25 abr 2014
O 10 DE MAIO, XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”
A XIV Andaina “Val do Rosal. O Paraíso dende as alturas”
do programa deportivo-cultural “O Rosal. Coñece o teu concello” que estaba
prevista para o 26 de abril, aprázase por mal tempo, en principio, ata o
vindeiro sábado 10 de maio de 2014.
Nesta ocasión percorreranse os montes do Campo do Couto,
subindo ao punto máis alto e estratéxico da vila, onde se poderá disfrutar
dunha impresionante e marabillosa paisaxe cara ao Val do Rosal e á
desembocadura do río Miño.
Igualmente visitaranse algúns dos últimos petróglifos descubertos
–de época histórica-, en concreto un grupo de gravados cruciformes, moi preto
da “Fonte do Home”, no lugar das Cortes, que datan dos séculos IV-V despois de
Cristo.
A distancia total da andaina será duns 12 km
aproximadamente, de dificultade media e cunha duración aproximada de 3 horas.
Como de costume, a saída terá lugar ás 15:30 horas. O
punto de partida e de estacionamento dos vehículos será o Alto da Portela
(xuradía de Marzán).
A andaina está organizada polo Concello do Rosal e ao igual
que as anteriores, estará guiada por Juan Ramón Martínez Barbosa, que ofrecerá
as correspondentes explicacións históricas durante todo o percorrido e nos
desvelará algúns dos curiosos segredos e lendas destes fermosos enclaves.
Para apuntarse a este percorrido -inscrición gratuíta- e
para máis información, poden achegarse ata o Concello ou chamar ao 986 62 50
00, deixando nome e apelidos así como un teléfono de contacto.
SHOW DE BACHATA SENSUAL DE "JOSE & ROSY" NO SINGULAR (A GUARDA)
25.4.14
Comentar
Os bailaríns rosaleiros, Jose & Rosy, recoñecidos artistas internacionais, actuarán este venres 25 de abril, á noite, no Singular (A Guarda) ofrecendo un "Show de bachata sensual", a bo seguro, un espectáculo digno de presenciar.
Xa o domingo 27, Jose & Rosy desprazaranse ata Barcelona para actuar no Esencia Salsa Club.
¡Dende Noticias O Rosal, moitos éxitos e de novo a nosa noraboa!
24 abr 2014
FESTAS DE "SAN JOSÉ OBREIRO" EN NOVÁS (30 DE ABRIL E 1 DE MAIO)
O mércores 30 de abril e o xoves 1 de maio terán lugar en Novás (O Rosal) as agardadas festas na honra de "San José Obreiro".
O día 30, gran verbena a cargo das orquestras ISMAEL e ALCÁZAR, que se prolongará ata altas horas da madrugada.
O día 1 de maio, ás 11:30 horas, acompañado do GRUPO DE GAITAS A BOALLEIRA, baixada do Santo en procesión ata a Praza, onde se celebrará ás 12:00 horas unha Misa de Campaña na honra de San José, cantada pola coral ECOS DO FOLÓN.
Xa a partir das 18:00 horas, de novo actuación do grupo de gaitas A BOALLEIRA.
A continuación, actuará o MAGO RICHARD e procederase á tradicional "Subasta de productos típicos".
O ROSAL CELEBRA ESTE DOMINGO 27 DE ABRIL A SÚA XI FEIRA DO LIBRO
O vindeiro domingo 27 de abril celebrarase a XI Feira do Libro do Rosal, que se organiza anualmente dende a concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo.
A partir das 12 da mañá, contacontos, maxia e guiñol. Xa a partir das 17:00 horas, obradoiro de "marcapáxinas monstruosos".
Durante todo o día haberá un desconto do 20% na merca de libros.
CINE NO ROSAL. PROXECCIÓN DA PELÍCULA "MONSTRUOS UNIVERSITY"
Este sábado 26 de abril, a partir das 18:30 horas, cine no Auditorio Municipal do Rosal coa proxección da película de animación, Monstruos University.
Segundo se pode ler en Filmaffinity: "Mike Wazowski y James P. Sullivan son amigos inseparables, pero no siempre fue así. Cuando se conocieron en la Universidad, no se podían soportar, pero acabaron superando sus diferencias y se convirtieron en los mejores amigos. Precuela de la exitosa Monstruos S.A."
Velaquí vos deixamos o trailer.
23 abr 2014
CONFERENCIA PÚBLICA IMPARTIDA POR MARÍA PAREDES MARTÍNEZ
23.4.14
Comentar
Informa: Jasmin Martínez Paredes
O Centro Cultural da Guarda acolle este venres 25 de abril, ás 20:00 horas, unha conferencia sobre o tema "Afrontar el proceso de muerte desde la felicidad ¡es posible!" a cargo de María Paredes Martínez, asesora psicoespiritual voluntaria.
María orienta, asiste e acompaña a pacentes e familiares no proceso de achegamento ao umbral da morte. Ademais é autora dos libros: Mi indescriptible camino. Una historia real; Recuerdo al olvido; El silencio del eco.
O acto, que conta coa colaboración do Concello da Guarda, é de entrada libre e gratuíto.
22 abr 2014
COMIDA DE CONFRATERNIDADE PARA CELEBRAR O XV ANIVERSARIO DE ACOR
Segundo se comunica dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal, o vindeiro domingo 11 de maio ás 14:00 horas, terá lugar no Restaurante Juan unha comida de confraternidade para conmemorar o XV Aniversario da Asociación de Comerciantes e Industriais do Rosal (ACOR), que preside José Martínez González (Pepe Berdeal).
Igualmente, ACOR está preparando a campaña do Día da Nai, celebrando un sorteo o xoves 8 de maio ás 20:30 horas no local da Asociación, consistente en dous baterías de cociña de cinco pezas, dous xogos de tres sartés e dúas sarténs "xira tortillas".
Máis información no teléfono 628 875 029.
16 abr 2014
O ESCRITOR ROSALEIRO JOSÉ MARTÍNEZ DE SOUSA PUBLICA NOVO LIBRO
Hai uns días foinos remitido á nosa Redacción a terceira edición do libro Ortografía y ortotipografía del español actual, da autoría de José Martínez de Sousa, recoñecido escritor, lexicógrafo e técnico editorial rosaleiro, afincado en Cataluña.
A obra, que está dedicada novamente á súa muller, Pili, consta de 560 páxinas, onde se propón introducir ao lector "en el conocimiento de la ortografía usual y al propio tiempo en el de la ortotipografía, es decir, la forma de expresar nuestros mensajes por medio de los elementos tipográficos".
Segundo Martínez de Sousa "el ordenador ha cambiado radicalmente nuestras costumbres comunicativas en el universo de lo gráfico. Poco a poco ha ido desapareciendo la carta personal, manuscrita, íntima y ha sido sustituida por el mensaje público, con letras de imprenta, despersonalizado, intercambiado con otros en un foro cualquiera de la Internet".
O rosaleiro José Martínez de Sousa é autor de máis dunha vintena de libros e foi, entre outros cargos, presidente da Asociación Internacional de Bibliología (AIB) ou da Asociación Española de bibliología (AEB), da que actualmente é presidente honorario.
O RIBERA, CAMPIÓN INVICTO, CONSEGUE O ASCENSO Á 1ª AUTONÓMICA
Dende Noticias O Rosal a nosa noraboa ao equipo infantil da U.D. Ribera de fútbol, que como se pode ler na súa web, completou unha "magnifíca temporada" ao proclamarse campión sen perder ningún partido e logrando desta maneira o ascenso á 1ª Autonómica por primeira vez na súa historia.
Os nosos parabéns ao seu adestrador Sergio Rodríguez Teixeira e aos seus porteiros, Marcos López e David Telleira, que foron os cancerbeiros menos goleados.
Destacar así mesmo que o "pichichi" da categoría foi Marco Villa, que se proclamou máximo goleador con 51 goles.
9 abr 2014
O RIBERA INFANTIL XÓGASE O ASCENSO ESTE SÁBADO 12 DE ABRIL NA MATA
Información e fotografía: U.D. Ribera
Os infantís do U.D. Ribera xóganse o ascenso na última xornada de Liga fronte ao Erizana. A cita, este sábado 12 de abril ás 16:30 horas, no Estadio Municipal da Mata.
Despois dunha disputada temporada, a liga se decidirá na última xornada, este sábado. O Ribera encabeza a clasificación con 61 puntos (19 vitorias, 4 empates e 0 derrotas), mentras que o Gondomar ocupa a segunda praza con 60 puntos, a tan só un punto dos rosaleiros.
O Ribera ten un complicado partido contra o Erizana, cuarto clasificado e que no partido de ida xa puso en problemas aos locais, con empate a un gol.
Unha vitoria contra o Erizada daría o título e o ascenso directo á 1ª Autonómica.
8 abr 2014
O NOVÁS E CONRAZONES ÚNENSE EN O ROSAL POR UNHA BOA CAUSA
Este sábado 12 de abril (19:30 horas) o Mecalia Atlético Novás despide no pavillón municipal do Rosal a Liga, xogando contra o BM Artabro e colaborando unha vez máis coa asociación solidaria Conrazones (dedicada "á axuda a familias e persoas en situacións de extrema necesidade").
Tal e como reza o cartel, dende o club de balonmán da vila animan a levar 1kg de alimentos "leite, conservas, aceite...", recibindo a cambio unha entrada gratis.
Unha vez remate o partido, varios xogadores e membros rosaleiros do Club Atlético Novás serán homenaxeados no II Recoñecemento ao Mérito Deportivo do Rosal 2014.
Unha vez remate o partido, varios xogadores e membros rosaleiros do Club Atlético Novás serán homenaxeados no II Recoñecemento ao Mérito Deportivo do Rosal 2014.
7 abr 2014
CAMIÑO DE SANTIAGO DENDE O ROSAL PARA MAIO E XUÑO DE 2014
O Concello do Rosal organiza unha peregrinación a Santiago de Compostela polo Camiño Portugués da Costa, que se realizará en tres fins de semana. Para máis información e inscricións poden contactar co Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal (986 62 50 00).
CAMIÑO DE SANTIAGO DENDE O ROSAL
24 e 25 de maio
Día 24 de maio: Tramo O Rosal-Ramallosa
Día 25 de maio: Tramo Ramallosa-Chapela
31 de maio e 1 de
xuño
Día 31 de maio: Tramo Chapela-Pontevedra
Día 1 de xuño: Tramo Pontevedra-Caldas de reis
7 e 8 de xuño
Día 7 de xuño: Tramo Caldas de Reis-Teo
Día 8 de xuño: Tramo Teo-Santiago de Compostela
Aproximadamente realizaranse 25 km cada día, excepto o 8 de
xuño que será a chegada a Santiago de Compostela. Prazas limitadas.
CONSULTA DO CENSO PARA AS ELECCIÓNS AO PARLAMENTO EUROPEO
7.4.14
Comentar
Informa: Concello do Rosal
Con motivo da celebración das Eleccións ó Parlamento Europeo o vindeiro 25 de maio de 2014, o Censo Electoral poderase consultar dende o 7 ao 14 de abril, ambos inclusive, en horario de 8:00 a 15:00 horas no Concello do Rosal.
ACOR ORGANIZA UN CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS EN O ROSAL
7.4.14
Asociación de Comerciantes do Rosal (ACOR), Centro Social Polivalente, José Martínez González (Pepe Berdeal)
Comentar
José Martínez González (Pepe Berdeal) / ACOR
A Asociación de Comerciantes do Rosal organiza un curso de manipulador de alimentos que terá lugar o vindeiro mércores 30 de abril, de 10 a 13:30 horas no Centro Social Polivalente.
As persoas interesadas poden anotarse no teléfono 628 87 50 29.
2 abr 2014
O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS SOLICITAN SER SEDE DO SECTOR DE ASCENSO
Foto: Andrés Senra / Mecalia Atlético Novás
O Mecalia Atlético Novás vén de solicitar oficialmente ser sede do sector de Ascenso á "División de Honor Plata" do balonmán nacional.
Segundo se afirma dende o club rosaleiro "xunto ao formulario preceptivo que a Federación Española solicita, elaborouse un extenso dossier no que destacan as instalacións, oferta hoteleira e conexións coa nosa vila".
O Novás conta ademais, co apoio e colaboración do Concello do Rosal, para intentar albergar a dita fase no pavillón municipal os vindeiros días 2, 3 e 4 de maio.
A decisión final coñecerémola este luns 14 de abril.
¡Dende Noticias O Rosal a nosa noraboa ao Mecalia Atlético Novás por unha tempada deportiva fantástica e oxalá se xogue aquí o sector de ascenso! ¡Moita sorte!
O IV TORNEO DE FÚTBOL INFANTIL U.D. RIBERA CELÉBRASE O 19 DE ABRIL
O IV Torneo de Fútbol Infantil U.D. Ribera celebrarase o vindeiro sábado 19 de abril no Estadio Municipal de A Mata (O Rosal), de novo con equipos de primeiro nivel.
Tal e como reza o cartel disputarán este campionato: Coruxo F.C., Porriño Industrial F.C., C.D. Areosa, Pontevedra C.F., Sporting Guardés, R.Deportivo da Coruña, E.F. Lalín e o anfitrión, a U.D. Ribera.
1 abr 2014
REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII EDICIÓN DAS ANDAINAS POR O ROSAL
Velaquí vos deixamos o enlace á reportaxe fotográfica realizada polo guía cultural Juan Ramón Martínez Barbosa, con motivo da XIII edición das Andainas "O Rosal. Coñece o teu concello", que tivo lugar o pasado 15 de marzo deste 2014.
Lembramos que esta última camiñata percorreu o tramo do Vial, levando aos participantes por Lagos, Carrascal, Pías, Morán, San Xoán de Tabagón e mesmo polo Sendeiro de Pescadores do Río Miño-Tamuxe.
A próxima andaina organizada polo Concello, a número 14, terá lugar o vindeiro sábado 10 de maio.
O ROSALEIRO JAVI DÍAZ, NO TOP 5 DOS GARDAMETAS DA LIGA ASOBAL
O porteiro de Fornelos, Javi Díaz, que milita no Club Balonmano Villa de Aranda, na máxima categoría do balonmán nacional, a Asobal, é noticia tras a súa gran actuación fronte ao Helvetia Anaitasuna.
Segundo lemos no perfil de facebook do Villa de Aranda o rosaleiro está "en la cuarta posición de la clasificación de porteros, con una media del 29'06 %", con 256 paradas.
CONVOCADA A VIII EDICIÓN DO CERTAME FOTOGRÁFICO "VIAXANDO"
Na fotografía retrospectiva, de esquerda a dereita, a responsable da OMIX do Rosal, Silvia Baquero Pereira; o da OMIX de Salceda, Humberto Rey; a gañadora de 2008, a rosaleira Mª Esther Álvarez e a concelleira de Mocidade de Salceda, Teresa Pérez.
A Oficina Municipal
de Información Xuvenil do Concello do Porriño, convoca para este ano 2014 a 8º
edición do Certame fotográfico "Viaxando".
O obxecto de dito certame é a promoción de actividades varias
para mozos/as dentro dun traballo en rede que veñen realizando conxuntamente
varias OMIX pertencentes á Rede Galega de Información Xuvenil de Galicia (O Porriño, A Guarda, Baiona, Gondomar, Tomiño,
Salceda de Caselas, O Rosal) e o Espazo Xove de Tui.
TEMÁTICA
- A temática das
fotografías a presentar versará sobre calquera aspecto relacionado cas viaxes
realizadas polos mozos/as participantes, primando a idea que emana do propio
nome do concurso ”Viaxando”.
PARTICIPANTES E FOTOGRAFÍAS
- Participarán en
concurso único, mozos e mozas de entre 12 e 35 anos. Cada participante pode
presentar unha única fotografía. As fotografías presentadas poderán ser en cor
ou branco e negro, presentaranse en papel fotográfico cun tamaño de 25x30 ,
sempre pegadas sobre unha cartulina negra DIN A3.
- A fotografía deberá
ser orixinal, inédita e non ter sido premiada nin recoñecida ou seleccionada
noutros certames. Asemade, deberán estar libres de dereitos que poidan posuír
terceiros.
- As fotografías
presentadas nas que aparezan menores de idade concursarán baixo a
responsabilidade do autor/a.
FORMA DE PRESENTACIÓN
- A fotografía
entregarase en sobre pechado coa indicación VIAXANDO no exterior da mesma. Cada
fotografía levará no dorso o pseudónimo do autor/a e o título de dita
fotografía. Acompañaranse con outro sobre pechado co pseudónimo do autor/a
escrito por fora e, no seu interior, os seguintes datos: o nome e apelidos,
enderezo, teléfono e fotocopia do DNI ou tarxeta de residencia.
LUGAR E PRAZO DE ENTREGA
- As fotografías
entregaranse nas instalacions das OMIX do Porriño , A Guarda, Baiona, Gondomar,
Tomiño, Salceda de Caselas, O Rosal e no Espazo xove de Tui nos seús horarios
de atención ó público. O prazo comezará dende o día seguinte ao da publicación
das presentes bases no B.O.P. e rematará o 15 de setembro do 2014.
- Cando a fotografía se
presente por correo ou en calquera outro lugar dos previstos no artigo 38.4 da
Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas
e do Procedemento Administrativo Común, o remitente deberá de comunicalo por
fax ou telegrama ó concello correspondente ou Espazo Xove de Tui, o mesmo día
no que a presente.
XURADO E FALLO
- O xurado estará
composto por membros da Concellaría de Mocidade do Concello do Porriño, ou
persoas nas que deleguen, en número impar. O fallo do xurado darase a coñecer
nos medios de comunicación, ademais de comunicarse persoalmente ao gañador por
teléfono. Dito fallo farase público o 2 de outubro do 2014.
Previamente a esta data, o xurado será nomeado mediante resolución da Alcaldía.
Previamente a esta data, o xurado será nomeado mediante resolución da Alcaldía.
PREMIO
- Concederase un único
premio consistente nunha Tablet valorada en 236,85 euros.
EXPOSICIÓN
- Coas fotografías
presentadas a concurso realizarase unha exposición itinerante que percorrerá as
OMIX e o Espazo Xove de Tui que forman parte deste traballo en rede,
inaugurandose oficialmente no Concello do Porriño o luns 6 de outubro ás 20:00
horas.
DEREITOS PATRIMONIAIS DE EXPLOTACIÓN DA FOTOGRAFÍA PREMIADA
- De conformidade co
previsto na Lei de Propiedade Intelectual, o autor da fotografía premiada, sen
prexuízo dos dereitos morais que lle corresponden, cede ás Omix que levan a
cabo este traballo en rede e o Espazo Xove de Tui co carácter de exclusividade,
os dereitos patrimoniais de explotación da fotografía gañadora.
OBRAS NON PREMIADAS
- A presentación dunha
fotografía a este concurso supón a autorización expresa da súa reprodución en
calquera formato que se estime necesario para a divulgación do concurso ás OMIX
e ó Espazo Xove de Tui que forman parte deste traballo en rede, especialmente
no referido á súa promoción, difusión, comunicación e exhibición, incluídos
exposicións, catálogos e páxinas web.
- As obras non premiadas poderán ser devoltas a petición dos seus autores, sempre pola súa conta no mes de novembro de 2015, perdendo os seus dereitos no caso de non facelo. No caso de solicitar a devolución por axencia de transporte, devolveranse a portes debidos.
ACEPTACIÓN DAS BASES
- A participación neste
certame supón a aceptación total das presentes bases e fallo do Xurado. O
Xurado queda facultado para dirimir calquera eventualidade non prevista nelas.
- O xurado poderá declarar deserto o premio.
- O xurado poderá declarar deserto o premio.
CURSO DE INFORMÁTICA NO CENTRO SOCIAL POLIVALENTE DO ROSAL
O vindeiro luns 7 de abril comezará no Centro Social Polivalente do Rosal un Curso de Informática dirixido a persoas que teñan coñecementos básicos na materia.
Celebrarase os luns e mércores de 10 a 11:30 horas, cun total de 9 horas. O prezo será de 12 euros.
Se estás interesado/a podes contactar co Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, chamando ao teléfono 986 62 50 00.