30 oct 2008
I Certame de Poesía e Relato Curto no Rosal
30.10.08
Comentar
O 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, é unha data para a denuncia, para a concienciación social, e para avaliar os avances que se teñan dado e anticipar novas liñas de actuación. A Concellaría de Servizos Sociais e Muller do Concello do Rosal convoca a I edición do Certame de Poesía e Relato Curto contra a Violencia de Xénero. É así polo que se plantexa como actividade específica a celebración dun certame de Poesía e Relato Curto como unha vía de acceso ao mundo da literatura e un apoio para aquelas persoas que queiran manifestar as súas inquedanzas e mostrar a súa capacidade creativa. Unha acción de sensibilización para o conxunto da poboación que preveña en calquera das súas formas a discriminación por razón de sexo en tódolos seus ámbitos, facendo especial fincapé na erradicación da violencia como mostra extrema da consideración da muller como suxeito inferior ao home. Máis información no Concello do Rosal (986 62 50 00), no Servizo de Promoción á Muller ou no teléfono 986 60 94 50. Podedes ver as bases facendo click en:
29 oct 2008
D. Julio cumpre dous anos como abade-párroco de Santa Mariña do Rosal
29.10.08
Comentar
súa toma de posesión (2006)
O sábado día 1 de novembro, D. Julio Ramos Rodríguez cumpre o seu segundo aniversario como abade-párroco da Vila do Rosal. Lembramos que é natural da parroquia de Santa Cruz de Sendelle (Crecente) e se ordenou sacerdote o 14 de setembro de 1975. D. Julio sucedeu no cargo ao M.I.Cóengo D. Victorino Poutás Rodríguez. Máis datos biográficos do noso párroco en:
Nova publicación de José Martínez de Sousa
29.10.08
Comentar
O escritor rosaleiro José Martínez de Sousa (http://www.martinezdesousa.net/), afincado en Barcelona, vén de publicar un novo libro Diccionario de usos y dudas del español actual DUDEA, que é xa a 4ª edición, corre-
xida e aumentada. Experto ortógrafo, lexicógrafo e biblió-
logo, Martínez de Sousa ofrécenos neste libro a posibi-
lidade de superar errores e vacilacións tales como "los femeninos dudosos; los plurales cultos y populares; la conjugación de los verbos; las palabras que se escriben juntas o separadas; los anglicismos, galicismos, italianismos, catalanismos, etcétera, más habituales; los antropónimos y topónimos dudodos y otros casos de error frecuentes. De ello se beneficiarán especialmente los escritores, traductores, periodistas y otros profesionales de la escritura, pero también cualquier persona que busque el modo de expresarse con propiedad y corrección". Este libro está editado por Ed. Trea (Gijón-Asturias) e dedicado á súa dona Pilar e á memoria de Ramón Carnicer (1912-2007).
26 oct 2008
A nosa Vila, na revista Pórtico Cerveirense
26.10.08
Comentar
Aínda que sexa practicamente final de mes, querémonos facer eco da publicación dun novo número de Pórtico Cerveirense (Revis-
ta de Informaçâo e Cultura para Vila Nova de Cerveira, Vale do Minho, Galiza), dirixida polo escritor luso Castro Guerreiro. Neste nº 14, correspondente ao mes de outubro dedícanlle unha reportaxe especial á nosa vila, rezando a portada: "En tempo de vindima visitamos vinhedos do Rosal". En páxinas interiores, na sección Informaçao da Galiza coordinada por Antonio Barros Sanjuan afirman que "decidimos fazer um percurso por terras do Baixo Minho em demanda das árduas tarefas da vindima, e, para tal optamos, desta feita por percorrer terras do Vale do Rosal, concelho em que tal actividade tem um alto significado e uma bem arreigada tradiçâo". Realizan crónica tamén da XVI Festa Luso Galaica que se celebrou no Hotel Rural Casa da Anta (Lanhelas-Caminha) e que foi "no presente ano dedicada ao concelho bem vizinho de O Rosal, mesmo ali em frente e do outro lado do Pai Minho": http://noticiasorosal.blogspot.com/2008/09/en-breve-publicaremos-reportaxe-da-xvi.html
Os Muíños non entenden de estacións
26.10.08
Comentar
Os Muíños do Folón e do Picón están considerados e consolidados xa como o referente turístico do Rosal e aínda da comarca do Baixo Miño co Monte de Santa Trega ou a Catedral de Tui. Se ben en moitos lugares visitables do contorno a afluencia de persoas está ligada ás condicións climáticas e á estacionalidade -máxime ao verán- os nosos Muíños captan a atención e o interese cidadá durante todo o ano.
Deixámosvos como exemplo un pequeno vídeo gravado neste mes de outubro no aparcadoiro de Folón, preto dun Muíño das Laxes (Oficina de Turismo) polo que pasaron, por exemplo o domingo 19 de outubro, un total de 210 persoas en busca de información sobre este conxunto histórico e etnográfico de 67 enxeños hidráulicos e da nosa Vila en xeral. O Departamento de Turismo que dirixe Mª de los Ángeles Vicente Manzano agarda tamén para esta xornada dominical do 26 de outubro unha masiva chegada de visitantes a este enclave rosaleiro.
25 oct 2008
La Voz de Galicia entrevista a David Gómez
25.10.08
Comentar
Saíu hai uns días unha entrevista no xornal La Voz de Galicia realizada ao noso atleta David Gómez Martínez. Leva por título "Nada de morriña en la Residencia Blume", co rosaleiro moi contento da súa nova experiencia por terras madrileñas. O texto corre a cargo de X.R. Castro, sendo as fotografías de Juan Lázaro. Velaquí vos deixamos o enlace para que lle botedes unha ollada na súa versión dixital:
23 oct 2008
Memoria da XX Festa do Cabaqueiro
23.10.08
Comentar
Xa se pode adquirir nas dependencias municipais a Memoria da XX Festa do Cabaqueiro, editada en outubro deste ano pola Delegación de Cultura e o Servizo de Publicacións do Concello. Este libro-memoria, da autoría de Xoán Martínez Tamuxe (http://www.xoanmartineztamuxe.blogspot.com/) é unha lembranza da Festa anual que se celebra na Praza do Calvario, con crónicas e fotografías do Obradoiro de nenos/as, da demostración dos telleiros e dúas semblanzas biográficas. Este ano os cabaqueiros homenaxeados do Baixo Miño na presente publicación foron Juan Vicente Armán (Juan das Panadeiras) e Generoso Martínez Estévez (Manolo da Teixa). Así mesmo no apartado de "Investigación, estudo e difusión" recóllense algunhas palabras do "verbo ou latín dos daordes" na Enciclopedia Galega Universal, un relato da cabaqueira e por suposto unha obrigada lembranza ao pregoeiro do 2007, o profesor e poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro, falecido en maio deste ano.
21 oct 2008
A rosaleira Mª Esther Álvarez Martínez, gañadora do certame fotográfico "Viaxando"
21.10.08
Comentar
O pasado venres día 17 ás 20:00 horas, procedeuse á inauguración oficial da exposición fotográ-fica "Viaxando 08" no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas, coa entrega do premio á gañadora deste ano. A exposición provén do certame "Viaxando", organizado por segundo ano consecutivo polas Oficinas Municipais de Información Xuvenil (OMIX) dos concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño, O Porriño, Baiona, Salceda de Caselas e a Casa da Xuventude de Tui, e que este ano logrou aumentar a participación a un total de 33 traballos presentados (un bo número tendo en conta a temática e a idade dos participantes, de 12 a 30 anos). O certame ademais está incluído dentro da rede de exposicións "Outono Fotográfico" coordinado pola Casa da Xuventude de Ourense e co patrocinio da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar. A gañadora do certame deste ano foi a moza do Rosal Mª Esther Álvarez Martínez coa fotografía que leva por título "Aeródromo de Santo Tomé del Puerto". A entrega do premio consistente nunha moderna cámara dixital foi efectuada pola Concelleira de Mocidade de Salceda, Teresa Pérez. Na fotografía de grupo, de esquerda a dereita a responsable da OMIX do Rosal, Silvia Baquero Pereira; o da OMIX de Salceda, Humberto Rey; a gañadora Mª Esther Álvarez e a mencionada concelleira, Teresa Pérez. (Facede click na foto para ampliala).
19 oct 2008
A Liga homenaxea aos socios máis antigos
19.10.08
Comentar
Como tíñamos anunciado celebrouse o sábado 18 na planta baixa da Liga de Amigos unha serie de actos con motivo do seu XC Aniversario (1918-2008). Tal e como estaba programado homenaxeouse aos cinco socios máis antigos: José Manuel Otero (Laxeiro), os irmáns Ismael e Juan Otero Vidal, Manuel González (Pataqueiro) e José Álvarez (Buraco). Esta é a reportaxe fotográfica do cordial e ameno banquete que reuniu a multitude de membros desta case centenaria asociación rosaleira que preside na actualidade Benito Álvarez Gándara:
Os cabaqueiros do Rosal, protagonistas en Cesantes (Redondela)
19.10.08
Comentar
Co fin de dar a coñecer e difundir os novos achádegos que se produciron no lugar da "Telleira" na parroquia de San Pedro de Cesantes (Redondela) organizáronse unha serie de actos culturais. Os protagonistas destas xornadas foron os cabaqueiros do Rosal (Manuel Rodríguez "Trintiña" e Manuel Enríquez "Piedra"), que foron invitados polo Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy e que ofreceron demostracións en directo do seu oficio. O escritor e investigador Xoán Martínez Tamuxe foi o encargado de comentar e explicar este proceso de "taxique de cabacas e toupos a ghoucha" (facer tellas e ladrillos a man). O venres 17 de outubro estivo dedicado aos rapaces dos colexios da zona, sempre atentos a cada movemento dos nosos telleiros. O sábado 18, xa demostración para adultos. Descubríronse aquí en Cesantes sete fornos, con referencias aínda do século XVIII, realizándose unha pequena ruta coordinada e explicada por Xosé Manuel Bouzón e Mª José Cabaleiro, membros do Obradoiro Fernando Monroy. Houbo durante estes días exposición de ferramenta e pezas cerámicas procedentes do Museo Etnográfico do Rosal, o que levou tamén a achegarse a persoaxes do eido da cultura, a investigación e a docencia. Entre eles saudamos ao xefe do servizo de Patrimonio Cultural da delegación provincial, Xulio Carballo Arceo, ao arqueólogo baionés Xosé Lois Vilar Pedreira, así como ao profesor e crítico literario Amado Ricón Virulegio. Aquí vos deixamos a reportaxe desta xornada en Redondela:
16 oct 2008
Actos do XC Aniversario da Asociación Cultural Recreativa "Liga de Amigos" de O Rosal
16.10.08
Comentar
Con motivo do seu nonaséximo aniversario (1918-2008) a Liga de Amigos celebrará no seu Salón unha serie de actos músico-culturais. Será o sábado 18 de outubro e o programa inclúe unha cea con suculento menú (petiscos variados, polbo á feira, cordeiro e carne asada, como postre rosca de xema e rosquillas, non faltando por suposto viños, refrescos e café). Se realizará unha homenaxe e a entrega de recordos conmemo-
rativos aos cinco socios máis antigos, sorteándose regalos entre os asistentes. O Show de "Os Campelos" porá a nota de humor ao evento, correndo a música a cargo do grupo Deixandar. Para máis información, na cafetería da Sociedade ou no seu teléfono: 986 62 50 73.
O Instituto de Pastoriza (A Coruña) volveu a facer unha ruta guiada polos Muíños do Folón
16.10.08
Comentar
Case un ano despois da súa primeira visita (22 de outubro de 2007) alumnos do coruñés Instituto de Pastoriza volveron a requerir os servizos do guía turístico municipal o 15 de outubro deste ano para realizar a Ruta de Sendeirismo dos Muíños do Folón e Picón. Esta visita que foi organizada polo Departamento de Educación Física dese instituto contou coa presenza no Rosal de 52 alumnos e alumnas de 4º da E.S.O. acompañados das profesoras Montse Collazo (Normalización Lingüística), Mª José Blanco (Ciencias Sociais) e Julia Fernández (Educación Física). Aquí vos deixamos varias fotografías do ano anterior e as últimas do mércores:
Actividades da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Rosal
16.10.08
Comentar
Segundo información que nos remite Silvia Baquero Pereira, dende a Oficina de Información Xuvenil do Concello do Rosal tense previsto realizar as seguintes actividades:
-Nenos de 3/5 anos: manualidades e xogos.
-Nenos de primaria: manualidades e baile moderno.
-Arte floral de Nadal: cursiño breve de 6 horas aproximadamente.
-Automaquillaxe: cursiño breve tamén de 6 horas aproximadamente.
-Ximnasia mantemento polas mañás.
-Ximnasia funcional e obradoiro de memoria nas Eiras.
-Macramé.
Se estades interesados nalgunha destas actividades, non dubidedes en anotarvos no 986 609450 ou no Centro Social Polivalente.
Rutas de sendeirismo polo Rosal para a familia e os amigos
16.10.08
Comentar
Baixo o eslogan "TODO ISTO E MÁIS... NO ROSAL. Coa familia, c@s amig@s... Queres coñecelo?" ofértanse diferentes rutas de sendeirismo pola nosa Vila. Un paseo pola arquitectura civil e relixiosa do Concello, por lugares emblemáticos rosalei-
ros, polas igrexas, cruceiros, adegas ou miradoiros naturais. Sen dúbida unha boa oportunidade para coñecer mellor as nosas costumes, a nosa cultura, a nosa historia. Para máis información, dirixirse a Banesa Cortiñas Brey, Técnica de Promoción da Muller ou no teléfono 986 60 94 50. Tamén podedes contactar co Departamento de Turismo do Rosal que dirixe Mª de los Ángeles Vicente Manzano, nos teléfonos 986 62 50 00 e 637 311 007 onde se ofrecen "Rutas á carta" durante todo o ano para grupos dun mínimo de 10 persoas.
15 oct 2008
A revista Cultura Baixomiñota dedícalle unha reportaxe á Festa do Cabaqueiro
15.10.08
Comentar
A revista Cultura Baixomiñota. Toda a axenda do Baixo Miño: Cultura, Ocio, Turismo, dirixida por Enrique Álvarez e contando na redacción con Beti Rey e Juan Ramón Martínez Barbo-
sa, dedícalle no seu número 4, correspon-
dente ao mes de outubro unha ampla reportaxe a esta veterana Festa do Cabaqueiro, hoxe na súa XXI edición. Realiza un repaso dende os seus inicios coa erección do monumento en 1987, obra do escultor tomiñés Xosé Antúnez Pousa, analizando o porqué desta homenaxe e lembranza a un oficio que foi o da maioría dos rosaleiros ata mediados do século XX. A sección de Escapada lévanos esta vez á Rota polo corazón de Tui (I), lembrándonos que "o seu conxunto histórico está considerado o segundo máis importante de Galicia, tras o de Santiago de Compostela e foi declarado Ben de Interese Cultural en 1967".
13 oct 2008
Cultura e Turismo déronse cita o domingo día 12 de outubro na Praza do Calvario
13.10.08
Comentar
Despois da Misa solemne cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal, tivo lugar a tradicional procesión, acompañada polas autoridades locais, a banda de música da Vila e os fieis á Virxe do Pilar, facendo o itinerario de costume dando a volta á Praza do Calvario:
nais. O ferreiro santia-
gués Berto Leis e o canteiro do Rosal Félix Gómez Fidalgo estiveron durante todo o día 12 na Praza do Calvario facendo demostracións: http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/UnFerreiroEUnCanteiroAmosanOSeuOficioNaPrazaDaVila#
Diferentes exposicións (material da cabaqueira, fotografía antiga de Isidro Pérez González "Foto París", pintura de Mary Varela, casas de bonecas con Mª Cornelia Langeveld, radios antigas de Lorenzo Rodríguez Rodríguez, macramé de Elisa Conde Arzúa ou manualidades con Mª Luísa Martínez Baz) tiveron lugar durante esta fin de semana:
A XXI Festa do Cabaqueiro 2008 volve a reunir a centos de persoas na Praza do Calvario
13.10.08
Comentar
Celebrouse o domingo 12 de outubro na Praza do Calvario (O Rosal) a tradicional Festa do Cabaqueiro, na actualidade na súa XXI edición. Os vellos telleiros voltaron a realizar a súa anual demostración de facer tellas e ladrillos a man (no seu verbo: "taxicar cabacas e toupos a ghoucha"). O pregoeiro da Festa foi o cóengo D. Avelino Bouzón Gallego, director dos Arquivos da Catedral e do Histórico Diocesano de Tui. Aquí vos deixamos pois, a reportaxe desta festa en lembranza e homenaxe ao oficio de cabaqueiro:
Obradoiros para nenos/as da Festa do Cabaqueiro 2008
13.10.08
Comentar
Aquí vos deixamos a reportaxe fotográfica dos Obradoiros para nenos/as de facer e decorar as tellas, cadros de area e coiro que se celebraron o venres 10 e o sábado 11 de outubro. Facede click en: http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/ObradoiroParaNenosDeTellasCadrosDeAreaECoiroFestaDoCabaqueiroORosal2008#
7 oct 2008
Noticiasorosal entrevista ao decathleta olímpico David Gómez Martínez
7.10.08
Comentar
Seguindo coa nosa sección de Entrevistas, decidímonos esta vez por coñecer un pouquiño máis ao rosaleiro David Gómez Martínez, que é o dominador nacional absoluto no Decathlon (2004, 2007, 2008) e entre outros títulos foi Subcampión do Mundo Junior no ano 2000. Pero unha das súas maiores proezas sobre todo nos últimos anos foi o conseguir a tan ansiada "mínima" que lle permitiu o que a moi poucos: ir a uns Xogos Olímpicos. Pois alí estaba David, tanto nas Olimpíadas de Atenas 2004 como recentemente en Pequín 2008. Aquí vos deixamos esta pequena entrevista que afonda tanto na súa vida deportiva como un "chisquichiño" na persoal:
Exposicións da Festa do Cabaqueiro
7.10.08
Comentar
Durante esta Festa do Cabaqueiro 2008, hoxe na súa XXI edición, terán lugar diferentes exposicións. No local da Sociedade Liga de Amigos do Rosal haberá unha mostra de Manualidades a cargo de Mª Luísa Martínez Baz. Na Cámara Agraria amosará as súas Casas de Bonecas Mª Cornelia Langeveld e tamén Lorenzo Rodríguez Rodríguez a súa colección de Radios Antigas. Na Sala de Exposicións do Concello poderemos ver, a parte das tradicionais pezas e ferramentas da Cabaqueira, unha recompilación de Fotografía Antiga de Isidro Pérez González (Foto París) que permanecerá aberta ao público ata o día 19 de outubro.
Os horarios das diferentes exposicións (sábado 11 e domingo 12) serán os seguintes:
Mañás de 11:00 a 13:00 horas
Tardes de 17:00 a 21:00 horas
Xavi Díaz, un rosaleiro na mellor Liga do Mundo de Balonmán, a ASOBAL
Segundo información remitida a Noticiasorosal, o sensacional momento de forma de Xavi Díaz convírteno no porteiro nacional coas mellores estatísticas da Asobal. O rosaleiro é un dos responsables do gran inicio do Octavio Pilotes Posada e está chamado a ser un dos aspirantes á praza vacante que deixou David Barrufet. Homes como Iñaki Malumbres (Arrate), José Manuel Sierra (Valladolid) e o serbio, recentemente nacionalizado español, Sterbik (Ciudad Real) serán os principais rivais por ese posto.
Xavi Díaz presenta a segunda mellor porcentaxe de paradas cun 38% sendo tan só superado polo veterano Thomas Svensson (41%), aínda que o do Portland xogou menos minutos e presenta 37 paradas totais, por 59 do noso veciño.
Con estes números é normal que se abra o debate sobre a súa inclusión na selección nacional. Agardemos que o novo adestrador, o ovetense Javier García Cuesta, o convoque e axiña poidamos ver ao noso rosaleiro Xavi Díaz defendendo os colores do combinado español de balonmán. (Fotografía: Atlántico.net)
6 oct 2008
Festa de San Francisco de Asís en Marzán
6.10.08
Comentar
O domingo 5 de outubro celebrouse en Marzán a festividade na honra de San Francisco. A misa, que foi ao aire libre, tivo lugar diante da capela de San Vicente. Oficiou o somasco Pai Vidal, sendo armonizada a cerimonia pola Coral da 3ª Idade do Clube de Xubilados de A Guarda. Rematada a misa levouse a cabo a tradicional procesión, facendo o itinerario de costume. Xa ao final dos actos relixiosos da mañá houbo a sempre agardada poxa dos froitos ofrendados a San Francisco. Como cada ano foi realizada polo popular "O Brasileiro". Facede click para ver as fotografías da Festa:
http://picasaweb.google.com/Noticiasorosal/FestaDeSanFranciscoEnMarzNORosal#
Celebrouse no Rosal o Encontro de Mulleres Xordas organizado pola ASV
6.10.08
Comentar
Organizada pola "Comisión de Mujer de la Asociación de Personas Sordas de Vigo" tivo lugar o sábado 4 un Encontro de Mulleres Xordas na Vila do Rosal. Neste evento tamén se permitiu a participación dos homes xordos, realizando unha visita aos Muíños do Folón e Picón. Acompañados de dúas intérpretes e do guía turístico municipal percorreron os 67 enxeños hidráulicos desta ruta de sendeirismo rosaleira. Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe da xornada:
5 oct 2008
A Escola Comarcal de Teatro Baixomiñota iniciou o curso 2008-2009
5.10.08
Comentar
Segundo nos informan dende a Asociación Cultural "Terras do Baixo Miño" -que preside Enrique Álvarez- xa comezou o curso 2008-2009 de teatro coa inscrición de máis de 60 alumnos, estando representados tódolos concellos da Comarca. Durante o mes de outubro permitiranse máis incorporacións nos grupos que aínda queda algunha vacante. Nesta aposta pola cultura matriculáronse 31 nenos nos grupos infantís, 14 no xuvenil e 24 persoas no de adultos, destacando tamén a presenza de veciños portugueses. Segundo a directora da escola Irene Moreira "todo apunta a que a Escola ven para quedarse e nós, profesorado e asociación, traballamos á par nesa liña. Queremos que os traballos das alumnas e alumnos se poidan ver ao final do curso polos diferentes concellos, por iso agora mesmo a nosa máxima preocupación é formar ao alumnado". Dende a Escola Comarcal xa se está a traballar na organización de eventos culturais relacionados co mundo do teatro. Máis información no teléfono 687 022 348.
3 oct 2008
A IX Concentración Turística de Clásicos Populares Baixo Miño visitará O Rosal
3.10.08
Comentar
A Asociación Cultural Clásicos Populares "Baixo Miño" organiza o domingo 5 de outubro a IX Concentración Turística, este ano en memoria de Pepe Silva Lima. Ás 9:30 horas terá lugar a apertura de inscricións e recepción de vehículos na Guarda, na explanada do Porto. Ás 11 visitarán xa en grupo o Monte de Santa Trega. Ás 13 horas sairán en caravana en circuito pola vila guardesa, pararán nunha adega e aparcarán na Praza do Calvario antes da comida (14:30 h) nun coñecido restaurante rosaleiro. Xa de tarde e ás 16:30 horas sairán cara Baiona polo monte da Groba (Santa Mariña do Rosal-Loureza-Torroña-Baíña-Baiona) rematando ás 17:30 horas no aparcadoiro baionés da Palma.
1 oct 2008
Óscar Vicente logra a medalla de bronce e a de ouro por equipos no Campionato do Mundo de Duatlón celebrado en Rimini (Italia)
O rosaleiro, da xuradía de Marzán, Óscar Vicente Rodríguez, quedou nun meritísimo terceiro lugar na proba junior do Campionato do Mundo de Duatlón celebrado o sábado 27 de setembro en Rimini (Italia). Óscar, que é tamén o actual Campión de Europa, invertiu un tempo de 56'23 minutos, sendo tan só superado polo surafricano Richard Murray, que revalidou o seu título do ano pasado e o italiano Alex Ascenzi, prata. Ademais o equipo español formado por Óscar Vicente, Mario Mola e Albert Moreno procla-mouse Campión do Mundo por Equipos, por diante de Italia e Francia, logrando un histórico doblete, pois o pasado 24 de maio xa se convertiran en Campións de Europa en Serres (Grecia). Dende Noticiasorosal a nosa noraboa Óscar! (Fotografías FETRI).