TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

11 abr. 2012

O REAL CLUB CELTA DE VIGO, CAMPIÓN DO II TORNEO INFANTIL U.D. RIBERA CONCELLO DO ROSAL, QUE FOI UN ÉXITO



O R.C. Celta de Vigo proclamouse campión do II Torneo Infantil de Fútbol U.D. Ribera Concello do Rosal ao vencer na final ao Sporting Guardés.

O torneo, que foi un éxito de participación e de organización, contou con equipos de contrastada calidade como eran o Getafe C.F., Val Miñor, Areosa ou Pontevedra C.F.

Tamén foron da partida o Sporting Guardés, Erizana e U.D. Ribera.

O Estadio Municipal da Mata encheuse ata a bandeira. Máis de 2000 persoas pasaron pola instalación deportiva ao longo de todo o día.

O público asistente puido disfrutar do magnífico espectáculo que ofreceron todos os equipos, con partidos igualados e emocionantes.

Ás semifinais chegaron Celta e Valmiñor por un lado e Areosa e Sporting Guardés polo outro.



Destacar como particularidade, que a Organización do Torneo ofreceu a todos os equipos a comida nun restaurante do Rosal e a merenda nas instalacións deportivas.

No acto de entrega de premios estiveron presentes –entre outros- o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, o alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, a tenente de alcalde Mari Carmen Alonso, o concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz e o presidente do club U.D. Ribera, José Manuel Álvarez.

Dende Noticias O Rosal agradecemos novamente a Manuel Villa, Juan C. Álvarez, Abelardo López, Leo Rodríguez e Piño Gómez, a información e fotografías facilitadas para a elaboración desta reportaxe, á vez que felicitamos a todos os membros da Organización deste II Torneo, animándoos a seguir nesta liña. ¡¡Noraboa!!








0 comentarios:

Publicar un comentario