MARIA F. GARCÍA ORDUNA, DO CLUB SAN XEROME, CAMPIONA DE ESPAÑA DE LANZAMENTO DE DISCO E XAVELINA
O Campionato tivo lugar esta fin de semana nas pistas do Complexo Deportivo Bahía Sur de San Fernando (Cádiz), organizado pola Federación Española de Deporte para Persoas con Discapacidade Intelectual (FEDDI).
Participaron un total de 51 clubs e 291 atletas de todo o estado español. San Rafael, Chapela e Aspanaex (Vigo), e o San Xerome (A Guarda) foron os clubs que representaron a Galicia.
Os atletas do Baixo Miño tiveron unha destacada actuación, tanto na categoría de competición (Luis, Borja, Javi, Amparo e María), como na categoría adaptada (Maite e Francisco).
María con Maite Santos, outra das triunfadoras do Campionato, pero na categoría adaptada
Importantísimas as medallas acadadas pola atleta residente en San Miguel de Tabagón, María F. García Orduna, nas especialidades de lanzamento de disco e xavelina. Completou así mesmo a súa boa actuación cun meritorio 5º posto en lanzamento de peso.Excelentes os resultados e impresionante o traballo desenrolado polos adestradores voluntarios ao longo desta tempada; nun ano no que o noso Club, ao igual que moitos outros, sufriu as consecuencias da crise con importantes recortes nas subvencións oficiais. De feito, a viaxe a Cádiz foi costeada integramente polos deportistas e as súas familias.
FELICIDADES!!
ResponderEliminarNORABOA MARIA
ResponderEliminarNoraboa campiona!!!!!
ResponderEliminarEnhorabuena y muchas felicidades
ResponderEliminar