TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

1 abr 2014

CONVOCADA A VIII EDICIÓN DO CERTAME FOTOGRÁFICO "VIAXANDO"


Na fotografía retrospectiva, de esquerda a dereita, a responsable da OMIX do Rosal, Silvia Baquero Pereira; o da OMIX de Salceda, Humberto Rey; a gañadora de 2008, a rosaleira Mª Esther Álvarez e a concelleira de Mocidade de Salceda, Teresa Pérez.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello do Porriño, convoca para este ano 2014 a 8º edición do Certame fotográfico "Viaxando".
O obxecto de dito certame é a promoción de actividades varias para mozos/as dentro dun traballo en rede que veñen realizando conxuntamente varias OMIX pertencentes á Rede Galega de Información Xuvenil de Galicia (O Porriño, A Guarda, Baiona, Gondomar, Tomiño, Salceda de Caselas, O Rosal) e o Espazo Xove de Tui.

TEMÁTICA
- A temática das fotografías a presentar versará sobre calquera aspecto relacionado cas viaxes realizadas polos mozos/as participantes, primando a idea que emana do propio nome do concurso ”Viaxando”.

PARTICIPANTES E FOTOGRAFÍAS
- Participarán en concurso único, mozos e mozas de entre 12 e 35 anos. Cada participante pode presentar unha única fotografía. As fotografías presentadas poderán ser en cor ou branco e negro, presentaranse en papel fotográfico cun tamaño de 25x30 , sempre pegadas sobre unha cartulina negra DIN A3.
- A fotografía deberá ser orixinal, inédita e non ter sido premiada nin recoñecida ou seleccionada noutros certames. Asemade, deberán estar libres de dereitos que poidan posuír terceiros.
- As fotografías presentadas nas que aparezan menores de idade concursarán baixo a responsabilidade do autor/a.

FORMA DE PRESENTACIÓN
- A fotografía entregarase en sobre pechado coa indicación VIAXANDO no exterior da mesma. Cada fotografía levará no dorso o pseudónimo do autor/a e o título de dita fotografía. Acompañaranse con outro sobre pechado co pseudónimo do autor/a escrito por fora e, no seu interior, os seguintes datos: o nome e apelidos, enderezo, teléfono e fotocopia do DNI ou tarxeta de residencia.

LUGAR E PRAZO DE ENTREGA
- As fotografías entregaranse nas instalacions das OMIX do Porriño , A Guarda, Baiona, Gondomar, Tomiño, Salceda de Caselas, O Rosal e no Espazo xove de Tui nos seús horarios de atención ó público. O prazo comezará dende o día seguinte ao da publicación das presentes bases no B.O.P. e rematará o 15 de setembro do 2014.
- Cando a fotografía se presente por correo ou en calquera outro lugar dos previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, o remitente deberá de comunicalo por fax ou telegrama ó concello correspondente ou Espazo Xove de Tui, o mesmo día no que a presente.

XURADO E FALLO
- O xurado estará composto por membros da Concellaría de Mocidade do Concello do Porriño, ou persoas nas que deleguen, en número impar. O fallo do xurado darase a coñecer nos medios de comunicación, ademais de comunicarse persoalmente ao gañador por teléfono. Dito fallo farase público o 2 de outubro do 2014.
Previamente a esta data, o xurado será nomeado mediante resolución da Alcaldía.

PREMIO
- Concederase un único premio consistente nunha Tablet valorada en 236,85 euros.

EXPOSICIÓN
- Coas fotografías presentadas a concurso realizarase unha exposición itinerante que percorrerá as OMIX e o Espazo Xove de Tui que forman parte deste traballo en rede, inaugurandose oficialmente no Concello do Porriño o luns 6 de outubro ás 20:00 horas.

DEREITOS PATRIMONIAIS DE EXPLOTACIÓN DA FOTOGRAFÍA PREMIADA
- De conformidade co previsto na Lei de Propiedade Intelectual, o autor da fotografía premiada, sen prexuízo dos dereitos morais que lle corresponden, cede ás Omix que levan a cabo este traballo en rede e o Espazo Xove de Tui co carácter de exclusividade, os dereitos patrimoniais de explotación da fotografía gañadora.

OBRAS NON PREMIADAS
- A presentación dunha fotografía a este concurso supón a autorización expresa da súa reprodución en calquera formato que se estime necesario para a divulgación do concurso ás OMIX e ó Espazo Xove de Tui que forman parte deste traballo en rede, especialmente no referido á súa promoción, difusión, comunicación e exhibición, incluídos exposicións, catálogos e páxinas web.

- As obras non premiadas poderán ser devoltas a petición dos seus autores, sempre pola súa conta no mes de novembro de 2015, perdendo os seus dereitos no caso de non facelo. No caso de solicitar a devolución por axencia de transporte, devolveranse a portes debidos.

ACEPTACIÓN DAS BASES

- A participación neste certame supón a aceptación total das presentes bases e fallo do Xurado. O Xurado queda facultado para dirimir calquera eventualidade non prevista nelas.
- O xurado poderá declarar deserto o premio.

0 comentarios:

Publicar un comentario