TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

2 ene. 2013

XOÁN MARTÍNEZ TAMUXE, HISTORIADOR ROSALEIRO, PRESENTA EN TUI A REVISTA "CASTELLUM TYDE", XA NO SEU 3º TOMO




Juan Ramón Martínez Barbosa / I. Estudios Tudenses

O pasado 28 de decembro de 2012, tal e como tiñamos anunciado, tivo lugar no Edificio da Área Panorámica de Tui a presentación do número 3 da revista-boletín-libro do Instituto de Estudios Tudenses.




Deu a benvida ao acto o propio presidente do Instituto, o historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe, quen estivo acompañado na mesa principal polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, a vicepresidenta do Instituto, Marta Cendón Fernández e o membro de número, Xabier Añoveros y Trías de Bes. 



Máis que unha revista, como afirmou Tamuxe, trátase dun verdadeiro tomo histórico e de investigación da comarca do Baixo Miño (centrada neste número en Tui), pois consta de 308 páxinas con doce interesantísimas colaboracións realizadas por diferentes membros do Instituto de Estudios Tudenses.




Entre os asistentes ao acto e que desta vez non publicaron artigo, puidemos ver tamén aos historiadores Domingo Luis González Lopo, Rafael Sánchez Bargiela e Juan Ramón Martínez Barbosa, todos eles membros do IET.




Nunha entrevista realizada hoxe mércores 2 de xaneiro de 2013 por José Font, director e fundador da Radio Municipal de Tui ao rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe, descubrimos un pouco máis deste Instituto que se fundou en 1991.

Velaquí vos deixamos a relación de colaboracións deste número 3 de "Castellum Tyde".

"Don Jesús Gómez Sobrino en el recuerdo”
Ernesto Iglesias Almeida

“Escavacación arqueolóxica para a rehabilitación dunha vivenda na rúa Tide, nº 10 de Tui”
Soledad Prieto Robles
Juan José Perles Fontao

“Nuevas aportaciones arqueológicas sobre el Val do Fragoso y Miñor (Pontevedra)”
José Manuel Hidalgo Cuñarro

“Las murallas del Monte Aloia. A la búsqueda de sus orígenes”
Jaime Garrido Rodríguez

“O territorio do bispado de Tui na ‘Descripción y cosmografía de España’ de Hernando Colón (1517.1523)”
Clodio González Pérez

“A familia Caldas Pereira de Castro de Tui e o padroado da Igreja de Santa Eulália de Cerdal en Valença do Minho”
Alberto Pereira de Castro

“Aportación ao estudo histórico do Santo Oficio no Baixo Miño: A Inquisición no Concello da Guarda (I)”
Xoán Martínez Tamuxe

“La custodia franciscana de San Simón: la instalación franciscana en el émbito tudense”
Juan M. Buján García

“A Corredoira tudense e a súa evolución urbana”
Suso Vila

“La Dolorosa de la Capilla de la Misericordia de Tuy”
Xabier Añoveros y Trías de Bés

“La Cámara de Comercio, Industria y Navegación de Tui: más de cien años de historia”
Ernesto Iglesias Almeida
  
“Celebración del milenario del martirio de San Pelayo en Tui (925-1925)”
Avelino Bouzón Gallego



0 comentarios:

Publicar un comentario