TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

4 oct 2009

Novo triunfo da Agrupación Musical do Rosal

En primeiro término, Diego, director da Banda do Rosal, nunha imaxe de arquivo
Dende o venres 2 ata o domingo 4 de outubro celebrouse no Pazo da Cultura de Pontevedra o IX Certame de Bandas de Música da Deputación. Na xornada dominical participou a nosa banda resultando vencedora na sección especial, interpretando a obra obrigada “Meigas”, de Juan-Gonzalo Gómez Deval. A Agrupación Musical do Rosal que dirixe Diego Javier Lorente López tocou tamén a obra libre: Pinos de Roma, de Ottorino Respighi, transcr. Yoshihiro Kimura. As outras bandas que se presentaron nesta categoría foron a Unión Musical de Valladares (director: José Iglesias Ramilo. Obra libre: Second Symphony, de James Barnes); a Banda de Música Municipal de Silleda (director: Rafael Agulló Albors. Obra libre: Sinfonía nr.1: La Vall de la Murta, de Andrés Valero Castells). Concerto de Clausura, coa colaboración de Musical Pontevedra, da Magnifique Bande dos Homes sen Medo.

0 comentarios:

Publicar un comentario