FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 mar. 2014

O CLUB CICLISTA O ROSAL 2014 PRESENTOUSE O SÁBADO NO AUDITORIO


Foto: Club Ciclista O Rosal

O sábado 29 de marzo presentouse no Auditorio Municipal do Rosal a plantilla do Club Ciclista da vila para este ano 2014.

Deu a benvida aos asistentes o presidente, Gerardo Álvarez Martínez, quen deu paso a Juan Ramón Villa, quen se encargou de ir presentando un por un a todos os integrantes deste novo proxecto deportivo.

O Club Ciclista O Rosal homenaxeou neste acto a Toñi Portela, quen abandonou o club para fichar polo Super Froiz. Igualmente, Raúl Fernández tamén foi obsequiado cun recordo pola súa excelente campaña, na que se proclamou campión de España de ciclocross ou mesmo participou no Mundial de Holanda.

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA DE ALBERTE A. PEREIRA EN O ROSAL



O Salón de Exposicións do Rosal acollerá dende o 5 ao 26 de abril a exposición fotográfica "Unha mirada subxectiva do cotián" da autoría de Alberte A. Pereira

A inauguración da mostra terá lugar o sábado 5 de abril ás 18:00 horas.

Organiza o Colectivo Carballas.

GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO FAISE COA VITORIA EN GUADALAJARA


Foto: José María Marcelli

O piloto rosaleiro Gabriel Marcelli Carballido vén de conseguir onte, domingo 30 de marzo, a vitoria en Sigüenza (Guadalajara) na categoría cadete e na segunda proba das oito programadas deste Campionato de España de Trial 2014.


¡Dende Noticias O Rosal, unha vez máis, a nosa noraboa Gabriel!


MISA POR ADOLFO SUÁREZ NA IGREXA DE SANTA MARIÑA DO ROSAL



Segundo nos veñen de comunicar, este mércores 2 de abril  ás 20:30 horas celebrarase unha misa na igrexa de Santa Mariña do Rosal polo eterno descanso e na honra de Adolfo Suárez González, ex presidente do Goberno (1976-1981), que faleceu en Madrid o pasado 23 de marzo.

26 mar. 2014

ESTE SÁBADO 29, A PRESENTACIÓN DO CLUB CICLISTA O ROSAL 2014


Homenaxe a Raúl Fernández, campión de España

Este sábado 29 de marzo, ás 18:00 horas, terá lugar no Auditorio Municipal a presentación da plantilla do Club Ciclista O Rosal 2014.

Este acto é de balde, e segundo lemos na súa web, faise un chamamento aos "socios, simpatizantes e demais afeccionados ao ciclismo para que acudan ao Auditorio a arroupar aos integrantes desta plantilla, entre os que contamos co brillante Campión de España de Ciclocrós, Raúl Fernández Lorenzo".

ÓSCAR VICENTE E O SEU EQUIPO, CAMPIÓNS DE ESPAÑA DE DUATLÓN 2014


(Foto: Óscar Vicente / facebook)

O rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez, vén de proclamarse xunto cos seus compañeiros do M3T BIMONT 3G, campión de España de Duatlón e de Relevos, na categoría élite masculina, dunha forma verdadeiramente incontestable.

O equipo vencedor no "Campeonato de España de Duatlón Contrarreloj por equipos y relevos" celebrado en Noia (A Coruña) os días 22 e 23 de marzo, foi o formado por Óscar, Miguel Ángel Fidalgo, Toumi Dahmani e Miguel Fernández Miniño, sendo capitaneado polo adestrador de Mallorcatraining, Iván Muñoz Tebar.

Máis información neste enlace.

¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa!!



OBRADOIRO "COÑECE A TÚA FACTURA ELÉCTRICA E APRENDE A REDUCILA"


O Centro Social Polivalente do Rosal acolle este xoves 27 de marzo ás 19:00 horas, o obradoiro "Coñece a túa factura eléctrica e aprende a reducila".

Organizados por ADICAE e coa colaboración do Instituto Galego de Consumo, este tipo de obradoiros son totalmente gratuítos, para ofrecer "formación, divulgación e sensibilización en materia de consumo de subministro eléctrico para informar aos consumidores e usuarios da importancia e dos beneficios dun consumo crítico e responsable".

A UNIDADE MÓBIL DE DOAZÓN DE SANGUE, ESTE XOVES 27, EN O ROSAL


O xoves 27 de marzo haberá unha unidade móbil de doazón de sangue na Praza do Calvario, de 10 a 14 horas e de 16 ás 21:00 horas.

Se é a túa primeira doazón, achégate co DNI. Máis información no teléfono gratuíto: 900 100 828.

"UNPLUGGED IN A GÁNDARA". CON GUILLE VERDE E CRISTÓBAL COÍMBRA



Este xoves 27 de marzo, ás 19:00 horas, terá lugar no Bodegón-Tapería Os Seixiños, do rosaleiro Sergio Rodríguez Rodríguez "Trinta", o concerto denominado "Unplugged in A Gándara", coa actuación de Guille Verde (piano, guitarra e voz) & Cristóbal Coímbra (guitarra e voz).

A entrada, por suposto, é gratuíta.

¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa a Sergio "Trinta" por seguir celebrando este tipo de iniciativas culturais e de lecer para a xente do Baixo Miño!


21 mar. 2014

OFERTA DE EMPREGO DE INFORMÁTICA SAN BENITO (A GUARDA)


Informa: Joaquín González Franco / Informática San Benito
Informática San Benito busca un docente para impartir el curso de Docencia de la Formación Profesional para el Empleo. (FORMADOR DE FORMADORES).

Lugar de Impartición: INFORMÁTICA SAN BENITO. (A GUARDA)
Meses: Abril, Mayo y Junio
Horario: de mañana.
Requisitos del docente:
Acreditaciones
Licenciado en Psicología
Licenciado en Pedagogía
Licenciado en Psicopedagogía
Máster universitario de Formación de Formadores superiores a 600 horas de duración.
Nivel de Experiencia
Experiencia profesional de 3 años.
Interesados envíar  CV a joaquin@infsb.com
Más información en el teléfono 986 60 89 20, en nuestra web www.sanbenito.es y en nuestro perfil de facebook.


20 mar. 2014

"OS BRODERS", VENRES 21 EN DIRECTO, NO BAR-TAPERÍA A COMPETENCIA



O venres 21 de marzo o Bar-Tapería A Competencia (Praza do Calvario, O Rosal), que rexenta José Enrique Rodríguez Vicente, acollerá a partir das 20:30 horas a actuación de "Os Broders. Antigo grupo de Carlos Prada", que chegan á nosa vila dende o Barco de Valdeorras (Ourense). A entrada é libre.

19 mar. 2014

PEPE BERDEAL SEGUE COMO PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES



Informa: OMIX / José Martínez González (Pepe Berdeal)

A Asociación de Comerciantes do Rosal (ACOR) celebrou o pasado domingo 16 de marzo a asemblea de asociados coa seguinte orde do día: estado de contas e a renovación da Xunta Directiva.

Presidente: José Martínez González (Pepe Berdeal).
Vicepresidenta: Pilar Álvarez Del Caño.
Secretario: Manuel Santos González.
Tesourero: Joaquín Vicente González.
Vogal: Enrique Martínes. 
Novo vogal: Orfilia Dorado.

MÁIS DE 100 INSCRITOS NA XORNADA SOBRE FROITOS DO BOSQUE



Informa: AEDL Concello do Rosal

EXPERTOS ASTURIANOS FALARÁN SOBRE NOVAS EXPECTATIVAS AGROFORESTAIS PARA  A BISBARRA DE VIGO-BAIXO MIÑO

Este xoves 20 de marzo, ás 19:00 horas, terá lugar na sala de exposicións do concello de O Rosal unha xornada informativa subvencionada polo programa Leader Galicia, sobre “Novas expectativas agroforestais: a experiencia dos froitos do bosque noutros territorios”.

Ademais da presenza do alcalde de O Rosal, Jesús María Fernández Portela, e da presidenta do AGDR MAIV-Baixo Miño e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, contaremos como poñentes técnicos co xerente do GDR Bajo –Nalón (Asturias), Juan Antonio Lázaro, e co presidente da cooperativa L´Andecha Praviana, Fernando García, que nos falarán da experiencia da produción, transformación e comercialización dos froitos do bosque en Asturias.

Esta xornada complementarase cunha viaxe ao territorio do Bajo Nalón os próximos días 10-11 de abril, para coñecer “in situ” os proxectos alí desenvoltos, e recibir información de primeira man de enxeñeiros, produtores, comercializadores e transformadores da zona.


A participación no acto é libre e gratuíta, previa inscrición no AGDR MAIV-Baixo Miño, e xa contamos cun cento de persoas rexistradas para asistir a este interesante evento.

A U.D. RIBERA DE FÚTBOL ENFRÓNTASE AO PONTELLAS NA COPA DEPUTACIÓN


Este mércores 19 de marzo ás 20:00 horas, disputarase no Estadio Municipal da Mata o partido entre a U.D. Ribera (Segunda Rexional) e o C.D. Pontellas (Preferente Autonómica), correspondente á Copa Deputación de Pontevedra. Entrada gratuíta.

18 mar. 2014

COMUNICADO DOS TRABALLADORES/AS DO CENTRO SAN XEROME EMILIANI




Informa: Traballadores San Xerome

Publicamos íntegra, pois, a nota de prensa-comunicado remitida á nosa Redacción por un numeroso grupo de traballadores e traballadoras do Centro San Xerome Emiliani da Guarda, que manifestan libremente o seguinte:

"1. A nosa desconformidade coas accións e declaracións da CIG e os seus/súas representantes sindicais no Centro San Xerome ao respecto do “conflito” polo que atravesa a Asociación. Declaramos que os comunicados informativos que a CIG fai “en nome d@s traballador@s do Centro San Xerome” non representan en ningún caso a nosa opinión.

2. Que nunca sentimos nin fomos testemuñas de represión sindical hacia ningún/ningunha compañeir@. Traballamos nun ambiente cordial, respectuoso e profesional, centrado na misión da Asociación para cos seus/as súas  usuari@s, e que as declaracións públicas da CIG afirmando que estamos “amedrentad@s” fronte a unha xerencia hostil e opresora son afirmacións falsas, ridículas e ofensivas que entendemos que atenden exclusivamente a unha campaña demagóxica de desprestixo, que persegue confundir e sementa-la dúbida en usuari@s-familias, traballador@s, soci@s, colaborador@s-voluntari@s e na sociedade en xeral.

3. Denunciamos a máis absoluta pasividade por parte d@s nos@s representantes sindicais fronte as nosas demandas como traballador@s, e que veñen demostrando unha clara actitude negativa e intransixente cando se trata de chegar a acordos importantes dos que depende a sostenibilidade deste Proxecto Social co que nos sentimos implicad@s de maneira sincera e ilusionante."

12 mar. 2014

A 13ª ANDAINA POLA VILA DO ROSAL CELÉBRASE ESTE SÁBADO 15 DE MARZO


Punto de partida da andaina. Rotonda e comezo do vial na Gándara, nas inmediacións da Fonte Bieita. 

O sábado 15 de marzo, terá lugar a XIII edición das Andainas "O Rosal. Coñece o teu concello", que se celebran na nosa vila dende xaneiro do ano 2011.

Desta vez, o punto de encontro e saída -15:30 horas- será dende Fonte Bieita (A Gándara-A Guarda) para xa coller o tramo do Vial, que levará aos participantes por Lagos, Carrascal, Pías e O Morán ata as inmediacións da Adega Valmiñor, na Portela. 

Durante esta andaina, cuxa distancia total será duns 12 km e unhas 3 horas de duración, visitarase tamén a parroquia de San Xoán de Tabagón e percorrerase o Sendeiro de Pescadores do Río Miño-Tamuxe, homologado pola Federación Galega de Montañismo (PR-G 112).

Segundo se lembra dende o Concello:

"Quen desexe anotarse nesta actividade gratuíta pode facelo chamando ao teléfono 986 62 50 00 deixando o seu nome e número de contacto, por se houbese algún cambio na programación ou mesmo aprazamento debido a condicións meteorolóxicas".

Para estas andainas recoméndase levar roupa cómoda e calzado axeitado, así como gorra, protección solar e auga".


ESTE DOMINGO 16 DE MARZO, CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DO ROSAL



Este domingo 16 de marzo ás 17:30 horas, o Auditorio Municipal acollerá un concerto da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal, que dirixe Marcel van Bree.

11 mar. 2014

CURSO DE AUTOMAQUILLAXE EN O ROSAL IMPARTIDO POR IMAGEN



O Centro Social Polivalente acollerá a partir da vindeira semana un Curso de Automaquillaxe, cunha duración de 8 horas (de 20 a 22 h.) impartido pola rosaleira Ángeles Martínez Núñez, xerente da Peluquería Imagen.

Participantes no Curso de Automaquillaxe de hai uns anos no Rosal

En principio realizarase os luns e os mércores (se non, martes e xoves, en función dos participantes). O prezo do curso é de 27 euros.

Se estás interesada, ponte en contacto co Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal (986 62 50 00).

7 mar. 2014

XAMARAINA ACTÚA NO ROSAL NO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2014

O grupo Xamaraina, nunha actuación de 2011 

Este sábado 8 de marzo, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal do Rosal, celebrarase o Día Internacional da Muller Traballadora, no que se poderá disfrutar do espectáculo de baile moderno do Grupo XAMARAINA

A ROSALEIRA SARA BLANCO, NÚMERO 1 DO MIR DE FARMACIA EN ESPAÑA

A rosaleira Sara Blanco Dorado, segundo se pode ler nunha entrevista concedida a Faro de Vigo, vén de sacar a mellor nota de España nas probas para realizar a especialidade de Farmacia nun centro hospitalario durante catro anos (de entre 1500 licenciados presentados).

Velaquí vos deixamos a entrevista de Selina Otero á nosa veciña:


Sara Blanco: ´Me encantaría quedarme a trabajar en el hospital y combinarlo con la investigación´

"Es un lujo escoger plaza de primera pero siento presión porque tengo que elegir bien"

07.03.2014 | 13:24
Sara Blanco, número 1 del MIR de Farmacia en España. // Xoán Álvarez
Sara Blanco, número 1 del MIR de Farmacia en España. // Xoán Álvarez
Ha sacado la mejor nota del país en las pruebas para hacer la especialidad de Farmacia en un centro hospitalario durante cuatro años. Es el temido MIR pero para farmacéuticos, llamado FIR (Farmacéutico Interno Residente). De 1.500 licenciados en la carrera de los boticarios presentados en toda España, Sara Blanco, natural de O Rosal y exalumna de la Universidad de Santiago, es la número uno. Se convocan este año más de 200 plazas en los hospitales para farmacéuticos especialistas. Con la ventaja de ser la primera, Blanco Dorado podrá elegir el puesto que quiera y en cualquier lugar del país.
-¿Fue muy dura la prueba de este año?
-Hicimos el examen en febrero y empecé a prepararlo en junio de 2013, en una academia de Santiago. La academia es hasta septiembre y luego toca encerrarse. Cuando hice el examen no salí muy contenta, pero al comprobar con la plantilla después en casa ya vi que tenía plaza fijo.
-Plazas hay más de 200 pero quedaste de número uno...
-Nunca pensé que sería la número uno. Quiero apuntar que es una puntuación provisional, aunque hay escasísimas posibilidades de que cambie.
-¿Qué destino elegirás de todos los posibles al ser la primera en escoger puesto?
-Todavía no lo sé. En el último año de carrera hice seis meses de prácticas en el Complejo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) y me encantó. Tiene muchas papeletas Santiago pero realmente estoy ponderando varias opciones todavía. Elegir de primera es un lujo y al mismo tiempo siento mucha presión porque tengo que elegir bien.
-Gran parte de los licenciados en Farmacia no se presentan al FIR. En tu caso, ¿lo tenías claro?
-Sí, junto a dos amigos de carrera que también sacaron buena nota. Creo que este año unos 14 alumnos de Santiago estamos entre los 90 primeros puestos del FIR. Cuando hice las prácticas en el hospital me convencí de que me gustaba mucho.
-¿En qué consiste la farmacia hospitalaria?
-Si haces la especialidad en hospital durante cuatro años eres farmacéutico especialista. Me gustaría que esta versión de farmacéutico se conociese un poco más porque mucha gente no sabe que existe. Es el que dispensa los medicamentos en el hospital, prepara las nutriciones para diferentes funciones, valida todas las prescripciones de los médicos... Se encarga de las medicinas para los pacientes del hospital. El 90% de la gente, cuando piensa en un farmacéutico, lo vincula directamente a una farmacia de la calle.
-¿Cuántas horas diarias dedicaste a preparar el FIR?
-Ocho sin descanso: cuatro por la mañana y cuatro por la tarde. Ya lo tomas como un hábito cuando acabas la academia. Por cierto, cuando terminé la carrera no me puse ya con el FIR. Esperé un año y mientras cursé un Máster de I+D. Lo recomiendo porque si continúas se hace muy apurado y te agobias el doble. Ah! y en el examen, tranquilidad.
-Cursaste la educación obligatoria y el instituto en O Rosal y Ourense. ¿Ya eras de sobresaliente?
-Sí (risas tímidas). En la carrera fui premio extraordinario de licenciatura y segunda de mi promoción.
-¿A mayores: deporte, música, viajar...?
-Me encanta pasear por O Rosal, de hecho es lo primero que recuperé al acabar el FIR, mis paseos y la vida social con mis amigos. También me fui a París de viaje, otra pasión. En cuanto al deporte, tiro hacia bici. De hecho, cuando estaba estudiando me escapaba al gimnasio a hacer 'spinning' para relajarme. La música también me gusta, tocaba la flauta en la banda de música de O Rosal pero lo tengo un poco apartado. Me gustaría retomar.
-¿Cómo te ves en unos años?
-Ahora tengo la suerte de poder hacer la especialización pero eso no significa todo porque no tienes la seguridad de plaza. Eres farmacéutico especialista para optar a que te contraten en algún sitio. Me encantaría combinar el trabajo en hospital con la investigación, de hecho, cuando estudiaba dudé entre el FIR o quedarme investigando en la facultad, haciendo el doctorado.

CRUZ ROJA BAIXO MIÑO CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño



n El próximo 8 de Marzo la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño conmemorará el Día Internacional de la Mujer trabajadora.


El próximo 8 de marzo, conmemoración del Día de las Naciones Unidas para los Derechos de la Mujer y la Paz Internacional, desde el Programa de Perspectiva de Género y Coeducación de Cruz Roja Juventud también queremos manifestar nuestro compromiso con la igualdad de género y los derechos de la mujer. En esta ocasión queremos seguir caminando por la igualdad, volviendo a colocar en la portada de nuestra agenda de trabajo los temas relacionados con la igualdad de género.

Desde  CR. Baixo Miño, asumimos nuestra labor y compromiso en la educación y sensibilización para evitar las desigualdades por razón de género.

Entre nuestros objetivos para la intervención se encuentra el diseñar acciones de sensibilización que contribuyan al abandono de estereotipos y fomenten la igualdad de género, así como promover la educación desde la igualdad de valores.

Para ello un grupo de voluntarios de la Asamblea Comarcal Cruz Roja Baixo Miño distribuirán carteles informativos y chapas de la campaña de este año “Palabras que generan igualdad”” además el Sábado 8 de Marzo realizaremos un mural con los niños/as que asisten al taller de manualidades, en el que trabajaremos la igualdad laboral entre hombres y mujeres.

Por otra parte a través de nuestras actividades también queremos favorecer el uso del lenguaje que no discrimine a las mujeres y favorezca la igualdad, motivar a la implicación personal por la igualdad y fundamentalmente visibilizar el papel de las mujeres en las diferentes profesiones y trabajar estereotipos vinculados con la tradicional masculinización de determinadas profesiones. 

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR DESTE 2014



Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, este luns 10 de marzo comeza o prazo de inscrición para as probas de acceso a ciclos de grao superior.

Pódese consultar o borrador da Orde do 5 de marzo de 2014 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2014 nesta ligazón.

XORNADA SOBRE A POSTA EN VALOR DOS ESPAZOS AGRARIOS E FORESTAIS



Informa: AEDL Concello do Rosal

O vindeiro xoves 20 de marzo (19:00 horas) o Salón de Exposicións do Concello do Rosal acolle unha xornada sobre "Novas expectativas agroforestais: A experiencia dos froitos do bosque noutros territorios".

A organización corre a cargo do Grupo de Desenvolvemento Rural Maiv-Baixo Miño, en colaboración co Concello do Rosal.

Aínda que a presenza á charla é libre e de balde, prégase confirmación de asistencia no teléfono 986 44 30 30 ou a través do enderezo electrónico info@agdr18.org 


6 mar. 2014

ANDAINAS O ROSAL COÑECE O TEU CONCELLO 2014, PARA MARZO E ABRIL



Segundo se pode ler no boletín de marzo-abril do Concello do Rosal, vólvese a poñer en marcha neste 2014 o programa de andainas O Rosal. Coñece o teu concello, "unha serie de rutas a pé que permiten aos participantes non só realizar actividade física, senón tamén descubrir os enclaves culturais e naturais da vila".

A XIII Andaina celebrarase o vindeiro sábado 15 de marzo, con saída ás 15:30 horas para coñecer o tramo do vial que discorre polo noso concello.

A XIV Andaina terá lugar o sábado 26 de abril, con saída tamén ás 15:30 horas.

Estase pendente de confirmar o punto de saída da andaina de marzo e do percorrido que se realizará na segunda, de abril. "Así, pois, quen desexe anotarse nesta actividade gratuíta pode facelo chamando ao teléfono 986 62 50 00 deixando o seu nome e número de contacto, por se houbese algún cambio na programación ou mesmo aprazamento debido a condicións meteorolóxicas".

Para estas andainas recoméndase levar roupa cómoda e calzado axeitado, así como gorra, protección solar e auga.

O ROSAL HOMENAXEA AOS SEUS DEPORTISTAS O VINDEIRO 12 DE ABRIL



Segundo se informa dende o Concello, o vindeiro sábado 12 de abril ás 20:00 horas, celebrarase no Auditorio Municipal o II Recoñecemento ao Mérito Deportivo, co que O Rosal homenaxeará aos seus deportistas máis destacados.


Hai que lembrar que a I edición deste acto tivo lugar o 20 de febreiro do pasado 2011. O estudo e presentación correu a cargo de Juan Ramón Martínez Barbosa, daquela membro do Departamento de Cultura, "quen realizou un exhaustivo percorrido profundizando na historia de cada club, así como repasando o currículum persoal dos deportistas máis destacados dende mediados do século XX ata a actualidade".


Dende o Concello do Rosal faise un chamamento "para que todos os clubs e os deportistas fagan chegar o seu currículum ao email deportes@concellodorosal.es para ter así toda a información de primeira man".

5 mar. 2014

PROGRAMA DA FEIRA DE SAN GREGORIO (8 E 9 DE MARZO) EN PÍAS - O ROSAL



A Feira de San Gregorio 2014 (Pías-San Miguel de Tabagón) celébrase esta fin de semana (sábado 8 e domingo 9 de marzo) co seguinte programa de festas.


ACTOS RELIXIOSOS NA CAPELA DE SAN GREGORIO

Sábado 8 de marzo, ás 20:15 horas, Misa rezada.

Domingo 9 de marzo, ás 10:00 horas, Misa rezada.

Domingo 9 de marzo, ás 12:00 horas, Misa Solemne con Sermón e Procesión acompañada polo grupo de gaitas A BOALLEIRA, que percorrerá tanto sábado como domingo as rúas do pobo.



SÁBADO 8 DE MARZO. INAUGURACIÓN DA FEIRA

Ás 17:00 horas, Inauguración da Feira e apertura da Cantina "coa degustación de viños de adegas do Val do Rosal, acompañados polas mellores viandas: queixo, chourizos, tortillas... e como non, a tradicional rosca de roxóns".


Este ano 2014 terá lugar a XVII edición da Rosca de Roxóns, amenizando a Feira a charanga Grupo de Amigos OS DA ORDE.

A partir das 18:00 horas, actuación para todos os públicos, co espectáculo de maxia e animación de MAGO MARCO POMBO E CÍA. Así mesmo, está confirmada a presentación e intervención de MICKAEL e DIAMOND, dous mozos magos da Comarca, que "se colarán facendo trucos entre o público".

DOMINGO 9 DE MARZO. CLAUSURA DA FEIRA

Como é tradicional, haberá polbo á feira durante todo o día, coa actuación, de mañá do grupo A BOALLEIRA.



A partir das 19:00 horas, actuará o grupo folk de Baiona, ABÓBRIGA.


EXPOSICIÓNS DA FEIRA DE SAN GREGORIO

Exposición de escultura: GENARO ALONSO.

Exposición de pintura: MARY CARMEN VARELA.

Exposición de encaixe de palillos e palillada.

Exposición e venda de antigüidades.

Comercio Xusto e Mostra Cestería

IX Feira de Artesanía

I Mercadillo de 2ª Man e Troco.





TODOS OS VÍDEOS DA SUBIDA DO MAIO NOS ENTROIDOS DE NOVÁS 2014



Velaquí vos deixamos os enlaces aos catro vídeos da Subida do Maio en Novás, que se celebrou o domingo 2 de marzo, despois de case 50 anos.

As gravacións son da autoría e xentileza de Anselmo Martínez Pena, con publicación en Youtube.




ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO DE FORNELOS 2014



O sábado 1 de marzo achegámonos un ratiño ata a Praza de Fornelos para ver en directo a animada actuación do grupo musical ADREDDE e realizar algunhas fotografías do fantástico ambiente de entroido que se respirou pola noite durante esta fin de semana na nosa vila rosaleira.







Lembrade que este domingo 9 de marzo, e se o tempo o permite, celebrarase na Praza do Calvario o tradicional Concurso-Desfile.

1 mar. 2014

O DESFILE DE ENTROIDO DO ROSAL APRÁZASE AO DOMINGO 9 DE MARZO



Segundo se informa dende o Concello do Rosal, "o desfile previsto para o domingo 2 de marzo suspenderase polo mal tempo", quedando aprazado para o "vindeiro 9 de marzo á mesma hora (11:30 h.)".