TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

18 mar 2014

COMUNICADO DOS TRABALLADORES/AS DO CENTRO SAN XEROME EMILIANI




Informa: Traballadores San Xerome

Publicamos íntegra, pois, a nota de prensa-comunicado remitida á nosa Redacción por un numeroso grupo de traballadores e traballadoras do Centro San Xerome Emiliani da Guarda, que manifestan libremente o seguinte:

"1. A nosa desconformidade coas accións e declaracións da CIG e os seus/súas representantes sindicais no Centro San Xerome ao respecto do “conflito” polo que atravesa a Asociación. Declaramos que os comunicados informativos que a CIG fai “en nome d@s traballador@s do Centro San Xerome” non representan en ningún caso a nosa opinión.

2. Que nunca sentimos nin fomos testemuñas de represión sindical hacia ningún/ningunha compañeir@. Traballamos nun ambiente cordial, respectuoso e profesional, centrado na misión da Asociación para cos seus/as súas  usuari@s, e que as declaracións públicas da CIG afirmando que estamos “amedrentad@s” fronte a unha xerencia hostil e opresora son afirmacións falsas, ridículas e ofensivas que entendemos que atenden exclusivamente a unha campaña demagóxica de desprestixo, que persegue confundir e sementa-la dúbida en usuari@s-familias, traballador@s, soci@s, colaborador@s-voluntari@s e na sociedade en xeral.

3. Denunciamos a máis absoluta pasividade por parte d@s nos@s representantes sindicais fronte as nosas demandas como traballador@s, e que veñen demostrando unha clara actitude negativa e intransixente cando se trata de chegar a acordos importantes dos que depende a sostenibilidade deste Proxecto Social co que nos sentimos implicad@s de maneira sincera e ilusionante."

0 comentarios:

Publicar un comentario