FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

25 sept. 2014

Actividades de pilates, zumba, pintura para nenos e adultos ou memoria



Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, estas son algunhas das actividades propostas para comezar no mes de outubro e nas que aínda hai vacantes:

-Pilates
-Zumba
-Pintura para nenos e adultos
-Axilidade mental (memoria)

Para máis información poden chamar ao teléfono 986 62 50 00.

23 sept. 2014

IV Proba Automobilística "Habilidade sobre asfalto" Concello de O Rosal



Esta fin de semana (sábado 27 e domingo 28 de setembro) terá lugar no aparcamento de Barbuntín e a partir das 16:00 horas, a IV edición da Proba Automobilística "Habilidade sobre asfalto" Concello de O Rosal.



Segundo confirma Amigos das Ximcanas, organizador do evento, -xunto coa colaboración do Concello- haberá premios para todos os participantes. 

ACOR organiza un novo curso de manipulador de alimentos en O Rosal



Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello, a Asociación de Comerciantes do Rosal (ACOR) organiza un curso de manipulador de alimentos o venres 10 de outubro, de 10:30 a 11:30 horas no Centro Social Polivalente.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo chamando ao teléfono 628 875 029.

17 sept. 2014

Sábado 20, "Andaina pola Senda de Pescadores Río Miño-Tamuxe PR-G 112"



Este sábado 20 de setembro celebrarase unha Andaina pola Senda de Pescadores Río Miño-Tamuxe PR-G 112, "para coñecer a ampliación da senda orixinal e a nova sinalización sobre a flora e fauna da zona. Ten unha lonxitude de 7'5 km, é de doado percorrido e a saída será as 16 horas dende o Muíño das Aceñas".

Esta andaina é gratuíta e, en caso de choiva, se aprazará para outro día. Co fin de organizar a volta, os interesados deberán anotarse no Concello, chamando ao número 986 62 50 00.

Romaría popular "O Anxo das uvas", o día 28 en San Miguel de Tabagón


O vindeiro domingo 28 de setembro celebrarase a Romaría Popular "O Anxo das uvas" na parroquia de San Miguel de Tabagón.

Tal e como reza o cartel, despois da Misa (12:00 horas) e da procesión, haberá xuntanza na carballeira para "xantar todos xuntos". 

O Novás comeza a tempada 2014/15 coa defensa do seu título de campión




Informa: Acanor Atlético Novás 

Xa está todo preparado para que se abra o telón da tempada 2014/2015 na Primeira Nacional.

Un novo curso no que o Acanor Novás defenderá o título de campión e coa ilusión renovada para revalidalo. 

Non será doado para os homes de Modesto Augusto que durante estas 30 xornadas que comezan este sábado terán que lidiar con equipos moi reforzados coma o Cisne ou o Lalín, que combinan veteranía e xuventude, con outros habituais que volverán a acabar nos postos altos como o Calvo Xiria e Seis do Nadal... E unha serie de equipos como Luceros, SAR, que poden vencer a calquera. Como novidades están os ascendidos Cañiza e Poio.

E como non, o rival deste sábado, un Construcións Castro Chapela, que regresa a Primeira Nacional tras un ano na Prata. O seu adestrador, Fran Teixeira, unha das facianas  máis populares do balonmán galego e que afronta a súa sépima campaña ao timón do Chapela, non contempla outra posibilidade que ascender. Corpo técnico e directiva agardaron ata o último momento a invitación por parte da Federación para xogar a DHP, logo do cruel descenso no pasado curso. Tras non recibir esa chamada, esperan lograr o obxetivo na pista. Para iso confeccionou un plantel digno de categorías superiores, con reforzos da talla de Paco López (ex Valladolid, Naturhouse...) ou Coke Fontenla, unha das zurdas de ouro deste deporte e que chega procedente do Guadalajara. Todo isto unido aos Chema Cid, Iago Cuadrado... O que o converten nun dos rivais a batir.

Para este compromiso, o técnico do Morrazo terá a todos os seus efectivos dispoñibles. Entre eles unha das flamantes incorporacións, Manu Martínez, que reclama "Todo o apoio da afección. Se facemos comunión entre o público e o equipo os puntos quedarán no Rosal. Sería moi importante comezar con bo pé xa que ademais é contra un rival directo. Ao noso favor pode xogar que practicamente é o mesmo equipo, e eles teñen moitas incorporacións que aínda se teñen que adaptar". Para outro dos pesos pesados no vestiario, David Lechuga, o Chapela "Será un rival moi complicado. Este ano reforzouse moito e ben e teñen un plantel amplio e de calidade." Recalcou que as claves para vencer "Serán xogar ao 110% os 60 minutos. Se cada un o dá todo venceremos, xa que non temos grandes individualidades pero si un moi bo bloque". Sobre a pretempada móstrase moi satisfeito "Foi boa. Salvo nas semifinais de Copa co Cangas no que non entramos no partido en ningún momento, no resto de citas estivemos a un gran nivel".

Para Pablo Casal, lateral zurdo do Construcciones Castro "Será un partido moi complicado. Seguramente moi diferente ao que se xogou na Copa Galicia e que se decidirá por pequenos detalles. As defensas marcarán a diferencia" Sobre o seu equipo indica que "Todavía non estamos acoplados. Tivemos moitos cambios con respecto ao último ano, pero penso que temos unha plantilla amplia e con xogadores experimentados que en partidos como o do sábado poden ser fundamentais". Ao preguntarlle polo Novás señala que "é un equipo moi traballado, que apenas sufriu cambios e que costará moito arrancarlle algún punto nesta liga". O que si ten claro e espera é que o partido se converta nunha festa do balonmán, "Este xogo é un dos clásicos do balonmán, e seguro que as afeccións, xunto ca do Cangas, as mellores de Galicia, disfrutarán e nos farán disfrutar os que estamos na pista".

Será este sábado 20 de setembro (20:00 h) no Rosal, unha das datas marcadas por ambas afeccións, que fai unhas semanas tiveron a antesala do que nos agarda este fin de semana. 

10 sept. 2014

Éxito total da V edición do Festival Internacional "Minho Reggae Splash"



Na imaxe, algúns dos integrantes do grupo brasileiro NOVA RAÍZ


Información e fotografías: Diego Álvarez Fernández.

A pasada fin de semana (5 e 6 de setembro) achegámonos dende Noticias O Rosal ata o V Festival Internacional de Música Reggae "Minho Reggae Splash 2014", que se celebrou na praia fluvial de Goián (Tomiño).



Destacar a coordinación deste evento músico-cultural, xunto con Xoán Lois Vila, do rosaleiro Javi Vicente, á vez compoñente do grupo Zamaramandi.

O cantante xamaicano Winston Francis en plena actuación

Temos que resaltar igualmente, a impecable organización do Festival e o exquisito trato que recibimos, xunto, por suposto, á calidade humana e profesional de todos os músicos participantes.