FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

27 dic 2014

Xoán M. Tamuxe desvela cal é o libro máis antigo escrito por un rosaleiro


O historiador local Xoán Martínez Tamuxe crea no seu blog a sección O Rosal. Facendo Historia "para dar a coñecer datas, acontecementos, persoas, efemérides... a fin de facer historia e que os rosaleiros conten con máis coñecemento dos valores, xa culturais, arqueolóxicos, históricos, etnográficos, biográficos, tradicións, etc".



Neste primeiro artigo fálanos do libro máis antigo escrito e publicado por un veciño do Rosal, "D. Juan Santos Villa Alonso, natural de San Bartolomeu das Eiras". 

16 dic 2014

Gran actuación en Marín e en Portugal dos/as integrantes do C.C. O Rosal


Velaquí vos deixamos as crónicas realizadas por Ramón Villa, publicadas na web do Club Ciclista O Rosal, con motivo do Ciclocross Ría de Marín e da terceira proba da Copa de Portugal disputada en Torre de Dona Chama, no concello de Mirandela, distrito de Bragança.

Destacar de Marín os segundos postos de Mario Fernández, de María Correa e de Zaida González, así como o primeiro posto de Raúl Fernández.

Xa na Copa de Portugal, Zaida vencía de novo "con autoridade" e ten todo ao seu favor para a vitoria final. Pola súa banda, Raúl conseguía un terceiro lugar no podium, situándose no Ranking da Copa "a tan só seis puntos do líder".

Este domingo día 21, Concerto de Nadal da Agrupación Musical do Rosal


Informa: Agrupación Musical do Rosal

Con motivo do fin de trimestre e das festas do Nadal a Agrupación Musical do Rosal organiza os seguintes actos que terán lugar no Auditorio Municipal do Rosal esta fin de semana:

- Venres 19 decembro, 20,00 h.: Audición de alumnos da escola
- Sábado 20 decembro, 20,30 h.: Audición de alumnos da escola
- Domingo 21 decembro, 18,00 h.: Concerto de Nadal no cal participarán o Coro Infantil, Coro de Voces Brancas Medio Tempo, Coral da Agrupación Musical do Rosal, Minibanda, Banda Infantil e nen@s de Iniciación Musical da escola de música, que nos ofrecerán un concerto moi entretido para o público.

O Acanor Atlético Novás organiza este sábado 20 unha viaxe a Lalín

Información e fotografía: Acanor Atlético Novás
O Novás quere despedir o 2014 ao grande. Este fin de semana disputa a décimo cuarta xornada do campionato ligueiro e chega no seu mellor momento.
Pero a empresa non será doada. O Lalín, a pesar de que a súa clasificación non di o mesmo, conta cunha das mellores plantillas da competición, con xente experimentada e con mozos sobradamente cualificados. Ademais, a súa pista é unha das malditas para o equipo rosaleiro.
Para asustar estas meigas e conseguir dos puntos que se antoxan fundamentais para o futuro do equipo, a directiva pon a disposición da afección un autobús.
Sairá da Praza do Calvario este sábado 20 de decembro ás 15:30 e regresará ao remate do encontro. O prezo, entrada incluída, é de 12 €. Para anotarse, através das redes sociais do club (facebook.com/SDAtleticoNovas ou twitter.com/Acanor_Novas) ou no teléfono 660928686. A data máxima para anotarse é este mércores ás 20:30 h.
A viaxe soamente se levará a cabo si se conseguen un mínimo de 30 persoas.

12 dic 2014

O grupo "Non si? Teatro" presenta no Rosal a obra "Underground"


O grupo da "Aula de Teatro de Baiona Non si? Teatro", dirixido por Mónica Sueiro, presentará o vindeiro domingo 11 de xaneiro, ás 18:00 horas no Auditorio Municipal do Rosal a obra Underground, na que se reinterpretan as obras de Lewis Carroll "Alicia no país das marabillas" e "Alicia a través do espello".

6 dic 2014

Este domingo 7, concerto na honra de Santa Icía no Auditorio Municipal


Informa: Agrupación Musical do Rosal.

Con motivo da celebración de Santa Icía enviamos o cartel dos actos que terán lugar mañá, domingo 7 de decembro.
 
Os actos comezarán ás 12,00 h. cunha misa na honra da patroa dos músicos na igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal, que estará acompañada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal.
 
Ás 19,00 h. no auditorio municipal terá lugar o concerto da banda Agrupación Musical do Rosal baixo a batuta do seu novo director Carlos A. Ramón Pérez, de procedencia alicantina (Crevillent) e actualmente estudante dun Master en Maastricht (Holanda), sendo este o seu primeiro concerto ó fronte da banda.

Tamén realizarán a súa presentación os novos compoñentes, formados na escola de música, que pasarán a formar parte da nosa agrupación.

O programa que interpretarán comezará co pasodobre Enrique López de Antón Alcalde, a obra La Quintessenza de Johan de Meij, continuarán con A Movement for Rosa de Mark Camphouse e rematarán coa Viúva Valenciana de Aram Khachaturian.

2 dic 2014

O Rosal convoca un ano máis o seu tradicional Concurso de Beléns 2014



Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal

Bases do Concurso de Beléns no Concello do Rosal.
1º.- Poderán participar todas as persoas que o desexen. O tamaño, materiais e técnicas empregadas será libre. 
2º.- Os Beléns deberán ser colocados polos seus autores/as ou persoas que os representen no lugar que se lles indique os días 10 e 11 de decembro das 9:00 ás 12:00 horas no Concello do Rosal.
3º.- Os traballos presentados estarán expostos  a partir do 12 de decembro, data na que se inaugura a exposición e na que se fará entrega dos premios, ata o 6 de xaneiro no mesmo centro.
4º.- A retirada dos traballos deberá efectuarse os días 7 e 8 de xaneiro de 2015 de 9:00 ás 12:00 horas, perdendo o dereito sobre os mesmos no caso de non facelo.
5º.- Estableceranse dúas categorías:
 Infantil: ata os 12 anos.
     Xuvenil:  dos 13 ata os 17 anos.
     Adulto: a partir dos 18 anos.
6º.- Haberá un único premio para cada categoría:
    Lote de libros adecuado ó participante gañador/a para a Categoría Infantil e Xuvenil
    Vale de compra por valor de 100 euros no comercio do Rosal para a Categoría Adulto.
7º.- O Xurado darase a coñecer no momento que se estime oportuno
8º.- A Organización resérvase o dereito de admisión dos traballos presentados a concurso así como de declarar deserto algún ou todos os premios.
9º.- O fallo do xurado realizarase antes de inaugurarse a exposición.
10º.- A Organización resérvase o dereito de publicar fotografías dos Beléns participantes en calquera medio que estime oportuno.
11º.- Prazo e lugar de inscrición  dos Beléns, ata o día 9 de decembro no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural.

1 dic 2014

O 20 de decembro, Torneo Escolar Benéfico de Tenis en O Rosal

Segundo podemos ler na web do Concello, o vindeiro sábado 20 de decembro (9:30 horas) celebrarase en O Rosal (Pontevedra) un Torneo Escolar Benéfico de Tenis para categorías dende prebenxamín ata cadete.
Tal e como reza o cartel, a competición terá lugar nas pistas polideportivas de Pías (San Miguel de Tabagón) e nas do Colexio Manuel Suárez Marquier (Santa Mariña). Haberá regalos para todos os participantes, que poden realizar a inscrición ata o 16 de decembro.