TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

6 oct. 2009

O Club Ciclista O Rosal competiu en Teo

O domingo 4 de outubro o Club Ciclista O Rosal se desprazou cos ciclistas de escolas e cadetes ao concello de Teo (A Coruña). Na categoría de Principiantes os rosaleiros lograron un 2º posto grazas á actuación de Manuel Dorna. Os Alevíns cubriron un total de 6 km tendo que dar tres voltas a un circuíto de 2 km. Os nosos corredores cruzaron a meta na seguinte orde: 17º Ero Sobrino e 19º Sergio Martínez.
A categoría Infantil tivo que correr un total de 16 km, dando oito voltas ao circuíto e baixo choiva. Os resultados na meta para os ciclistas do club rosaleiro foron: 2º Antonio Portela, 3º Cristóbal Coimbra, 7º Pablo Cividanes, 8º Raúl Fernández, 9º Adrián Vicente, 10º Andrés Fernández e 29º Adrián Dorna. Os Cadetes realizaron un percorrido de 52 km, con dous portos, rematando nas seguintes posicións: 8º posto Manuel González, 16º Iván Morais e 17º Alejandro Lomba. (Fotos: M.C.)

0 comentarios:

Publicar un comentario