TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

11 feb. 2015

As Festas do Entroido de Fornelos (O Rosal) supéranse ano tras ano


Se ben o pasado ano xa publicábamos que aquel entroido sería sen lugar a dúbidas, "dos máis espectaculares da historia", este 2015 a Comisión de Festas que preside o infatigable rosaleiro Jorge Rodríguez Álvarez volve a superarse.


SÁBADO 14

O sábado 14 de febreiro, a partir das 23:00 horas, actuación do Trío Musical CIBELES.


DOMINGO 15

O domingo 15, ás 9:30 horas da mañá, pasarrúas polo pobo a cargo do grupo de gaitas A BOALLEIRA da Gándara. A partir das 11:30 horas, na Praza do Calvario, Gran Desfile.

Xa ás 17:00 horas, actuación para os máis pequenos ata o comezo da Verbena.

Para rematar o día, dende as 20:30 e ata altas horas da madrugada, GRAN VERBENA amenizada polo grupo D'MODA e a orquestra ANDURIÑA.


LUNS 16

A partir das 16:00 horas, na Praza de Fornelos celebrarase a tradicional CORRIDA DO GALO. 

Ás 22:00 horas, comezará unha GRAN VERBENA amenizada polas orquestras SOLARA e SAUDADE 73.



MARTES 17

A partir das 16:00 horas, na Praza de Fornelos, celebraranse as tradicionais FRIXIDELAS. 

Ás 21:00 horas, comezará unha GRAN VERBENA amenizada polos grupos HIROSIMA e VENUS.


Xa dende o venres 13 de febreiro estará aberta a CARPA, que este ano chega á súa sexta edición.

0 comentarios:

Publicar un comentario