TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

18 ene. 2013

OS CAMPELOS E JOSÉ PÉREZ ESTARÁN ESTE DOMINGO EN GOIÁN NO FESTIVAL-HOMENAXE Á NENA MARTA LOMBA




O Auditorio de Goián (Tomiño) acolle este domingo 20 de xaneiro ás 18:00 horas o Festival Fin de Campaña Obxectivo Conseguido na honra da nena Marta Lomba.

Tal e como reza o cartel "Grazas á solidariedade de toda a comarca, Marta e seu andador son unha realidade".

Actuarán neste evento, no que a homenaxeada fará entrega das esculturas premiadas nos sorteos, o grupo de música galega Zurrumalla, a cantante Eva Carreras (participante de Operación Triunfo en 2006) e o cantante rosaleiro José Pérez (representante do Miño no concurso Recantos do Luar-TVG).

O espectáculo estará presentado polo dúo humorístico rosaleiro "Os Campelos", Francisco Rodríguez Fernández e Roberto Fernández Rodríguez.

A entrada será gratuíta.  




0 comentarios:

Publicar un comentario