TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

6 oct. 2009

Mentres o seu futuro está no aire, Sera recibe outra homenaxe, esta vez cos amigos en Martín

O sábado 3 de outubro tivo lugar no barrio de Martín, na xuradía de Fornelos, unha churrascada que serviu para homenaxear de novo a Serafín Martínez, pero desta vez coa asistencia dos seus amigos e paisanos máis próximos. O bar San Martiño acolleu esta celebración na que reinou o bo ambiente, houbo sorteo dunha cesta e entrega de praca incluída. Ao final do acto, o noso ciclista, aclamado polo público, ofreceu unhas palabras agradecendo a todos o seu apoio mostrado non só durante a recente Vuelta senón dende sempre. Velaquí vos deixamos unha pequena reportaxe fotográfica desta xornada na que contamos coa colaboración de Silvia Rodríguez Martínez.

0 comentarios:

Publicar un comentario