 15€ en taquilla.

- O´funk´illo presenta su último trabajo discográfico “sesión golfa”.

- El disco está producido por O'FUNK'ILLO y Alvaro Gandúl y mezclado por Jacobo Fernández, en Sevilla y tiene el toque inconfundible de la banda, con mucho Funk, Soul, Metal, Rock, Hip Hop o flamenco, como es habitual en la banda.

Hoy, viernes 13 de abril de 2012, el grupo sevillano O´Funk´illo abrirá la programación de conciertos del año 2012 en la recién inaugurada Sala La Hacienda de O Rosal, presentando su último trabajo discográfico titulado “sesión golfa” que ha salido a la venta el pasado 7 de junio de 2011 y en el que han colaborado artistas de la talla de Fortu (OBUS), Raimundo Amador, Manuel Molina (Lole&Manuel, Smash), Fundación Toni Manero (sesión de vientos) y Diego Carrasco entre otros...

Los comienzos de O'Funk'illo se remontan al año 1997, cuando actuaban bajo el nombre de Motherfunkers, principalmente haciendo versiones. El grupo obtuvo buena acogida, y decidieron empezar a componer con el actual nombre de O'funk'illo.

Con el tiempo, el grupo consolidó su éxito, formando parte obligatoria del cartel de varios festivales de música de importancia, como el Viña Rock o el Espárrago Rock y multitud de conciertos en solitario por toda España.

Su último trabajo tuvo una especial acogida, tanto en el público, como en los medios, obteniendo el premio a mejor álbum/grupo de rock alternativo en los premios de la música 2006, que subió a recoger Andreas Lutz, líder del grupo.

Andreas fue un vocalista de marcada personalidad, siempre cantando en andaluz e incluyendo la jerga sevillana en sus letras, fundador del sello independiente Artelojazz Producciones Creativas, con el que lanzó a Vikingo M.D., ex cantante de Narco, colaborador habitual en los discos de O'Funk'illo.

Los fans del grupo se autodenominan funkáticos. La relación del grupo con sus fans siempre fue muy estrecha, creando una verdadera comuna que los seguía por toda la geografía en los cientos de conciertos que ha dado el grupo sevillano, el cual se identifica precisamente por estos. En los directos, el grupo imprimía fuerza, guasa, e intención en su música, conformando un show que dirigía Andreas, acompañado por Pepe Bao al bajo y Javi Marciano a la guitarra. Sus fans lo calificaban como "el show con más poca vergüenza de la historia".

Además de producir sus dos últimos discos, O'Funk'illo fueron productores y promotores del grupo Las Niñas, cuyas componentes Aurora Power, ex mujer de Andreas Lutz, y Vicky G. Luna, fueron coristas de O'funk'illo durante sus primeras giras.

En 2010 se lleva a cabo la reunión de O´funk´illo con el motivo de celebrar el décimo aniversario del lanzamiento de su primer disco. La idea de la reunión fue dar un número limitado de conciertos, aunque el reencuentro entre Andreas, Pepe y Javi sirve para limar asperezas entre ellos y finalmente deciden reanudar el proyecto de manera indefinida. La gira se prorroga durante todo el año realizando más de 60 conciertos con un éxito rotundo, y nombrar los clásicos Rock In Río, Viña Rock o En Vivo, como festivales destacados.

La banda entonces anuncia nuevo disco para el 2011 y gira. El tour de aniversario y vuelta a los escenarios se prolongó hasta finales de marzo del 2011. Mientras tanto la banda ya estaba en el estudio con los nuevos temas.
 
El nuevo disco de O'Funk'illo se acabó a finales de abril de 2011, tiene por título “Sesión Golfa” y la salida de publicación fue el pasado 7 de junio de 2011.

El disco está producido por O'FUNK'ILLO y Alvaro Gandul y mezclado por Jacobo Fernández, en Sevilla y tiene el toque inconfundible de la banda, con mucho Funk, Soul, Metal, Rock, Hip Hop o Flamenco, como es habitual en la banda.

Las entradas anticipadas para este Concierto de O´funk´illo en Sala La Hacienda de O Rosal se podrán adquirir a través de www.laboleteria.es por el precio de 12€, o bien el día del concierto en taquilla por el precio de 15€.

A ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO CLUB CICLISTA O ROSAL SERÁ O DOMINGO 22


Deixámosvos íntegra a última entrada publicada na web do Club Ciclista O Rosal:

"Sres.Sras. Socios/as.
 
Pola presente quedan Vdes. convocados/as á reunión da Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o domingo 22 de abril de 2012 ás 11:00 horas en primeira convocatoria, e ás 11:30 en segunda, no local social do CLUB situado nos baixos da Gardería Municipal de Pías, co seguinte

ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

2. Estado de contas. Balance-liquidación da tempada 2011.

3. Proxectos e presupostos para o ano 2012.

4. Informe do Presidente: Memoria de actividades da tempada 2011.

5. Rogos e preguntas.
 
O Rosal, a 01 de abril de 2012
 
O Presidente
Asdo: Gerardo Álvarez Martínez

CONCURSO PARA O CARTEL ANUNCIADOR DA XX FEIRA DO VIÑO DO ROSAL 2012

Tal e como se pode ler na súa web, o Concello do Rosal, no seu desexo de promocionar os produtos típicos do municipio, convoca o Concurso para a selección do Cartel Anunciador da XX Feira do Viño, que tamén se estende ós temas hortícolas e florícolas.



BASES

1.- Poderá participar neste certame calquera persoa, sen límite de idade, tanto residente no noso país como no estranxeiro.

2.- Establécese un premio individual de 400 € para o cartel gañador.

3.- O premio poderá quedar deserto se o xurado así o estimase.

4.- Para optar ó premio, os traballos deben ser orixinais, realizados en cartolina de 44 cms. de ancho por 64 cms. de alto e poderán estar realizados en unha ou varias cores ou fotografía, sen límites en canto a técnicas. Presentaranse en soporte ríxido que permita a súa exposición.

5.- No que atinxe á temática, versará de xeito prioritario sobre o viño, así como a horta e a flor. Deberanse incluir necesariamente os seguintes textos: XX FEIRA DO VIÑO DO ROSAL e 13, 14 e 15 de xullo de 2012. O cartel non poderá levar inserido ningún logotipo.

6.- Os carteis deberán ser presentados con pseudónimo, acompañados dun sobre pechado no que figure escrito o pseudónimo no exterior e contendo no seu interior o nome e apelidos do autor, DNI ou NIF, enderezo e teléfono de contacto.

7.- Os traballos deberán ser presentados no Centro Social Polivalente (Rúa Cabaqueiros nº 4 - 36.770 O Rosal) na instancia facilitada ó efecto coa indicación: “Concurso para a selección do Cartel Anunciador da XX Feira do Viño. Concello do Rosal” onde constarán exclusivamente o pseudónimo, o teléfono e a data de presentación.

8.- O prazo de admisión de carteis pecharase o día 9 de MAIO de 2012 ás 13:00 horas.

9.- O Xurado darase a coñecer no momento que se estime oportuno.


10.- Unha vez determinado o gañador do Concurso a decisión do xurado será inapelable, e farase pública antes do día 17 de maio. A entrega do premio realizarase no momento e xeito que se estimara.

11.- O Concello do Rosal poderá difundi-lo traballo premiado do xeito que considere oportuno e dispoñerá de tódolos dereitos sobre o mesmo.

12.- A retirada dos traballos presentados deberá efectuarse durante o mes de xuño de 09:00 a 13:00 perdendo os dereitos sobre os mesmos en caso de non facelo.

13.- A presentación a este concurso implica a aceptación plena das presentes bases.

11 abr 2012

AGRADECEMENTO DA ORGANIZACIÓN DO II TORNEO DE FÚTBOL INFANTIL U.D. RIBERA. CONCELLO DO ROSAL 2012


Velaquí vos deixamos -íntegra e en castelán- a nota de prensa recibida na nosa Redacción:

"El pasado sábado 7 de abril se celebró el II torneo de fútbol infantil U.D. Ribera - Concello do Rosal.

La Organización quiere agradecer la buena disposición de todos los entrenadores y delegados, así como el juego limpio demostrado en todos los encuentros, lo que nos hizo disfrutar a todos de una excelente jornada de fútbol base.

A partir de hoy comenzamos a trabajar en la edición del próximo año, en la que esperamos superar la calidad deportiva y organizativa del evento, pretendiendo consolidarnos como el referente en torneos de fútbol de base del sur de Galicia.

Hemos actualizado nuestra web, incorporando los resultados, galerías fotográficas, agradecimientos, etc, e incorporamos la sección ¿QUÉ OPINAS? para que puedas expresar tu opinión, realizar sugerencias, críticas constructivas, etc, mediante un correo electrónico.


Esperando ver cumplidas las expectativas de todos los equipos participantes y de los espectadores, nos despedimos atentamente hasta la próxima edición.

La Organización".


O REAL CLUB CELTA DE VIGO, CAMPIÓN DO II TORNEO INFANTIL U.D. RIBERA CONCELLO DO ROSAL, QUE FOI UN ÉXITO



O R.C. Celta de Vigo proclamouse campión do II Torneo Infantil de Fútbol U.D. Ribera Concello do Rosal ao vencer na final ao Sporting Guardés.

O torneo, que foi un éxito de participación e de organización, contou con equipos de contrastada calidade como eran o Getafe C.F., Val Miñor, Areosa ou Pontevedra C.F.

Tamén foron da partida o Sporting Guardés, Erizana e U.D. Ribera.

O Estadio Municipal da Mata encheuse ata a bandeira. Máis de 2000 persoas pasaron pola instalación deportiva ao longo de todo o día.

O público asistente puido disfrutar do magnífico espectáculo que ofreceron todos os equipos, con partidos igualados e emocionantes.

Ás semifinais chegaron Celta e Valmiñor por un lado e Areosa e Sporting Guardés polo outro.



Destacar como particularidade, que a Organización do Torneo ofreceu a todos os equipos a comida nun restaurante do Rosal e a merenda nas instalacións deportivas.

No acto de entrega de premios estiveron presentes –entre outros- o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, o alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, a tenente de alcalde Mari Carmen Alonso, o concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz e o presidente do club U.D. Ribera, José Manuel Álvarez.

Dende Noticias O Rosal agradecemos novamente a Manuel Villa, Juan C. Álvarez, Abelardo López, Leo Rodríguez e Piño Gómez, a información e fotografías facilitadas para a elaboración desta reportaxe, á vez que felicitamos a todos os membros da Organización deste II Torneo, animándoos a seguir nesta liña. ¡¡Noraboa!!








10 abr 2012

O RIBERA ALEVÍN XOGARÁ CONTRA BARCELONA E DEPORTIVO NO VI TORNEO DE FÚTBOL BASE CONCELLO DE CERCEDA



O pasado xoves día 5 de abril a U.D. Ribera Alevín disputou a fase previa do VI Torneo de Fútbol Base Concello de Cerceda (A Coruña) quedando cuarto clasificado.
 
Esta cuarta posición lle dá dereito a participar na fase final contra equipos como o F.C. Barcelona, Valencia C.F., R.C. Deportivo de A Coruña ou R.C. Celta de Vigo, que se disputará o 28 de abril nas instalacións deportivas O Roxo, de Cerceda.

O Ribera quedou emparellado no grupo A con Orillamar, Deportivo e Barcelona. No grupo B estarán Valencia, Celta, Montañeros e Lugo.


O equipo Alevín do Ribera, que dirixen Nel e Capi, veñen de proclamarse campións do Torneo da Amizade en Tui e do Torneo de A Guarda por segundo ano consecutivo.

O bo traballo realizado nas categorías inferiores do Ribera se ve reflectido no nivel que están acadando os equipos e a proxección que teñen os nenos.

Dende Noticias O Rosal, o noso sincero agradecemento a Manuel Villa, Nel, Leo e Quesy por facilitarnos a información e fotografías desta pequena crónica.


GRANDES FESTAS NA HONRA DE SAN JOSÉ OBREIRO 2012 EN NOVÁS



Os días 30 de abril e 1 de maio celebraranse en Novás as Festas na honra de San José Obreiro.

O luns 30, gran verbena a cargo das orquestras Jerusalén e La Bámbola.

O martes día 1 de maio, ás 11:30 horas, acompañada da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal, baixada do Santo en procesión ata a Praza de Novás, onde se celebrará ás 12 unha misa de campaña na honra de San José, cantada pola coral Ecos do Folón.

Xa de tarde e a partir das 17:00 horas, actuación do Grupo de Pandereteiras Orballo da Agrupación Musical do Rosal.

A continuación, actuará o Grupo de Acordeóns J.V. Armónica (con Jaime Vilas).

Terá lugar en Novás o Show de Roberto Campelo ("A crisis tamén chegou a Novás") e subasta de produtos típicos.

O grupo de música tradicional Deixandar porá o broche final a estas Festas.

Dende a Organización, lembran que o recinto estará cuberto por unha gran carpa.

PARTIDO DE FUTBITO AMIGABLE EN PÍAS CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE


Na imaxe, algúns dos xogadores/as que participaron no partido amigable de futbito que se celebrou o pasado Xoves Santo en Pías, con motivo do Día Mundial da Saúde 2012 e coincidindo coa visita do noso amigo, o "madrileño" Julio Núñez, a O Rosal.

9 abr 2012

SANXIÁN. GRANDES FESTAS NA HONRA DE SAN JULIÁN. SANTO DA FEBRA (14 E 15)


Sanxián acollerá esta fin de semana (14 e 15 de abril) as grandes festas na honra de San Julián. Santo da Febra.

O sábado 14, a partir das 20:30 horas, terá lugar a actuación do grupo de gaitas Aires do Valdarca. Xa pola noite, ás 0:00 horas, actuará a Charanga 5+1.


O domingo 15, de mañá, pasarrúas a cargo de Breogán Valle Miñor. Ás 12 horas, misa cantada polo Coro da Terceira Idade de A Guarda, para de novo disfrutar da actuación de B.V.M.

Rematadas estas actuacións, celebrarase a tradicional subhasta de produtos típicos. De tarde, actuará o Grupo de Gaitas da Terceira Idade de A Guarda. A continuación, verbena coa orquestra Azalea e o grupo Suevia. Haberá cantina e o recinto estará cuberto.

PROXECCIÓN DA PELÍCULA "ENREDADOS" NO AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL




O sábado 14 de abril ás 18:30 horas terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal a proxección da película de animación infantil ENREDADOS (Tangled), que foi nominada en 2010 ao Óscar á mellor canción, con dúas nominacións tamén nos Premios Annie.

Sinopse: "Flynn Rider, el más buscado -y encantador- bandido del reino, se esconde en una misteriosa torre y allí se encuentra con Rapunzel, una bella y avispada adolescente con una cabellera dorada de 21 metros de largo, que vive encerrada allí desde hace años. Ambos sellan un pacto y a partir de ese momento la pareja vivirá emocionantes aventuras en compañía de un caballo superpolicía, un camaleón sobreprotector y una ruda pandilla de matones". (FILMAFFINITY)

7 abr 2012

HOXE, 7 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DA SAÚDE



Asociación Érguete Baixo Miño
 
Con motivo do Día Mundial da Saúde 2012, A Asociación Érguete Baixo Miño únese á Campaña da OMS na que nos presenta algunhas persoas de idade en todo o mundo, lonxe dos estereotipos que polo xeral pesan sobre elas.

Recomendamos que se adopte un estilo de vida saudable ao longo de todo o ciclo vital, co fin de preservar a vida, manterse san e paliar a discapacidade e a dor na vellez. Os ambientes adaptados ás necesidades das persoas maiores, a prevención, a detección precoz e o tratamento de enfermidades melloran o benestar dos maiores.

Na campaña do Día Mundial de la Saúde deste ano, a OMS desexa ir más aló da labor de sensibilización para promover accións concretas e un cambio positivo. Esta campaña ten como obxectivo conseguir a participación de toda a sociedade –as instancias normativas, os/as políticos, os/as maiores e a mocidade – co fin de:

· Adoptar medidas destinadas a crear una sociedade que recoñeza o valor das persoas maiores e a súa achega, e lles permita participar plenamente.

· Contribuír a protexer e mellorar a saúde da poboación a medida que envellece.

Lanzarse de cabeza dende as grandes alturas é a paixón de Helmut Wirz, de 87 anos (na imaxe). Este farmacéutico xubilado descubriu o salto con corda elástica (bungee-jumping) cando tiña 75 anos, «Cando estou aí, suspendido, síntome completamente en calma», comenta, a pesar de que só o sostén unha corda elástica atada nas pernas.
 
Máis información desta campaña en:

1 abr 2012

O CLUB CICLISTA O ROSAL FAI RESUMO DUNHA TEMPADA CHEA DE ÉXITOS



Na última entrada da web do Club Ciclista O Rosal podemos ver o resumo da tempada cos éxitos máis destacados en "Carretera, Ciclocross e BTT" onde lembran "se acadaron triunfos e títulos con eco autonómico e nacional e tamén como non no veciño Portugal, onde a pesares de non participar en tódalas probas da Taça de Portugal, tamén se acadaron importantes resultados".

Podiums conseguidos:

1º Posto.........31

2º Posto.........17

3º Posto........ 21

RESULTADOS MÁIS DESTACADOS

Antonio Portela Campión de España en Carretera Cadete

Antonio Portela 4º posto no Campionato de España Contrarreloxo Carretera Cadete

Antonio Portela Medalla de Bronce no Campionato de Galicia en Carretera Cadete

Antonio Portela Campión de Galicia Contrarreloxo Cadete

Antonio Portela Subcampión Galego Ciclocross Júnior

Antonio Portela 11º no Campionato de España de Ciclocróss Júnior

Antonio Portela Medalla de Bronce Campionato de Galicia de BTT Cadete

Antonio Portela 5º na Taça de Portugal de Ciclocróss Júnior

Raúl Fernández Campión Galego Ciclocróss Cadete

Raúl Fernández Medalla de Bronce no Campionato de España de Ciclocróss Relevos

Raúl Fernández 6º no Campionato de España de Ciclocróss Cadete

Raúl Fernández 4º no Campionato de Galicia de BTT Cadete

Raúl Fernández 4º na Taça de Portugal de Ciclocróss Cadete

Manuel González Campión Galego Ciclocross Júnior

Manuel González Medalla de Bronce no Campionato de España de Ciclocróss Relevos

Manuel González 4º no Campionato de España de Ciclocróss Júnior

Manuel González Medalla de Bronce na Taça de Portugal de Ciclocróss Júnior

Andrés Fernández Medalla de Prata na Taça de Portugal de Ciclocróss Cadete

Cristóbal Coimbra 36º no Campionato de España de Ciclocróss Cadete

Cristóbal Coimbra 9º na Taça de Portugal de Ciclocróss Cadete

Alejandro Lomba 7º na Taça de Portugal de Ciclocróss Júnior

Mario Fernández Campión do Calendario Galego Benxamín