Velaquí vos deixamos a reportaxe fotográfica da quinta etapa do programa “O Rosal. Coñece o teu concello”, que se celebrou o pasado sábado 14 de maio.
A andaina levou aos participantes a visitar -entre outros lugares- a Aula da Natureza das Aceñas, a Ponte do Tamuxe, percorrer o barrio de Pías ou mesmo entrar na capela de San Gregorio.
A seguinte cita será este sábado 4 de xuño, coa "Ruta das Pesqueiras". Para apuntarse nesta etapa ou para máis información podedes contactar cos departamentos de Cultura e Turismo no 986 62 50 00 ou ben no correo turismo@concellodorosal.es

0 comentarios:
Publicar un comentario