O deportista Borja Cadilla, un dos triunfadores do día, xunto cun dos seus adestradores,
Roberto Martínez, antes da saída da proba de 400 m. lisos
Dez deportistas do Club San Xerome, participaron o día 18 de maio no Campionato Galego de Atletismo celebrado en Vilagarcía. Extraordinarios resultados, froito dun intenso traballo dos deportistas e dos seus adestradores (non tiveron vacacións nin de Nadal, nin de Semana Santa…)
Conseguíronse un total de dez medallas.
BORJA: 1º 400 ml / 2º 3000 ml (Competición)
LUIS: 2º 800 ml / 6º 1500 ml (Competición)
JAVI: 6º 800 ml / 5º 1500 ml (Competición)
AMPARO: 1ª 1500 ml / 2ª 3000 ml (Competición)
MAITE: 2ª 400 ml / 3ª 800 ml (Competición)
MARÍA F. : 3ª Peso (Competición)
FRAN: 3º 800 ml (Adaptada)
ROSA MARÍA: 1ª Peso (Xogo)
Noraboa tamén para Fabián e Raquel polo seu esforzo aínda que nesta ocasión non obtiveron medalla.
Por outra banda, sete atletas do Club (Borja, Luis, Javi, Amparo, Maite, María F. e Fran) participan este fin de semana no Campionato de España de Atletismo que ten lugar en San Fernando (Cádiz).
Así mesmo, seis compoñentes do equipo de baloncesto, tres do de fútbol sala e un atleta representarán á Selección Galega no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que terá lugar en xuño na cidade de Murcia.
0 comentarios:
Publicar un comentario