O martes 24 de maio -e previo contacto co departamento de Turismo que dirixe Ángeles Vicente Manzano- tivo lugar unha nova ruta guiada polos 67 muíños do Folón e Picón.
Desta vez foi un pequeno grupo de nenos/as do Plan PROA do CPI da Ribeira (O Porriño), acompañados dous seus profesores, Mª del Mar e Benito, quen descubriron grazas ás oportunas explicacións do guía municipal, todos os segredos histórico-etnográficos que envolven aos nosos lexendarios enxeños hidráulicos.
0 comentarios:
Publicar un comentario